You are on page 1of 3

ACTIVIDADE: EE

ARTIGO DE OPINIÓN
NIVEL: CELGA 4

QUE É UN ARTIGO DE OPINIÓN?

O artigo de opinión é un xénero periodístico no que o autor, normalmente alguén


recoñecido, expresa e argumenta a súa opinión sobre un tema concreto. Nestes
casos, a temática pode ser moi diversa, pode ser de temas de actualidade ou do
interese persoal do autor.
A funcionalidade do artigo é equivalente á da editorial, onde se ofrecen valoracións,
puntos de vista e análises sobre diversos aspectos da realidade. A diferenza da
editorial, o artigo vai asinado e representa a opinión particular do autor. Algunhas
veces, o artigo de opinión disente manifestamente da liña ideolóxica institucional do
xornal. Goza, polo tanto, dunha gran liberdade tanto na redacción e na linguaxe
como na estrutura formal.

Antes de escribir o artigo

Antes de empezar a escribir debes cumprir certos pasos previos. Debes revisar todo
o material de información e de investigación que recompilases. Desa maneira irás
identificando cal é o tema específico sobre o que queres escribir. Acto seguido,
deberás pensar e definir a quen vai dirixido o artigo que vas escribir, non é o mesmo
escribir un artigo de opinión persoal que un artigo de descrición dun evento
académico. Finalmente, o último paso, pensar detidamente sobre o tema, percorrer
mentalmente as etapas para afondar no tema, de tal maneira que chegues a ter un
panorama amplo e claro do que vas escribir.

A estrutura do artigo

Título

En primeiro lugar, débese seleccionar un tema. O tema do artigo e un título é o


primeiro que se debe poñer por escrito. Isto contribúe a ter presente o tema todo o
tempo, a non desviarse del e a lograr así a coherencia necesaria.

O título debe ser curto, conciso e claro. Os máis efectivos teñen menos de 10
palabras e non deben incluír abreviaturas nin acrónimos.Todas as abreviaturas
utilizadas nun texto deben ir seguidas, a primeira vez que se mencionan, dunha
paréntese co seu significado.

Introdución

A introdución é o primeiro parágrafo. Debe enganchar o lector, pois outramente este


no lerá máis, hai que captar a atención. Ten que aparecer aquí o problema ou a
situación sobre a que se vai opinar.
A introdución debe responder a pregunta de por que se fai este traballo, a resposta
vai ser presentada ao longo do artigo. Ten que describir o interese que ten o tema
que escolliches e a importancia del. Non necesariamente debe ser moi extensa e
convén que o último parágrafo da introdución se utilice para resumir o obxectivo do
estudo.
ACTIVIDADE: EE
ARTIGO DE OPINIÓN
NIVEL: CELGA 4

O corpo ou tese

Aquí preséntase a idea na que o autor cre, a opinión que teño que defender con
argumentos. Poden ser argumentos a favor ou en contra, é dicir, podo expoñer os
que defenderían a miña tese (argumentar) e os contrarios (contraargumentar) para
refutalos. Cómpre ir fundamentando as razóns de maneira sistemática.

Convén agrupar todos os puntos positivos nun parágrafo. Se simplemente se trata


de enumerar consellos e non houber ningún argumento en contra, cada un debe ir
nun parágrafo separado. Pola contra, se houber puntos negativos, argumentos en
contra, non deben situarse no mesmo parágrafo que os puntos a favor. E débense
usar os conectores (“tamén podería argumentar que...”, “hai quen defende que...” /
“porén/emporiso...”). Cada parágrafo debe ter un tema inequívoco, non convén, por
exemplo, mesturar vantaxes con desvantaxes nin opinións a favor dun tema con
opinións en contra.

A conclusión

A conclusión é un pequeno parágrafo no que se resumen as ideas expostas


xustificadas con argumentos, as últimas impresións ou a opinión persoal que nos
merece o tema.

Consellos para redactar un bo artigo

- Respecta unha regra de ouro: primeiro o suxeito, despois o verbo e, por

último, o predicado.

- Coidado coas frases intercaladas. Fan innecesariamente longa a frase.

Afastan o suxeito do verbo, introducen ideas que poden confundir,

enmascarar ou difuminar a idea principal.

- Para cada idea importante usa a frase curta e directa. A frase curta produce

máis impacto e gárdase mellor na memoria.

- Separa as ideas co punto seguido. O punto e á parte introduce algo novo e

diferente. Para cada tema usa un parágrafo separado por punto e á parte.

- Usa verbos directos. Non repitas o que é obvio. Non dubides en usar o

dicionario. Evita dicir o mesmo dúas veces. Non andes con reviravoltas ou

metáforas.
ACTIVIDADE: EE
ARTIGO DE OPINIÓN
NIVEL: CELGA 4

- Usa substantivos ou adxectivos sinxelos, curtos, inequívocos, precisos e

comprensibles para todos.

- Non cambies de tema sen avisar. Cando esteas desenvolvendo un tema,

todas as ideas discorren en paralelo. Se estás a falar da dificultade de estudar

a historia dos incas, un supoñer, esgota o tema antes de pasar á situación

dos estudos históricos dos incas. Nos mestures allos con cebolas.

- Reflexiona sobre o que escribiches. Gárdao un tempo nun caixón. Relé o

artigo varias veces antes de o presentar.

Finalmente, debes verificar a ortografía e a gramática, pero tamén a cohesión en


cada parágrafo e a coherencia xeral.

Outras consideracións

Pensa a quen te dirixes, se estás preparando un texto de opinión para ser avaliado,
ten en conta o seguinte:

- Evita a 1ª persoa do singular. A túa opinión é subxectiva pero pódese

expresar con marcas lingüísticas de obxectividade (todo o mundo sabe que..,

parece oportuno afirmar que…).

- Tampouco uses a 2ª persoa do singular (cando vas ao cine e atopas…)

- Non abuses das preguntas retóricas, sobre todo se as respondes ti mesmo.

Resulta pedante. Vai directamente ao contido da esperada resposta.

- Coidado co ton desenfadado propio de la columna. Hai que gardar a

formalidade. Recorda a finalidade do texto e do receptor (non tes que gañalo

con innecesarias estratexias de achegamento ou complicidade, senón pola

relevancia do contido e pola correcta expresión).

- O rexistro non pode ser coloquial, ten que ser formal ou, polo menos,

estándar.

You might also like