You are on page 1of 1

A XERACIÓN DO 25:

Nos anos vinte e trinta xorde en Galicia un grupo de escritores, nados arredor de 1900, que
levan a cabo a renovación da poesía galega mediante a incorporación das novidades das
vangardas literarias europeas. Constitúen a Xeración do 25, tamén chamada do Xeración do
22 ou Xeración das Vangardas. Nesta xeración destacan:
Manuel Antonio (poesía).
Luís Amado Carballo (poesía e prosa).
Luís Pimentel (poesía).
Valentín Paz Andrade (poesía)
Fermín Bouza-Brey (poesía, prosa e ensaio).
Eduardo Blanco Amor (poesía, prosa e teatro).
Rafael Dieste (teatro e prosa).
Álvaro das Casas (teatro).
Luís Manteiga (teatro).
Dos que falaremos máis adiante en profundidade.
Estes escritores manteñen estreitas relacións cos compoñentes das Irmandades da Fala e da
xeración Nós. Participaron na creación do Seminario de Estudos Galegos(que foi unha
institución cultural galega creada por intelectuais galeguistas en 1923 en Ortoño, Ames (na
provincia da Coruña) para estudar e divulgar o patrimonio cultural galego e tamén para
formar investigadores. A idea de crear esta institución ven do escritor e autor Antón Losada
Diéguez. En 1936 despois de 13 anos de actividade foi desmantelada polo réxime surxido da
sublevación militar do 18 de xullo. Máis tarde o 16 de febreiro de 1944 creouse o Instituto
de Estudos Galegos Padre Sarmiento onde se reuniron os intelectuais que sobreviviran á
guerra) e na formación do Partido Galeguista. (este era un partido político de carácter
nacionalista fundado en 1931 do que era presidente Catelao. Disolveuse por completo en
1950) Neles conflúen as novidades vangardistas coa conciencia nacionalista.

Esta xeración empregou como medios de expresión os órganos periodísticos do momento


(revista Nós, A Nosa Terra) e publicaron revistas literarias de creación propia, entre as que
destacan: Alfar ( A Coruña, 1920-27); Montevideo, 1927-29), Ronsel (Lugo, 1924), Cristal
(Pontevedra, 1932-33), Resol (Santiago. 1932-36), Yunque (Lugo, 1932), Papel de color
(Mondoñedo, 1933-35), nas que se difunden os seus versos e, ao tempo, dan a coñecer
entre nós aos principais representantes da vangarda española e mundial entre os que van a
destacar o poeta Federico García Lorca, o pinto Pablo Picasso, o tamén pinto Salvador Dalí, o
tradutor, bibliotecario, crítico... Jorge Luis Borges e o poeta e escritor André Breton

You might also like