You are on page 1of 1

[As cidades.

2º ESO]
[SESIÓN 1]
1. Investigamos o plano da cidade*:
• A profesora entregará o plano dunha cidade para traballar na clase: Ferrol, Barcelona, Madrid, Vitoria
ou A Coruña.
• Marca os elementos naturais sobre o plano: ríos, outeiros, liñas de costa, praias, bosques, etc.
Analiza o plano: tipos de plano, trama urbana, elementos arquitectónicos do pasado (murallas ou a súa
pegada no trazado urbano actual, prazas maiores, avenidas, ensanches), etc. Debemos crear unha lenda
que permita interpretar a cidade. Deberás recoller os seguintes datos:
- Localización (zona xeográfica) e emprazamento (cerca dun río, nun val, etc.).
- Tipo de plano. Pode haber varios segundo a zona da cidade. Lembra algúns: irregular, ortogonal,
radioconcéntrico, lineal...)
- Uso/funcións: marca o centro urbano (centro históricos, CBC, etc.), as áreas residenciais, as áreas
industrias(polígonos industriais e parques tecnolóxicos) e as áreas de servizos (centros educativos,
hospitais, centros comerciais), e sinala a que momento da evolución da cidade cres que responden
e o seu uso principal.
• Situamos: concello, unha infraestrutura de transporte (estación de tren, vías férreas, liñas de metro,
carril bici, aeroportos, portos, autopistas de acceso, etc.),

* para a realización da investigación sobre o plano está permitido o uso do móbil/tablet.

[SESIÓN 2]
2. Analizamos un documento sobre o urbanismo da cidade coa que traballamos:
• Le atentamente a peza e resume o contido do documento (10 liñas aproximadamente). Podes subliñar
as ideas principais do texto e facer anotacións. Marca no plano a localización das zonas/barrios
referidos no artigo.
• Agora que xa coñeces a cidade e os seus problemas...toca explicarllo ao resto da clase! Prepara unha
pequena intervención, de non máis de 5 minutos, na que comentedes:

- As características básicas da cidade coa que traballades.

- O problema que se expón no documento

- A túa opinión sobre el, cun mínimo de dous argumentos.

[SESIÓN 3]
3. Presentamos e entregamos o traballo. Indicacións técnicas do traballo:
▪ 1º folio: Portada. Deben figurar nela os nomes dos integrantes do grupo.
▪ 2º folio: Debe incorporarse aquí o plano entregado pola profesora e traballado en clase.
▪ 3º folio: Debe incorporarse aquí e lenda creada para o plano e a súa análise: ver
▪ 4º e 5ª folios: Debe incorporarse aquí a análise sobre o problema urbanístico que figura no texto
(resume e esquema da presentación na clase).
▪ 7º folio: Bibliografía empregada.

You might also like