You are on page 1of 1

CONCEPTOS BLOQUE 2.

HISTORIA MEDIEVAL

CARTA DE POBOAMENTO. Modalidade de repoboación utilizada nos século X-XIII nos vales
do Douro e do Ebro. Consiste na concesión de privilexios forais aos poboadores que se establecesen
nunha determinada vila ou cidade.

MANSO. Porción do feudo concedida a un campesiño libre ou a un servo para a súa explotación a
cambio dunha renda e / ou da prestación de servizos.

MARCA HISPÁNICA. Territorio fronteirizo entre al-Andalus e o reino franco, no que Carlomagno,
coa colaboración da poboación autóctona conseguiu dominar un conxunto de condados (Pamplona,
Aragón, Sobrarbe, Ribagorza, Pallars, Urgell, Cerdaña, Besalú, Ampuries, Vic, Xirona e Barcelona)
e evitar o avance musulmán cara ao norte (finais S.VIII-S. IX).

MESTA. Reunión das organizacións gandeiras no Honrado Concejo de la Mesta (1273). Foi unha
poderosa organización que protexía os intereses dos gandeiros e da Coroa, que se beneficiaba das
taxas de exportación da lá.

MOZÁRABE. Cristian de orixe hispano-visigoda que vive en al-Andalus baixo a autoridade


musulmá (s. VIII-XII).

PRESURA. Modalidade de repoboación dominante entre os séculos VIII e XI. Permitiu repoboar os
vales norteños, parte do Val do Miño e do Douro e os vales pirenaicos cataláns. O rei autorizaba a
establecerse nun determinado territorio que pasaba a ser propiedade de que ocupase e cultivase as
terras. (Modalidade oficial ou privada)

TAIFAS. Reinos musulmáns que xurdiron da fragmentación do territorio do Califato de Córdoba,


tras a súa desaparición no 1031. De tamaño desigual, foron inestables e estiveron enfrontados entre
sí.

You might also like