You are on page 1of 3

COMENTARIO DUNHA IMAXE HISTÓRICA

1. OBSERVACIÓN ATENTA DA IMAXE

2. PRESENTACIÓN
Trátase dun gravado realizado por Jacques Lagniet* (1600-1675) en 1657 e titulado “O nobre é
a araña, o campesiño, a mosca”, tal e como aparece escrito aos pés do nobre. O gravado fai
referencia ao conxunto de tributos que tiñan que pagar os campesiños e vasalos aos nobres
durante a Idade Moderna. Ten como obxectivo mostrarnos a situación de explotación e penuria
das persoas pertencentes ao estamento non privilexiado.

O autor
Jacques Lagniet (París, 1620 - 10 de abril de 1675) foi un gravador francés. Realizou numerosos
gravados en placa de cobre e imaxes burlonas socialmente críticas, como as súas ilustracións
parcialmente grotescas e fantásticas para unha  “Colección de proverbios coñecidos”  de 1657,
da que se extrae esta imaxe.

3. DESCRIPCIÓN E ANÁLISE.
No gravado aparecen dous personaxes, un representa á nobreza tranquilamente sentada con
roupa elegante (e cun can mellor alimentado que o campesiño), esperando recibir as rentas dos
seus vasalos e, por outro lado, o campesiñado, encorvado, que leva o diñero que debe pagar ao
señor e algúns alimentos a modo de ofrenda. O saco cheo de gran en 1º plano sería unha
representación simbólica da riqueza do señor.

4. COMENTARIO - INTERPRETACIÓN E CONTEXTO HISTÓRICO.


O gravado do século XVII (1657, polo tanto sabemos perfectamente CANDO?: en pleno Antigo
Réxime*.

ANTIGO RÉXIME. Os revolucionarios franceses de 1789 chamábanlle Antigo Réxime ao período


anterior á Revolución, ao que a propia revolución lle puxera fin. Nos séculos XVII eXVIII case toda
Europa estaba baixo o que denominamos Antigo Réxime: sociedades europeas que manteñen un
modo de vida baseado no absolutismo monárquico, na economía agraria de tipo señorial e na
sociedade estamental.

Pero tamén sabemos ben ONDE?: na Francia prerrevolucionaria*.

Os Borbóns franceses son o mellor exemplo de monarquía absoluta (Luís XIV –o Rei Sol-)

Non é necesario extenderse (só citar) na explicación do que é unha monarquía absoluta, pois
o carácter da imaxe que temos que comentar non é estrictamente político, senón económico e
social.
Na imaxe aparecen 2 dos 3 estamentos do Antigo Réxime.

A sociedade do Antigo Réxime era estamental, isto quere dicir que nela se distinguían uns
estamentos ou estados, grupos sociais cunha posición legalmente diferenciada. Basicamente
existían tres: o clero, a nobreza e a xente común (o Terceiro Estado). A diferenza fundamental era
a que existía entre a nobreza e clero, dotados de privilexios, e a xente común, que carecía deles.
Eses privilexios eran hereditarios, aínda que o rei podía facer nobres.
Esta era unha sociedade estable e tradicionalista, na que os cambios se producían a un ritmo
lento e afectaban pouco á maioría da poboación. A posición social herdábase e a miúdo tamén
a ocupación. Non se cría que as cousas puidesen cambiar, como non fora a peor, e mesmo as
protestas sociais adoitaban apoiarse en visións idealizadas do pasado.

A imaxe mostra uhna analoxía entre a captura da mosca pola araña coa “captura” do
campesiñado polo nobre: no ángulo superior esquerdo vemos unha gran araña que atrapou a
unha mosca na súa tea. Na sociedade do Antigo Réxime, a mosca sería o campesiño e a araña o
nobre que o afoga cos impostos.
Os impostos* representados son de dous tipos:
- En metálico: representados por unha bolsa dediñeiro que leva o campesiño na man.
- En especie: polo saco de cereais que hai na sala e unha cesta con varios productos do
campo.

A economía do Antigo Réxime era basicamente rural. Entre o 80 e o 90% da poboación


traballaba no campo e esta actividade proporcionaba case o 75% da produción global de bens.
O predominio da propiedade vinculada significaba un tipo de agricultura tradicional e pouco
dinámica, como resultado da concentración da terra en mans da nobreza ou da Igrexa.A maior
parte da produción dedicábase ao autoconsumo. Polo tanto, os intercambios comerciais eran
escasos e o comercio víase bastante dificultado pola insuficiencia de de sistemas de transporte.
Mais, a pesar do predominio agrícola, tamén existían outras actividades de tipo artesanal e
industrial que, a partir do século XVI, se viron fortemente estimuladas polo desenvolvemento do
comercio ultramarino.

A terra, durante o Antigo Réxime, era a fonte máis importante de riqueza. Só unha pequena
parte das terras podían ser consideradas de propiedade privada. As demais estaban vinculadas a
un título nobiliario, á Igrexa, a un concello ou á Coroa. A propiedade vinculada permitíalle ao seu
titular tirar proveito económico e exercer xurisdicción sobre ela, mais non era libre para vendela.O
conxunto de terras en mans dun señor (nobre ou eclesiástico) recibía o nome de señorío territorial.
Constaba, en primeiro lugar, da reserva señorial, formada polas terras máis produtivas que o señor
se reservaba para a súa explotación directa. Alí atopábanse a residencia do señor e os
establecementos principais: fornos, forxa, muíño, cortes, etc… Para a utilización destas
dependencias, os campesiños debían pagar un canon. O resto do territorio dun señorío era
dividido en parcelas chamadas mansos, que tiñan unha dimensión que debía ser sempre
dabondo para alimentar unha familia. O señor cedíalle estes mansos ou ben a homes libres que
traballaban a terra en usufruto a cambio de pagar un censo, ou ben a servos que lle debían
asegurar prestacións, tanto de produtos como de traballo.

Os dereitos señoriais son o conxunto de beneficios e rendas que recibían os señores. Estes
dereitos proviñan, en primeiro lugar, da explotación económica das súas propiedades, tal como
vimos, e eran tanto os censos (produtos ou traballo entregado polos campesiños das súas terras)
como as taxas pola utilización dos monopolios señoriais (muíños, ferrarías...).Alén disto, o señor
gozaba tamén de xurisdición sobre un territorio moito máis amplo, que incluía non só as súas
propias terras senón tamén as terras de propietarios alodiais (libres). Este territorio constituía o que
coñecemos como señorío xurisdicional, e dáballe ao señor o dereito a exercer sobre a zona
atribucións de carácter público (o dereito de ban outorgáballe a facultade de dictar ordes e
regulamentos no seu dominio; o dereito de facer xustiza permitíalle xulgar aos homes do seu
territorio e ata os viaxeiros, e o dereito de inmunidade concedíalles autonomía ás súas terras
respecto ao poder real. O señor tamén tiraba proveito económico doseñorío xurisdicional a través
das multas aplicadas en función do seu poder xudicial, das peaxes das pontes e dos camiños, dos
dereitos de circulación de mercadorías e dos permisos de mercado.
A todo este abano de tributos feudais había que engadir o décimo, que consistía na obriga
para os campesiños de lle entregar a décima parte das colleitas á Igrexa para poder asegurar o
mantemento do clero e do culto.

5. CONCLUSIÓN
A alegoría demostra o carácter crítico da imaxe e mostra de paso de que lado están as
simpatías do autor. É importante lembrar que as estruturas do pasado non eran perfectas e que
moita xente podía ver perfectamente as inxustizas. Cando as condicións sexan as axeitadas (as
causas poden ser moi complexas) a xenrreira pode estoupar nunha revolta social. De feito, iso foi
o que sucedeu uns 130 anos despois.

A información en VERMELLO aparece no Documento da 1ª Quincena: “O Antigo Réxime”.

You might also like