You are on page 1of 14

1.

As civilizacións fluviais

2. O Exipto dos faraóns

3. Tumbas e templos

4. Os imperios de Mesopota-
mia

5. Palacios e reis
1. AS CIVILIZACIÓNS FLUVIAIS
As primeiras civilizacións históricas desenvolvéronse a partir
do 3500 a.C. en Exipto, Mesopotamia, leste da India e norte
da China. Denomínanse así porque empregaron a escritura
por primeira vez.
As civilizacións que se desenvolveron nesas zonas presentan
as seguintes características comúns:
• Son civilización fluviais, é dicir, todas elas naceron e
desenvolvéronse nas beiras de grandes ríos: Nilo (Exipto),
Éufrates e Tigris (Mesopotamia), Indo (India) e Huang He
(China).
• Tiveron un gran crecemento da poboación grazas a un forte
desenvolvemento da agricultura, favorecida pola fertilidade das
terras.
• Nelas apareceron as primeiras cidades como resultado da
concentración da poboación en grandes poboados e do elevado
nivel tecnolóxico e organizativo que alcanzaron.
• Xurdiu a especialización e diversificación das actividades
realizadas polos habitantes das cidades: oleiros, tecedores,
ferreiros, comerciantes, expertos nas canalizacións e obras
de irrigación... Cada un dos oficios estaba vinculado a unha
determinada condición social, o que provoca a xerarquización
social.
• Nestas civilizacións xurdiron os primeiros estados presididos
por un poder forte –o monarca– que controlaba o territorio e a
poboación, contando co apoio de funcionarios (entre os que
destacaron os escribas) para a administración e do exército, tanto
para defender como para expandir as fronteiras do seu reino.
• Tiña nunha relixión politeísta, é dicir, crían na existencia de
varias divindades. Os sacerdotes controlaban o culto e, con
frecuencia, o monarca exercía tamén como supremo sacerdote.
• Estas civilizacións inventaron a escritura, un novo elemento
de comunicación que permite a creación de documentos que
permanecen no tempo. A súa aparición marca a división entre
a Prehistoria e a Historia. Os datos máis antigos sitúan esta
invención arredor do 3500 a.C. en Mesopotamia e Exipto.

118
Actividades
1. Desde cando se calcula que se iniciaron os cambios que de-
ron lugar ás antigas civilizacións fluviais? Por que se denomi-
nan fluviais?..............................................................................
2. Que causa foi a determinante na aparición das primeiras civi-
lizacións fluviais?
A escritura A gandaría
A planicie do chan A relixión
O desenvolvemento da agricultura A humidade do clima
3. Arredor de que ríos se desenvolveron as primeiras civilizacións
que coñeceron a escritura?.......................................................

4. A aparición da escritura marca a división entre a Prehistoria e a


Historia? Por que cres que foi tan importante este invento? Se
queres, podes facer a actividade deste enderezo para coñecer o
valor da escritura e os diferentes tipos das primeiras civilizacións.
http://clic.xtec.cat/db/jclicApplet.jsp?project=http://clic.xtec.cat/projects/civilant/jclic/civi-
lant.jclic.zip&lang=es&title=Civilizaciones+antiguas

5. Que novos oficios desempeñaban os habitantes das primeiras


cidades?....................................................................................

6. Quen exercía o poder nos primeiros estados? Con que apoios


contaba?...................................................................................

7. Que quere dicir que esas civilizacións eran politeístas?...........


..................................................................................................
119
2. O EXIPTO DOS FARAÓNS
Ao longo duns 3.000 anos, no val do río Nilo desenvolveuse a
civilización do antigo Exipto, admirada pola grandiosidade das
pirámides, os templos e os numerosos restos descubertos.
O Nilo marcaba a vida dos antigos exipcios. Coa inundación
do verán, as augas depositaban uns limos fertilizantes que
permitían que as beiras do río, en lugar de deserto, fosen
hortas de alto rendemento.
O faraón era o señor de Exipto, considerado a encarnación
dun deus (Horus, Amón, Ra) e, como o seu representante na
Terra, exercía todo o poder (civil, militar e relixioso) e todos lle
debían total obediencia.
A civilización exipcia desenvolveuse ao longo de tres milenios,
desde os primeiros faraóns (3100 a.C.) ata que os romanos
conquistaron Exipto (30 a.C.). Neste tempo sucedéronse épocas
de esplendor e outras de decadencia nas que os faraóns non
controlaban a situación. Desde o ano 715 a.C. Exipto estivo
sometido a reinos estranxeiros (etíopes, asirios, persas,
macedonios). Cleopatra foi a derradeira raíña dos exipcios e, tras
a conquista romana, Exipto quedou incorporado ao seu imperio.
A sociedade de Exipto estaba organizado de forma piramidal:
no cume estaba o faraón e, baixo el e a xeito de chanzos
dunha escaleira, estaban os diferentes grupos sociais: altos
maxistrados, funcionarios, sacerdotes, mandos do exército,
artesáns; a gran maioría do pobo eran agricultores e na base da
sociedade estaban os escravos, que non eran moi numerosos.
Entre os funcionarios destacaron os escribas, que controlaban
a escritura xeroglífica, unha escritura a base de debuxos que
foi evolucionando ata que cada debuxo representaba un son;
o material empregado era o papiro.
Os exipcios construíron numerosas cidades nas proximidades
do Nilo, pero en terreos elevados que non inundasen as cheas
do río. Estaban organizadas arredor dun núcleo central, polo
xeral un templo, e nel estaban os principais edificios destinados
á administración. Unha zona importante das cidades exipcias
era o peirao, pois a maioría dos intercambios comerciais
facíanse en barcos polo Nilo.
120
Actividades
8. Le este fragmento dunha obra do historiador grego Herodoto.
Ponlle un título. En que continente está o Nilo? Como era o tra-
ballo dos campesiños, segundo Herodoto? Que pasaba cando
o Nilo inundaba Exipto?
Exipto é como un regalo do Nilo. [...] Non existe xente que recolla a colleita
con menor esforzo. Non teñen o traballo de facer sucos na terra co arado,
nin sachar, nin facer os labores que realizan os demais campesiños no
cultivo das súas colleitas, pois, desbordándose o río do seu leito sen obra
humana e retirado dos campos despois de regalos, o traballo queda reducido
a sementar e meter nas terras os rabaños para que cubran a sementa coas
súas pisadas. E feito isto, agardan tranquilamente o tempo da sega, e feita a
trilla polas mesmas bestas, recollen e rematan a colleita. [...]
Cando o Nilo inunda o país, unicamente as cidades poden verse por riba
das augas, semellantes ás illas do Exeo; pois o resto de Exipto convértese
nun mar, e soamente elas sobresaen. Cando isto sucede, xa non navegan
seguindo o curso do río, senón a través da chaira.
HERODOTO. Historias. Século V a.C.

9. Por que o faraón era o señor de Exipto e todos lle debían


obediencia total?.......................................................................
..................................................................................................

10. Durante cantos milenios se desenvolveu a civilización do anti-


go Exipto? Quen foi a derradeira raíña de Exipto?...................
...................................................
...................................................

11. Por que os escribas eran un


grupo social moi destacado en
Exipto? Fíxate no tipo de escritura
que realizaban observando esta
ilustración....................................
....................................................
....................................................

121
3. TUMBAS E TEMPLOS
Os exipcios eran politeístas; algúns deuses eran locais,
mentres que outros eran adorados en todo Exipto, como o deus
do Sol, Atón. Tamén crían no mantemento da alma mentres se
conservase o corpo, merecendo un premio ou castigo polas
obras realizadas nesta vida; a sentenza do xuízo do defunto
era ditada polo deus Osiris. Isto explica a finalidade relixiosa
e funeraria das súas obras artísticas: templos para honrar os
deuses e tumbas para os mortos.
As tumbas máis coñecidas dos faraóns son as pirámides. As
máis grandiosas son as que mandaron construír os faraóns
Keops (146 m de altura), Kefrén e Micerinos en Gizeh, próximas
ao Cairo (2570-2480 a.C.).
O faraón era conducido polos sacerdotes á pirámide, logo de ser
momificado (para conservar o corpo, pois pensaban que o espírito
existía mentres se mantiña o soporte físico) e quedaba depositado
nun sartego na cámara funeraria, acompañado dun rico enxoval
funerario (xoias, armas e utensilios que o acompañasen na outra
vida). Para evitar que os ladróns descubrisen e roubasen estes
tesouros, a entrada quedaba selada e no interior da pirámide
abríanse galerías falsas de tipo labiríntico.
Cando as pirámides deixaron de construírse, os faraóns
eran enterrados en tumbas escavadas na rocha (hipoxeos),
disimuladas na ladeira dunha montaña, sen identificación
exterior para protexer a momia e os tesouros do faraón
sepultado dos salteadores de tumbas. Destaca a tumba do
faraón Tutankhamón (1346-1337 a.C.)

Os templos eran as moradas dos deuses, representado tanto


en forma humana como de animal, ou combinando corpo
humano e cabeza de animal.
Hai dous tipos de templos: os construídos ao aire libre, entre
os que destacan os construídos durante o Imperio Novo en
Luxor e Karnak (Tebas), e os escavados na rocha (speos) que
decoran a fachada con grandes esculturas sobresaíndo os
realizados no reinado de Ramsés II en Abu Simbel.
122
Actividades
12. Por que os exipcios dedicaron tantos esforzos á construción
de tumbas? Podes ter máis datos vendo este vídeo:
http://www.youtube.com/watch?v=TZIHCiAhR5E&feature=channel

13. Que faraóns mandaron construír as maiores pirámides? Cantos


anos hai diso?...........................................................................
..................................................................................................

14. Que era os hipoxeos? De que faraón é o


hipoxeo máis famoso?............................
..............................................................
..............................................................

Podes ter máis datos visualizando es-


tes dous breves vídeos: http://www.youtube.
com/watch?v=200HMqkN8MI
http://www.slideshare.net/paraentretenerse/fotos-
de-tutankamon-y-su-tesoro

15. Que tipos de templos construíron os


antigos exipcios?.......................................................................
..................................................................................................

16. Que quere dicir que os antigos exipcios eran politeístas? Cal
era o deus supremo adorado en todo Exipto?..........................
..................................................................................................

123
4. OS IMPERIOS DE MESOPOTAMIA
Mesopotamia (do grego meso, en medio de, e potamos, río, é dicir,
país entre ríos) é a zona comprendida entre os ríos Tigris e Éufrates.
Desde o IV milenio a.C. desenvolvéronse alí varias culturas que
presentan unhas características comúns, entre as que destacan:
A construción de canais, coa finalidade de controlar as crecidas
dos ríos e permitir unha agricultura de regadío, con elevados ren-
dementos que favoreceron o aumento da poboación.
A escritura cuneiforme, así chamada porque era trazada co ex-
tremo dunha caña cortada en forma de triángulo que deixaba un-
has marcas en forma de cuña. O material sobre o que se escribía
eran placas de barro fresco que logo se cocían como se fosen la-
drillos. Os restos máis antigos conservados desta escritura datan,
aproximadamente, do 3500 a.C.
A fixación das leis por escrito, O rei de Babilonia, Hammurabi,
ordenou recompilar as leis existentes e fixalas por escrito no que
se considera a primeira compilación de leis da historia; este Códi-
go de Hammurabi, redactado arredor do 1740 a.C., está baseado
na lei do talión (dente por dente e ollo por ollo). Foi un importante
avance social porque así se evitaba a libre interpretación da tradi-
ción oral por parte dos xuíces.
Existencia de reis poderosos, moitos deles con carácter divino,
que exerceron un poder total coa axuda dun exército poderoso e
numerosos funcionarios.
Relixión politeísta, con deuses principais e deuses locais protec-
tores das cidades e dos seus habitantes. As primeiras divindades
identificábanse con forzas da natureza; foron representadas con
formas humanas e asumiron o papel que lles asignaban os sacer-
dotes. Algúns reis identificáronse coa divindade, e todos eles pre-
sentáronse como favoritos dos deuses para dirixir os seus pobos.
Os pobos que se asentaron en Mesopotamia foron: os sumerios,
acadios, asirios, babilonios e persas. No ano 331 a.C. Alexandre o
Grande incorporou esta zona ao seu imperio.
Imperio Cronoloxía Cidades destacadas Reis principais
Acadio 2350-2270 a.C. Akad, Kish Sargón I, Narasin
Babilónico antigo 1792-1595 a.C. Babilonia Hammurabi
Asirio medio 1375-1047 a.C. Assur Asurubalit I
Asirio novo 935-612 a.C. Asaur, Ninive Asurbanipal I, Asurnasirpal II
Neobabilónico 612-539 a.C. Babilonia Nabucodonosor
Persa 539-331 a.C. Persépole, Susa Ciro II
Principais imperios asiáticos que dominaron Mesopotamia.
124
Actividades
17. Que significa Mesopotamia? En que zona xeográfica se loca-
liza? Neste breve vídeo podes ver unha panorámica das civili-
zación mesopotámicas.
http://www.youtube.com/watch?v=bV1WCdPBQXo&feature=channel
..................................................................................................
..................................................................................................

18. Que papel desempeñaron os ríos no desenvolvemento das


culturas mesopotámicas?.........................................................
..................................................................................................

19. Como se denomina a escritura mesopotámica? En que material


se realizaba?.............................................................................
..................................................................................................

20. Por que é importante o Código de Hammurabi?


Este código establece o sistema da lei do
talión; fíxate neste fragmento e explica en
que consiste este sistema. . ......................
...................................................................
O primeiro código de leis escritas
— Se un señor rebentou un ollo a outro señor,
rebentaráselle o seu ollo.
— Se un señor desprendeu dun golpe un dente dun
señor da súa mesma categoría, desprenderáselle dun
golpe un dos seus dentes.
— Se un fillo pega a seu pai, cortaráselle a man.
— Se a esposa dun señor é sorprendida deitada con O deus Shamash entrega a
outro home, serán atados os dous e botados á auga. Hammurabi o código

Código de Hammurabi. c. 1752 a.C.

21. Que pobos se asentaron en Mesopotamia antes da conquista


do territorio por Alexandre o Grande?.......................................
..................................................................................................

125
5. PALACIOS E REIS
As culturas que se desenvolveron na área de Mesopotamia cons-
truíron os edificios máis importantes en ladrillo, un material facil-
mente erosionable, por iso son escasos os restos conservados.
As construcións máis destacadas nas cidades mesopotámi-
cas eran:
• Os palacios, residencia dos reis e a súa Corte. Eran de enor-
mes proporcións e estaban organizados en torno a un patio.
• Os templos, formados por un conxunto de prazas, habitacións
e plataformas ás que se accedía mediante ramplas. Neste
conxunto destacaba o cigurat, unha torre graduada en varios
niveis e rematada nun santuario que podía servir tamén de
observatorio do firmamento.
As esculturas representaban os reis e os deuses están realiza-
das para ser vistos de fronte, con brazos pegados ao corpo, moi
ríxidos e prestan escasa atención á anatomía.
Os relevos, cos que se decoraron os muros dos templos e pala-
cios, narraban escenas de guerra e cazarías reais, abundando
tamén as representacións de touros con ás e
cabeza humana que se colocaban á entrada
dos palacios. Uns estaban realizados en pe-
dra e outros en ladrillo vidrado.

Palacio de
Persépole
(s. V a.C.).

Relevo en ladrillo
vidrado do Palacio
de Susa (s. V a.C.).

126
Actividades
22. En que material se realizaron a maioría das construcións me-
sopotámicas? Un dos palacios dos que se conservan máis
restos é o de Persépole, do que podes coñecer máis datos se
ves o vídeo: http://www.youtube.com/watch?v=x-frvoYY09U&feature=related.
..................................................................................................

23. Que é un cigurat? Podes coñecer mellor o seu significado


vendo o vídeo: http://www.youtube.com/watch?v=7zxwlHotjhg..................
..................................................................................................

Cigurat.

24. Fíxate nas obras da leoa ferida e no touro alado e indica que
cualificativos darías a cada unha delas: realista, simbólica,
dramática, expresiva, imaxinativa, irreal, estática, anatómica,
decorativa...?.......................................
............................................................
............................................................

127
Autoavaliación Exipto e Mesopotamia
Tema 8

Responde a estas cuestións.

1. Desde cando se calcula que se iniciaron os cambios que de-


ron lugar ás antigas civilizacións fluviais? Por que se denomi-
nan fluviais?..............................................................................
..................................................................................................

2. Arredor de que ríos se desenvolveron as primeiras civiliza-


cións que coñeceron a escritura?.............................................
..................................................................................................

3. Que causa foi a determinante na aparición das primeiras civili-


zacións fluviais?
A escritura A gandaría
A planicie do chan A relixión
O desenvolvemento da agricultura A humidade do clima

4. Quen exercía o poder nos primeiros estados? Con que apoios


contaba?...................................................................................
..................................................................................................

5. Por que o historiador Herodoto dicía que Exipto é un don do


Nilo?..........................................................................................
..................................................................................................

6. Como se denomina a escritura mesopotámica? En que material


se realizaba?.............................................................................
..................................................................................................

7. Que é un cigurat?......................................................................
..................................................................................................

8. Por que os escribas eran un grupo social moi destacado en


Exipto?......................................................................................
..................................................................................................

128
Autoavaliación Exipto e Mesopotamia
Tema 8

Para comprobar a túa aprendizaxe, consulta a información do tema e anota o


número de: Acertos Erros

9. Por que os exipcios dedicaron tantos esforzos á construción


das súas tumbas?.....................................................................

..................................................................................................

10. Que é un hipoxeo? De que faraón é o hipoxeo máis famoso?.


..................................................................................................
..................................................................................................

11. Por que é importante o Código de Hammurabi? Que sistemas


de castigos establece?..............................................................
..................................................................................................

12. Analiza e comenta esta pintura exipcia:


Que cres que representa? Que elemen-
tos permiten diferenciar os personaxes
representados? Como representou o ar-
tista a posición do corpo? Que cores em-
pregou? Que tipo de signos aparecen no
fondo? ....................................................
................................................................
................................................................
................................................................

13. O busto da raíña Nefertiti está considera-


do como unha das pezas máis valiosas
da arte exipcia. Fíxate ben nel e trata de
dar razóns para que sexa considerado
así. ���������������������������������������������������������
................................................................
................................................................
................................................................

129

You might also like