You are on page 1of 6

Lingua galega 3º ESO

TEXTO:
Achegouse unha muller que estivera parada uns pasos máis alá. Ou máis ben era un
ser revestido dunha lixeira apariencia feminina. En conxunto, tiña o aspecto dun cono
branco invertido, forrado con toda clase de accesorios e cores. En efecto cunha cabeza
desproporcionada. Unha cara ancha e grosa acribillada por unha cabaleira de mil
cores, longa e aberta, ata rozar a metade dos brazos…
E todo o exceso ía aguzándose cara abaixo, ata dar a impresión de non estar de pé,
senón chantada na beirarrúa: tan fracas eran as súas pernas e tan pequenos os seus
zapatos.

- Que tipo de descrición aparece no texto anterior?


- Atendendo á perspectiva do emisor como a clasificarías?
- Podería considerarse unha caricatura? Por que?

Responde:
Que son os pergaminos Vindel e Sharrer?
Indica que características debe ter un conxunto de enunciados para ser un texto
Indica que son e cales son as linguas de substrato e superestrato en relación ao
galego.

Indica as modalidades destes enunciados. Explica que indicadores as sinalan.


Estarán agora en plena reunión.
Preparade tode antes de que chegue o xefe.
Díxome se sabería lévalo ata a súa casa.
Que che vaia ben na operación.

Indica os recursos literarios presentes nos seguintes textos

Dun amor celestial verdadeiro.


Quedou solo de bágoas a proba

Ondas do mar de Vigo


se vistes o meu amigo
Ondas do mar de Vigo
Se vistes o meu amado

A morte pranto do día


Lágrima inmensa de sombra
que escorre sobre a campía

O ventiño da maña
límpalle os ollos á aurora
roxa de tanto chorar.

Corrixe:
- Non permitas que o teu fillo colla a costume de meter os dedos na nariz
- Mandáronme facer un análise da sangue para saber se teño hepatite.
Lingua galega 3º ESO

- Sempre souben que teu irmán tiña un arte especial para facer o augardente de
herbas.
- Puxo moito énfase na importancia dos eclipse de lúa na civilización inca.
- Bótalle un pouco sal ás filloas que imos levar á cárcere de Teixeiro.

Reconstrúe a seguinte cantiga tendo en conta que presenta os recursos


característicos do xénero e explica en que consisten.

Vaiamos, irmana, vaiamos dormir


nas ribas do lago u eu andar vi
a las aves meu amigo.

___________________, vaiamos folgar


____________________________
a las aves meu amigo.

_____________________________,
seu arco na mãao as aves ferir,
a las aves meu amigo.

Nas ribas do lago u eu vi andar,


seu arco na mãao a las aves tirar,
__________________.

______________________________
e las que cantavam leixa-las guarir,
a las aves meu amigo.

Seu arco na mano a las aves tirar


__________________ non'as quer matar
_____________________.
Lingua galega 3º ESO

Texto:
A miña avoa Rosa era unha muller cálida e amable, sempre disposta a estar aí para
calquera, e aínda que non era unha muller de mente aberta e moderna, sí era unha
muller que sabía escoitar a todo aquel que necesitase ser escoitado, entendía os seus
problemas e daba bos consellos. Como non botar en falta a unha muller así?
Traballadora, nobre, paciente e amorosa; ela era a luz na escuridade a esperanza no
medio do deserto.

- Que tipo de descrición aparece no texto anterior?


- Atendendo á perspectiva do emisor como a clasificarías?

Identifica os recursos literarios presentes nos seguintes textos:


"Reza un merlo no souto
frorido de cereixos
relixioso ofertorio
duns místicos amores"

Meniño do Rio
Calor que provoca arrepío
dragón tatuado no brazo
corpo aberto no espazo.

Pende en que pende Penélope pensativa,


perde o novelo nove novamente canto.
Ese rostro que ás augas envexando
Sorrí tecendo cando o vento.

A noiva goleta
enloitada de branco
que cose rutas esquencidas
acena noventoas súas velas.

Diferenza entre linguaxe, lingua e fala.


Que son os pergaminos Sharer e Vindel?
Que son e cales son as linguas de substrato e superestrato en relación ao galego?

Corrixe os erros que atopes:

As pinturas do ábsido da iglesia de San Pedro son un exemplo de arte románico.


Cando quixen facer o traballo sobre o Apocalípse deime conta que esquecera a
contrasinal polo que tiven que deixar a labor para o dia seguinte.
Din que a cuspe de galiña e as babas dos caracoles son moi boas para o cute.
Fun ao médico polo dor do reuma e o doutor vendo o meu mal color fíxome un análise
do sangue e detectoume unha gastrite polo que me quitaron o tabaco, o sal e as
legumes.
Lingua galega 3º ESO

Na Idade Media crían que os eclípses eran de mal agoiro e seguían a costume de elevar
os seus rezos a Dios.

TEXTO:
No completo silencio que acolleu esas palabras, a meiga á dereita inclinouse cara adiante, de
forma que Harry puido ver por vez primeira a Dolores Umbridge.
Pensou que se parecía moito a un sapo enorme a pálido. Era bastante achaparrada e tiña unha
cara larga e fofa, con moi pouco pescozo e unha boca enorme e fláccida. Os seus ollos eran
grandes, redondos e algo saltóns. O pequeño gorro de veludo negro pousado sobre o seu
cabelo crecho e curto mesmo lle fixo pensar nunha mosca enorme que estaba a piques de ser
devorada por unha lingua longa e pegañenta.
A meiga falou cunha voz aguda, cantareira e infantil que sorprendeu a Harry, xa que esperaba
que croase.
Tras intervir, ela ceibou unha risa fría que fixo que os pelos da caluga de Harry se puxesen de
punta. Algúns membros de Tribunal Supremo de Maxia riron con ela. Non podía estar máis
claro que ningún deles estaba divertíndose de verdade.
- Que tipo de descrición de persoa aparece no texto anterior?
- De que tipo de descrición se trata, atendendo á perspectiva do emisor?
- A descrición de Dolores Umbrigde poderíase considerar unha caricatura? Por que?

Responde:
- En que unidades se organiza a lingua?
- Que propiedades ten que cumprir un texto para estar ben construido?
- Cal é a diferencia entre lingua e fala?

Indica as modalidades destes enunciados. Explica que indicadores as sinalan.


Oxalá a min me enviara un correo Lady Gaga.
Serían as nove da noite cando me recibiron.
Baixa ao supermercado a por leite Raúl.
Quizais cheguemos a tempo para a estrea.
Os prezos subiron no mes de novembro.

Identifica nestas oracións suxeito e predicado e os tipos de sintagma (coa súa


estrutura) presentes.
Sempre suceden alí cousas raras.
Neste país, a situación da sociedade é tensa.
Asustoume a súa chegada tan brusca.
Gústame moito o cocido galego.
Lingua galega 3º ESO

Identifica os recursos literarios presentes nos seguintes textos:


Eu son para min
todas as interrogacións
todas as estatuas
todos os misterios
e todos os cumes xeados de
evanxeos.

En soneto de sons que soan sendo


a melodía da que eu son a esencia
inconsciente de ser unha presencia
sen máis sentido que soar sabendo.

O limoeiro da horta
calado, verde e erguido;
na cabeleira, cen puños
redondos e moi lucidos.

O ventiño da maña
limpalle os ollos á aurora
roxa de tanto chorar.

Indica as modalidades destes enunciados. Explica que indicadores as sinalan.


Oxalá a min me leven a París.
Serían uns mil euros o arranxo do coche.
Ven aquí e ordea o teu cuarto.
O mellor mercamos un coche.
A incidencia da Covid subiu no mes de novembro.

Identifica nestas oracións suxeito e predicado e os tipos de sintagma (coa súa


estrutura) presentes.
Sempre suceden alí cousas raras.
Neste país, a situación da sociedade é tensa.
Preocúpame a súa actitude tan brusca.
Gústame moito as películas de suspense.
Lingua galega 3º ESO

Texto

Ai flores, ai flores do verde pino,


se sabedes novas do meu amigo!
Ai Deus, e u é?

Ai flores, ai flores do verde ramo,


se sabedes novas de meu amado!
Ai Deus, e u é?

Se sabedes novas do meu amigo,


aquel que mentiu do que pos comigo!
Ai Deus, e u é?

Se sabedes novas do meu amado,


aquel que mentiu do que mi ha jurado!
Ai Deus, e u é?

Vós me preguntades polo voss’ amado,


e eu bem vos digo que é viv’e sano.
Ai Deus, e u é?

E eu bem vos digo que é san’e vivo


e será vosc’ ant’o prazo saído.
Ai Deus, e u é?

E eu bem vos digo que é viv’e sano


e será vosc’ant’o prazo passado.
Ai Deus, e u é?

A que xénero pertence esta cantiga?


Que recursos formais se empregan?
Que tipo de cantiga é desde o punto de vista da forma e expresión? Por que?

You might also like