You are on page 1of 2

BOPPO

Martes, 13 de xuño de 2023


Núm. 113

ADMINISTRACIÓN LOCAL
MUNICIPAL
LALÍN
Persoal, oposicións

CONVOCATORIA E CORRECCIÓN DE ERROS DAS BASES REGULADORAS DE UNHA


(1) PRAZA DE TÉCNICO DA ADMINISTRACIÓN XERAL FUNCIONARIO/A INTERINO/A
POR PROGRAMA

ANUNCIO CONCELLO DE LALÍN

BASES REGULADORAS DO PROCESO DE SELECCIÓN DUNHA PRAZA DE TÉCNICO/A DA


ADMINISTRACIÓN XERAL, SUBGRUPO A1, FUNCIONARIO/A INTERINO/A POLO PROGRAMA
“PROXECTO AXENDA URBÁN LALÍN 2030: ÁREA ECONÓMICO- FINANCEIRA”

PRIMEIRO.- Deixar sen efecto o anuncio das bases publicadas no Boletín Oficial da Provincia
de Pontevedra, BOPPO número 82, en base ao artigo 109 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do
Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

SEGUNDO.- Faise público para xeral coñecemento que mediante acordo de Xunta de Goberno
Local de data 4 de abril do 2023 aprobáronse as bases reguladoras do proceso de selección
para o nomeamento interino polo procedemento ordinario mediante oposición libre de unha
(1) praza de técnico da administración xeral, subgrupo A1, escala de administración xeral, que
permita o nomeamento interino co que levar a execución do programa temporal denominado
“Proxecto Axenda Urbán Lalín 2030: Área Económico- Financeira” do Concello de Lalín.

TERCEIRO.- A súa vez, mediante Resolución de Alcaldía de data 6 de xuño de 2023 procedeuse
á corrección de erros das devanditas bases, no seguinte senso:

A) Na Base Sexta das referidas :


Pode verificar a integridade deste documento no seguinte enderezo:

ONDE DI:
Código seguro de verificación:YBWW549QMCL5LXIX

“ As bases do proceso de selección publicaranse integramente no Boletín Oficial da Provincia


de Pontevedra (BOPPO), estarán a disposición das persoas interesadas na páxina web municipal
(www.lalin.gal) no apartado de proceso de selección de persoal e na sede electrónica do Concello
(www.lalin.sedeelectronica.gal).

O anuncio da convocatoria das bases do proceso de selección será publicado no Diario Oficial
https://sede.depo.gal

de Galicia (DOGA) e no Boletín Oficial do Estado (BOE), tal e como se establece legalmente.

As convocatorias e resultados das probas serán publicadas no Taboleiro de Anuncios do


Concello, na sede electrónica do Concello de Lalín (http://lalin.sedelectronica.gal) e na web
municipal www.lalin.gal no apartado de procesos selectivos. ”

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Martes, 13 de xuño de 2023
Núm. 113

Debe dicir:

“As bases do proceso de selección estarán a disposición das persoas interesadas na páxina
web municipal (www.lalin.gal) e na sede electrónica do Concello (www.lalin.sedeelectronica.gal).

O anuncio da convocatoria e das bases será publicado no BOPPO no taboleiro de anuncios


do Concello, na sede electrónica e na páxina web municipal.

As convocatorias e resultados das probas serán publicadas no Taboleiro de Anuncios do


Concello, na sede electrónica do Concello de Lalín (http://lalin.sedelectronica.gal) e na web
municipal www.lalin.gal no apartado de procesos selectivos. ”

B) Na Base Sétima :

B.1) ONDE DI:

“ ...durante o prazo de (20) vinte días hábiles a partir do seguinte ao de publicación do


anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (...)”

Debe dicir:

“ ...durante o prazo de (20) vinte días hábiles a partir do seguinte ao de publicación do


anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra(...)”

B.2) ONDE DI:

“ 2. O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir
do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial do Estado do anuncio referido na base
anterior. ”

Debe dicir:

“ 2. O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir
do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do anuncio
referido na base anterior. ”
Pode verificar a integridade deste documento no seguinte enderezo:

CUARTO.- O prazo de presentación de instancias será de 20 días hábiles a partir da publicación


do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
Código seguro de verificación:YBWW549QMCL5LXIX

QUINTO.- As bases íntegras atópanse publicadas na sede electrónica do Concello de Lalín


(https://lalin.sedelectronica.gal), no taboleiro de anuncios do Concello de Lalín, e na web
municipal (www.lalin.gal), onde se publicarán os sucesivos anuncios desta convocatoria.

Lalín, na data da sinatura electrónica


D. José Crespo Iglesias
https://sede.depo.gal

Alcalde en funcións do Concello de Lalín

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es

You might also like