You are on page 1of 1

VOCALISMO

Fenómenos orais que afectan ao vocalismo:


• No vocalismo tónico é caracterísca a metafonía que consiste na abetura ou cerrazón das
vogais medias tónicas por influencia dun fonema /o/ ou /a/ ao final de palabra (sogro/
sogra).
• No vocalismo átono son comúns algúns fenómenos de vacilación vocálica:
1. Harmonizazción vocálica: as vogais tónicas /ú/ e /í/ e o ditongo /éi/ tenden
a pechar as vogais átonas de abertura media da sílaba precedente
(fuciño/ fociño), (cireixa/ cereixa).
2. Labialización: altérase en “o” unha vogal cando vai en contacto cunha
consonante labial ou labiodental (somana/ semana), (lovar/ levar).
Outros fenómenos vocálicos comúns na lingua oral:
1. Aférese: perda dunha vogal ao principio da palabra (inda/ aínda), (topar/
atopar)
2. Síncope: perda dunha vogal no medio da palabra (pra/ para), (vran/ verán)
3. Prótese: consiste en engadir unha vogal ao principio da palabra (arradio/
radio), (arrabuñar/ rabuñar).
4. Epéntese: intercalación dun iode entre 2 vogais que forman hiato (iauga/
auga), (ialma/ alma)
5. Paragoxe: aparición dunha vogal ao final da palabra (mullere/ muller),
(fácile/ fácil)

Todos estes rexistros son moi correntes da lingua oral e danse en rexistros vulgares, agás a
metafonía que é un fenómeno de só algunhas áreas.

CONSONANTISMO

• Gheada: fenómeno dialectal que consiste na evolución de /g/ cara a unha pronuncia
aspirada /h/, maioritariamente farinxal. Estas pronuncias aspiradas están documentadas
desde finais do XVIII. Son maioritarias na lingua oral-popular de todo o galego coruñés e
pontevedrés e nalgunhas zonas do occidente de Ourense e Lugo,e tamén na zona
ancaresa.
Non hai interferencias estruturais castelán-galegas. É un fenómeno interno xerado
dende o galego, a partir da evolución da /g/ e posición fraca. A explicación da gheada hai
que buscala no sistema fonético e fonolóxico da lingua galega.
Para representar a pronuncia con gheada utilízase o dígrafo -gh-: ghato, amigho...

• Seseo: consiste na realización da fricativa interdental xorda como unha fricativa alveolar
xorda /s/. No galego actual conviven co sistema común diversos sistemas seseantes, todos
eles basicamente concentrados no territorio occidental de Galicia. Hai que diferenciar
entre seseo EXPLOXIVO e IMPLOSIVO (inicial/ final de sílaba). Cando o seso é
EXPLOSIVO pódese falar de seseo TOTAL, pois ao aparecer en inicial de sílaba tamén se
rexistra en posición final, pero NON ao contrario, (lus/ luz), (des/ dez), (sapato/ zapato).

• Metátese: fenómeno oral que consiste no cambio de lugar dunha consoante dentro dunha
palabra (probe/ pobre), (freba/ febra).

• Apócope: perda da última sílaba dunha palabra (verdá/ verdade), (virtú/ virtude).

• Rotacismo: cambio da fricativa interdental xorda ou da fricativa alveolar xorda /s/


por /r/ ante consoante sonora (rotacirmo/ rotacismo), (en ver de/ en vez de).

You might also like