You are on page 1of 2

BOPPO

Martes, 8 de agosto de 2023


Núm. 152

ADMINISTRACIÓN LOCAL
MUNICIPAL
PONTEVEDRA
Persoal, oposicións

RESOLUCIÓN DEFINITIVA TÉCNICO/A ADMINISTRACIÓN XERAL PROMOCIÓN


INTERNA INCLUÍDA NA MODIFICACIÓN DA OEP DO ANO 2021

2023/PROCESOSELECTIVO/000007

ANUNCIO

A concellería delegada responsable da área de servizos non territorializados, en data


03/08/2023 ditou a seguinte resolución:

“RESOLUCIÓN DA CONCELLERÍA RESPONSABLE DA ÁREA DE SERVIZOS NON TERRITORIALIZADOS


POLA QUE SE APROBA A RELACIÓN DEFINITIVA DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/
AS E SE FIXA A DATA DE CONSTITUCIÓN DO TRIBUNAL E DO PRIMEIRO EXERCICIO DO PROCESO
SELECTIVO CONVOCADO PARA CUBRIR UNHA PRAZA DE TÉCNICO/A DE ADMINISTRACIÓN
XERAL, A, SUBGRUPO A1, INCLUÍDA NA MODIFICACIÓN DA OEP DO ANO 2021, POLA QUENDA
DE PROMOCIÓN INTERNA

Por Resolución da Concelleira responsable da área de servizos non territorializados (publicada


no BOP núm.136, do 14 de xullo de 2023) aprobouse a lista provisional de aspirantes admitidos/
as e excluídos/as e a composición do tribunal do proceso selectivo convocado para cubrir unha
praza de técnico/a de administración xeral, incluída modificación da OEP do ano 2021, pola
quenda de promoción interna

De conformidade co previsto nas Bases da Convocatoria,


Pode verificar a integridade deste documento no seguinte enderezo:

RESOLVO

Primeiro.-Aprobar a lista definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as do proceso


Código seguro de verificación:4OWOZ3ATZ4HRR14E

selectivo convocado.

PRAZA: TÉCNICO/A DE ADMINISTRACIÓN XERAL


QUENDA PROMOCIÓN INTERNA( 1 PRAZA)

ASPIRANTES ADMITIDOS/AS
https://sede.depo.gal

1 GONZÁLEZ PÉREZ, MONTSERRAT

2 RIVEIRO RODRIGUEZ, MARIA DEL PILAR

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Martes, 8 de agosto de 2023
Núm. 152

ASPIRANTES EXCLUÍDOS/AS

Ningún

Segundo.-Determinar a data en que terá lugar a constitución do Tribunal cualificador e a


celebración do primeiro exercicio:

Constitución do Tribunal e baremo de méritos: o día 21 de setembro de 2023, ás 10.00 horas,


na Sala de reunións do edificio administrativo situado na rúa Ferreiros, núm. 28, primeiro andar.

O primeiro exercicio terá lugar o día 25 de setembro de 2023, ás 10.30 horas, no Teatro
Principal, situado na rúa Paio Gómez Charino, núm. 6, segundo andar

Terceiro.- Os/as aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos
do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, así como
dos medios materiais adecuados e necesarios para a práctica dos exercicios.

Cuarto.-Contra a precedente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse
ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes
a contar dende o día seguinte ao da súa notificación, ao amparo do establecido no artigo 124.1
da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións
públicas ou ben o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a
partir do día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de
Pontevedra.

Así o ordena e dispón a concellería delegada no exercicio das súas atribucións delegadas,
ante o Secretario da Administración Municipal, que DA FE da precedente resolución.”

En Pontevedra, na data da sinatura electrónica

A concelleira de goberno
Pode verificar a integridade deste documento no seguinte enderezo:

Código seguro de verificación:4OWOZ3ATZ4HRR14E


https://sede.depo.gal

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es

You might also like