You are on page 1of 17

Tempo narrativo

A análise do texto narrativo 2

Teoría e Crítica Literarias 5


Guión xeral da materia. Bloques

1. Os estudos da
literatura e da cultura
na actualidade

4. A análise do
2. A análise do 3. A análise do
texto dramático e
texto narrativo texto poético
espectacular
Guión do bloque 2
Análise do texto narrativo
1. Narrador e enunciación narrativa

2. Tempo

3. Espazo e personaxes
Guión tema 5
1. O concepto de tempo narrativo
2. Diversas clasificacións do tempo narrativo
3. O tempo narrativo segundo Gérard Genette
3.1. Orde
3.2. Duración
3.3. Frecuencia
3.4. Limitacións do paradigma teórico de G. Genette
1. O concepto de tempo
Tipos de tempo, temporalidade
narrativo
O concepto
• A temporalidade como o carácter
determinante da experiencia humana
(Ricoeur)

• Eixo estrutural da narrativa

• Tempo, temporalización (proceso de


conversión da organización cronolóxica da
historia en determinada disposición
discursiva) e temporalidades narrativas

• Considerar dous planos iniciais: plano da


historia (os contidos narrados) e plano do
discurso (expresión deses contidos)

• Tempos verbais e tempo narrativo:


implicacións
Tipos de tempo (Benveniste, 1966)
• Tempo físico: movemento astros, día e noite,
cambios de estación...
• Tempo crónico: tempo domesticado, aquel
que serve como referencia ás persoas nos
intercambios comunicativos.
• Tempo psicolóxico: percepción persoal do
tempo.
• Tempo lingüístico: tempo que instauran as e os
falantes ao apropiarse do código. Instáurase
en cada acto comunicativo, é intersubxectivo.
• Tempo figurado: imaxe do tempo creada pola
ficción literaria, vinculado ao proceso de
semiotización literaria.
2. Diversas clasificacións do Bases teóricas, corpus e funcións
tempo narrativo
De Aristóteles a P. Ricoeur

• Tempo aristotélico, ligado aos criterios de causa-efecto,


verosemellanza e cambio.
• Tempo do relato/ tempo da escritura/ tempo da lectura (T.
Todorov)
• Tempo da historia/ tempo do relato/ tempo da narración (G.
Genette)
• Tempo real da autora e da escrita/ tempo discursivo de quen
narra e da narración (Greimas)
• Tempo prefigurado/ tempo configurado/ tempo refigurado (P.
Ricoeur)
3. O tempo narrativo
Orde, duración e frecuencia
segundo Gérard Genette
3.1. Orde
• As alteracións da orde temporal da historia
pola do discurso son unha técnica antiga,
contemplada xa na retórica: ordo naturalis/
ordo artificialis.

• Anacronía, discordancia entre a orde da


historia e a orde do discurso.

• alcance e amplitude

• analepses e prolepses (internas,


externas e mixtas, á súa vez
homodiexéticas ou heterodiexéticas)

• Acronía, perda de toda referencia temporal.


Pode conseguirse con prolepses e analepses
en diferentes graos, sen marcos claros.
3.2. Duración
• Isocronía (equivalencia) ou
anisocronía (desaxuste), entre o
tempo da historia e o tempo do
discurso

• Duración do tempo da historia:


atención aos marcos temporais, ás
unidades temporais convencionais

• Duración do tempo do discurso:


tempo de lectura? páxinas?

• Ningún relato pode prescindir dos


efectos de ritmo
3.2. Duración. Tipoloxías básicas de anisocronía
• G. Genette sinalou tres formas básicas de desigualdade: a pausa, a
elipse e o resumo. Podemos falar de pausa descritiva, pausa
digresiva ou reflexiva, escena e diálogo, elipse, resumo...

• A narrativa contemporánea nomeou desde o mundo do cinema


certas técnicas: ralentización, speed-up, etc.
3.3. Frecuencia

• Relación cuantitativa establecida entre o número de eventos


da historia e o número de veces que son mencionados no
relato. Xera determinados efectos estilísticos.

• Relato singulativo: cóntase unha vez o que aconteceu


unha vez (1R/ 1H), ou diversas veces o que sucedeu no
mesmo número de ocasións (nR/ nH)

• Relato repetitivo: cóntase varias veces o que aconteceu


unha vez (nR/ 1H)

• Relato iterativo: cóntase unha vez o que aconteceu varias


veces (1R/ nH).
3.4. Limitacións do paradigma
teórico de G. Genette
• P. Ricoeur realiza unha crítica ao
formalismo genettiano
considerando que oculta
dimensións do narrativo como a
experiencial-vivencial.
• A duración íntima ou Zeiterlebnis
(segundo as clasificacións de
Jean Onimus e Darío Villanueva)
• A transgresión da temporalidade
desde o modernismo até a
contemporaneidade:
circularidade, contradición,
antinomia, diferencialidade,
dualidade, multiplicidade e
combinación.
Alumbramiento, https://m.youtube.com/watch?v=AJkM3cAv9bk

Víctor Erice

You might also like