You are on page 1of 3

A HIDROSFERA 2

AUGAS LÍQUIDAS
Criosfera: Conxunto de masas de xeo que existen na Terra.
A auga da Terra atópase na súa maior parte en estado líquido, principalmente formando
os océanos. As augas doces só representan o 2'5% do total do planeta, e a maioría están
distribuídas na criosfera e nas augas subterráneas.
Océanos e mares: 97,5% (1ª posición)
Polos glaciares: 1,75% (2ª posición)
Subterránea: 0,75% (3ª posición)
Lagos: 4ª posición
Atmosfera e vapor: 5ª posicición
Seres vivos: 6ª posición
Ríos: 7ª posición
As augas líquidas poden ser doces, salobres ou salgadas. Dise que son doces cando a súa
salinidade (concentración de sales disoltas) é baixa, xa que case todas as augas líquidas
adoitan ter certa cantidade de sales. Cando a salinidade é intermedia fálase de augas
salobres.

AUGAS MARIÑAS
A auga dos mares e océanos supón máis do 97% do total que existe na Terra.

ELEMENTOS DA AUGA: Principalmente composta de: Cloro (CI), Sodio (Na),


Sal común (NaCI) e tamén algunhas cantidades importantes de Magnesio (Mg) ou
compostos de Xofre (S).
A temperatura dos mares é moi diferente duns lugares a outros. Estes contrastes son
maiores nas capas superficiais e especialmente nos puntos achegados ás costas. A uns
metros de profundidade as temperaturas van dos 12ºC aos 30ºC.
Por debaixo dos 500m de profundidade as temperaturas baixan bruscamente, e nos
fondos, por baixo dos 1500m roldan sempre os 5ºC.

FENÓMENOS DAS AUGAS MARIÑAS:


- Mareas: Cambios periódicos do nivel do mar debido ao efecto da lúa e, en menor
medida, do sol.
- Ondas: movementos ondulatorios da superficie da auga, principalmente producidos
polos ventos.
- Correntes oceánicas: Movementos horizontais de grandes masas de auga a través de
mares e océanos.

AUGAS CONTINENTAIS: SUBTERRÁNEAS E


SUPERFICIAIS
SUBTERRÁNEAS:
Proceden da infiltración da auga de chuvias a través dos materiais porosos do solo.
Os depósitos subterráneos de auga denomínanse acuíferos.
O nivel que acadan as augas subterráneas nun momento concreto denomínase nivel
freático.
Os pozos son perforacións na terra que acadan o nivel freático e son construídos para
extraer auga.
Se a boca dun pozo está por baixo da altura do nivel freático a auga fluirá ao exterior sen
axuda. fálase entón de pozos artesianos. O pozo artesiano máis grande de Europa atópase
en Cella (Teruel)
Os mananciais ou fontes son fendas do terreo a través das cales sae a auga dun acuífero
de maneira natural.

AUGAS SUPERFICIAIS
Son as augas que circulan ou están encoradas na superficie da codia terrestre.
Na súa meirande parte son augas doces.
Ríos: correntes permanentes de auga doce, que desembocan no mar, en lagos ou noutros
ríos. Ex: Río Sil
Lagos: Grandes volumes de auga acumulada, que se alimentan de auga de chuvias ou
ríos. Poden ser de auga doce, salobre e salgada. Ex: Mar Morto e Lagoa da Serpe (Pena
Trevinca)
Brañas: Lugares onde se acumula auga a escasa profundidade, xeralmente procedente de
augas subterráneas. Ex: Táboas de Daimiel.
Albufeiras: Lagoas de auga salobre que quedan fechadas por unha barra de area preto da
costa. Ex: Albufeira de Valencia e Lagoa de Doniños.

AUGAS SÓLIDAS (CRIOSFERA)


A criosfera é o conxunto de masas de xeo que existen na Terra.
Inclúe glaciares, xeos polares e de montaña e icebergs.
Glaciares: son inmensas masas de xeo que flúen moi lentamente, como un gran río de
xeo. Ex: Glaciar de Aletsch (Suíza)
Os glaciares chegaron a ocupar case toda a Terra noutras épocas históricas. Hoxe a
meirande parte de glaciares están no círculo polar, pero tamén existen en grandes
montañas e cordilleiras, incluíndo os do Kilimanjaro, en África.
Icebergs: Cando un glaciar chega ao mar pode romper e formar icebergs, grandes masas
de xeo flotante, cuxa maior parte está baixo a superficie do mar.

VAPOR DE AUGA
É a humidade que se atopa na atmosfera.

You might also like