You are on page 1of 30

Un mundo de

medo
Ceip xesús san luís romero

carballo
Home do saco
Galicia
Tamén chamado: o vello do saco, o
home da bolsa…é un persoeiro do
folclore infantil español e galego en
particular.

Adoita representarse coma un home


que vaga polas rúas cando xa
anoiteceu buscando nenos e nenas
perdidos para levalos metidos nun
gran saco a un lugar descoñecido.

Caracterizado coma un asustador de


nenos e nenas, emprégase como
argumento para asustalos e obrigalos
a que retornen á casa cedo.

Similar ao cocón (coco en castelán).

A súa presenza vai sempre unido á escuridade, simboliza o medo ao


descoñecido. Utilizábase para que fósemos obedientemente á cama e
durmísemos pronto.

.
as meigas Galicia

A palabra meiga significa persoa


con poderes extraordinarios ou
máxicos e que pode pactar co demo.
Diferénciase das bruxas en que
estas sempre actúan con maldade,
mentres que as meigas mesmo
poden ter poderes curativos ou
adiviñatorios (vedoiras). Moitas
coñecen os poderes para sandar
das plantas e fan apócemas.
Xeralmente móvense dacabalo
dunha estaca. Xúntanse en certos
lugares para compartir os seus
saberes e intercambiar
ingredientes para os bebedizos.
As máis terribles para as nenas e
nenos son as meigas CHUCHONAS que lles chupan o sangue e lles sacan
os untos para facer pomadas.
As meigas FEITICEIRAS viven preto dos ríos e regatos. Teñen unha
fermosa voz coa que hipnotiza aos rapaces e rapazas que se achegan ao
río e fai que se van metendo nel ata que afogan.
A meiga VEDOIRA é agradable no trato, posúe facultades adiviñatorias
e son expertas en conectar co alén para dicir se os falecidos están no
ceo ou aínda penan no purgatorio.
A CARTUXEIRA é botadora de cartas que sempre acerta.
Para protexerse das meigas hai amuletos para colocar nas casas ou no pescozo.
Nas casas pódense colgar ferraduras de cabalo, morcegos ou colas de lobo.
Pódese levar un dente de allo, unha castaña pilonga ou cunchas. Tamén protexe
ter na casa terra bendita dos cemiterios, tesoiras abertas e tamén axuda
dicir: “San Silvestre, meigas fóra”.
o trasno Galicia

O trasno ou trasgo é unha especie de demo invisible, coñecido tamén


como diaño, pero distinto do demo, e nunca tan maligno.

Acostuma andar de noite polos bosques e camiños de Galiza que é cando


pon en práctica as trasnadas argalladas polo día.

Existe un truco para librarse del que consiste en deixarlle unha boa
presa de grans de millo; como non sabe contar máis de cen, cando chega
a esa cifra ten que comezar de novo, e así mantense ocupado.

As trasnadas que fai consisten en cambiar de sitio as cousas, abrirlle aos


animais, sempre cousas molestas pero non con maldade.
a santa compaña Galicia

É unha procesión de mortos ou ánimas que percorren os camiños dunha


parroquia. Adoita ir encabezada pola persoa viva que porta nas súas mans
unha cruz e un caldeiro de auga bendita; tras del varias ánimas con cirios
acesos, que ás veces son ósos.
A súa presenza faise notar no cheiro a cera queimada e no vento que se
ergue ao seu paso.
A persoa viva que precede esta procesión pode ser un home ou muller
segundo sexa o patrón da parroquia santo ou santa.
O portador da cruz non pode volver a cabeza nin renunciar ao seu
traballo precedendo á Santa Compaña. Só será ceibado cando atope a
outra persoa no camiño a quen entregarlle a cruz e o caldeiro, momento
no que estoutro pasará a substituílo,
Para librarse desta obriga, a persoa que vexa pasar a Santa Compaña
debe trazar un círculo no chan e deitarse boca abaixo, sen mirarlle á
cara a ningún espírito. Mentres tanto, a persoa que leva a cruz e o balde
vólvese máis branco e vai adelgazando a cada paso que da, ata que
consegue darlle o caldeiro a outro.
Considérase que a Santa Compaña vai visitando a casa na que vai haber un
pasamento, é coma un anuncio da morte.
o ahuizotl México

Monstro da mitoloxía prehispánica, habitaba nas zonas acuáticas do val


de México.

Contan que o seu aspecto era similar ao dun coiote, pero nas patas tiña
mans de mono e na cola tiña outra man para coller ás súas vítimas cara a
auga.

Podía aparecer en calquera río ou corrente natural, e sabían que se


atopaba preto cando comezaban a formarse remuíños na auga, e tamén
peixes e ras saían despedidos das ondas. Nese momento lanzaba a cola e
arrastraba a vítima ata que morría por afogamento.

Outras lendas contan que atraía ás vítimas con choros parecidos aos dun
bebé, ou xerando movementos peculiares nos peixes, deste xeito
pescadores e camiñantes achegábanse e perdían a vida.
os nauales México

Considérase que todos nacemos cun espírito animal, pode ser un ave, un
esquío, unha serpe. Esa parte de nós chámase nahual, e fainos reaccionar
instintivamente ante os perigos ou responder a situacións adversas da
vida.

Os chamáns, curandeiros e bruxos son as persoas que maior contacto


establecen co seu nahual, pero esa estreita relación pódeos converter en
entidades perigosas.

Contan as lendas que moitos bruxos e chamáns fan rituais escuros para
adquirir a apariencia e calidades do nahual; cando se transforma o seu
corpo humano no do animal, vólvense agresivos e atacan salvaxemente
aos seus inimigos, rouban bebés ou asasinan aos animais das granxas para
alimentarse do seu sangue.

Algúns din que tamén teñen o poder de hipnotizar, xerar enfermidades e


incluso a morte dos inimigos. Para facerlles fronte debemos atopar os
restos do bruxo que deixou atrás para a súa transformación e queimalos.
huay chivo México

Monstro híbrido da tradición maia da península do Yucatán.


Conta a historia que hai moitos anos vivía nunha comunidade maia un vello
bruxo que tiña máis de 500 anos . Non facía dano a ninguén pero toda a
veciñanza o odiaba e culpábano de todas as cousas malas que acontecían.
Unha vez apareceu unha moza morta na súa habitación, culparon ao bruxo
e o pai da rapaza foi á casa e cortoulle a cabeza. Nese momento a cabeza
comezou a falar e dixo: “Espertastes o espírito do mal, espertastes ao
Huay” . Os veciños aterrados enterraron a cabeza e esqueceron o
acontecido.
Pero desde aquel día aseguran que un monstro acecha as súas rúas e
castiga aos homes polas súas maldades.
Este monstro mexicano ten un corpo humano, pero a súa cabeza e
extremidades asemellan ás dun chivo, os seus cornos están retorcidos e
posúe unha actitude crúa e violenta. Din que queima as bocas das súas
vítimas e xera febres altas a quen trata de facerlle dano.
chupacabras México

Descríbese coma un animal bípedo de intelixencia e astucia infinitas,


1,70 de altura, ollos vermellos, saltóns e penetrantes, co corpo cuberto
de pelo groso e con ás e fauces de vampiro.

Din que hipnotiza ás súas vítimas, despois afunde os seus cairos no


pescozo e chúpalles ata a última pinga de sangue. E non importa a especie
nin o tamaño da presa; todas morren en completo silencio.

A xente conta que mesmo degola a algúns animais e sácalle as entrañas, o


máis aterrador é que non deixa o menor rastro nin ao chegar, nin ao
atacar, nin ao marchar.

Descoñécese como contrarrestar as súas agresións, pero tense a


certeza de que ataca sempre de noite. E todos os seus crímenes son en
silencio: silencio da vítima, hipnotizada, que se deixa trabar o pescozo e
o silencio da besta, que chupará ata a última pinga.
aluxes México

Considerados “protectores da natureza” son seres da mitoloxía maia,


similares a un trasno; estatura pequena pero con características da etnia
maia. Para elaboralos precisábase de barro e para que cobrase vida
levábanse a cabo unha serie de rituais e cerimonias.

Normalmente colocábanse nas terras de colleita para protexelas dalgún


intruso.

Dise que os aluxes son seres travesos, aínda que algúns poden chegar a
danarte provocándoche algunha enfermidade. Dedícanse a roubar
obxectos brillantes , doces, tabaco, gando e todo tipo de trasnadas.
as ánimas Venezuela

Son as ánimas dos que están no Purgatorio. A elas rézaselles o día dous
de novembro.

Pídeselles favores ou miragres, e se unha vez cumpridos o beneficiario


non cumpre coas promesas feitas , as Ánimas comezan a facerlle
maldades na casa.

Esas maldades son remover as cousas, desordear os armarios, botarlle


azucre á sopa, romper os pratos e outras trasnadas.

Tamén se di que se unha noite de ánimas se as escoita facendo ruído no


cemiterio e se quen as escoita da a volta para velas, converterase en
estatua, quedará petrificado.

Tampouco se lles debe facer caso cando a medianoite van polas rúas ou
camiños dicindo: “Alerta.... alerta... Ábreme la puerta.... Alerta... alerta.”

As ánimas son seres vestidos de branco, cunha túnica que as cobre


dende a cabeza aos pés e a miúdo levan un gorro en forma de cono.
a chorona Venezuela

A Chorona é un espectro que percorre vales e montañas, preto dos ríos e


lagoas, cunha túnica ata os talóns.
Ten o pelo longo e rizado, de cor prateado, negro e dourado, no que se
pousan grilos, lucecús, bolboretas. O seu rostro é unha caveira
aterradora e nos seus ollos xiran dúas bólas brillantes. Leva un neno
morto nos brazos e chora bágoas de sangue.
Dise que nunca se lle ve a cara e
chora de vergonza e arrepentimento
por ter matado aos seus fillos.
Conta a tradición que a Chorona
reclama das persoas axuda para
cargar ao fillo e quen llo colla líbraa
do castigo pero convértese na
Chorona.
o silbón Venezuela

Contan que O Silbón ou O Silbador é


un home desproporcionado, moi alto,
duns seis metros, que camiña
véndose por riba das copas das
árbores, emite un asubío
estarrecedor e leva un saco cheo de
ósos que fai soar.
Dise que é a ánima en pena dun fillo
que matou ao pai e lle comeu o fígado
e o corazón. A súa nai maldiciuno
para toda a vida.
En Colombia hai outra versión que di
que é a ánima sen rumbo dun home
parrandeiro que morreu so e
abandonado e busca a compaña de
quen cabalgue pola noite polos
sendeiros.
Cóntase que emite un asubío longo e agudo que penetra polos oídos e ao
mesmo tempo séntese un frío intenso que conxela ás persoas.
Hai a crenza de que cando asubía ben agudo é unha muller a que vai
morrer , e se o asubío é máis grave é un home o que morrerá.
Ataca aos homes parrandeiros e bébedos, aos que chucha o embigo
para tomarlles o augardente. Ao chegar o Silbón a unha casa pola noite
descolga o saco e conta un a un os ósos, se non hai quen poida
escoitalo, un membro da familia morre ao amencer.
Se se sinte o asubío moi forte é que está moi lonxe, pero se é suave
está xusto detrás de ti.
Para salvarse hai que lembrarlle a súa historia.
a ánima soa Venezuela

Tamén chamada Ánima Desesperada.


A Ánima Soa preséntase en forma de
muller de longos cabelos e belo rostro
e ten a finalidade de cobrar as velas
das Ánimas Benditas pois a xente
acostuma a pedir favores ás Ánimas e
estas case sempre lle conceden os
favores a cambio de que se teñan
prendidas certa cantidade de cirios
durante un tempo antes prometido.
De non cumprir co prometido fai a súa
entrada a Ánima Soa para lembrarlle a
débeda dun xeito tenebroso.
o bicho papao Brasil

Agóchase debaixo da cama dos nenos e


nenas para “papalos”. Realmente
terrible, come o fígado e o corazón das
crianzas.

É unha especie de monstro grande,


feo, peludo, groso e de ollos vermellos.

Queda pola noite no tellado das casas,


preparado para coller as crianzas
teimudas e desobedientes cos seus
pais.

Outra característica deste


monstro imaxinario é a súa
capacidade de transformarse
noutras especies.

Tamén pode esperar detrás


da porta. Se a crianza queda
brincando á hora de durmir
entón o Bicho Papao cóllea e
lévaa a un lugar escondido e
escuro. Nalgunha rexións do
país a lenda fala do aspecto
comellón do bicho papao, que
antes de coller o neno ou nena
baleiraba a neveira comendo
todo o que atopaba.
o corpo seco Brasil

Conta a lenda que era un home


que se pasou a vida
levantándolle a man á súa nai.
Debido a este acto de
crueldade, cando morreu, foi
rexeitado por Deus e polo
Demo, mesmo pola terra, que
moi enfadada botouno fóra
dela.

Foi por iso que tivo que


erguerse da súa tumba podre
por completo e vive agarrado
ás árbores despois de que se
secan.

En Sao Paulo cóntase que se


unha persoa pasa preto del,
ese salta sobre a persoa e
chúchalle todo o sangue
porque se alimenta de sangue
humana (similar a un vampiro).

Hai un dito popular que di :”O


que á nai golpea, coa man seca
se queda”.
a cuca Brasil

A Cuca é un dos seres mitolóxicos do folclore brasileiro.

Trátase dunha bruxa anciá con forma de crocodilo e cabelos


amarelos. Ten aspecto e voz horribles.

Fai apócemas máxicas co seu caldeiro.

Dise que rouba aos nenos e nenas desobedientes.

So durme unha noite cada 7 anos, porque está sempre atenta ás


crianzas que non obedecen. Por iso é que os pais lles din aos seus
fillos que se non dormen ou se non se portan ben a Cuca virá por
eles.
aswang Filipinas

Xeralmente descríbese coma unha criatura con aspecto humano que pode
cambiar a vontade. Pode converterse en animais, cans, porcos ou aves.
Posúe gran cantidade de habilidades sobrenaturais que o fan moi
perigoso, como a capacidade de voar, forza sobrehumana e habilidade
para transformarse. Ademais pode dividir o seu corpo en dúas partes,
deixando a metade inferior nun lugar seguro mentres a metade superior
se despraza en busca das presas.
Son seres nocturnos que esperan ás vítimas na escuridade. Adoitan
alimentarse de cadáveres e dos órganos internos das súas vítimas,
especialmente dos fígados.
Atribúeselle un comportamento sinistro e astuto e dise que pode
hipnotizar ás súas presas para que non poidan escapar.

Moitos filipinos toman precaucións para protexerse dos Aswangs, como


colgar allos ou espiñas de palma nas portas e ventás dos fogares. Tamén
se levan a cabo rituais e oracións para manter alonxados a estes seres
malignos.
manananggal Filipinas

É unha especie de vampira que ten a particularidade de que separa o seu


corpo en dúas partes. A inferior queda no chan e a superior voa para
atacar.
Ten ás de morcego e aproveita as horas de sono para atacar e chupar o
sangue das súas vítimas, como o fan os vampiros clásicos.
Prefire ás embarazadas, xa que emprega unha especie de lingua/trompa
para sorber o corazón aos fetos.
Para acabar con ela serve case o mesmo que para acabar cun vampiro
europeo: aborrecen o allo e fuxen da luz . Temen o sal, as dagas, o
vinagre e especialmente uns látegos fabricados cunha clase determinada
de manta-raia.
barmanou Pakistán

Trátase dun primate humanoide bípedo, que habita na rexión montañosa


do Pakistán occidental.

É o equivalente ao Yeti. Posúe características tanto humanas como dos


primates e ten a sona de secuestrar mulleres e intentar aparearse con
elas.

Tamén se di que leva peles de animais ao lombo e na cabeza.

Aparece no folclore das rexións do norte de Pakistán e dependendo da


zona fálase máis del como un simio ou como un home salvaxe.

Houbo varios científicos que tentaron atopalo, facendo expedicións e


investigacións diversas.
nagas Pakistán

As nagas son serpes con torso e cara humana, xeralmente de muller.

Algunhas lendas contan que se podían atopar baixo a forma de serpe de


auga en antigas zonas acuosas de Pakistán.

Son seres de sangue fría , con fermosas


escamas, ollos grandes e brillantes , case
luminosos e que miden entre 3 e 6
metros.

Teñen un gran encanto, enormemente


intelixentes, sabias e pacientes. Son
capaces de pasar horas inmóbiles
vixiando a un inimigo.

As súas goridas son buratos profundos ou ruínas escuras. Preparan no


seu territorio trampas para os intrusos, aos que primeiro atacan con
maxia, e despois.... coa súa mordida velenosa.

Na
pai fouettard Francia

O Pai Fouettard atemoriza dende hai séculos ás crianzas no mes do


Nadal.
Este personaxe vestido de negro acompaña a San Nicolás na súa viaxe
polo mundo para repartir os agasallos antes da festa de San Nicolás que
é o 6 de decembro.
Ten a cara negra, botas e un abrigo grande. Barba negra ou vermella. Ten
cornos debaixo dunha capucha, unha cola grande e un látego na man. Os
nenos e nenas escóitano chegar polo son do látego.
Namentres que San
Nicolás reparte os
agasallos a quen foi bo
todo o ano, o Pai Fouetard
dálles unha tunda a quen
foi terrible ou
preguiceiro.

Dependendo da rexión leva como agasallo mostaza, carbón, patacas ou


cebolas.

.
o ankou Francia

O Ankou non é a morte en si mesma, senón o seu servidor. Ocúpase de


recoller as ánimas dos defuntos recentes no seu vello carro. Dise que
cando un vivo escoita o son chirriante do carro é sinal de que el mesmo
ou alguén próximo a el non tardará en morrer.

Tamén se di que todo o que vexa ao Ankou morrerá no descorrer do ano.

Moitos descríbeno coma un home moi vello e delgado, cos cabelos longos
e brancos e un gran sombreiro negro. Outros din que ten forma dun
esqueleto envolto nun sudario, e que a cabeza xira constantemente para
ver dunha vez toda a rexión que ten que percorrer.

En todo caso ten na man unha gadaña, distinta ás normais en que o fío
está cara fóra, e non cara dentro.
damas brancas Francia

.Son espíritos femininos ou criaturas


sobrenaturais que se ven preto de covas.
Son un tipo de fadas que esperan en lugares
estreitos como barrancos e pontes para atraer a
atención dos que pasan.
Pode pedir que se baile con ela ou se lle axude a
pasar. Se se lle axuda, da as grazas e esvaécese.
Quen se nega a bailar, é lanzado aos cardos ou aos
toxos, pero quen baila, ás veces repetidamente,
sae ileso.
Unha dama coñecida é a da ponte estreita do
distrito de Falaise. So permitía pasar a quen se
axeonllaba ante ela. Quen se negase era
atormentado polos gatos, bufos, e outras
criaturas que a axudaban.
selkies Reino Unido

As selkies son focas. Pero son focas moi


especiais, que poden quitarse a pel e
transformarse en fermosas mulleres
humanas.

Fano para poder bailar espidas na praia,


baixo a lúa e as estrelas. Tamén poden
facelo para visitar o mundo dos humanos.

O primeiro que debe facer unha selkie cando se transforma nunha


muller humana é agochar moi ben a súa pel. Faino en rochas, en covas ou
cantís, preto do mar. O motivo é que sen a súa pel, nunca poderá volver a
transformarse nunha foca, e polo tanto non podería volver ao mar. Iso
significa a súa morte.
piskies Reino Unido

Son unhas criaturas do folclore de Cornualles. Son uns trasnos moi


alegres e activos, tanto para axudar como para facer trasnadas.

Son moi trastes e moi pouco sociables. A súa diversión favorita é atraer
á xente aos pantanos, aparecéndose coma unha luz. Esta pode ser a luz
da ventá dunha cabana ou a dun home que leva unha lanterna.

Tan molestos eran os seus trucos que nun momento foron moi populares
os amuletos contra os Piskies. Supoñían unha praga para os granxeiros
pois montaban aos seus poldros e perseguían as súas vacas.
kelpies Reino Unido

Son uns cambiaformas moi perigosos e tamén os seres acuáticos máis


importantes do folclore escocés.

Habitan nas profundidades de lagos e zonas de augas similares.


Nalgunhas versións da súa lenda, tamén viven nos ríos. Estes seres
esperan na auga e atraen ás persoas que pasan preto dos seus dominios
mediante enganos. Despois cázanas e arrástranas baixo as augas para
devoralas.

Adoptan a forma dun cabalo moitas veces, pero tamén moitas outras
formas, mesmo a humana. Como cabalo, o kelpie é un semental belo e
poderoso. A única característica anormal son os seus pezuños, que están
orientados no sentido contrario ás dun cabalo normal. Ademais, en
moitas historias ten algas enredadas nas súas crinas.

Amósanse ante a xente na beira


de lagos e estanques . O que
pretenden é que alguén os toque
ou os monte. En canto o fai esa
persoa queda pegada á pelaxe.

É daquela cando a persoa se


decata do seu erro e do seu
destino e os seus berros de
terror son música para os oídos
do kelpie mentres o arrastra
cara a auga.

Máis tarde, as entrañas desas persoas aparecen flotando preto da


beira do lago.
leprechaun Reino Unido

Ser mitolóxico de Irlanda. Segundo as lendas o seu aspecto era o dun


trasno, un pequeno ser vestido de verde, cun gran sombreiro que deixa á
vista un pelo roxo, así coma unha prominente barba da mesma cor.

Os leprechaus fabrican ou arranxan zapatos e dise que son moi ricos,


pero tamén avarentos. A súa riqueza ven de que custodiaban olas de
barro cheas de tesouros, que foron enterradas en tempos de guerra e
que ninguén, agás eles, volveu recuperar. Segundo a lenda, se alguén
consigue fixar a mirada sobre un leprechaun, este non pode escapar e
ten que darlle os seus tesouros, pero no momento en que ser retira a
mirada desaparece.

Son pouco sociables, sobre todo cando cren que os seus tesouros corren
perigo. Viven nos bosques, polo que se atopan con viaxeiros perdidos que
chegan a eles escoitando o son dun martelo cando traballan.
ciguapa República Dominicana

O home que responde ao canto da Ciguapa está perdido. As ciguapas


posúen unha beleza extraordinaria, vai espida, cuberta con longa
cabeleira. Son como sereas no medio dos campos e a maneira máis rápida
para identificalas é mirar aos seus pés, pois téñenos ao revés e deixan
pegadas contrarias ao rumbo que levan. Elas embruxan aos homes coa súa
fermosura, os seus ollos e o seu canto, ámanos e despois mátanos.

Teñen a pel morena, os ollos negros e rasgados e unha axilidade e graza


de movementos que deixa embelesados a cantos as descobren nas serra.
Nunca se viron falar, pero si emitir unha sorte de ouvidos suaves e
musicais moi sensuais, imposibles de resistir.

Corren como lebres polos bosques e saltan como paxaros entre as ramas
das árbores ao sentir o paso dos homes.

O gran perigo que entraña a Ciguapa radica en que é moi namoradiza e, en


canto descobre un home nos seus territorios, non descansa ata cazalo,
expremelo e matalo.
galipote República Dominicana

O Galipote, tamén chamado Zángano ou Lugarú é un ser mítico


caracterizado pola habilidade de transformarse en distintos animais e
obxectos inanimados (árbores, pedras) ademais de gozar dunha forza
enorme e inmunidade contra as armas de fogo.

Dicíase que adoitaba alimentarse do sangue de nenos inocentes que


chuchaban durante as noites, co que obtiña a vida eterna.

Segundo a lenda, tratábase de seres crueis e violentos que gozaban


extraviando aos camiñantes nocturnos e espantando aos desprevenidos.
Tan arraigada está a lenda nalgunhas zonas do país que os camiñantes
non saen pola noite sen amuletos protectores ou recitan algún conxuro.

Hai un galipote capaz de converterse so en can, coñecido como LUGARU,


algo similar ao home lobo. Outro chamado ZÁNGANO ou ZANCÚ
caracterízase pola habilidade de andar dando zancadas moi longas e son
capaces incluso de volverse invisibles.

O galipote so é vulnerable a unha estaca dunha árbore coñecida como pau


de cruz, que debía ser cortada o venres santo.

You might also like