You are on page 1of 16

I.E.S.

MURALLA ROMANA
Dpto.: Xeografía e Historia

BLOQUE X: A SEGUNDA REPÚBLICA E A GUERRA CIVIL ESPAÑOLA

Cincuenta e sete anos despois, e logo da ditadura de Primo de Rivera, España volvía ter como
modelo de Estado unha república. Así, entre abril de 1931 e xullo de 1936 a Segunda
República mantívose en pé, vivindo tres gobernos distintos, en apenas cinco anos.
Representou unha etapa de transformacións e modernización, mais que tamén tivo as súas
sombras, na que a confrontación entre os partidarios do tradicionalismo e do progreso foi
unha constante. Unha polarización política e social que rematou por conducir a un
enfrontamento bélico, cando unha parte do exército se levantou contra a Fronte Popular, e
que sumiu a España nunha cruenta e longa guerra.

1.-A Segunda República

Tras a celebración das eleccións municipais do


12 de abril, dous días máis tarde, o 14,
proclamouse a Segunda República, sendo o
Concello de Eibar o primeiro en facelo. Ese
mesmo día, o monarca Afonso XIII,
recoñecendo non ter o afecto do pobo,
renunciou á Coroa de España, co fin de evitar
unha “fratricida guerra civil”. Poñía rumbo ao
exilio, mais coa idea dun regreso futuro. Así,
estableceuse un Goberno provisional, encabezado por Niceto Alacalá Zamora, quen aprobou
unha amnistía xeral, así como o restablecemento das liberdades públicas e sindicais.

Unha nova etapa republicana que nacía nun contexto internacional, certamente, complexo.
Por unha banda, desde o punto de vista económico, en outubro de 1929 tivera lugar o crac da
Bolsa de Nova Iork, que conduciu á Gran Depresión dos anos trinta. Se ben España se viu
menos afectada cos seus países veciños, prodúxose un estancamento da produción e unha
contracción do emprego, aumentando o número de parados. Igualmente, abandonouse a
política librecambista por un forte proteccionismo do mercado interno. Por outra banda, a
nivel político, asistíase ao auxe do fascismo, inaugurado por Benito Mussolini, en Italia, coa
súa Marcha sobre Roma. Así pois, Europa viuse sacudida por unha onda crecente de
militarismo, que puxo en crise o sistema democrático liberal. Atrás ficaban os felices anos 20,
dando paso aos tristes anos 30.

1
I.E.S. MURALLA ROMANA
Dpto.: Xeografía e Historia

No tocante á situación interna, España vivía, agora, unha gran fractura social, produto das
actitudes de apoio e rexeitamento que provocou a chegada da República, e que rematou por
levar a un conflito civil. Neste senso, a loita de clases agudizouse, xa que mentres os grupos
tradicionais de poder se amosaron contrarios ás novas medidas, por canto supoñían un ataque
aos seus privilexios, as clases medias e o proletariado defendían a necesidade de implementar
reformas.

Asemade, xunto á división social, España pasou a ser escenario tamén dunha crecente
fragmentación política, consecuencia da implantación do dereito ao voto pleno. Á súa vez,
esta heteroxeneidade política agrupábase en catro grandes posturas ideolóxicas, as cales
contaban coas súas propias bases sociais. Por un lado, os autoritarios, é dicir, os monárquicos
e os fascistas, contrarios ao novo modelo político, e que contaban co respaldo da oligarquía
terratenente e da alta burguesía. Por outro lado, as dereitas, que se alternaban entre o apoio
(Liga Rexionalista ou PNV) e a reprobación á República (CEDA), calando entre a burguesía
urbana e os pequenos e medianos propietarios agrícolas. Ademais, os republicanos,
reformistas, que tiñan entre o seu electorado á pequena burguesía, así como ás clases medias
urbanas e intelectuais; e as esquerdas, que como as dereitas se amosaron divididas entre o
afecto (PSOE) e a distancia coa República (comunistas e anarquistas), defendendo os dereitos
do proletariado e dos xornaleiros.

En función de que partido asumise a presidencia do Goberno, no devir da República


distinguense tres etapas: o Bienio Reformista (abril 1931-novembro 1933), co goberno dos
republicanos-socialistas; o Bienio Negro (novembro 1933-febreiro 1936), encabezado polas
dereitas; e a Fronte Popular (febreiro-xullo 1936), liderado polas esquerdas.

2
I.E.S. MURALLA ROMANA
Dpto.: Xeografía e Historia

1.1.-O Bienio Reformista

O Goberno provisional de Alcalá Zamora convocou novas eleccións para o 28 de xuño, das
que saíu triunfadora a coalición republicano-socialista. Este pasou a ser nomeado presidente
da República, sendo relevado no cargo de xefe do Goberno por Manuel Azaña.

1.1.1.-A Constitución de 1931

Asentado no poder, o Goberno elaborou unha Constitución, a de


1931, aprobada o 9 de decembro. Nela definíase como unha
República parlamentaria, democrática de traballadores de toda
clase, reformista e de esquerdas. Ademais, afirmaba que España
era un Estado integral, mais que era compatible coa autonomía
dos municipios e das rexións. Igualmente, recollía o concepto de
soberanía popular, afirmando que “os poderes e os seus órganos
emanan do pobo”. No que respecta aos poderes, o lexislativo
residía nas Cortes, o executivo no presidente do Goberno e os
seus ministros e o xudicial nos tribunais de xustiza. Un presidente do Goberno que era
nomeado polo xefe da República, o cal, á súa vez, era elixido polos deputados, por un
mandato de seis anos, tendo potestade para disolver as Cortes (só dúas veces nun mesmo
mandato), as cales o podían destituír.

No tocante aos dereitos e ás liberdades que contemplaba, a Constitución de 1931 representou


ser a máis progresista até o momento. Establecía a igualdade ante a lei; a liberdade de culto,
proclamando a España coma un Estado laico; o dereito ao voto para a poboación maior de 23
anos, incluíndose tamén, por primeira vez, ás mulleres, conseguíndose, desta forma, o
principio do sufraxio universal; o dereito de reunión e asociación; o dereito ao divorcio, así
como o recoñecemento dos fillos ilexítimos; un ensino laico, gratuíto e obrigatorio, con
especial atención á ensinanza primaria; a crecaión de xurados populres; e a protección social
dos traballadores, os cales tiñan o deber de traballar.

A nivel económico, a República abogou por fixar un modelo mixto. Por este, recoñecíase o
dereito á propiedade privada, mais que podía ser expropiada en aras da defensa dos intereses
e beneficios da economía nacional. Ao mesmo tempo, permitíase o intervencionismo do
Estado nos asuntos relacionados coa produción e as relacións laborais.

3
I.E.S. MURALLA ROMANA
Dpto.: Xeografía e Historia

1.1.2.-O programa reformista

A primeira das etapas da República coñécese como reformista, por mor da súa intensa labor d
cambio do país, baseada na posta en marcha dunha ampla batería de medidas, mais que
contaron coa oposición frontal daqueles grupos sociais que vían perigar con elas as súas
convencionais prerrogativas. Son as seguintes:

 A reforma relixiosa: xa ao longo da Restauración borbónica, entre os republicanos e


as organizacións obreiras forase estendendo un forte sentimento anticlerical, que
agora se intensificou e se manifestou nas
recurrentes queimas de igrexas e
conventos. Con todo, a nivel institucional,
o Goberno de Azaña implantou unha
política de secularización, cunha ríxida
separación entre o Estado e a Igrexa,
botando a esta da influencia dos asuntos
do primeiro. Nesta liña, o propio Azaña dicía que “España deixou de ser católica”,
pola perda de influencia do clero na vida pública. Así, este parou de ter unha
asignación económica por parte do Estado. Igualmente, acordouse o matrimonio civil,
ao igual co xa mencionado divorcio e a aconfesionalidade do país. Ademais, os
cemiterios pasaron a estar baixo o control das autoridades municipais e a educación
quedou libre do xugo eclesiástico. Unha reforma relixiosa que causou un fondo
malestar na xerarquía eclesiástica.
 A reforma militar: coñecida como a Lei Azaña, buscaba pór fin á preponderancia do
poder exército sobre o civil, coa supresión da Lei de xurisdiccións, así como garantir
a fidelidade deste á República. Ademais, tamén tiña como obxectivo reducir o número
de oficiais, corpos e unidades, que segundo Azaña constituía o principal problema do
exército, o cal se debía limitar á súa única tarefa, a guerra. Para conseguilo fixouse o
dereito de retiros, polo cal os seus integrantes podían pasar a posición de reserva ou
retirarse, mantendo en ámbolos dous casos o seu soldo íntegro. Buscouse tamén
aumentar a súa eficacia, mediante a reorganización xeral das súas unidades. E
importante foi tamén a supresión da Academia Militar de Zaragoza. Por último,
creouse a Garda de Asalto, un novo corpo policial leal á República, que tiña como
cometido o control das manifestacións e o mantemento da orde pública nos espazos
urbanos.

4
I.E.S. MURALLA ROMANA
Dpto.: Xeografía e Historia

 A reforma agraria: impulsada desde o Ministerio de Traballo, dirixido por Largo


Caballero. Neste momento, no 1931, España era un país rural, onde máis do 45% da
súa poboación activa se dedicaba ás actividades agrarias. Nacía co propósito de
acadar a protección dos xornaleiros, de mellorar as súas condicións de vida, algo que
o proceso desamortizador do século XIX non conseguira. En palabras de Pascual
Carrión perseguíase “que poidan levar unha vida modesta, pero que cubra as súas
necesidades e lles permita ser verdadeiramente libres.” Así, incluía o dereito de
termos municipais, mediante o cal os patróns tiñan a obriga de contratar ao
campesiñado residente no concello; o dereito de laboreo forzoso, que facía cos
propietarios tivesen que cultivar as súas terras; a creación de xurados mixtos, a
imitación dos comités paritarios, para solucionar os problemas entre os xornaleiros e
os donos das terras; a fixación da xornada de 8 horas no campo; a prolongación
automática dos contratos de arrendamento agrario; e os seguros por accidente,
enfermidade, etc.
De forma paralela, aprobouse a Lei de bases de reforma agraria, que contemplaba a
expropiación, mediante indemnización previa, de terras e a súa concesión en réxime
de usufruto ao campesiñado asentado nela; e a Lei de intensificación de cultivos, que
recollía a cesión do terreo non cultivado polos seus propeitarios aos xornaleiros.
Porén, o impacto da reforma agraria foi escaso e limitado. Quince meses despois da
súa posta en marcha, só se acuparan algo máis de 24000 ha., onde se asentaron 2500
campesiños, fronte aos 60000-750000 que se esperaban, anualmente.
 A reforma educativa: planificada desde o Ministerio de Instrucción Pública,
presentouse como a medida estrela. O Goberno entendía que para acadar a verdadeira
democratización do país, o primeiro sobre o que se tiña que actuar era sobre a
educación do pobo, para así poder sacalo da súa perpetua ignorancia, cunha taxas de
analfabetismo que se situaban entre o 30-50%. Para os republicanos non se podían
modificar as mentalidades sen instrucción e sen elevar o seu nivel cultural. Por iso,
centraron os seus esforzos, sobre todo, no ensino primario, co levantamento de novas
escolas e a formación de mestras e mestres, con destino ás Escolas nacionais. Un
ensino obrigatorio, laico e gratuíto, como se indicou anteriormente. Igualmente,
recoñecíase o dereito a empregar as linguas de España na escola, incrementándose
tamén o número de institutos de bacharelato.

5
I.E.S. MURALLA ROMANA
Dpto.: Xeografía e Historia

Paralelamente, este agromar educativo foi acompañado de numerosos proxectos


culturais innovodores. Un deles foron as
Misións Pedagóxicas, que non eran máis
que un grupo de profesorado e
estudantado de Madrid e outras cidades
que viaxaban cargados de libros, filmes,
gramófonos, etc. e instalábanse un ou
varios días nos pobos que máis o
precisaban para compartir coa xente unha
festa de cultura. Senlleira foi tamén A Barraca, unha agrupación teatral de estudantes
universitaros, encabezados por Lorca, que percorrían España, escenificando obras de
teatro clásico e popular.
 A autonomía de Cataluña: o recoñecemento do dereito ao autogoberno fixo que
Cataluña emprendeuse o seu propio proxecto de autonomía, que, despois de ser
aprobado polos representantes dos concellos cataláns e en referendo polo 99% da súa
poboación, foi sancionado en Cortes, no 1932. Desta forma, Francesc Maciá
converteuse no primeiro presidente da Generalitat.

Porén, o conxunto de reformas non evitaron que se


vivise unha situación de conflitividade política e
social. A primeira tivo a súa manifestación no
levantamento militar de Sanjurjo, en agosto de
1932, en Sevilla. Este sublevouse contra a
República, á que xurara lealdade, co respaldo de
monárquicos, terratenentes e outros militares. Con
todo, a sanjurjada, como así se denominou ao feito, fracasou, sendo os implicados detidos e
enviados a prisión.

A segunda estivo protagonizada polos xornaleiros,


insatisfeitos cos resultados da reforma agraria,
acusando á República de aburguesarse e de afastarse
das necesidades do campesiñado máis pobre. Neste
senso, coñecidos foron os sucesos de Casas Vellas,
unha insurección anarcosindicalista, onde estes, ante
a actitude de moitos propietarios de non cultivar as súas terras, coa consecuente perda do seu

6
I.E.S. MURALLA ROMANA
Dpto.: Xeografía e Historia

posto de traballo, levaron a cabo ocupacións ilegais destas. Así, entre o 10 e o 12 de xaneiro
de 1933, neste pobo gaditano viviuse unha auténtica revolución social, proclamándose o
comunismo libertario e a colectivización das terras. O Goberno actuou de forma contundente,
cunha gran represión, coa detención dos seus principais responsables, como o anarquista
Francisco Cruz Gutiérrez, coñecido como “Seisdedos”, a queima de casas, fusilamentos sen
xuízo previo, etc.

Este contexto foi aproveitado polas dereitas para reorganizarse e tratar de asaltar o poder.
Entre elas, de carácter fascista, destacaron as Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista
(XONS), de Ramiro Ledesma, e Falanxe Española (FE), de José Antonio Primo de Rivera,
defensor da dialéctica dos puños e das pistolas, fusionándose ámbalas dúas no 1934, nacendo
FE-XONS. Un ano antes, no 1933, aparecía a Confederación Española de Dereitas
Autónomas (CEDA), liderada por Gil Robles. Pola contra, a coalición gobernamental foise
debilitando, presentando Azaña a súa dimisión, desprestixiado polos acontecementos de
Casas Vellas. Así, decretouse a convocatoria de novos comicios electorais para novembro de
1933.

1.2.-O Bienio Negro

As eleccións deron o triunfo ás dereitas. Concretamente, o partido máis votado foi a CEDA,
seguido do Partido Republicano Radical de Lerroux. Non obstante, Niceto Alcalá Zamora
nomeou a este último presidente do Goberno, por canto dubidaba do compromiso de Gil
Robles coa República. Comezaba un novo período, o Beino Negro, así chamado polas súas
medidas contrarrevolucionarias. Tamén é coñecido como Bienio de Dereitas, polas forzas
gobernantes, ou Bienio Rectificador, por modificar as reformas do primeiro bienio.

A reforma agraria quedou paralizada. Púxose fin ás expropiacións e os terratenentes


recuperaron as súas terras, anulándose tamén o decreto de termos municipais, etc. Isto
implicou o empeoramento das condicións de vida do campesiñado. Igualmente, no ámbito
educativo deixáronse de construír novas escolas, así como de financiar ás Misións
Pedagóxicas. Ademais, no campo relixioso púxose fin á política de secularización, coa
suspensión da Lei de Congregacións, polo que a Igrexa volvía a recuperar a súa influencia
nos programas educativos, ao igual que o seu mantemento polo Estado. No que se refire ao
exército, a Lei Azaña non foi modificada, colocando aos militares de confianza en postos
chave e amnistiando aos participantes na sanjurjada. Por último, paralizáronse os procesos
autonomistas do País Vasco e de Galiza, limitando as competencias da Generalitat.

7
I.E.S. MURALLA ROMANA
Dpto.: Xeografía e Historia

Así a todo, esta política rectificadora conduciu a un incremento da tensión social, enchéndose
as rúas de folgas e actos insurrectos, estimulados polas forzas políticas e sindicais de
esquerdas. Precisamente, estas confluíron nunha nova agrupación, Alianza Obreira, que
nacera en Cataluña e que acabou por estenderse por toda España. O seu fin último era acadar
a revolución social.

Unha presión que acadou o seu paroxismo en outubro de 1934, cando Gil Robles exixiu a
entrada no Goberno de membros da CEDA para seguir garantindo o seu soporte a Lerroux.
Unha petición que provocou as protestas das esquerdas, temerosas de que Gil Robles tentase
botar abaixo a República. Así pois, a UXT convocou unha folga xeral, o 5 dese mes. No
entanto, o seguimento foi escaso, salvo en cidades como Barcelona, Madrid, Bilbao ou
Valencia. O Goberno declarou o Estado de guerra e o exército sufocou os núcleos rebeldes.
Secasí, en Cataluña a folga tivo a súa prolongación na esfera política, coa proclamación do
Estado catalán por parte de Lluys Companys, de Esquerra Republicana. Un feito que non tiña
cabida no marco territorial republicano, o cal non tiña carácter federal. Ante isto, interviuse a
Generalitat, suspendéndose o seu Estatuto de Autonomía. Do mesmo xeito, os principais
dirixentes cataláns foron detidos e conducidos ao cárcere.

Con todo, foi en Asturias onde os feitos


acadaron un auténtico cariz de revolta
social, seguindo os preceptos da Alianza
Obreira. Alí, durante dúas semanas, tivo
lugar unha intensa insurrección obreira,
onde os mineiros, provistos de dinamita e
armas, tomaron o control dos cuarteis da
Garda Civil e de gran parte do territorio.
Este contaron co favor de todas as forzas proletarias: anarquistas, socialistas e comunistas,
que se uniron baixo o lema de “Unión de Hermanos Proletarios”. Así, nas zonas controladas
polos socialistas creáronse comités revolucionarios, nas áreas anarquistas levantáronse
comunas, con experiencias colectivizadoras, e nos núcleos comunistas fixouse a ditadura do
proletariado. A tal cumio chegou a protesta que se mobilizaron importantes continxentes
militares, baixo a dirección do xeneral Franco, que, chegado de Marrocos, asumiu a represión
dos sublevados. A brutalidade e a deshumanización coa que se actuou provocou a morte de
ao redor de 2000 persoas, así como 30000 detidos. Ao mesmo tempo, o medo á expansión do

8
I.E.S. MURALLA ROMANA
Dpto.: Xeografía e Historia

comunismo e a que a revolución social acabase triunfando favoreceu a dereitización da


República, radicalizando esta as súas posicións.

Un ano máis tarde, no 1935, estalou


un dos meirandes escándalos políticos
da República, relacionado cunha ruleta
trucada, coñecido como o straperlo.
Neste senso, a lexislación republicana
prohibía os xogos de azar, polo que
para conseguir a súa introdución en
España os seus promotores, dous
empresarios norteamericanos, Strauss e Perlowitz, subornaron a membros do Partido
Republicano Radical, entre os que se atopaba o afillado de Lerroux. Porén, os desencontros
entre Strauss e os implicados á hora de repartirse os beneficios da estafa fixeron que este
enviase un informe a Alcalá Zamora, no que lle daba conta da corruptela, que foi tratada e
discutida en Cortes, provocando o descrédito de Lerroux, que presentou a súa dimisión, coa
conseguinte caída do seu Goberno e a convocatoria de eleccións a Cortes para febreiro de
1936.

A estas, as esquerdas concorreron unidas e coaligadas, baixo un programa político común,


nacendo a Fronte Popular. Pola súa parte, as dereitas presentáronse por separado, xurdindo o
Bloque Nacional, unha forza política de ultradereita, cuxo ideario se resumía na frase “¡Por
España e para España!”.

1.3.-A Fronte Popular

A diferenza das anteriores, o triunfo electoral foi para as esquerdas, que obtiveron o 47,1% do
sufraxio. Dous meses máis tarde, Alacalá Zamora foi destituído como presidente da
República, sendo relevado por Manuel Azaña, mentres que Santiago Casares foi nomeado
xefe do Goberno.

O novo gabinete tivo como eixo central da súa política a recuperación e a continuación das
reformas. Deste modo, retomouse o proceso autonomista. Por un lado, restableceuse o
Estatuto catalán, e, por outro lado, comezouse a debatir o proxecto vasco e galego. Con
respecto ao País Vasco, o seu Estatuto foi aprobado polas Cortes en outubro de 1936, xa
iniciada a guerra, converténdose José Aguirre no seu primeiro presidente. No caso galego, foi

9
I.E.S. MURALLA ROMANA
Dpto.: Xeografía e Historia

o Partido Galeguista o que asumiu o proceso, elaborando, no 1932, o Estatuto, en Santiago,


que foi respaldado polo pobo galego en xuño de 1936, co 99% dos votos. Porén, cando estaba
sendo discutido en Cortes estoupou a sublevación militar, quedando Galiza baixo o control
nacional, polo que este se detivo. Posteriormente, nun acto simbólico, as Cortes, trasladadas a
Cataluña, recoñeceron a autonomía de Galiza.

Apesar dos seus intentos por retomar a senda reformista, a Fronte Popular tivo que facer
fronte a unha situación de continua desorde pública, onde as folgas, os atentados e os
disturbios eran o pan de cada día. Por unha banda, as organizacións obreiras consideraban
insuficientes as intencións do Goberno, exixindo unha maior rapidez e profundidade nas
reformas. Por outra banda, Falanxe Española, que non acadara representación parlamentaria,
viu como o seu número de afiliados se duplicaba.

Este panorama convulso propiciou a aparición de proxectos golpistas, a cargo dos militares,
co obxectivo de rematar coa Fronte Popular. A conspiración militar estivo encabezada por
Emilio Mola, cuxo plan estratéxico consistía na sublevación do exército radicado en África,
sendo secundada, logo, polas tropas peninsulares, que tratarían de chegar a Madrid, onde se
establecería un Directorio militar, a cuxo fronte se situaría Sanjurjo.

2.-A Guerra Civil

Tradicionalmente, a Guerra Civil foi vista como un claro antecedente da Segunda Guerra
Mundial, non só polas súas implicacións políticas, senón tamén polos trazos que a
caracterizaron. Así, foi unha guerra ideolóxica, xa que se presentou como un conflito entre o
fascismo e a democracia, entre a civilización e o comunismo. Ademais, supuxo a implicación
de toda a poboación, na que participaron todos os sectores da sociedade. Por último, desde o
punto de vista militar, combinou formas de combate arcaicas, como a loita corpo a corpo, con
outras novedosas, como o emprego de tanques e de bombardeos sistemáticos.

2.1.-A sublevación militar e os bandos

Seguindo o plan anterior, o 17 de xullo de 1936, as tropas


do protectorado español de Marrocos levantáronse contra a
Fronte Popular, facendo o mesmo o 18 as da Península.
Secasí, o golpe de Estado fracasou, o que acabou derivando
nunha guerra civil. Deste xeito, España, tal e como se

10
I.E.S. MURALLA ROMANA
Dpto.: Xeografía e Historia

amosa na imaxe, pasou a estar dividida en dúas zonas: a que quedou baixo o control dos
sublevados e a que continuou baixo o dominio republicano. No caso de Galiza, a sublevación
comezou o día 20, quedando, prontamente, baixo o xugo dos nacionais, destacando a
resistencia presentada na Coruña, en Vigo e Ferrol.

O inicio da guerra obrigou aos distintos axentes políticos e sociais a tomar posicionamento, a
favor ou en contra dun bando, os cales entendían esta de forma diferente. Os republicanos
concibíana como un atentado contra a legalidade da República, así como contra as reformas
impulsadas. Os sublevados xustificárona como un acto preciso para salvar a España do perigo
comunista, definíndoa coma un Alzamento Nacional.

No que se refire ao exército, este amosouse dividido. Por unha parte, o Exército de Terra, na
súa maioría, mantívose leal á República, a excepción dos mandos intermedios. Por outra
parte, o Exército do Mar e o do Aire foron leais, ao igual ca Garda de Asalto, a diferenza da
Garda Civil, menos a de Barcelona, que se posicionou a favor dos sublevados. Estes contaron
tamén co apoio, en bloque, da Igrexa, que cualificou o levantamento militar coma unha
operación de defensa da fe católica, da tradición e da orde social.

Do mesmo xeito, o pobo tamén tivo que tomar partido. Do lado dos republicanos estiveron
todos aqueles grupos que, maioritariamente, votaran á Fronte Popular, é dicir, o proletariado
urbano, así como os xornaleiros do sur peninsular e a pequena burgeusía urbana. Do bando
nacional situáronse os defensores do catolicismo e das posturas conservadoras, xunto cos
pequenos e medianos propietarios agrícolas da zona norte do país.

2.2.-A internacionalización do conflito

Desde o estalido da guerra, as principais potencias mundiais tomaron posicións nun ou noutro
sentido, nun momento no que as relacións diplomáticas atravesaban por un período de
fraxilidade, entre os defensores da democracia e os fascistas. No entanto, co gallo de evitar
que o enfrontamento se convertise nunha contenda mundial os presidentes de Francia,
Daladier, e Reino Unido, Chamberlain, acordaron con Alemaña e Italia, en Londres, en
agosto de 1936, non participar na guerra, mediante a constitución dun Comité de Non
Intevención. En base a este, ámbolos catro comprometíanse a non enviar homes nin material
bélico a ningún dos bandos, mais os dous últimos incumpriron o acordado.

Polo tanto, os sublevados saíron beneficiados das axudas estranxeiras, en detrimento dos
respublicanos. De Alemaña recibiron un grande aporte de efectivos militares, destacando o

11
I.E.S. MURALLA ROMANA
Dpto.: Xeografía e Historia

papel da Lexión Cóndor. Pola súa parte, Italia, interesada no control do Mediterráneo,
aportou armas e dalí chegaron os Camisas Negras, un grupo de voluntarios. Ademais, os
nacionais tamén contaron coa colaboración de Portugal, como vía de paso de armas e víveres.
Do país luso tamén chegaron os viriatos, un grupo de 10000 homes.

Pola contra, os republicanos viron como as


achegas eran menores e insuficientes. Por parte
de Francia as aportacións circunscribíronse a
decisións particulares, como o recrutamento de
voluntarios ou o contrabando de armas. Non foi
até marzo de 1939 que o país galo abriu a
fronteira pirenaica para facilitar a fuxida dos
represaliados. Gran Bretaña foi a principal defensora do illamento do conflito. A diferenza
delas, a Unión Soviética, dirixida por Stalin, apostou por unha política de intervención máis
activa, mediante o envío de armas e víveres, mais, sobre todo, destacou polo acollemento dos
coñecidos como os nenos da guerra, en torno a uns 3000. Unha prestación que foi sufrgada
coas reservas de ouro do Banco de España, que fora trasladado á URSS pouco despois de
iniciarse a guerra.

A maiores, o bando republicano contou co soporte de miles de homes e de mulleres,


chegados desde distintos puntos do planeta, concienciados e comprometidos cos principios de
esquerdas, e que entendían a guerra como un ataque do fascismo á democracia, coma unha
reacción fronte ao progeso. A maioría quedaron integrados nas Brigadas Internacionais, que
comezaron a actuar xa en outubro de 1936. De composición heteroxénea (intelectuais,
xornalistas, obreiros, etc.), delas formaron parte personaxes tan ilustres como os novelistas
Hemingway e Orwell. Estímase que a España chegaron entre 40000 e 60000 brigadistas, que
estiveron combatendo até outubro de 1938, cando se organizou a súa retirada ante a duración
da contenda e a presión internacional.

2.3.-As etapas

No desenvolvemento da guerra pódense diferenciar varias fases, en función das accións


estratéxicas dos contendentes. Un enfrontamento bélico que estivo caracterizado pola
estratexia ofensiva dos nacionais, fronte á defensiva dos republicanos. Son estas:

12
I.E.S. MURALLA ROMANA
Dpto.: Xeografía e Historia

 A guerra de columnas: xullo-outubro de 1936. Inicialmente, tanto os sublevados como


os republicanos organizáronse en columnas militares, é dicir, unidades baseadas no
movemento de pequenas unidades de combate. Mentres as ofensivas republicanas
remataron en fracaso, os nacionais conseguiron progresos. Estes mantiñan a súa idea
de tomar Madrid, atacando desde o norte, con vitorias en Irún e San Sebastián, e
desde o sur, capitaneados por Franco. Así, tras cruzar o Estreito de Xibraltar lograron
entrar en Sevilla, dirixíndose cara a Estremadura, onde se subliñou a dura represión
cometida en Badaxoz. Antes de seguir o seu camiño cara a capital, as tropas africanas
desviáronse cara a Toledo, en axuda das forzas sublevadas que resistían no Alcázar de
Toledo, que tamén acabou capitulando.
 A loita por Madrid: novembro 1936-marzo 1937. Finalmente, nacionais conseguiron
rodear a captital, obrigando ao Goberno a mudarse a Valencia. Destacadas foron as
batallas da Estrada da Coruña, do Xarama e do Guadarrama, nas que Franco contou
co respaldo das tropas italianas. Con todo, non conseguiron o dominio da cidade.
 A campaña do norte e a contraofensiva republicana: abril-outubro 1937. Despois do
fracaso da operación de Madrid, Franco centrou os seus esforzos no norte, onde
acadou grandes avances, grazas, en parte, á
colaboración da Lexión Cóndor, fundamental
no apoio aéreo. Salientou o seu bombardeo
sobre a cidade de Guernica. Así, en pouco
tempo, Franco obtivo o dominio de Bilbao,
Santander e Asturias. Ante isto, as tropas republicanas respoderon con ataques sobre
Madrid, na batalla de Brunete, e Aragón, na batalla de Belchite.
 As grandes ofensicas republicanas: novembro 1937-novembro 1938. Após da caída da
fronte norte, os republicanos realizaron dúas grandes ofensivas, co gallo de conter o
avance dos sublevados cara a zona mediterránea. A primeira foi a batalla de Teruel,
que rematou en triunfo. A segunda foi a batalla do Ebro, a máis longa e sanguinaria
(arredor de 100000 falecidos), e que se saldou con vitoria para os nacionais.
 A caída de Cataluña e o final da guerra: decembro 1938-abril 1939. Após da batalla
do Ebro, Franco puxo o seu foco sobre Cataluña, conseguindo a toma de Barcelona,
en xaneiro de 1939, provocando a fuxida cara a Francia dos membros do Goberno,
que se trasladaran á cidade condal. Ante esta conquista, Francia e Reino Unido
recoñerceron a Franco. Pola súa parte, os republicanos, practicamente desarticulados,
debatíanse entre a negociación e a resistencia, o que deu pé ao golpe de Estado de

13
I.E.S. MURALLA ROMANA
Dpto.: Xeografía e Historia

Segismundo Casado, que puxo fin á etapa de Negrín, pero que fracasou no seu intento
de acadar unha paz pactada. Finalmente, o 28 de marzo as tropas nacionais entraron
en Madrid e o 1 de abril Franco asinou o último parte de guerra.

2.4.-A represión

Ámbolos dous bandos levaron a cabo a coerción do inimigo. Buscaban eliminar ao contrario.
Por unha banda, as milicias republicanas concentraron as súas accións en perseguir aos
militares, eclesiásticos, políticos, intelectuais de dereitas, empresarios e terratenentes. Unha
gran parte deles foron recluídos nas checas e outros tantos executados, sen ningún tipo de
xuízo previo. Destacados foron os fusilamentos do cárcere da Modelo, as matanzas de
clérigos e as execucións de Paracuellos, que representaron os episodios máis escuros da
represión republicana. Precisamente, para evitar estas actuacións arbitrarias creáronse os
Tribunais Populares.

Por outra banda, os nacionais emprenderon unha


campaña de violencia sistemática contra todos os
opositores, creando un auténtico clima de terror
institucionalizado. Senlleiros eran os paseos
nocturnos, que remataban en fusilamentos, así
como os xuízos sumarísimos. Unha represión que
continuou tras a contenda, sumándose aos fusilamentos os traballos forzados en campos de
concentración. Exemplo disto foi a construción do Val dos Caídos, a obra magna do
franquismo, un complexo monumento relixioso e funerario, levantado en San Lourenzo do
Escorial, que se prolongou durante case vinte anos.

2.5.-A evolución dos bandos

A medida que se ía desenvolvendo a guerra, cada unha das Españas seguiu o seu propio
camiño. Por un lado, a España republicana definiuse pola perda de poder e autoridade do
Estado, derivada da fragmentación institucional e pola entrega de armas, nun primeiro
momento, ao pobo. Unha fraxilidade gobernamental que se reflexou na existencia de tres
gobernos distintos. En primeiro lugar, o de Giral, que asumiu o cargo tras as dimisións de
Casares Quiroga e Martínez Barrio. En segundo lugar, o de Largo Caballero, do que
formaron parte republicamos de esquerdas, socialistas, comunistas e anarquistas. Puxo en
marcha os Comités Directivos, a través dos cales emprender o proceso de nacionalización da

14
I.E.S. MURALLA ROMANA
Dpto.: Xeografía e Historia

banca e de control da oligarquía financeira. Buscaba reforzar a intervención do Estado na


economía. Por último, o goberno de Juan Negrín, de forte carácter comunista, que centrou os
seus esforzos en tratar de dar unha saída ao conflito, negociando cos nacionais. Neste senso,
fixo a súa propia proposta (os 13 puntos de maio de 1938), mais só obtivo a negativa de
Franco. Ademais, fixou unha política económica, a través dun Consello Nacional de
Economía, que incluía, entre outros, a garantía das terras para quen as traballara ou a
municipalización dos servizos urbanos.

No terreo socioeconómico, en áreas como Cataluña, Aragón e Andalucía levouse á práctica a


revolución social, xa que se implantaron toda unha serie de medidas e experiencias que
implicaban a colectivización e a planificación da economía. En terras catalanas, o control das
fábricas e a súa produción quedaron en mans dos comités obreiros, mentres que nas
aragonesas e nas andaluzas case a metade das terras foron expropiadas e a metade
colectivizadas, por parte do campesiñado.

Por outro lado, na España nacional asistiuse á configuración e á institucionalización do


réxime. Neste senso, creouse, no 1936, a Xunta de Defensa Nacional, en Burgos, o primeiro
órgano de goberno dos sublevados, dirixido por Cabanellas. Tiña como finalidade encadrar ás
tropas militares baixo un mando único e encargouse tamén da ilegalización e supresión de
todas as forzas políticas e sociais. Igualmente, a xefatura do Estado foi asumida por Franco,
logo da morte de Sanjurjo e Mola, en sendos accidentes aéreos. Así, pasou a concentrar todos
os poderes na súa persoa, tendo como principal colaborador ao seu cuñado, Ramón Serrano
Suñer. Ademais, estableceuse o partido único, o Movemento Nacional, que aglutinaba a todos
os partidos que apoiaban o golpe.

De forma paralela, emprendeuse a contrarrevolución no campo social e económico, co


control da produción agraria e industrial, a derogación do matrimonio civil e do divorcio, o
restablecemento da pena da morte, a implantación da censura, o desmantelamento da reforma
agraria, ao igual que o resto de reformas emprendidas durante a etapa republicana.

2.6.-As consecuencias

As consecuencias da guerra foron diversas e catastróficas. Desde o punto de vista


demográfico, as repercusións foron moi graves. Faleceron ao redor de 500000 persoas,
ademais doutros tantos exiliados. A isto hai que engadir a forte caída da taxa de natalidade e
das xeracións de non nacidos ou xeracións ocas, que se reflexaron nos entrantes das

15
I.E.S. MURALLA ROMANA
Dpto.: Xeografía e Historia

pirámides de poboación. A nivel económico, débense sinalar as importantes perdas na


agricultura e na gandaría, cunha forte contracción dos rendementos, así como os elevados
gastos financeiros, a destrución de infraestruturas, etc. En xeral, viviuse un colapso e
estancamento económico, que se prolongou durante a longa posguerra. En canto ás
implicacións políticas, xurdiu un novo réxime político, instaurado polos vencedores e que
supuxo unha mutación na tendencia política española: o franquismo. Pola contra, fronte ao
Estado autoritario franquista, no resto de Europa prodúxose o triunfo das ideoloxías liberais,
após da Segunda Guerra Mundial, e dos sistemas alternativos á democracia: o comunismo.
Igualmente, importantes foron tamén as consecuencias ideolóxicas, que se prolongaron no
tempo, coa división entre vencedores e vencidos, as dúas Españas, permanecendo na
memoria colectiva. Por último, aludir aos efectos no eido da cultura, xa que case todos os
intelectuais da Xeración do 27, caso de Federico García Lorca, e os máis notables científicos
e artistas foron asasindaos ou obrigados a irse ao exilio. Da mesma forma, máis do 60% do
corpo docente foi eliminado e sometido a procesos de depuración, etc.

16

You might also like