You are on page 1of 1

Hoxe 26 de xullo celebrouse a reunión da Comisión Estatal de Saúde Laboral na que se

comunicou que se incluirán as instrucións de “Medidas Preventivas contra o calor” no


protocolo PT008.

Dende fai anos que dende a CIG solicitabamos un PT de medidas contra o calor así
como o fixeramos no seu día co PT contra as inclemencias do tempo.

Desta volta tiveron que pasar dúas olas de calor, segundo o instituto de saúde Carlos III
dependente do ministerio de sanidade con 1.047 cidadáns falecidos asociados as altas
temperaturas e 3 traballadores de diversas empresas mortos nos seus postos de
traballo, para que Correos adoitase as seguintes medidas:

Medidas adoptadas por Correos:

 Os empregados da QUENDA DE MAÑÁ non realizarán tarefas de repartición


máis aló das 13.00 horas (a esa hora xa deben estar na súa unidade de traballo).

 Os traballadores da QUENDA DE TARDE non se iniciarán a repartición ata as


17:00 horas.

Estás medidas se aplicaran nas zonas nas que haxa un risco importante ou
extremo identificadas con cor laranxa ou vermello no mapa da AEMET

Dende a CIG as cualificamos como unhas medidas tardías e solicitamos que se


implimenten coas seguintes:

 Se dote de crema solar e gorras ao persoal de reparto.


 Se entreguen botellas de auga en botes refrixerados, así como instalar de fontes
de auga aos centros que non as teñan.
 Entrega de uniformes a todo o persoal fixo e eventual sen excepción xa que como
ben di Correos a roupa dos uniformes e especialmente transpirable.
 Non só se deben tomar medidas para os postos de reparto se non tamén para os
traballador@s con postos nos CTA´S CTP, ATC e os dos novos Centros Nodais
de CEX nos que non existen ningún tipo de sistema de climatización.
 Que os sistemas de climatización se revisen nos centros de traballo e se
modifiquen as horas de acendido para que nas horas de entrada xa estean a
unhas temperaturas adecuadas.
 Que se revisen os sistemas de aire acondicionado dos vehículos de Correos e se
retiren temporalmente do servizo se estes non funcionan (sobre todo agora que
temos vehículos cun pésimo mantemento).

@cigcorreos @cigcorreos @cigcorreos

You might also like