You are on page 1of 3

A HIDROSFERA Molécula formada por 2 átomos de hidróxeno + 1 de osíxeno.

• A auga pura é
incolora, inodora e insípida. • A auga é líquida á temperatura media do planeta • Aparece na
natureza nos tres estados, o que permite o ciclo da auga A auga está nos tres estados: sólido,
líquido e gasoso

EVAPORACIÓN NA SUPERFICIE DO LÍQUIDO • CAPA A CAPA • A CALQUERA TEMPERATURA

VS EBULLICIÓN EN TODA A MASA DO LÍQUIDO • PROCESO VIOLENTO • A UNHA


TEMPERATURA FIXA PARA CADA SUBSTANCIA

A AUGA LÍQUIDA FLÚE • CIRCULA POLO INTERIOR DOS ORGANISMOS. A auga é a substancia
máis abundante nos seres vivos. Nas persoas representa un 70% do seu peso corporal. • É UN
HÁBITAT • PERMITE OS MOVEMENTOS OCEÁNICOS QUE REGULAN O CLIMA É un bo
disolvente: Transporte de nutrientes e refugallos • A súa dilatación é anómala: O xeo é menos
denso ca auga líquida, polo que flota e pode existir vida debaixo. • Absorbe e libera gran
cantidade de calor lentamente sen que a súa temperatura cambie moito: Regula os cambios de
temperatura do planeta e axuda a manter a temperatura corporal É unha substancia
adherente: As súas moléculas están fortemente unidas, polo que os insectos poden andar
sobre ela (Tensión superficial) ou ascender a auga polos troncos das plantas. A auga é
transparente: a luz pasa ata certa profundidade o que permite a fotosíntese. A hidrosfera é o
conxunto de toda a masa de auga da Terra: a auga dos mares e océanos, a que discorre pola
superficie dos continentes, a auga subterránea e o xeo glaciar Auga salgada: Se atopa en mares
e océanos. A salinidade media dos mares é de 35 gramos por cada litro de auga. O sal máis
abundante é o cloruro de sodio ou sal Hábitat de seres vivos • A auga do océano móvese: As
correntes mariñas son desprazamentos de grandes masas de auga salgada. Pode ser superficial
ou profunda. Regulan o clima global xa que distribúen a calor polo planeta. As correntes
superficiais están condicionadas polos ventos dominante Profunda: Circulación termohalina ou
cinta transportadora: debida a cambios na densidade da auga (tª e salinidade). 2 a 40 cm/s En
profundidade viaxa do Atlántico cara o Pacífico. Retorna por superficie. Auga doce: 3% total.
Ten pouca cantidade de sal. - 1%: Auga superficial: Lagos, ríos e torrentes, superficie so solo,
vapor de auga e seres vivos. - 20%: Augas subterráneas a auga superficial se infiltra por
gravidade no solo. con pozos e fontes - 79 :Glaciares e casquetes polares. Reserva Auga útil
para o consumo -1% . AUGAS SUBTERRANEAS Acuífero: é acumulación de auga subterránea
que enche os baleiros da rochas, a través das cales circula lentamente, e que esta limitada por
baixo por unha capa de solo impermeable. Capa freática: é a capa de solo onde se atopa o
acuífero. Nivel freático: é o límite superior da auga da capa freática. E variable. 6. O CICLO DA
AUGA O CICLO DA AUGA é o percorrido que realiza a auga polos diferentes compoñentes da
Terra (atmosfera, hidrosfera, biosfera e xeosfera), grazas a radiación solar e a forza da
gravidade.  A Radiación solar que provoca evaporación da auga e o movemento das masas
de aire -A Forza da gravidade que provoca precipitacións e o retorno da auga cara o océano.
CONTAMINACIÓN DA HIDROSFERA: INTRODUCIÓN NA HIDROSFERA DALGÚN TIPO DE
MATERIA OU FORMA DE ENERXÍA QUE IMPLIQUE UN RISCO, DANO OU MOLESTIA PARA OS
SERES VIVOS OU TEÑA CONSECUENCIAS AMBIENTAIS. FONTES DE CONTAMINANTES •
NATURAIS: ERUPCIÓNS VOLCÁNICAS, AUGAS ESTANCADAS E ZONAS PANTANOSAS, MAREAS
VERMELLAS. • ARTIFICIAIS: INTRODUCIÓN DE CONTAMINANTES POLAS ACTIVIDADES
HUMANAS: INDUSTRIA, COMBUSTIBLES FÓSILES, FOGARES, CULTIVOS...

Contaminación agrícola e gandeira: Restos de pesticidas e fertilizantes, excrementos dos


animais das granxas, xeran eutrofización. - Contaminación doméstica. Produtos químicos,
como os deterxentes, e materia fecal… Contaminación industrial. Contaminantes como metais,
aceites, pesticidas,... - Contaminación térmica. Os vertidos de auga a maior temperatura que a
ambiental interfiren nos ciclos biolóxicos. Océano= sumidoiro. • Vertedura directo,
transportado ou disolto. • Con alta concentración a capacidade de autodepuración superase e
aparecen os problemas ambientais VERTEDURAS NO MAR: METAIS, PESTICIDAS, AUGAS
FECAIS, AUGAS RESIDUAIS... ABUNDANTES NAS ÁREAS INDUSTRIALIZADAS OU MOI
URBANIZADAS MAREAS NEGRAS: Son verteduras de petróleo causadas por accidentes durante
a extracción ou o transporte deste, que se estende sobre a superficie do mar como manchas. •
O chapapote é a fracción do petróleo de aspecto xelatinoso que queda na auga e afecta o
ecosistema. • Danos: mata seres vivos, impregna os organismos reducindo o movemento ou
eliminando a impermeabilidade, impide a fotosíntese, provoca perdas económicas a pesca,
turismo… ILLAS DE PLASTICO: os plásticos tardan décadas en degradarse e permanecen
flotando nos océanos. As correntes mariñas os transporta e os concentra formando illas de
plastico. - No océano Pacífico: Oitavo Continente. - Os animais os acaban inxerindo o
enrrédanse neles o cal pode acabar custàndolle a morte

O ciclo integral da auga é o conxunto de procesos que permiten o aproveitamento da auga sen
danar o medio O abastecemento de auga comprende unha serie de procesos técnicos
mediante aos cales a auga é conducida ata os puntos de consumo humano: 1. Captación:
recollida de auga de chuvia en encoros ou presas, ou de auga subterranea. 2. Potabilización:
nunha ETAP. Faise apta para o consumo: peneirado ou desbaste ou pretratamento,
decantación de sólidos, filtrado e desinfección por cloración e decloración. 3. Bombeo e
distribución: a través de canalizacións. A auga ten capacidade de autodepuración. • É
necesario limpar as augas usadas para poder envialas de volta ao medio ambiente: • Se
contaminamos máis rapidamente do que a natureza pode reciclar • Se usamos produtos que
non poden ser destruídos de forma natural O saneamento da auga comprende a evacuación
das augas residuais urbanas, agrícolas, gandeiras e industriais. Precisase: 4. Rede de sumidoiro:
recollida da auga residual. 5. Depuración: nunha EDAR. Eliminación: sólidos, areas, graxas,
materia orgánica disolvida e nutrientes. 6. Vertedura da auga tratada: retorna ó medio natural.
Reutilización para a rega previa desinfección A auga é un RECURSO NATURAL (os recursos
naturais son bens que hai na Natureza que o home emprega para satisfacer as súas
necesidades ou os seus desexos). É un recurso natural POTENCIALMENTE RENOVABLE: • As
reservas están limitadas. • A distribución é irregular. • O seu consumo é cada vez maior. • O
seu nivel de contaminación é cada vez maior Faise necesario tomar medidas para fecer un uso
racional, evitar o despilfarro, incentivar a súa reciclaxe e impedir a súa contaminación. A
xestión sustentable da auga consiste en proporcionarlles ás poboacións a auga necesaria sen
que as reservas cheguen a esgotarse e sen causar danos o medio. Algunhas actuacións: •
Extraer de forma racional as reservas de auga. • Distribuír a auga de xeito que chegue a toda a
poboación evitando perdas por roturas nas canalizacións, infiltracións... • Diminuír o consumo
promovendo medidas de aforro. • Depurar as augas contaminadas

You might also like