Plan de Trabajo

You might also like

You are on page 1of 3

PLAN DE TRABALLO PARA O TEMA 1.

Coa finalidade de clarificar o voso traballo na materia e determinar a temporalidade na


realización das tarefas solicitadas ademais de axudar a aclarar contidos e a ver a súa
implicación práctica, acompañarase o material de cada tema cun Plan de traballo do mesmo,
que manterá sempre a mesma estrutura, publicarase na Aula Virtual xunto cos materiais de
estudo, explicación (PPT.) e lecturas complementarias, e nel concretaranse as indicacións da
Guía da materia.

SITUANDONOS:
Comezamos co Bloque 1, introdutorio á materia e co seu único tema, o 1, dedicado ao
coñecemento da Psicoloxía do Desenvolvemento, tópicos, teorías e autores destacados.

BLOQUE 1: Aproximación á disciplina e relación entre desenvolvemento e educación.


Tema 1: Introdución conceptual e metodolóxica á Psicoloxía do desenvolvemento. As
relación entre o desenvolvemento e a educación

BLOQUE 2: O proceso evolutivo de 0 a 3 anos.


Tema 2: O desenvolvemento prenatal, perinatal e postnatal
Tema 3: O desenvolvemento físico e perceptivo motor
Tema 4: O desenvolvemento cognitivo
Tema 5: O desenvolvemento da linguaxe
Tema 6: O desenvolvemento socioafectivo e da identidade

BLOQUE 3: Contextos de desenvolvemento e principios de atención temperá


Tema 7: Principias contextos de desenvolvemento: a familia e a escola infantil
Tema 8: A atención temperá

QUE TEREMOS QUE SABER?


-Analizar e comparar diferentes modelos de interpretación da natureza humana
-Coñecer as principais aportacións dos autores e correntes teóricas da Psicoloxía do
Desenvolvemento
-Comprender a relevancia dos tópicos que teñen que ver co proceso de
desenvolvemento humano
-Saber dos métodos de investigación propios da disciplina
-Vincular os contidos abordados con situacións de aula.
COMO O CONSEGUIREMOS?
-Asitencia ás sesións de clase, lectura comprensiva e estudo dos materiais de traballo.
-Realización das tarefas requeridas.

QUE TEREMOS QUE FACER?


-Elaborar o primeiro Glosario de conceptos clave da materia. (unha vez rematada a
explicación e lectura dos documentos pertinentes, procederedes a seleccionar aqueles
termos (10-12) que maior carga explicativa reflicten dos contidos do tema; lembrade
que nos Anexos da Guía da materia tedes un exemplo de Glosario de termos). É unha
tarefa de carácter individual.
- Elaborar o traballo interactivo 1 “La niña salvaje” . Despois de ver o documental,
debedes elaborar un informe escrito (preferiblemente en grupos de non mais de 4
persoas integrantes de cada clis), seguindo as preguntas guía do material entregado.
Non debe superar as 4 páxinas (2 folios por ambas caras); nel figurarán, como tedes no
modelo, os integrantes de cada grupo e unha cualificación que dariades a ese traballo,
tanto global, como segundo a implicación de cada un/ha dos integrantes; dado que
esta parte dos traballo constitúen o 20% da vosa cualificación, a puntuación irá de 0 a
2 puntos.
Enlace para ver o documental: recollido no ppt do tema.
-O grupo correspondente elaborará a primeira exposición da lectura complementaria
coas indicacións e acompañamento da docente.

COMO E CANDO ENTREGALO?


-Glosario: entregarase en papel ou enviarase por correo electrónico
(mariateresa.sanchez@usc.es ) en arquivo PDF. tendo por título: Apelidos e Nome,
Glos. 1 (ex.: Pérez Gómez Rosalía, Glos 1) NON SE RECOLLERAN AQUELES QUE NON
CUMPRAN OS REQUISITOS INDICADOS) Enviarase un OK cando sexa recibido.
Data de entrega: 23 de setembro
-Traballo interactivo 1, enviarase, e responderase, do mesmo xeito co anterior, tamén
en arquivo PDF co título: Interactivo 1 e no seu interior deberán figurar os nomes e
cualificacións dos integrantes do grupo.
Data de entrega: 27 de setembro

ACLARACIONS:
-Sobre traballos optativos voluntarios.
Na primeira semana de outubro recollerase listado daquelas persoas que desexen
optar por este criterio de avaliación en calquera das 4 modalidades ofertadas (ver
guía). Lembrada que non son tarefas obrigatorias e suporán o 10% da nota total). Para
a actividade con límite de prazas, de haber mais das posibles, procederase a un sorteo
podendo, as persoas que queden fora da actividade, anotarse noutra.
-Alumnado coa materia pendente.
Tal e como se recolle no programa, o alumnado coa materia pendente do curso pasado
ou doutros, pode superar a materia:
-seguindo a marcha do curso, como alumnos/as de primeira convocatoria (asistindo
tanto a clases expositivas como interactivas e entregando os traballos pertinentes). O
temario non sufriu variacións substanciais con respecto ao do curso pasado.
-realizando un exame, na data oficial, tanto da parte teórica como das tarefas prácticas
propostas (en torno a 3 preguntas sobre algunha das tarefas interactivas traballadas na
materia).
Poden realizar traballos voluntarios optativos.
Non se mantén ningunha nota de cursos anteriores.

You might also like