You are on page 1of 1

Bases do I Certame Infantil da Ilustración do

Concello de Curtis

1.- Convócase o I Certame da Ilustración no Concello de Curtis “Mª ANTONIA DANS, as


ilustracións da pintora a través dos teus ollos…”, dirixido a rapaces e rapazas de 6 a 16 anos
de idade de calquera procedencia a excepción dos premios locais, que estarán
reservados a participantes vinculados co Concello de Curtis por nacemento, residencia ou
centros educativos con sede no termo municipal.

2.- Os traballos presentados serán reproduccións dunha das obras de Mª Antonia Dans e
virán asinados cun pseudónimo. As ilustracións poderán ser presentadas en calquera tipo
de material.

3.- Os traballos enviaranse ao Concello de Curtis (entidade colaboradora neste certame),


Praza de España nº1 15310 Teixeiro-Curtis A Coruña ou á Oficina Municipal no Edificio
Multiusos de Curtis sita no recinto feiral.

4.- Os traballos achegaranse xunto cun sobre pechado onde irá asinado no exterior co
seu pseudónimo e no interior os seus datos persoais (nome, idade, DNI, teléfono de
contacto, enderezo, centro de estudo, xunto coa autorización do pai, nai ou titor para
participar no concurso).

5.- A data límite de entrega será ata o 7 de xullo incluido.

6.- Premios:
Premio ao máis creativo de 200€ + un lote de material para artistas
Premio de 7 a 9 anos 100€ + un lote de material para artistas
Premio de 10 a 12 anos 100€ + un lote de material para artistas
Premio de 13 a 16 anos de 100€ + un lote de material para artistas

7.- O xurado, que estará composto por membros de prestixio dentro do mundo das
artes, resérvase o dereito de outorgar un premio compartido en calquera das categorías
se así o considera.

8.- Os traballos premiados pasan a ser propiedade da Casa Museo de María Antonia
Dans, que se reserva o dereito de publicación a través dos medios que considere
oportunos e sen afán de lucro.

9.- Os traballos expoñeranse durante os días 29 e 30 de xullo durante a celebración de


“Curtis na lembranza, as feiras do 1900…”

10.- O veredicto do xurado e a entrega de premios terá lugar o domingo 30 de xullo (a


hora publicarase no programa da feira de 1900).

11.- A presentación das obras supón a aceptación destas bases.

You might also like