You are on page 1of 10

Instrucións para visualizar o

banco de fotografías aéreas en ángulo oblicuo do


Plan de Ordenación do Litoral de Galicia (POL)

Documento elaborado por:

Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe


Consellería Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
Xunta de Galicia (Agosto 2010)
Introdución

Como parte dos traballos de análise na elaboración do Plan de Ordenación do Litoral de Galicia (POL),
a Xunta de Galicia recompilou, xerou e procesou unha inxente cantidade de datos, cartografía,
información xeográfica, imaxes, etc. Esta información é custosa, pero ten un valor vital para coñecer
con profundidade o territorio, as súas características, alteracións, ameazas, etc.

As fotografías aéreas en ángulo oblicuo, xeradas en diferentes voos ao longo da costa galega, é un dos
elementos de estudo máis útiles para achegarse á realidade das zonas do litoral. A colección de
fotografías conforman unha serie de case 10.000 imaxes de alta resolución. Ademais da grande
cantidade de información que achegan aos técnicos a nivel urbanístico, paisaxístico, etc. , teñen unha
grande beleza a nivel visual.

Todas as imaxes contan con metadatos integrados (EXIF e XMP) que mostran información sobre as
fotografías como a data e hora de creación, características do aparello, propietario ou a licencia (ver
apartado “Condiciones de uso das imaxes”).

Ademais as fotografías teñen compoñente xeoespacial, é dicir, que contan con coordenadas, o que
permite situar cada unha deas nun lugar concreto sobre un mapa. Aproveitando esta característica,
ponse a disposición pública un ficheiro KMZ para poder acceder a todas estas imaxes. Neste
documento explícase brevemente como poder acceder e visualizalas correctamente.
Condicións de uso das imaxes

Para favorecer a posta en valor deste banco de imaxes e o aproveitamento dos cidadáns, asociacións,
organismos, investigadores e outras administracións publícanse todas estas imaxes en formato dixital.
As imaxes posúen unha licenza libre CreativeCommons-3.0-at-nc-by na que está permitido:

• copiar, distribuír e comunicar publicamente a obra


• facer obras derivadas

aplicando as seguintes restricións:

• Recoñecemento: Debe recoñecer os créditos da obra do xeito especificado polo autor ou polo
licenciador (pero non de xeito que suxira que ten o seu apoio ou apoian o uso que fan da sua obra)
• Non comercial: Non pode empregar esta obra para fins comerciais
• Compartir baixo a mesma licenza: Se altera ou transforma esta obra, ou xera unha obra
derivada, só pode distribuír a obra xerada baixo unha licencia idéntica a esta.

Pode consultar os termos da licenza nas páxinas web:

GALEGO: http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/deed.gl
CASTELÁN: http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/deed.es
INGLÉS: http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/

Todas as fotografías contan cunha marca de auga co símbolo que informa sobre licenza:
Software necesario

Para poder visualizar comodamente as imaxes xeoreferenciadas débese empregar un programa


informático capaz de interpretar ficheiros KML. Neste manual explicarase como acceder á información
usando a versión gratuíta de Google Earth.

Este programa conta con versións para Linux, Mac e Windows e pódese descargar dende a páxina web
oficial de Google:
http://earth.google.es/intl/es_es/download-earth.html

Para seguir as instrucións deste manual é necesario ter instalado correctamente “Google Earth 5” na
computadora.
Descarga do ficheiro de enlace ás imaxes

O arquivo KML cos datos de posición das fotografías así como o enlace ás mesmas atópase na web do
Plan de Ordenación do Litoral:
http://www.xunta.es/litoral

Para descargalo, acceda co seu navegador de internet á sección “DESCARGABLES”, na carpeta


“Documentación Gráfica” (VID. 1 e 2 da imaxe adxunta) e logo en “Fotos Oblicuas”. Faga dobre clic
sobre o arquivo “Fotos_oblicuas_POL.kml” para descargar o arquivo ou abrilo directamente co Google
Earth.
Abrir o arquivo KMZ

Pódese abrir o KMZ de diversas formas. Facendo dobre clic sobre o ficheiro, Google Earth lanzarase
automaticamente cos datos das imaxes. Tamén pode executar Google Earth e pulsar no menú
“Arquivo->Abrir” e seleccionar o arquivo Fotos_Oblicuas_POL.kml.

Pulsado a combinación de teclas CTRL+O pode tamén acceder ao diálogo para abrir o ficheiro.

NOTA: O arquivo KML que se distribúe non contén as fotografías, senón que posee os puntos onde hai
imaxes e mecanismos de enlace a ditas imaxes a través de internet. Isto permite que o ficheiro teña un
tamaño pequeno e manexable.
Uso das imaxes

Unha vez aberto o arquivo no programa, mostrarase a capa cargada na lista de contidos da esquerda co
nome “Voo Oblicuo POL”.

Na parte dereita verá a zona de Galicia cunha gran cantidade de símbolos na zona do litoral. Cada un
deses círculos brancos corresponde cunha fotografía. Pode navegar polo territorio utilizando os botóns
do rato ou ben os mandos situados no lado dereito (zoom, pan, etc.). Tamén pode introducir o nome
dun lugar ou topónimo no buscador do programa e poderá navegar directamente a esa zona.
Se fai clic sobre un dos puntos onde hai unha imaxe despregarase un diálogo que indica o código da
fotografía. Pulsando sobre o enlace abrirase a imaxe nun navegador ou no propio GoogleEarth se así
está configurado.
Unha vez que accede á fotografía pode descargala no ordenador e facer uso dela segundo os termos da
licenza (ver apartado “Condicións de uso das imaxes”).
Pode activar o desactivar outras capas dispoñibles por defecto en GoogleEarth. Por exemplo, é moi
recomendable activar a capa de “Fotos de Panoramio” para poder visualizar imaxes da base de datos de
usuarios desa prataforma.
A continuación un exemplo facendo clic sobre un símbolo en Google Earth:

E como xorde a fotografía oblicua correspondente a ese punto:


Enviar suxestións, incidencias, etc.

Temos a intención de ampliar e mellorar este banco de fotos do litoral de forma progresiva.
No caso de detectar algún erro na posición dalgunha imaxe, ter unha idea ou suxestión, ou se desexa
informar de calquera incidencia relacionada con estas fotografías, pode enviar un correo electrónico a:
infopol@xunta.es

Tamén podes mandar fotografías do litoral indicando a súa localización (coordenadas X-Y ou lat-lon).

You might also like