You are on page 1of 7

Fonoloxía e lingua escrita

O alfabeto galego ten 23 letras (a, b, c, d, e, f, g, h, i, l, m, n, ñ, o, p, q, r, s, t, u, v, x, z) e seis


dígrafos (ch, gu, ll, nh, qu, rr). As letras ç, j, k, w e y úsanse só nos estranxeirismos. O til (´)
emprégase para marcar a sílaba acentuada nas palabras polisílabas e tamén se usa como
diacrítico para distinguir pares de vocábulos que se diferencian entre eles na pronuncia
porque unha é tónica e a outra átona (dá, verbo dar / da, prep. de + artigo a) ou porque unha
delas ten unha vogal media aberta e a outra ten a correspondente pechada (vés, verbo vir /
ves, verbo ver). Na escrita, é e ó representan as vogais medias tanto abertas como pechadas.

Fonemas consonánticos

En moitos falantes galegos dáse a substitución do fonema lateral por un fonema central
oclusivo ou africado /dj/, fenómeno que se coñece co nome de “yeísmo”.

Dependendo do dialecto, en lugar do fonema oclusivo velar sonoro /g/ existe un fonema
fricativo ou aproximante, con realizaciones xordas ou sonoras localizadas entre o veo do
padal e a glote. Na maior parte dos dialectos de Galicia /g/ pronúnciase como fricativa velar
xorda [h].

En posición final de palabra, -n (como en un, can, canción) pronúnciase como nasal velar.

Fonemas vocálicos
Táboa de correspondencias fonemas-grafemas
Morfoloxía

Exceptuando os tres pronomes demostrativos de xénero neutro (isto, iso e aquilo), todos os
artigos, adxectivos, substantivos e pronomes clasifícanse segundo o xénero como masculinos
ou femininos e segundo o número como singulares ou plurais. O plural fórmase engadindo –s
ou –es á forma singular, creando nalgunos casos novas formas lexicais: miolo/miolos. Os
substantivos masculinos rematan polo xeral en –o e os femininos en –a, como neno/nena,
lobo/loba. A oposición de xénero pode indicar nalgúns pares de substantivos diferenzas de
sexo, tamaño (o feminino acostuma representar obxectos de maior tamaño ca o masculino) ou
forma (poza/pozo, machada/machado). Os substantivos esixen concordancia morfolóxica cos
seus modificadores e pronomes referenciais.

Os artigos indefinidos son un, unha (masculino e feminino singular) e uns, unhas (masculino
e feminino plural). Os artigos definidos son o, a, os e as. Na fala, despois de palabras
acabadas en -r ou -s, estes artigos realízanse normalmente como lo, la, los e las. Por exemplo,
combinados coas preposicións por e tras, o resultado é: polo(s), pola(s), tralo(s), trala(s),
respectivamente.

O galego ten unha clase de pronomes reflexivos e cinco tipos de pronomes persoais: de
suxeito, de obxecto directo, de obxecto indirecto, preposicionais e de compañía. Estes últimos
son pronomes de acompañamento, pero debe terse en conta que consigo é reflexivo: así
distínguese entre estabamos con el e levaba unha pistola consigo. As seis clases de pronomes
teñen formas singulares e plurais para a primeira, segunda e terceira persoas. Hai tamén
formas formais e informais: as informais, ti (segunda persoa do singular) e vós (segunda
persoa do plural); e as formais, vostede (segunda persoa do singular) e vostedes (segunda
persoa do plural). Os pronomes suxeito, os preposicionais e os de compañía son tónicos e
úsanse principalmente para enfatizar.

Suxeito Preposicional Compañía


1 sg. eu min comigo
2 ti ti contigo
3 el/ela el/ela consigo
1 pl. nós nós connosco
2 vós vós convosco
3 eles/elas eles/elas consigo

Os pronomes de obxecto directo, obxecto indirecto e os reflexivos son átonos. Nas oracións
declarativas afirmativas van enclíticos, unidos ao verbo. Nos demais casos van proclíticos
(colocados antes do verbo).

Obxecto directo Obxecto indirecto Reflexivos


1 sg. me me me
2 te che te
3 o, a lle se
1 pl. nos nos nos
2 vos vos vos
3 os, as lles se

Os verbos en galego (nas súas formas plenas) están formados por unha raíz, unha vogal
temática e as desinencias de modo-tempo e número-persoa. Unha forma como andaremos
analízase do seguinte xeito: and- (raíz), -a- (1ª conxugación), -re- (futuro de indicativo), -mos
(primeira persoa do plural). En galego existen tres conxugacións verbais, que teñen como
marca distintiva as súas respectivas vogais temáticas:-a- (andar), -e- (bater) e –i- (partir)[1].
Hai tamén algúns verbos irregulares: caber, dar, dicir, estar, facer, haber, ir, parir, poder,
pór, pracer, querer, saber, ser, ter, traer, valer, ver e vir.

Só no indicativo os verbos se conxugan segundo o tempo e o aspecto verbal: presente (ando),


pretérito (andei), futuro (andarei), antepretérito (andara), copretérito (andaba), pospretérito
(andaría). No modo subxuntivo, os verbos aparecen ou en tempo presente (ande) ou en
tempo pasado (andase). O futuro de subxuntivo (andar) emprégase só en textos legais ou moi
formais. No galego existen dous tipos de infinitivos, o impersoal e o persoal ou flexionado. O
infinitivo conxugado concorda co suxeito na segunda persoa de singular e de plural, e na
primeira e terceira de plural. No paradigma verbal do galego existen outras dúas formas
verbais impersoais: o xerundio (invariable) e o participio (con flexión de xénero e número).
As formas verbais compostas existen só no futuro (hei andar) e no pospretérito (había
andar).

Verbo andar
Sintaxe

A sintaxe do galego é a típica das linguas romances do sur. A orde normal das palabras na
oración é SVO, situándose os obxectos directos antes dos indirectos (aínda que as regras que
rexen a colocación dos pronomes enclíticos son bastante complexas). Os pronomes suxeitos
que non están marcados fonicamente ou focalizados atópanse representados
morfoloxicamente só polo verbo. Polo xeral, nas oracións declarativas simples os auxiliares
preceden ao verbo, os verbos preceden aos seus obxectos e complementos clausais, as
preposicións preceden aos seus términos, e nas frases nominais o nome precede aos
adxectivos e modificadores clausais (aínda que nalgúns casos o adxectivo precede ao núcleo
nominal), mentres que polo xeral os artigos posesivos, demostrativos, numerais e indefinidos
preceden ao nome. A inversión de verbo e obxecto prodúcese habitualmente para enfatizar o
obxecto.

A voz pasiva, formada polo verbo auxiliar ser e mais o participio do verbo principal, non se
usa normalmente en galego, excepto en rexistros formais (documentos legais, xornalísticos
ou científicos). No seu lugar, empréganse outras construcións para expresar a idea de
pasividade: invértese a orde habitual das palabras (Ese libro lino eu cando era pequeno, esa
película rodárona na Coruña), úsase a forma activa do verbo co pronome reflexivo de
terceira persoa (Esa película rodouse na Coruña); e existe tamén unha construción impersoal
na que se usa a forma activa do verbo en terceira persoa do singular sen suxeito explícito,
pero acompañada do pronome se (Véndese viño).

As interrogativas totais fórmanse normalmente invertendo a orde de suxeito e verbo (Veu


Antón?). Se queremos enfatizala pode engadírselle unha partícula interrogativa final (Veu
Antón ou non?). Nas interrogativas parciais, a partícula interrogativa colócase ao comezo da
oración (Cando veu Antón?, Como veu Antón?, Onde está Antón?, Quen é Antón?, Que di
Antón?, etc.). Cando se deduce a resposta, sexa negativa ou positiva, pode anticiparse cunha
partícula interrogativa final (Veu Antón, non si?, espérase unha resposta positiva; Non veu
Antón, a que non?, espérase unha resposta negativa). As respostas positivas exprésanse polo
xeral repetindo o verbo, reforzado en ocasións co adverbio si: -Veu Antón? –Veu; -Fostes á
festa? –Fomos, si. Para as respostas negativas, úsase o adverbio non.

A negación exprésase habitualmente poñendo o adverbio non antes do verbo: Carme non
dixo nada interesante. Como pode verse no exemplo, no galego a "dobre negación" é de
regra.

A INTERFERENCIA DO CASTELAN
No nivel da morfosintaxe, algúns dos fenómenos provocados pola influencia do castelán no
galego son: castelanización do xénero das palabras que comparten unha mesma orixe (gal. o
leite / cast. la leche > castelanizado gal. a leite); colocación do pronome átono antes do verbo
en contextos onde, de acordo coas regras do galego, se colocarían despois (gal. lévote / cast.
te llevo > castelanizado gal. te levo); castelanización das formas irregulares dos verbos (gal.
souben / cast. supe > castelanizado gal. soupen). estes fenómenos, que están presentes en
diferentes niveis na lingua dos falantes espontáneos habituais, temos que engadir outros
propios dos castelán-falantes: por exemplo, a elisión do artigo definido antes do adxectivo
posesivo (gal. a súa roupa / cast. su ropa >súa roupa) e o uso de formas verbais como había
cantado en lugar da forma galega cantara.

You might also like