You are on page 1of 1

Escribo estas letras para recordar a inauguración do edificio novo da confraría que

cumple 40 anos e tamen o comenzo duhna nova e exitosa etapa na vida do porto de
Burela, que pasou de ser un porto boniteiro a un porto de venta global o que puxo o
pobo de Burela no mapa dos portos pesqueiros de España
Tal día coma hoxe 6 de Xuño de fai 40 anos vendíase no que en aquel momento era a
nova “rula” (lonxa) un barco de pincho e o día seguinte o peixe de arrastre dos barcos
con base en Burela, e a partir dese dia empezou unha exitosa singladura para o pobo
de Burela
O primeiro barco en vender foi o Pilar Roca e a este seguiron outros moitos, esto foi
obra duns armadores e mariñeiros arriesgados e dispostos a perder cartos pa facer
pobo, pois no se sabía cómo ia a sair a aventura de cambiar o porto da Coruña por
Burela xa que era arriesgado. Pero saleu ben
Tamén lembrar a aqueles empleados da confraría que sin apenas medios pero con
moita vontade meteronse de cheo na aventura, alguns deles xa no están con nos e
outros ainda siguen. Benigno Beltrán, José Escourido, Monchito Barcia, Pepe o
Trochero, Manolo o Valiente, Manolo Sueiras, Ruperto Cabarcos e o Canero e outros
que chegaron despois , Pepe Villarejo o Catalino e outros mais que se uniron o
proxecto co paso do tempo. Doulles as grazas porque en tempos difíciles arriesgaron
con un cambio que non a todo o mundo lle parecía viable e puxo a Burela no mapa co
xermen do que hoxe e o porto de Burela,
Grazas a todos eles estean donde estean

You might also like