You are on page 1of 2

BIBLIOTECA DO CEIP SOFÍA CASANOVA

http://bufolector.blogspot.com.es/
bufolector@gmail.com

Estimadas familias:

Voltamos á normalidade! A biblioteca abrirá polas tardes e queremos contar


convosco para facer novas actividades.

Para que vos fagades unha idea deixámosvos o calendario de actividades do


primeiro trimestre. TODAS ESTAS ACTIVIDADES SERÁN POLAS TARDES.

o OUTUBRO: OBRADOIRO DE XOGOS PARA O ALUMNADO DE 5º E 6º.

o NOVEMBRO: CONTACONTOS EN FAMILIA. PARA TODA A FAMILIA.

o DECEMBRO:

 OBRADOIRO DE XOGOS PARA O ALUMNADO DE 3º E 4º.

 CONCURSO CIRCUITO DE CANICAS CON MATERIAL DE


REFUGALLO. PARA TODA A FAMILIA.

MODO DE PARTICIPACIÓN:

o Para os obradoiros de xogos : todos os nenos/as que queiran participar, terán


que cubrir a autorización paterna/materna que adxuntamos. Se hai máis
participantes dos que collen no obradoiro, faranse dúas quendas. Se aínda así
hai máis nenos/as que postos para xogar faremos un sorteo para ver quen
pode asistir.

o Para o concurso de circuíto de canicas :

En familia, deberedes elaborar un circuíto para canicas con material de refugallo.


Quedaremos unha tarde para ver e xogar con todos os circuítos. Haberá dous
premios: un para o circuíto máis orixinal e outro para o que teña a canica máis
tempo en movemento dentro do circuíto.

o Para os contacontos en familia: necesitamos pais, nais, tíos, tías, avós,


avoas, nenos, nenas… valentes, sen medos escénicos, con moito maxín e
dotes intepretativas que se atrevan a contar un conto diante dun público
exixente.

Se estás disposto a facernos pasar unha boa tarde, cubre a participación e


entrégalla ao titor/a do teu fillo/a, neto/a, sobriño/a. Poñerémonos en contacto
contigo para darche instrucións.
BIBLIOTECA DO CEIP SOFÍA CASANOVA
http://bufolector.blogspot.com.es/
bufolector@gmail.com

EU …………………………………………………………………….. COMO NAI/PAI, AVÓ/AVOA,

TÍO, TÍA DE ………………………………………………………………………………….DO CURSO

………………. QUERO CONTAR UN CONTO NA BIBLIOTECA DO

BUFOLECTOR. O MEU TELÉFONO DE CONTACTO É

………………………………………………………… E O MAIL ………………………

……………………………………………………………………………………………………………………………………..

EU …………………………………………………………………………………………………………………………….. CON

DNI ……………….. COMO NAI/PAI DE …………………………………………………….…………………

…………………………………………………………………… DO CURSO ………………………………… AUTORIZO

A MIÑA /AO MEU FILLA/O A PARTICIPAR NOS OBRADOIROS DE XOGOS

QUE SE FARÁN EN HORARIO DE TARDE NA BIBLOTECA DO COLE.

Fdo.

You might also like