You are on page 1of 7

LÍRICA PROFANA MEDIEVAL. CANTIGAS AMOROSAS.

 O corpus coñecido da lírica profana medieval galego-portuguesa está formado por un


total de 1679 cantigas, pertencentes na súa maioría aos tres xéneros maiores:
a) Cantigas de amigo (475)
b) Cantigas de amor (725)
c) Cantigas de burlas ou de escarnho e maldizer (430)

Ademais hai unha serie de xéneros menores (serie de modalidades poéticas cunhas
características temáticas e formais moi definidas, de longa tradición literaria, pero que
foron pouco cultivadas no ámbito galego-portugués):

a) Pastorela: xénero moi cultivado en Francia e en Provenza. Glosa o encontro entre


un cabaleiro e unha pastor (moza campesiña) nun medio bucólico, durante o que
se produce un requirimento amoroso que pode ser aceptado ou non. A relación
que establecen cabaleiro e pastor está fóra do código do amor cortés.
b) O lai: denominamos así cinco textos transmitidos polo Cancioneiro da Biblioteca
Nacional como ``lais de Bretaña´´, que traducen libremente ao galego-portugués
poemas franceses de tema amoroso. Están postos en boca de personaxes do ciclo
artúrico ou bretón.
c) O pranto: composición na que o trabador expresa a súa dor pola morte dunha
persoa relevante e eloxia as súas calidades en vida. As orixes do pranto medieval
remóntanse ao planctus latino. En galego-portugués claramente influídas polo
planh provenzal. (tamén se conservan algúns prantos burlescos).
d) A tenzón: texto dialogal, en que interveñen dúas voces alternantes que se
corresponden con dous autores distintos. É unha especie de ``combate poético´´
no que non falta a sátira persoal e literaria.
e) O descordo: proven do descort provenzal. Caracterízase pola falta dun esquema
métrico único para toda a composición.
f) O sirventés moral: serve para lamentar a dexeneración e a corrupción dos
costumes na sociedade desa época, comparándoa cunha idade dourada anterior, e
para reivindicar valores como a verdade e a honestidade. Os seus autores
demostran erudición e refinamento.
 A cantiga de amigo:
- É un xénero poético de orixe autóctona.
- Xa tiña cultivo no período pre-trobadoresco.
- Responde ao modelo de canción de amor feminina (tipo de composición común a
moitos pobos indoeuropeos.
- Na Península Ibérica emparenta coas kharjas/jarchas mozárabes. Teñen
características formais e temáticas moi semellantes.
- Características xenéricas:
a) A voz poética: adoita falar unha muller (muller nova, doncela ou dona virgo), a
pesar de estar escritas por homes.
b) A temática: xeralmente, a doncela refire as alegrías ou penalidades que lle
produce o amor: tristura pola ausencia do amado, ilusión do inminente
encontro, desgusto ante os obstáculos para a relación, desengano ante unha
traizón...
c) A palabra clave é amigo, co significado de namorado.

1
d) Ambientación en paraxes naturais (locus amoenus) descritas de forma
estilizada e que corresponden a un marco idílico, bucólico e primaveral.
e) O emprego dun léxico e dunha fraseoloxía populares.
f) A utilización de símbolos da natureza para expresar aspectos da relación
erótica e amorosa. (cervo, auga, cabelos, vento...)
g) O uso abondoso de recursos de repetición.
- Dependendo da maior ou menor influencia da lírica trobadoresca sobre os
modelos autóctonos da cantiga de amigo, distinguimos a seguinte tipoloxía:
a) Tradicionais: son máis fieis á forma autóctona primitiva. Presentan referencias
á natureza, cantigas de refrán, estrofas formadas por dous versos (dístico) e
empregan o paralelismo e o leixaprén.
b) Contaminadas: están influídas en certa medida polo lirismo trobadoresco e
polo modelo da cantiga de amor. Conservan o refrán, pero a estrofa está
formada por máis de dous versos, teñen paralelismo, pero non leixaprén, a
linguaxe sigue sendo a da cantiga de amigo tradicional, mais introdúcense
elementos alleos ao ambiente natural.
c) Trobadorescas: son as que, como resultado da influencia dos modelos
provenzais, adoptan a forma, os recursos e a linguaxe típica das cantigas de
amor, conservando como sinal de seren cantigas de amigo a voz poética
feminina.
- A forma da cantiga de amigo:
a) Refrán: versos que se repiten literalmente despois de cada unha das estrofas
da cantiga. (Soe ter un número de versos inferior á estrofa, cun xogo de rimas
diferente). Cando unha composición carece de refrán dicimos que é unha
cantiga de meestría.
b) O paralelismo: fórmula compositiva propia da poesía popular, baseada na
repetición. Dependendo dos elementos lingüísticos que se repitan podemos
distinguir:
1- Paralelismo literal: repetición de palabras. Se hai variación podemos
sinalar: alternancia de sinónimos (amigo/amado), alteración da orde das
palabras (manhaas frias/frias manhaas) ou equivalencia semántica
(negación nun verso do contrario do que se afirma noutro) (leixa-las
guarir/nom as quer matar).
2- Paralelismo estrutural: repetición de estruturas sintácticas ou rítmicas.
3- Paralelismo semántico: repetición de ideas.

O paralelismo nas cantigas de amigo pode ser de dous tipos: paralelismo


imperfecto (prodúcese entre pares de estrofas, cando a segunda repite con
modificacións mínimas o contido da primeira) ou perfecto (esa repetición vai
acompañada de leixaprén).

c) O leixaprén: asociado ao paralelismo


perfecto. Prodúcese en cantigas cuxas
estrofas están formadas por dous
versos (dísticos).

2
- A temática das cantigas de amigo: xira ao redor dun motivo temático básico: a
ausencia do amado e os efectos que esta produce na amiga. As composición
exploran os estados emocionais da amiga (ilusión, inxenuidade desconfianza,
impaciencia, enfado) e as relacións que establece con outros personaxes (nai,
amigas, irmás, natureza...) A amiga:
a) Loa a súa propia beleza ou fermosura (auto-loanza).
b) Laméntase pola ausencia do amigo (que foi levado lonxe, non cumpre a
promesa de quedar con ela...)
c) Tenta remover os obstáculos e prohibicións que impiden o encontro co amado.
d) Fai propósito de reunirse co namorado e imaxina a felicidade que lle deparará.
e) Canta as alegrías do amor (cando xa puido estar co amigo).
- Os subxéneros temáticos: algunhas cantigas mostran trazos específicos moi
marcados que nos permiten falar de subxéneros temáticos:
a) Mariñas ou barcarolas: composicións de ambientación mariña, con referencias
ao mar, ás ondas ou aos barcos, e, por extensión, ao río ou ao lago.
b) Cantigas de santuario ou de romaría: referencia a algún santuario ou ermida
con advocación a un santo, que tamén se cita nos versos. Ir de romaría é o
pretexto para a amiga poder encontrarse co amigo. Alí, libres do control
materno, a moza namorada e as súas amigas poderán expresar as súas ansias
amorosas e de diversión.
c) Bailadas ou bailías: teñen referencias ou convites explícitos á danza, presentan
unha acusada musicalidade e abundantes recursos paralelísticos.
d) Albas ou alboradas: a alba de un tipo de composición de orixe provenzal. Conta
a despedida dos namorados ao romper o día, despois de pasaren a noite
xuntos. Tamén podemos catalogar como albas aquelas composicións nas que
se faga referencia á noite ou ao romper do día.
e) Hai outra como: cantigas de fonte, cantigas de nai e filla, cantigas de
confidente, cantigas de ciúmes (``celos´´).
- Modos poéticos:
a) Cantigas narradas: a voz poética feminina canta as súas coitas de amor sen
dirixirse a ningún destinatario explícito.
b) Cantigas monologadas: cantigas nas que está explícita unha segunda persoa
(nai, irmás, amigas, amigo...) como destinataria, pero sen que esta interveña
na cantiga.
c) Cantigas dialogadas: interveñen dúas ou máis voces, dando lugar a unha forma
dialogada parateatral.
- Personaxes da cantiga de amigo:
a) A amiga: caracterízase pola súa inxenuidade e inexperiencia, combinada cunha
forte pulsión erótica, e a miúdo, co atrevemento. Os seus estados psicolóxicos
son moi variables: tristeza, angustia, medo, ledicia, ciúmes, desconfianza,
enfado...
b) O amigo: presenta unha variedade de actitudes semellante á da amiga.
Mostrase distante, afastado (porque foi levado lonxe, á guerra...) Tamén pode
ser frívolo e distante ca amiga, traidor porque a engana, triste porque a moza o
rexeita...
c) As irmanas ou amigas: actúan como confidentes a quen a moza desvela as súas
emocións e desexos.

3
d) A nai: en ocasión soporta a voz poética e é ela quen fala sobre as relacións
entre os namorados ou se dirixe á filla (censurala ou aconsellala). Polo xeral
como voz da autoridade fronte á rebeldía da mocidade, desaproba esas
relacións. Actúa como prohibidora, non permite ir á filla á romaría, causa
pánico no amigo para que non estea ca súa filla... (En correspondencia a filla fai
por enganala, ocúltalle os seus actos, berra con ela...)
- A natureza no discurso amoroso: a natureza desempeña un papel importante.
Serve para situar a cantiga nun espazo concreto, ten diferentes funcións:
a) Función referencial: o medio natural introdúcese en forma de topónimos,
localizadores da acción, ou mediante referencias a un santuario, mar, río,
monte, prado, fonte...
b) Función actancial: a natureza convértense en personaxe, a que a amiga dirixe
as súas queixas, preguntas e confidencias. Nalgunhas cantigas os elementos da
natureza interpelados chegan a responder.
c) Función simbólica: a auga é un símbolo asociado á fertilidade e á relación
erótica. A natureza pode representar o estado emocional da amiga. O mar
pode desempeñar distintas funcións: elemento de separación do amigo e da
amiga (motivo das coitas da amiga), pode ser o seu confidente, ou simbolizar a
intensidade do sentimento e da paixón.

Multitude de referentes concretos remiten para un significado oculto, dotando a


cantiga de dous niveis de significación: un superficial (literalidade do poema), e
outro profundo (matices emotivos ou eróticos).

 A cantiga de amor:
- Xénero maior da lírica medieval galego-portuguesa.
- Un home (trobador) diríxese a unha dama, expresándolle o seu amor.
- A relación amorosa está concibida como unha transposición da relación feudal de
vasalaxe, onde o rol de vasalo corresponde ao trobador e o de senhor á dama.
- A palabra clave é senhor (dama ou dona).
- Foi o xénero máis prezado e cultivado polos nosos poetas medievais.
- A súa composición era signo de refinamento e habilidade literaria, ao estaren
asociadas ao medio aristocrático e seren o reflexo dunha moda cultural de gran
aceptación, o trobadorismo provenzal.
- O modelo a imitar era a cançó occitana, o paso do tempo e a influencia da lírica
autóctona pre-trobadoresca deu lugar a unha fórmula poética orixinal.
- O código do amor cortés: consiste na idealización absoluta do amor e desenvolve
un completo formulario de regras para a vivencia e a expresión de dito sentimento.
Nese código combínanse elementos do:
a) Feudalismo: deste adopta o esquema básico que deben seguir as relacións
home/muller. O home convértese en vasalo e a muller en senhor; a relación
entre eles toma a forma dun pacto de vasalaxe amorosa, rexido por principios
semellantes á feudal (servizo, discreción e lealdade por parte do namorado;
aceptación e atención por parte da dama). Amar faise sinónimo de servir e o
acatamento das obrigas recibe o nome de mesura. Alén disto, o amor cortés
constitúe un sinal de distinción, propio da aristocracia e vedado a quen non
sexa de condición nobre.

4
b) Cristianismo: deste adopta unha imaxe feminina divinizada, como suma de
todas as virtudes e perfeccións. Converte á dama en obxecto de adoración case
relixiosa.
c) Neo-platonismo: recolle a concepción do amor como un camiño ascético e de
elevación moral, que debe levar ao namorado a ser merecente dos favores da
dama idealizada, a través dunha dura aprendizaxe en que toca padecer a
espera resignada, o secretismo e o extremo sufrimento (coita de amor).
- Temas:
a) O eloxio da dama: que se nos presenta dotada de todas as virtudes e calidades
no seu grao máximo.
Esta dama non se presenta como unha muller real, senón que se trata dunha
conceptualización da muller idealizada. O trobador loa o seu sen (sentido
común), a súa mesura, bondade...
b) A declaración do amor do poeta: que se nos transmite tamén en fórmulas
estereotipadas. (destaca o amor a primeira vista)
c) A reserva da dama: actitude que define, en xeral, as relacións co poeta.
Raramente a dama demostra aceptar o galanteo amoroso, manténdose
sempre nun distanciamento que o trobador non consegue superar, mais que
como bo vasalo está na obriga de asumir.
d) Estamos ante un amor non correspondido: a senhor resulta inaccesible para o
poeta. Moitas cantigas expresan a súplica queixosa so trobador para que a súa
ama lle faga algún caso.
e) A coita de amor: provocada por esa imposibilidade de realización amorosa,
pode conducir o trobador ao insomnio, á loucura, ou ao desexo de morrer. O
morrer de amor é o tópico predilecto dos nosos trobadores, como
demostración suprema da total entrega á dama e da intensidade dos seus
sentimentos.
- A forma da cantiga de amor:
a) Xorde da combinación de elementos propios da cançó provenzal con outros da
poesía popular autóctona.
b) Tendencias formais na cantiga de amor:
1- Maior número de composicións de meestría, sen refrán.
2- O número de versos por estrofa adoita ser maior.
3- As formas estróficas máis frecuentes son: abbac, abbbacca.
4- Os versos acostuman a ser octosílabos e decasílabos.
5- Algunhas cantigas de amor presentan paralelismo imperfecto, de tipo
semántico e ausencia de leixaprén. O dobre (repetición dunha palabra en
dous lugares simétricos dunha estrofa. Se a palabra vai ao final do verso
recibe o nome de mot-refran ou palabra-rima) e o mozdobre (repetición
dun lexema con variación das terminacións. Cando vai a final de verso
recibe o nome de rima-derivada) son dous recursos abundantes.

A finda é un grupo de versos, en número menor á estrofa, situado no remate


da cantiga para completar ou reafirmar o sentido da composición).

 Cantigas de burlas ou de escarho e maldizer:


- É un xénero maior.
- Teñen unha finalidade satírica e burlesca.

5
- Teñen a súa orixe na combinación da poesía popular carnavalesca autóctona coa
sátira grego-latina, coas produción goliardescas medievais en latín e con sirventés
provenzal (tipo de poesía serio que abordaba mediante un número grande de
estrofas temas elevados. As cantigas burlescas galego-portuguesas son máis
breves, adoptan unha tonalidade lúdica e chocalleira, buscando o ataque persoal e
a ridiculización a través do riso).
- Dous tipos de cantigas de burla:
a) As cantigas de escarnho: falan mal dunha persoa con palabras encubertas e ca
utilización do equívoco (dobre sentido).
b) As cantigas de maldizer: atácase a unha persoa de forma clara, directa e
inequívoca, usando palabras que non teñen outro significado.
- Tipoloxía e principais ciclos temáticos:
As cantigas de burlas son máis apegadas e próximas aos acontecementos da vida
cotiá. Actuando así, como espello da sociedade da época, sobre todo da
mentalidade do home medieval aristocrático: dos seus valores, prexuízos obsesións
e medos. Todo aquilo que se apartaba da ideoloxía feudal hexemónica, resumida
na tríada varón-cabaleiro-cristián era obxecto de ataque e burla nesas
composicións. Un gran número destas cantigas teñen como destinatarias das
burlas ás mulleres: ofrecen un retrato abertamente misóxino, cruel e
obxectualizante, en que a dimensión do feminino fica reducida ao sexo. Tamén
abundan as sátiras homófobas.
Noutros casos, as vítimas son os propios compositores e intérpretes das cantigas
ou individuos dos distintos estamentos sociais inferiores á nobreza, chufados polas
súas condutas e defectos.
Atendendo á temática, podemos sinalar a seguinte tipoloxía de cantigas de burlas:
a) Sátira literaria: teñen como motivo a propia literatura e aso seus autores. Os
enfrontamentos eran unha especie de ``xogo de enxeño´´, máis ca serio, para
demostrar a pericia profesional, proclamar a superioridade artística ou dar
saída ás rivalidades. Distinguimos tres ciclos:
1- Os enfrontamentos entre xograres e trobadores: ao reclamaren os
primeiros os rol de compositores reservado aos segundos.
2- As parodias do código do amor cortés: ridiculízanse a linguaxe e os motivos
temáticos típicos das cantigas de amor.
3- O ``ciclo das amas e tecedeiras´´: grupo de poemas motivados polo
capricho do nobre portugués Johán Soares Coelho de dirixir unha cantiga
de amor a unha ama de cría. Esta grave alteración do código do amor
cortés (non é unha dama nobre) provocou a burla de varios trobadores.
b) Sátira social, de tipos e costumes: entre as sátiras de costumes destacan as
críticas á avaricia, ás crenzas na astroloxía e adiviñación, ás modas... As críticas
a grupos sociais atinxen as máis diversas actividades e estamentos, mais
destacan as proferidas contra infanzóns, ricos-homens, cabaleiros e escudeiros,
todos eles membros da nobreza secundaria e inferior, que son ridiculizados
polas súas ínfulas e pretenciosidades, a súa falta de prodigalidade e outros
defectos.
c) Sátira obscena: tendencia a procurar o riso fácil con referencias, máis ou
menos encubertas, ao sexual e ao escatolóxico: adulterios, doenzas venéreas,
comportamentos sexuais, impotencia, prezos excesivos das soldadeiras... Entre
as cantigas obscenas destacan en número e escabrosidade as dedicadas ás

6
soldadeiras (María Balteira, Marinha, María Negra, María Mateu...), aos
homosexuais e aos integrantes do clero con comportamentos luxuriosos.
d) Sátira política: algunhas cantigas satíricas entran de cheo nos conflitos políticos
e militares do século XIII. En xeral, céntranse en atacar tres defectos gravísimos
nos códigos sociais feudais: a covardía, a traizón e o non cumprimento do
pacto vasalático. Distinguimos varios ciclos:
1- Crítica aos alcaides que entregaron os seus castelos ao conde Afonso o
Bolonhés (futuro Afonso III) na guerra portuguesa de 1246, rompendo as
obrigas vasaláticas que os unían co seu irmán e rival o rei Sancho II.
2- Críticas de Afonso X e dos trobadores da súa corte aos nobre que o
traizoaron negándolle a axuda prometida na guerra de Granada de 1264.
3- Críticas de Afonso X e do seu círculo poético, so pretexto de
homosexualidade, contra o poderoso nobre galego Estevan Fernández de
Castro que encabezou unha rebelión en 1272 contra o monarca castelán.
4- Críticas do trobador Gil Peres Conde contra o rei Afonso X por non lle
recoñecer e retribuír como debera os servizos vasaláticos que lle
emprestara.
- A lingua e a forma da cantiga de burlas:
a) Linguaxe variada e menos tópica que a que aparece nas cantigas de amigo e
amor.
b) O léxico é concreto, propio de rexistros coloquiais e mesmo vulgares. Inclúe
moitos disfemismos.
c) Carecen dunha métrica e dunha estrutura formal propias.
d) Non presentan unha palabra clave.
e) Maior desenvolvemento narrativo e argumental.
f) O recurso poético máis singular é o equívoco (xogar co dobre sentido das
palabras).

You might also like