You are on page 1of 2

TOPOLOXIA DOS ESPAZOS EUCLIDIANOS

Código G1011110 - Segundo cuadrimestre – Grupo A


Curso 2015-16

Profesores:
Fernando Alcalde Cuesta. Juan Francisco Torres Lopera

Descriptores da materia no Plano de Estudos:


Os espazos euclidianos. A topoloxía do espazo euclidiano. Converxencia. Completitude. Continuidade. Propiedades
topolóxicas. Conexidade. Compacidade.

Obxectivos da materia:
Estudar os conceptos, métodos, propiedades métricas e topolóxicas dos espazos euclidianos. Coñecer algúns resultados
matemáticos importantes. Trasladar as destrezas nos estudos previos, facendo especial fincapé nas técnicas de
converxencia de sucesións no referente aos conceptos básicos de completitude e continuidade. Outros conceptos
fundamentais son os relativos á conexidade e á compacidade.

Contidos:
1. Os espazos euclidianos.
Produto escalar e norma euclidiana. Desigualdades de Cauchy-Schwarz e Minkowski. Distancia euclidiana e
propiedades. Bólas abertas e pechadas. Distancia entre conxuntos. Conxuntos limitados e diámetro.
2. A topoloxía do espazo euclidiano.
Definición de conxunto aberto. Propiedades dos conxuntos abertos. Topoloxía. Conxuntos pechados. Subespazos:
abertos e pechados relativos.
3. Sucesións e converxencia.
Sucesións. Sucesións converxentes. Subsucesións. Topoloxía e converxencia: puntos de acumulación.
4. Completitude.
Sucesións de Cauchy. Principio do supremo e teorema de completitude da recta real. Teorema de Bolzano-
Weierstrass. Completitude do espazo euclidiano.
5. Continuidade.
Definición de continuidade. Continuidade secuencial. Composición de aplicacións continuas. Restrición e extensión.
Aplicacións lipschitzianas, contractivas e isométricas. Teorema do punto de fixo de Banach.
6. Continuidade global e homeomorfismos.
Caracterización global da continuidade. Pegado de funcións continuas. Homeomorfismos.
7. Compacidade.
Condición de Borel-Lebesgue. Teorema de Heine-Borel. Criterio de Bolzano-Weiertrass. Compacidade secuencial e
completitude. Compacidade e continuidade.
8. Conexidade.
Conxuntos conexos. Teorema do valor intermedio.

Bibliografía básica e complementaria:


CHINN W.G., STEENROOD N.E., Primeros conceptos de Topología. Ed. Alhambra, Madrid, 1975.
FLORY G., Ejercicios de Topología y de Análisis, Tomo I, Ed. Reverté, Barcelona, 1983.
MASA VÁZQUEZ X.M., Topoloxía Xeral. Manuais Universitarios 1, USC, 1999.
MCCLEARY, J., A First Course in Topology. Student Mathematical Library, 31, AMS, Providence, 2006.
MUNKRES, J.R., Topology : a first course. Prentice-Hall, Englewood Cliffs, 1975.
SUTHERLAND W.A., Introduction to metrics and topological spaces. Clarendon Press, Oxford, 1975.

Competencias
- Coñecer os conceptos básicos da topoloxía dos espazos euclidianos e algúns resultados topolóxicos importantes.
- Aprender a combinar a intuición xeométrica e rigor formal valorando a importancia dos exemplos e das probas no
traballo matemático.
- Procurar unha boa comprensión dos conceptos combinando o estudo teórico, o manexo de exemplos e a resolución de
problemas e exercicios e acadar unha escritura satisfactoria dos resultados matemáticos.
Metodoloxía da ensinanza
As “clases expositivas” adicaranse á exposición dos aspectos teóricos e prácticos da materia por parte do profesor, que
serán ilustrados con exemplos. Nas “clases interactivas de seminario”, adicadas a resolución de problemas e exercicios,
procurarse unha maior participación activa dos estudantes. Realizarase un control periódico da aprendizaxe mediante a
resolución de problemas propostos no encerado nas “clases interactivas de laboratorio”.

Criterios e sistemas de avaliación:


Haberá un dobre método de avaliación: avaliación continuada, realizada ao longo do curso e baseada no traballo de cada
alumno na aula, e unha avaliación final, realizada mediante unha proba escrita fixada calendario da facultade. A nota
final estará formada nun 40% pola avaliación continua e nun 60% pola nota do exame final. A proba escrita consistirá
nunha parte teórica, que podera incluír a definición de conceptos, enunciado de resultados e proba total ou parcial dos
mesmos, e unha parte práctica consistente na resolución de problemas ou exercicios, que serán análogos aos resoltos no
curso.

Tempo de estudo e de traballo persoal do alumno:


Horas de traballo presencial:
Clases expositivas 30
Clases interactivas de seminario 15
Clases interactivas de laboratorio 13
Titorías en grupos moi reducidos ou individualizadas 2
Total horas traballo presencial 60

Horas de traballo do estudante


Estudo teórico e práctico relacionado coa docencia presencial 60
Preparación dos exercicios ou da proba escrita 30
Total horas traballo persoal 90

You might also like