You are on page 1of 12

Movementos migratorios

Ano 2002

Santiago de Compostela, 2004


Instituto Galego de Estatística
Complexo Administrativo San Lázaro
San Lázaro s/n
15703 Santiago de Compostela
Tlfno: 981-541589 (de 9 a 14 horas)
Fax: 981-541323
e-mail: ige@xunta.es
http://www.ige.xunta.es

Elaboración
Instituto Galego de Estatística

Edita
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Facenda

Colección
Área de estatísticas demográficas
Índice

Notas explicativas .................................................................................................................. 5

Comentario de resultados ...................................................................................................... 7

Información provincial

1. Emigrantes segundo a provincia de procedencia.......................................................... 23

2. Inmigrantes segundo a provincia de destino ................................................................. 23

3. Saldos migratorios provinciais ....................................................................................... 23

4. Saldo migratorio co exterior........................................................................................... 24

5. Inmigrantes procedentes do estranxeiro segundo lugar de procedencia e

provincia de destino............ ........................................................................................... 24

6. Inmigrantes procedentes do estranxeiro segundo lugar de procedencia e

nacionalidade ................................................................................................................ 25

Información comarcal

1. Emigrantes segundo a comarca de procedencia .......................................................... 27

2. Inmigrantes segundo a comarca de destino.................................................................. 29

3. Saldos migratorios comarcais........................................................................................ 31

Información municipal

1. Emigrantes segundo o concello de procedencia........................................................... 33

2. Inmigrantes segundo o concello de destino .................................................................. 41

3. Saldos migratorios municipais ....................................................................................... 49

Movementos migratorios. Ano 2002 3


Notas explicativas

O coñecemento do volume dunha determinada poboación e da súa composición en función dalgunhas

características –fundamentalmente idade e sexo- nun momento dado, proporciónanos unha información

estática, é dicir, unha instantánea da mesma. Agora ben, a poboación está en continua evolución,

orixinada por unha serie de factores de cambio que inciden sobre ela: nacementos, defuncións,

matrimonios e movementos migratorios.

A Estatística de Movementos migratorios recolle as altas e as baixas de poboación que se producen en

cada concello debidas a cambios de residencia e constitúe, xunto coa estatística de Movemento natural

da poboación, unha fonte indispensable para o estudio da evolución da poboación ó longo do tempo.

A fonte principal dos datos é a explotación informática do ficheiro da Estadística de Variaciones

Residenciales proporcionada polo Instituto Nacional de Estadística onde se recollen os fluxos migratorios

anuais entre os distintos concellos e co estranxeiro. No ano 2002, esta estatística recolle por primeira vez

as saídas ó estranxeiro.

A estatística de variacións residenciais elabórase a partir da explotación da información relativa ás altas e

ás baixas nos padróns municipais de habitantes motivadas por cambios de residencia, obtida da base

padroal do INE.

Segundo a normativa vixente, toda persoa que cambie de residencia está obrigada a solicitar por escrito a

alta no Padrón do novo concello. Os concellos envían mensualmente a relación de altas á Delegación

Provincial do INE, que se encarga da súa comunicación en soporte informático ós concellos onde se debe

levar a cabo a correspondente baixa.

Os fluxos anuais desta estatística fan referencia a migracións e non a migrantes pois unha persoa pode

cambiar a súa residencia dun concello a outro máis dunha vez ó ano.

O ficheiro proporciona información sobre o sexo, a data e lugar de nacemento, a nacionalidade e o lugar

de orixe e destino.

Definicións

Migración: Este concepto é equivalente ó de cambio de concello de residencia.

Emigración: Para un ámbito xeográfico determinado as emigracións son aquelas migracións que teñen

orixe nese ámbito e destino fóra do mesmo.

Emigración interna: Trátase daquelas emigracións con orixe nun concello de Galicia e destino noutro

concello distinto tamén da Comunidade Autónoma.

Movementos migratorios. Ano 2002 5


Emigración externa: Son aquelas emigracións con destino fóra da Comunidade Autónoma; esto é o

resto de España ou o estranxeiro.

Inmigración: Para un ámbito xeográfico determinado as inmigracións son aquelas migracións con destino

nese ámbito e orixe fora do mesmo.

Inmigración interna: Trátase daquelas inmigracións con destino nun concello de Galicia e que teñen

orixe noutro concello distinto tamén da Comunidade Autónoma.

Inmigración externa: Son aquelas inmigracións con orixe fora de Galicia, esto é, o resto de España ou o

estranxeiro.

Saldo migratorio: Para cada ámbito territorial, é a diferencia entre o total de inmigrantes e o total de

emigrantes. Se é positivo indica que as entradas de poboación superan ás saídas, e ó contrario se é

negativo.

Saldo migratorio interno: Calcúlase como a diferencia entre a inmigración interna e a emigración

interna. Para cada concello aparecen dous tipos de saldo migratorio interno: o intraprovincial e o do resto

de Galicia. O primeiro correspóndese coa diferencia entre as altas no concello procedentes do resto da

provincia e as baixas con destino na mesma, e o segundo sería a diferencia entre as altas no concello
procedentes das restantes provincias de Galicia e as baixas con destino nesas mesmas provincias.

Saldo migratorio externo: Calcúlase como a diferencia entre a inmigración externa e a emigración

externa. Aparecen dous tipos de saldo migratorio externo: co resto de España, diferencia entre as altas

procedentes das outras Comunidades Autónomas e as baixas con destino nas mesmas, e co estranxeiro,

diferencia entre as altas procedentes do estranxeiro e as baixas con ese mesmo destino.

Orde da migración: Denomínase así ó número de veces que a persoa fixo algún cambio de concello de

residencia. Distínguese entre a primeira migración e as seguintes. Considérase primeira migración á que

ten o súa orixe no concello de nacemento.

Inmigración de retorno: Son os movementos con destino no concello de nacemento.

Movementos migratorios. Ano 2002 6


Comentario de resultados

A seguinte táboa mostra a evolución das migracións nos últimos dez anos. Convén subliñar, en primeiro

lugar, que as fontes de datos utilizadas só recollen aqueles movementos nos que existe un documento

que acredite tal cambio de residencia (alta no padrón na estatística de variacións residenciais), polo que é

posible que o volume actual da migración sexa sensiblemente superior ó que reflicte este cadro. Aínda

que non se poden facer valoracións acerca dos movementos non rexistrados, a observación das distintas

series permite falar dun subrexistro no ano 1996, que veu motivado pola dificultade de rexistrar as

variacións residenciais durante o período de renovación padroal e tamén no ano 2001 no período censal.

Este subreconto debe terse en conta á hora de analizar a evolución temporal das migracións.

Evolución do saldo migratorio 1993-2002. Galicia

Emigrantes Inmigrantes Saldo migratorio


Co resto
Ó resto Ó Do resto Co
Ano Total Do estranxeiro Total do Total
do estado estranxeiro do estado estranxeiro
Estado
1993 8.136 - 8.136 9.246 5.155 14.401 1.110 5.155 6.265
1994 9.272 - 9.272 10.024 4.286 14.310 752 4.286 5.038
1995 10.410 - 10.410 10.011 4.354 14.365 -399 4.354 3.955
1996 8.110 - 8.110 6.434 3.204 9.638 -1.676 3.204 1.528
1997 11.653 - 11.653 9.515 5.908 15.423 -2.138 5.908 3.770
1998 14.169 - 14.169 10.595 6.850 17.445 -3.574 6.850 3.276
1999 15.880 - 15.880 10.742 8.506 19.248 -5.138 8.506 3.368
2000 17.281 - 17.281 11.628 12.547 24.175 -5.653 12.547 6.894
2001 16.028 - 16.028 11.799 11.395 23.194 -4.229 11.395 7.166
2002 18.684 4.193 22.877 15.032 18.186 33.218 -3.652 13.993 10.341

Fonte:
INE. Estatística de Variacións Residenciais. 1993 - 2002.
Elaboración propia a partir dos ficheiros proporcionados polo INE

Saldo migratorio

Tras o lixeiro descenso nos movementos migratorios do ano 2001 tanto de entrada como de saída debido

a coincidencia coa recollida censal, no ano 2002 prodúcese un importante aumento de todos os

movementos, destacando a inmigración procedente do estranxeiro, que supón un incremento do 60%

respecto o ano anterior.

O balance de Galicia co resto do estado segue a ser negativo, polo que o signo do saldo migratorio está

determinado pola inmigración procedente do estranxeiro. Increméntase tanto a inmigración de retorno

(españois procedentes do estranxeiro) como o número de estranxeiros que trasladan a súa residencia á

nosa comunidade.

Movementos migratorios. Ano 2002 7


O lugar de destino dos inmigrantes provoca diferencias significativas no reparto do saldo a nivel

provincial. A Coruña e Pontevedra, por ser as provincias que acollen na súa maior parte a inmigración

estranxeira, obteñen un resultado positivo, tanto en termos absolutos como en relación coa súa

poboación, cunha taxa de 5,5 e 3,9 por cada 1.000 habitantes respectivamente. Noutro extremo sitúanse

Lugo e Ourense, con taxas de 1,3 e 0,3 por cada 1.000 habitantes respectivamente.

Analizando os resultados da estatística do Movemento natural da poboación, no ano 2002 e, por primeira

vez desde 1994, ó aumento da inmigración do estranxeiro permite compensar a perda de poboación

provocada polo saldo vexetativo, obténdose un saldo positivo de máis de 1.500 persoas.

Saldo migratorio e saldo vexetativo. Galicia

Saldo Saldo
Ano Saldo total
migratorio vexetativo
1993 6.265 -5.964 301
1994 5.038 -7.859 -2.821
1995 3.955 -9.665 -5.710
1996 1.528 -10.267 -8.739
1997 3.770 -9.455 -5.685
1998 3.276 -9.547 -6.271
1999 3.368 -10.273 -6.905
2000 6.894 -9.204 -2.310
2001 7.166 -8.760 -1.594
2002 10.341 -8.793 1.548

Fonte:
INE. Estatística de variacións residenciais
IGE, INE. Movemento natural da poboación. Ano 2002: datos provisionais

O distinto comportamento demográfico das catro provincias galegas marca tamén diferencias entre os

dous saldos. Na Coruña e Pontevedra o saldo migratorio é moi superior en valor absoluto ó saldo

vexetativo, obtendo ámbalas dúas provincias incrementos poboacionais superiores as 3.200 persoas.

Polo contrario, en Lugo e Ourense, a perda de poboación é superior ás 2.400 persoas debido o

envellecemento da poboación, que provoca un número de defuncións moi superior ó de nacementos, coa

conseguinte perda de poboación, que non se recupera coa chegada de inmigrantes

No período 1996-1999, a maior parte do saldo migratorio recaía sobre a poboación de 60 e máis anos,

contribuíndo así, en certa medida, ó envellecemento poboacional. Esta situación cambia a partir do ano

2000 gracias a consolidación do fluxo de inmigrantes de nacionalidade estranxeira. Nos últimos anos, o

maior incremento de efectivos dáse na poboación potencialmente activa, crecendo tamén o saldo do

grupo de menos de 20 anos.

Movementos migratorios. Ano 2002 8


No gráfico que figura a continuación aparecen superpostas as pirámides de inmigrantes e

emigrantes para o conxunto de Galicia no ano 2002, onde se pode ver como o saldo é positivo en

todas as idades.

>=85
80-84
75-79
Homes Mulleres
70-74
65-69
60-64
55-59
50-54
45-49
40-44
35-39
30-34
25-29
20-24
15-19
10-14
5-9
0-4

2400 2000 1600 1200 800 400 0 400 800 1200 1600 2000 2400

Inmigrantes Emigrantes

A situación descrita para o conxunto de Galicia é similar nas provincias atlánticas, pero non nas interiores,

nas que o saldo supón un maior incremento de poboación nos últimos tramos da pirámide de idades,

sendo de signo negativo nas primeiras idades activas, sobre todo en Ourense.

Movementos migratorios co resto do estado

Estes movementos seguen, polo xeral, as tendencias observadas nos últimos anos no que se refire ó

signo dos saldos coas distintas comunidades autónomas, á orixe e destino dos fluxos e ás características

da poboación migrante. Igual que ven ocorrendo dende 1995, o número de saídas supera ó de entradas,

polo que estes intercambios de poboación co resto de España contribúen á perda de peso poboacional

relativo de Galicia no conxunto do estado. Obsérvase ademais que o saldo é negativo con todas as

comunidades agás Asturias, País Vasco e Estremadura.

As Illas Canarias seguen a ser o destino principal do fluxo emigratorio, absorbendo o 20% do total aínda

que continúa o descenso iniciado no ano 2001. Cabe destacar tamén o incremento dos fluxos con Castela

e León, presentando por primeira vez desde 1992, saldo negativo con esta comunidade.

Movementos migratorios. Ano 2002 9


Movementos migratorios Galicia-España

Resto de co munidades

P ais Vasco

Valencia

M adrid

Cataluña

Castela e Leó n

Canarias

B aleares

A sturias

A ndalucía

0 500 1.000 1.500 2.000 2.500 3.000 3.500 4.000

Emigrantes Inmigrantes

No que se refire á estructura de idades, estes movementos están protagonizados fundamentalmente por
poboación activa nova (entre 15 e 49 anos). Como se observa no gráfico, o número de saídas supera ó

de entradas tanto en poboación infantil como nos adultos menores de 55 anos, sendo entre 20 e 30 anos

onde se produce a maior perda de poboación, mentres que a partir dos 55 anos o saldo é positivo aínda

que de escasa magnitude.

Estructura de idades dos m ovem entos m igratorios co resto do


estado
10.500

9.000

7.500

6.000

4.500

3.000

1.500

0
Menos de 15 15-34 35-49 50-64 65 e máis

Emigrantes Inmigrantes

Inmigración procedente do estranxeiro

Durante o ano 2002 un total de 18.186 persoas procedentes do estranxeiro déronse de alta nalgún

concello galego, o que supón un incremento do 37% respecto do ano anterior. Recupérase a tendencia

crecente da inmigración de españois procedente do estranxeiro que se iniciou en 1997. Galicia segue a

ser a comunidade que recibe máis inmigrantes españois acollendo máis do 20% do total de España.

Por outra banda, segue a incrementarse o fluxo de inmigrantes de nacionalidade estranxeira. Durante o

ano 2002 rexístraronse máis de 9.700 entradas, seguindo a tendencia crecente que se observa no

Movementos migratorios. Ano 2002 10


conxunto do estado. España acolleu a 443.000 estranxeiros no 2002, sitúandose Madrid, a Comunidade

Valenciana e Cataluña como os principais destinos. O efecto que produce a chegada de poboación

estranxeira na estructura demográfica é xa visible nas principais comunidades receptoras, tanto na

estructura por idades da poboación como no comportamento da fecundidade que recupera os valores de

principios dos anos 90.

No contexto español, a cifra de estranxeiros que recibe Galicia é aínda moi baixa, pois so representa o

2,2 % do total, situándose Madrid, cun 30,5%, como principal lugar de destino.

Mentres que para España, o 91,7% dos inmigrantes procedentes do estranxeiro son de nacionalidade

estranxeira, Galicia, cun 53,6%, dista bastante do valor do conxunto do estado. En relación coa

poboación, acada unha taxa de 3,6 inmigrantes estranxeiros por cada 1.000 habitantes, lonxe do 10,6 do

total de España.

Inmigración dende o estranxeiro a Galicia segundo nacionalidade

12.000

10.000

8.000

6.000

4.000

2.000

0
1993 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002

Españois Estranxeiros

Da análise da inmigración por país de orixe compre destacar que o 30% do total proceden de Arxentina

non habendo diferencia considerable entre a nacionalidade española ou estranxeira dos inmigrantes.

Os países que foron no seu día destino dos emigrantes españois como Venezuela e Suíza, son agora a

orixe dos fluxos con destino Galicia. Hai que subliñar tamén o importante aumento da inmigración

procedente de Uruguai que, despois de Arxentina, é o país que máis creceu respecto ó ano anterior. Por

outro lado, destacar o descenso de máis do 45% dos inmigrantes procedentes de Colombia.

Por nacionalidade, existen diferencias entre os países de orixe; por un lado en países como Suíza e

Venezuela a maioría dos inmigrantes son españois, mentres que de países como Colombia son

principalmente de nacionalidade estranxeira.

O estudio por xénero rebela que na inmigración de estranxeiros as mulleres teñen maior protagonismo,

principalmente entre os procedentes de América Latina, onde a porcentaxe de mulleres acada o 60%,

mentres que entre os españois, os homes superan ás mulleres para todas as nacionalidades.

Movementos migratorios. Ano 2002 11


A análise da composición por idade rebela importantes diferencias segundo a nacionalidade. Igual que

ocorre nos países do noso entorno, a inmigración de estranxeiros está composta maioritariamente por

poboación xoven, situándose a moda no grupo de 25 a 34 anos. Os inmigrantes de nacionalidade

española distribúense dun xeito máis uniforme entre os distintos grupos de idade.

Inmigrantes procedentes do estranxeiro segundo nacionalidade e idade


35%

30%

25%

20%

15%

10%

5%

0%
< 16 16 - 24 25 - 34 35 - 44 45 - 54 55 - 64 > 64

Españois Estranxeiros

Migración interna

Os movementos migratorios no interior de Galicia non presentan novedades significativas respecto do

observado en anos anteriores.

No ano 2002 houbo 52.220 variacións residenciais internas das que só un 18% supuxeron un cambio de

provincia de residencia. Estes movementos interprovinciais son de pouca entidade e dan como resultado

un saldo positivo para A Coruña e negativo para as outras tres cidades.

No que respecta ós movementos que se producen entre os distintos concellos dunha mesma provincia, os

principais fluxos danse entre as cidades e os concellos limítrofes. Esto provoca un saldo intraprovincial

negativo para as principias cidades, coa excepción de Pontevedra. Estes cambios de residencia están a

contribuír ó crecemento dos concellos de tamaño intermedio situados nas áreas de influencia das

cidades, mentres que estas perden poboación o mesmo que os concellos pequenos.

Movementos migratorios. Ano 2002 12

You might also like