You are on page 1of 15

Os verbos regulares

(Estudo da lingua)
OS VERBOS REGULARES

Morfoloxía do verbo
O tema (raíz e vogal temática)
O morfema modo-temporal
O morfema número-persoal

O modo e o tempo
Os tempos de indicativo: presente, pretérito, copretérito, antepretérito,
futuro, pospretérito
Os tempos de subxuntivo: presente, pretérito, futuro
O imperativo

A voz pasiva
OS VERBOS REGULARES
Clase de palabras que designa acción.
Teñen contido semántico propio.
Poden expresar nocións gramaticais de tempo, modo e mais número e persoa.
Morfoloxicamente caracterízanse por conter morfemas específicos como o de vogal temática e o
de modo-tempo.
Sintacticamente, actúan como núcleo do predicado.
Segundo os seus complementos poden ser:
- Copulativos (ou atributivos). Son os verbos ser e estar e levan un complemento atributo.
- Predicativos. Clasifícanse en transitivos (que aceptan CD) e intransitivos (que non aceptan
CD). Ás veces un mesmo verbo pode ter usos como transitivo e intransitivo (Baixou no
ascensor; Baixou a bolsa do lixo).
Segundo a maneira de se referiren ao suxeito poden ser:
- Reflexivos ou pronominais: a acción recae sobre o suxeito.
- Recíprocos: a acción recae sobre dous axentes que constitúen o suxeito.
- Impersoais: non teñen suxeito.
Morfoloxía do verbo
O tema (raíz e vogal temática)
O tema constitúeno a raíz e a vogal temática.
• A raíz. É o morfema que achega o significado léxico É o único constituínte
obrigatorio do verbo. Os outros poden non aparecer nalgunhas formas do
paradigma.
• A vogal temática. Achega significado gramatical (VT, MMT e MNP) é o
morfema que indica a que conxugación pertence unha forma verbal: á 1ª
se é a, á 2ª se é e e a 3ª se é i. Este morfema non sempre aparece en todos
os tempos.
O tema do verbo é a parte fixa. Fronte ao tema temos a parte variable,
constituída polos morfemas de modo-tempo e número-persoa que son as
denominadas desinencias verbais.
Morfoloxía do verbo
O morfema modo-temporal
É o morfema que indica o modo e o tempo de calquera forma verbal.
Pode non aparecer explicitamente na conxugación (ou sexa,
corresponder a Ø). É un dos morfemas exclusivos da clase verbo.

O morfema número-persoal
Expresa mediante elementos morfolóxicos a persoa gramatical suxeito.
As persoas gramaticais son a primeira ou locutor do discurso, a
segunda ou receptor e a terceira, un ente alleo aos dous.
RAÍZ VT MMT MNP

Presente indicativo and- -a- -Ø- -mos

Copretérito varr- -Ø- -ia- -des

Pretérito indicativo part- -i- -che- -s

Antepretérito and- -a- -ra- -des

Pospretérito part- -i- -ría- -s

Presente subxuntivo and- -Ø- -e- -mos

Pretérito subxuntivo varr- -e- -se- -n


O modo e o tempo
O modo indica a actitude do falante ante a acción expresada polo verbo.
O tempo expresa a noción de temporalidade en relación ao momento da fala.

En galego existen os modos indicativo, subxuntivo e imperativo.

O indicativo presenta a acción de maneira obxectiva e real.


O subxuntivo é o modo da irrealidade, da subxectividade, do desexable, da
posibilidade.
O imperativo expresa mandato.
Os tempos de indicativo
• Presente. Feitos coinciden co momento actual de fala, co tempo do
enunciado.
• Pretérito. Acción anterior ao momento do enunciado. Algunhas veces
pode expresar unha acción anterior a un momento do futuro, indicando
que xa estará cumprida cando ese momento chegue.
• Copretérito. Simultaneidade da acción cun momento do pasado, sen
tomar en conta o comezo nin o remate.
• Antepretérito. Acción anterior a un momento do pasado. Ás veces
utilízase como forma de cortesía no canto dun presente. Tamén pode ter
valor desiderativo.
• Futuro. Acción que vai acontecer con posterioridade ao momento da
enunciación.
• Pospretérito. Acción que se realiza con posterioridade a un momento
determinado do pasado.
Outros valores do presente:
• Presente habitual. Designa accións que se repiten adoito.
• Presente atemporal ou gnómico. Utilízase para emitir xuízos
válidos para calquera momento do tempo.
• Presente histórico. Serve para narrar feitos pasados,
presentados como actuais.
• Presente por futuro. Expresa nocións posteriores ao
momento de fala.
• Presente de mandato. Emprégase para dar unha orde e
equivale a imperativo.
Outros valores do copretérito:
• Copretérito por pospretérito. Pode usarse no canto do
pospretérito.
• Copretérito de cortesía. Utilizado en lugar do presente para
crear un maior distanciamento.
O pretérito e o copretérito indican acción anterior ao momento
da fala, pero diferéncianse por un matiz aspectual.
O pretérito expresa acción rematada (aspecto perfectivo).
O copretérito expresa a acción na súa duración (imperfectivo).
Outros valores do futuro:

• Futuro de incerteza ou de probabilidade. Para enunciar feitos


dos cales non se está moi seguro, pero que se presentan
como probables ou aproximados.
• Futuro de obrigación. Expresa un mandato ou un feito de
cumprimento obrigado.
Outros valores do pospretérito:

• Probabilidade. Para indicar a incerteza ou inexactitude


referida a un feito pasado.
• Cortesía. Podería levarmo á casa?
Os tempos de subxuntivo
• Presente. Acción desde o punto de vista da incerteza ou o desexo,
considerada simultánea ou posterior ao momento da fala.
Tamén pode expresar valor de simultaneidade ou de futuro, de xeito
semellante ao modo indicativo.
• Pretérito. Acción que se produce posteriormente á indicada polo
verbo principal.
• Futuro. Tempo vixente na lingua antiga que se daba na fala e na
literatura do XIX, hoxe conservado en frases feitas e refráns.
Desprazado por outros tempos de subxuntivo ou polo presente de
indicativo, non é habitual na fala, pero recuperou o uso na linguaxe
administrativa.
A voz pasiva

Exprésase coa construción verbal ser + participio. O participio


debe concertar en xénero e número co suxeito. Caracterízase
polo feito de non coincideren o suxeito da acción verbal e o
axente.
OS VERBOS REGULARES

Morfoloxía do verbo
O tema (raíz e vogal temática)
O morfema modo-temporal
O morfema número-persoal

O modo e o tempo
Os tempos de indicativo: presente, pretérito, copretérito, antepretérito,
futuro, pospretérito
Os tempos de subxuntivo: presente, pretérito, futuro
O imperativo

A voz pasiva

You might also like