You are on page 1of 2

Rúa da Espiñeira, 10 - Baixo

15706 Santiago de Compostela


ATENCIÓN PSICOLÓXICA A MENORES Tel.: 981 53.40.49
QUE SUFRAN VIOLENCIA DE XÉNERO Fax: 981 53.49.83
copgalicia@copgalicia.gal
www.copgalicia.gal

PAUTAS DE FACTURACIÓN DO ANO 2022

1.- Na factura débese incluír o nome do programa: LIÑA DE ATENCIÓN PSICOLÓXICA A


MENORES QUE VIVAN OU PADEZAN SITUACIÓNS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

2.- As facturas deben estar obrigatoriamente asinadas e seladas en orixinal. Se desexas


envíalas en formato electrónica deberán vir asinadas co certificado dixital.

3.- Débese utilizar única e exclusivamente o modelo que dende o Colexio se


proporciona. Se utilizas un programa de facturación ou similar ponte en contacto
coa administración do Colexio para poder dar unha solución óptima para ambos.

4.- A factura non poderá ser manuscrita, é dicir, non pode ser feita á man xa que
dende a Xunta de Galicia así nolo esixen.

5.- Nas facturas deberán constar: o nome e número de colexiación, enderezo e NIF
(ou CIF de selo caso) do/a emisor/a e do cliente (COPG) ademais da data de
expedición (día, mes e ano) e o número da mesma.

Se facturas a través dunha Sociedade deberase especificar na factura o nome


completo (nome e apelidos) e número de colexiación do/a profesional habilitado/a
para exercer no Programa.

6.- En cada factura deberase especificar a porcentaxe de retención do IRPF aplicada


(15% ou 7%). (Lembra a redución do 7% é só para profesionais de novo inicio durante
os 3 primeiros anos sempre e que te acollas a este feito).

Se facturas a través dunha Sociedade Limitada ou Anónima, deberás engadir o


seguinte texto nas facturas: "EXENTO DE RETENCIÓN DO I.R.P.F., SEGUNDO O
DISPOSTO NO REAL DECRETO 1777/2004 DE 30 DE XULLO".

7.- Na factura deberase incluír o texto “EXENTO DE I.V.E SEGUNDO O DISPOSTO NA LEI
37/1992 DE 28 DE DECEMBRO” cando factures só sesións.

8.- Deberá incluírse na factura o número IBAN da conta bancaria onde se debe facer
o pago da factura.

9.- Nas facturas deberase especificar as datas de realización das sesións. Se nun
mesmo día realizas máis dunha sesión terás que especificalo na factura.

1.- O código do menor é o da súa nai, engadíndolle ao código alfanumérico a palabra


“fillo/filla”. Se atendes a máis dun ou dunha menor deberás indicar as sesións
realizadas con cada un por separado: Por exemplo, usuaria con dúas fillas e un fillo:
USUARIA 1/18 FILLA 1
USUARIA 1/18 FILLA 2
USUARIA 1/18 FILLO

10.- As tarifas a aplicar no 2022 son: 60€/sesión.

11.- Se acudiches a un xuízo este deberá ser factura aparte xa que este concepto debe
levar IVE.
Rúa da Espiñeira, 10 - Baixo
15706 Santiago de Compostela
ATENCIÓN PSICOLÓXICA A MENORES Tel.: 981 53.40.49
QUE SUFRAN VIOLENCIA DE XÉNERO Fax: 981 53.49.83
copgalicia@copgalicia.gal
www.copgalicia.gal

12.- A facturación a presentar no COPG é bimestral (cada dous meses). Deberás


presentar unha única factura que recolla as sesións de todas as usuarias atendidas
nese mes.

O límite para a recepción das facturas orixinais no COPG serán os que seguen:

BIMESTRE MESES A FACTURAR DATA


LÍMITE
Primeiro Xaneiro e febreiro 10-03-2022
Segundo Marzo e abril 10-05-2022
Terceiro Maio e xuño 10-07-2022
Cuarto Xullo e agosto 10-09-2022
Quinto Setembro e outubro 02-11-2022
Sexto* Novembro e decembro 02-11-2022

*Para o sexto bimestre haberá que facer unha previsión. A data marcada será
inicialmente o 2 de novembro de 2022, pero poderá ser modificada. Notificaranse
con antelación as pautas e datas a seguir.

13.- No caso de que as facturas cheguen fóra dos prazos establecidos, o COPG non se
fará responsable do seu pago.

14.- As facturas que non se adapten a estes requisitos serán devoltas sen aboar, xa que
a Administración Pública demanda ao COPG os devanditos requisitos nas facturas
presentadas.

You might also like