Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza
e Deportes
DECRETO 200/2022, do 24 de novembro, polo que se concede o título de
embaixador de honra do Camiño de Santiago, a título persoal, a Víctor Manuel Vázquez Portomeñe.
En atención ao labor de divulgación, promoción e coñecemento do Camiño de Santiago
e dos valores xacobeos, e ao abeiro do disposto no artigo 4 do Decreto 163/2013, do 24 de outubro, polo que se regula a concesión do título de embaixador de honra do Camiño de Santiago, é vontade do Goberno galego outorgarlle esta alta distinción á persoa que se indica a seguir.
Polo tanto, por proposta do vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xusti-
za e Deportes e logo do acordo do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e catro de novembro de dous mil vinte e dous,
DISPOÑO:
Concederlle o título de embaixador de honra do Camiño de Santiago, a título persoal e
con carácter vitalicio, a Víctor Manuel Vázquez Portomeñe.
Santiago de Compostela, vinte e catro de novembro de dous mil vinte e dous
Alfonso Rueda Valenzuela
CVE-DOG: iz8o7xp8-73d9-yqq0-wqw0-h44oc7gssrd8
Presidente
Diego Calvo Pouso
Vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes