You are on page 1of 3

O Reino de Galiza na época medieval

Comprende dende a caída do Imperio Romano de Occidente s. V (historia a lingua s. VIII) até a caída
de Bizancio s. XV. Os trazos a destacar desta sociedade son:

1. Economía agrícola e mariñeira, o cobro dos foros e a artesanía e comercio concentrado nos
burgos e gremios.
2. Ríxida e desigualaría estrutura social (sociedade estamental e feudal) nobreza e clero /
burguesía / campesiños e mariñeiros (articulación piramidal e concepto de vasalaxe).
3. Proceso de acumulación de poderes nas mans dos monarcas.
4. Importante recomposición política e territorial a partir do s. XII do primeiro reino de Galiza
5. Dominio cultural e ideolóxico por parte da igrexa católica que monopoliza o saber a
excepción das costes reais e nobiliarias - cultura laica
6. Discriminación da muller establecida polas propias leis, a muller estaba sempre sometida a
tutela dun home e tiña como destino o matrimonio/convento ou a marxinalidade.
7. Actitude xenófoba contra os xudeus, privados de numerosos dereitos e obxecto de
persecucións e masacres.
8. Persecución contra determinados colectivos. Herexes, enfermos, prostitutas e homosexuais.

A sociedade feudal ten serios enfrontamentos e conflitos que se resolven a miúdo con violencia.

A Era Compostelá
É a etapa de máximo esplendor entre s. XII-XIII, os fenómenos que explican este fenómeno:

 Unha relativa paz grazas a Galiza foi unha terra de retagarda nas loitas contra ós árabes e o
cesamento dos ataques viquingos xerou un aumento da poboación e unha mellora nas
condicións de subsistencia.
 As melloras na agricultura impulsar un crecemento do comercio dado que se xeraba un
excedente agrario
 O crecemento das urbes gracias a burguesía, o que xera fortes tensións con nobres e clérigos
e desembocan nas Revoltas Irmandiñas.
 A dignidade metropolitana gracias ao arcebispo Xelmírez e o Camiño de Santiago o que xera
un intercambio cultural e artístico.

Gracias a este esplendor nacerán a arte románica e a lírica trobadoresca.

Cantigas de amigo
Orixes
Ten unha orixe autóctona no período pre-trobadoresco e emparenta coas jarchas

Características xenéricas
 Voz poética feminina, están escritas por homes
 Temática: a doncela refire as alegrías ou penas que lle produce o amor
 Palabra clave “amigo” = namorado
 Ambientación en paraxes naturais
 Léxico e fraseoloxía popular
 Utiliza símbolos da natureza
o Abeleira (primavera): paixón erótica
o Auga: fecundade, encontro amoroso
o Fontes: encontro dos namorados
o Cervo: elemento masculino
o Augas claras: virxindade
o Augas remexidas: perda da virxindade
o Mar: obstáculo / confidente / paixón amorosa da muller
 Recursos de repetición

Tipoloxía
 Influencia provenzal
o Tradicionais (Dístico 2 versos e refrán)
o Contaminadas (Mais de 2 versos e refrán)
o Trobadorescas (forma da cantiga de amor e non ten refrán)
 Segundo a forma
o De refrán
o De meestría

Recursos formais das cantigas de amigo


 Paralelismo:
o Literal (palabras)
o Estrutural (estruturas sintácticas)
o Semántico (repetición de ideas)

Perfecto – leixaprén

Imperfecto – Pares de estrofas

 Leixaprén (2ªprimeira - 1ªterceira / 2ªsegunda - 1ªcuarta)

Temática
 Auto-loanza da dama
 Lamento pola ausencia do amado
 Tenta remover obstáculos
 Propósito reunirse co namorado
 Canta as alegrías do amor
o Mariñas ou barcarolas
o Romaría
o Bailadas
o Alba

Modos poéticos
 Narrativa (non destinatario explícito)
 Monologadas (2ªpersoa)
 Dialogadas

Personaxes
 Amigo
 Amiga
 “Irmanas” e amigas
 Nai
 Natureza

Métrica
 Cobras=estrofas
 Palavras=versos
 Rima:
o Macho (aguda) / Femia (grave)
o Asonante / consonante
o Palavra perduda: verso queda libre
 Tipos de estrofas:
o Unisonantes: mesma distribución.
o Singulares: cambian dunha cobra a outra.
o Alternas: pares coas pares e impares coas impares.
o Dobras: mesmo esquema cada dúas cobras.

You might also like