You are on page 1of 2

Alumno: Curso: Nº:

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN EN RELACION COS INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN.


TECNOLOXÍA 2º ESO. Curso 2021-22

Para avaliar a adquisición de coñecementos en cada avaliación teremos en conta os seguintes elementos:
 Realizaranse unha ou varias probas escritas segundo materia que se denotaran coa clave E seguida
dun número que corresponde o orde do exame e un proxecto técnico ou prácticas que se denotará
coa clave PR. Exemplo: E1, E2,... PR.
 As citadas probas corrixiranse nun prazo de dez días lectivos e incorporarase ó rexistro da
plataforma dentro do mesmo prazo.
 Cada proba cualificarase e terá un peso na avaliación tal como se describe no apartado seguinte.
 Os resultados das probas escritas serán visibles na plataforma.
Para recuperar unha avaliación terase en conta a realización das seguintes actividades:
 Presentar os exercicios e as actividades do programa de reforzo.
 Realizar un exame escrito baseado no programa de reforzo. Denotaranse coa letra R.
 A citada proba corrixirase nun prazo de dez días lectivos e incorporarase ó rexistro da plataforma
dentro do mesmo prazo.
 Os resultados das probas escritas serás visibles na plataforma.

Criterios de cualificación das probas escritas.


Para a cualificación de cada proba escrita repártense 10 puntos entre os exercicios. En cada proba virá
escrita a puntuación de cada apartado.
Dada a natureza variable dos proxectos ou prácticas en cada un deles clarificarase o criterio de cualificación.

Criterios de cualificación das avaliacións


Para a cualificación de cada avaliación deberá terse en conta o seguinte:
 En cada avaliación para as Tecnoloxías farase unha nota ponderada das probas escritas e do
proxecto e outras tarefas.
 As probas escritas pesarán un 70% e
 O proxecto, a actitude e o caderno de exercicios e actividades pesará un 30%
 Se nunha proba escrita a nota é inferior a un 3 non se realizará media coas outras notas e a nota
máxima na avaliación será un 3.
 A nota natural da avaliación será a nota ponderada redondeada.
 A avaliación apróbase con unha nota superior a un cinco na nota natural.

Para a cualificación da recuperación deberá terse en conta o seguinte:


 Os exercicios e as actividades do programa de reforzo valoraranse como “presentado”,
“presentado incompleto” ou “non presentado”. Será condición necesaria para realizar a proba
escrita que a cualificación sexa “presentado”.
 Farase unha proba escrita e valorarase de 0 a 10.
 A avaliación recupérase cunha nota superior a un cinco na proba escrita de recuperación.

Para a cualificación da avaliación ordinaria deberá terse en conta que:


 Coa nota natural das avaliacións farase a media final (MF).
 A nota natural da avaliación ordinaria será a media das notas naturais das avaliacións redondeada.
 Se nunha avaliación a nota é inferior a un 3 non se realizará media coas outras avaliacións e a nota
máxima na avaliación ordinaria será un 3.
 A avaliación ordinaria apróbase con unha nota superior a un cinco na nota natural.

Para a cualificación da avaliación extraordinaria deberá terse en conta o seguinte:


 A avaliación extraordinaria recupérase con unha nota superior a un cinco na proba escrita
correspondente.

Criterios para definir o abandono manifesto dunha materia por parte do alumno e as súas
consecuencias.
Considérase que hai abandono manifesto dunha materia cando se dea polo menos una das seguintes
circunstancias:
a) Número de faltas. Si ao longo do curso o alumno alcanza un número de faltas sen xustificar igual ou superior o 20% do
total de horas da materia en cada avaliación.
b) Falta de traballo e/ou actitudes contrarias ao normal desenvolvemento da clase, considérase cando dáse unha, polo
menos, das seguintes circunstancias:
- Cando nos períodos de avaliacións, constátese a non presentación a exames inxustificadamente ou a súa entrega
en branco.
- A non entrega sistemática de traballos ou tarefas mandadas polo profesor.
- Non traer o material habitual da materia de forma sistemática así como realizar sistematicamente actividades alleas
á materia e que perturben o normal desenvolvemento da a mesma no aula.
O abandono manifesto dunha materia, nunha avaliación ou en todas as avaliacións, supón ter que facer a
recuperación da mesma por avaliación ou a recuperación da materia completa.

Reserva dos criterios de avaliación e cualificación por realización de métodos academicamente non
axeitados
O obxectivo dos criterios de avaliación e cualificación é valorar o coñecemento na materia, polo que se se
observa de forma directa que unha proba oral, escrita ou práctica se realizou empregando o alumno métodos
academicamente non axeitados cualificarase esa proba coa nota mais baixa e se existen indicios a posteriori,
repetirase a proba oral, práctica, ou escrita no momento e co método de avaliación que estableza o profesor
e invalidarase a proba anterior.

Criterios para a titulación do alumnado


Segundo se reflexa no DOG. 96 (artigo 12), do 22 de maio de 2018: “obterá o título aquel alumnado que,
unha vez realizadas as probas extraordinarias, finalice a etapa con avaliación negativa nun máximo de dúas
materias, sempre que non sexan simultaneamente Lingua Galega e Literatura e Matemáticas, ou Lingua
Castelá e Literatura e Matemáticas e que o equipo docente considere que o alumno ou alumna ten
acadados os obxectivos da etapa e adquiridas as competencias correspondentes”.
Baseándonos neste artigo, o equipo docente deste Centro acorda que:
 Non se valorará a titulación de ningún alumno ou alumna que presente na convocatoria
extraordinaria nalgunha das materias unha cualificación inferior a 3.
 Non se valorará a titulación de ningún alumno ou alumna se se observa un abandono manifesto da
materia.

ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN
No caso de suspender unha avaliación o alumno/a, para poder recuperala deberá realizar:
 Os exercicios e as actividades do programa de reforzo valoraranse como “presentado”, “presentado
incompleto” ou “non presentado”. Será condición necesaria para realizar a proba escrita que a
cualificación sexa “presentado”.
 Farase unha proba escrita e valorarase de 0 a 10.
No caso de suspender o curso na convocatoria ordinaria, para recuperar as materias na convocatoria
extraordinaria, o alumno deberá realizar:
 Unha serie de traballos indicados polo profesor. (30% da nota final)
 Un exame no día reservado para tal efecto sobre os contidos a recuperar. (70% da nota final).

Requisitos que debe cumprir o caderno do alumno:


- Debe presentarse con limpeza: sen riscadas, borróns, manchas...
- Debe ser claro: a información atopase facilmente, faise referencia as páxinas do libro, distínguense as actividades,
apuntes, notas...
- Os Temas deben estar claramente separados uns dos outros mediante a súa cabeceira, distinguíndose entre:
actividades, resumes, apuntamentos y tarefas.
- Hai que incluír calquera ficha entregada polo profesor, pegándoa ou grampándoa o caderno.
- Débense respectar as marxes da folla.
- Débese colocar a data diariamente.
- Hai que corrixir as actividades indicando sei están ben o en caso contrario, completalas coa corrección de clase.
- Non cometer faltas de ortografía e en caso de cometelas, corrixilas debidamente.

Sinatura do pai: Sinatura da nai:

You might also like