You are on page 1of 2

DITAME DE ESCOLARIZACIÓN

NOME E JLR
APELIDOS
DATA DE ___/ ___/ 20__
NACEMENTO
IDADE 3 anos, 11 meses
ENDEREZO
TELÉFONO
DATA DE 12 de abril de 2010
INTERVENCIÓN
MOTIVO DO Ditame de escolarización
INFORME
CENTRO Sen escolarizar
EDUCATIVO DE
PROCEDENCIA
CURSO PARA O 1º nivel de 2º ciclo de Educación Infantil (3-4 anos)
QUE SOLICITA
PRAZA
CENTRO CEIP_______
SOLICITADO
OUTROS - Certificación do grao de minusvalidez por parte da
INFORMES Consellería de Traballo e Benestar Social de Ourense
ANTERIORES con data de (__/___/ 20___).

- Informe do Departamento de Orientación do


CEIP__________ de Ourense (__/__ / 20__)

DIAGNÓSTICO Síndrome de Down

Recibíndose neste Equipo de Orientación a solicitude de intervención do


EOE para a participación no ditame de escolarización, referido ao alumno.
Feita a avaliación psicopedagóxica e á vista dos informes anteriores, a
análise do contexto sociofamiliar e escolar, así como das características
persoais do alumno, conclúese que:
Presenta necesidades educativas especiais de carácter
permanente, asociadas a síndrome de Down.
Está valorado pola Consellería de Traballo e Benestar Social cun
grao de minusvalía do 65%.
As súas necesidades de apoio educativo específico están asociadas a
un retraso significativo en tódalas áreas do desenvolvemento
(cognitiva, persoal/social, adaptativa, da linguaxe e motriz).
O nivel de autonomía está moi por debaixo do que lle corresponde
segundo a súa idade cronolóxica. Non ten adquirido o control de
esfínteres. Utiliza cueiro.
Polo que se refire ás condicións físicas e de saúde, polo xeral son
boas aínda que acostuma ser propenso a coller moitos catarros.
Estas necesidades precisan da prestación dos seguintes recursos
persoais extraordinarios:
Mestre/a de audición e linguaxe
Mestre/a de pedagoxía terapéutica
Coidador/a

Tendo en conta as conclusións da citada avaliación e oídos os pais do


alumno, que amosan a súa conformidade coa presente proposta.
Segundo o Decreto 320/96, do 26 de xullo, de ordenación da educación de
alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais e de
conformidade co establecido na Orde do 31 de outubro de 1996 pola que se
regula a avaliación psicopedagóxica dos alumnos e alumnas con
necesidades educativas especiais que cursan ensinanzas de réxime xeral, e
se establece o procedemento e os criterios para a realización do ditame de
escolarización, e a Orde do 27 de decembro de 2002 pola que se establecen
as condicións e criterios para a escolarización en centros sostidos con
fondos públicos de alumnado de ensino non universitario con necesidades
educativas especiais, conclúense as seguintes orientacións educativas:
Escolarización en centro ordinario, aula ordinaria con apoio
(A nai solicita a escolarización do alumno en educación
infantil 3-4 anos).
Non obstante, e sen prexuízo das orientacións educativas anteriores, queda
pendente de novas avaliacións xunto co seguemento correspondente, así
como a revisión deste ditame. Todo elo pode conlevar, se así se considerase
oportuno, as modificacións das orientacións sinaladas.

Ourense, ____ de marzo de 20___


Asdo.

You might also like