You are on page 1of 15

San Lázaro s/n

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA


Tfno.: 981 957 359 Fax: 981 541 048
TERRITORIO E VIVENDA
http://www.cmati.xunta.es
Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e
prevencion.ambiental.cma@xunta.es
Cambio Climático

IT-CMAOT-2

INSTRUCIÓNS TÉCNICAS PARA A REALIZACIÓN DO PLAN DE XESTIÓN DE DEXECCIÓNS


GANDEIRAS E FERTILIZACIÓN.

CONSIDERACIÓNS XERAIS.

En cumprimento das directrices europeas contra o cambio climático e na procura dunha redución dos impactos
agrogandeiros sobre os ecosistemas, todos aqueles produtores/xestores de dexeccións gandeiras que operen na
Comunidade Autónoma de Galicia, deberán axustar a súa actividade ao recollido nas presentes Instrucións
Técnicas.

Sempre que sexa técnica e economicamente viable se realizará a xestión segundo o seguinte esquema de
actuación:

1. Con respecto á xestión nas instalacións:

a. Biodixestión con recollida e reemprego do biogás.


b. Separación de Fases, compostaxe das fraccións sólidas e maduración e depuración das
fraccións líquidas. (pode complementar o punto anterior).
c. Almacenamento en balsas totalmente estancas e bolsas flexibles.
d. Almacenamento en fosas.

2. Con respecto á xestión no campo:

a. Emprego de fases sólidas con enterrado inmediato.


b. Emprego de fases líquidas con enterrado inmediato ou inxección no terreo.
c. Emprego de fases liquidas con dispersores tipo prato.
d. Emprego de xurros con dispersores tipo prato.

1. INTRODUCIÓN
Para realizar o plan de xestión de dexeccións gandeiras e fertilización empregarase unha folla de cálculo que o
promotor pode solicitar á Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental, ou que ben pode descargar da páxina
web da CMAOT.

Exemplo:

INSTRUCIÓNS TÉCNICAS PARA A REALIZACIÓN DO PLAN DE XESTIÓN DE DEXECCIÓNS GANDEIRAS E FERTILIZACIÓN.


Novembro 2020
Página 1 de 15
San Lázaro s/n
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Tfno.: 981 957 359 Fax: 981 541 048
TERRITORIO E VIVENDA
http://www.cmati.xunta.es
Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e
prevencion.ambiental.cma@xunta.es
Cambio Climático

Os datos para cubrir a folla de cálculo son os seguintes:

1.1. REGA

Nesta casiña incluirase o rexistro xeral da explotación gandeira (REGA) do propietario do predio, (antes CEA -
código de explotación agraria).

Exemplo:

No caso de que a parcela non estea adscrita a unha explotación agraria e polo tanto non teña REGA, deixarase o
espazo correspondente a esa parcela sen cubrir.

1.2. SITUACIÓN DAS PARCELAS

Nestas casiñas consignaranse os datos SIXPAC dos recintos. Exemplo:

1.3 REQUIRIMENTOS DOS CULTIVOS

Introduciranse os valores correspondentes a cod, sup ha (superficie SIXPAC da parcela) e cultivos segundo o
indicado no cadro 1.

Cadro 1

INSTRUCIÓNS TÉCNICAS PARA A REALIZACIÓN DO PLAN DE XESTIÓN DE DEXECCIÓNS GANDEIRAS E FERTILIZACIÓN.


Novembro 2020
Página 2 de 15
San Lázaro s/n
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Tfno.: 981 957 359 Fax: 981 541 048
TERRITORIO E VIVENDA
http://www.cmati.xunta.es
Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e
prevencion.ambiental.cma@xunta.es
Cambio Climático

Código Cultivo Nitróxeno (N2) Fósforo (P2O5)

R40/063 Prado menor de 5 anos 200 100

R60/126 Outros cítricos 210 100

R60/127 Kiwi 210 100

R60/128 Framboeseiro 210 100

R60/206 Laranxeira 210 100

R60/207 Limoeiro 210 100

R60/211 Marmeleiro 210 100

R60/214 Nespereira 210 100

R60/215 Amorodo aire libre 210 100

R60/216 Amorodo baixo plástico 210 100

R60/217 Amorodo grande 210 100

R60/218 Sebeiro 210 100

R61/020 Barbeito tradicional 210 100

R61/026 Abandono para forestación 210 100

R60/101 Oliveira 210 100

R35/040 Chícharos 100 70

R35/041 Faballóns 100 70

R35/042 Faballóns (variedade minor) 100 70

R35/043 Tremoceiros doces 100 70

R36/050 Garavanzos 100 70

R36/051 Lentellas 100 70

R40/053 Ervella forraxeira 100 70

R40/054 Outras leguminosas 100 70

660/052 Veza 100 70

R60/065 Tomate aire libre 130 84

R60/066 Tomate baixo plástico 130 84

R36/077 Feixón 113 79

R60/078 Pemento 123 60

R60/079 Grelos 108 32

R60/082 Remolacha 176 72

R60/090 Outras hortalizas 151 48

R60/091 Flores 149 66

R60/093 Pataca 250 100

INSTRUCIÓNS TÉCNICAS PARA A REALIZACIÓN DO PLAN DE XESTIÓN DE DEXECCIÓNS GANDEIRAS E FERTILIZACIÓN.


Novembro 2020
Página 3 de 15
San Lázaro s/n
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Tfno.: 981 957 359 Fax: 981 541 048
TERRITORIO E VIVENDA
http://www.cmati.xunta.es
Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e
prevencion.ambiental.cma@xunta.es
Cambio Climático

Código Cultivo Nitróxeno (N2) Fósforo (P2O5)

R60/094 Outros tubérculos 250 100

R60/102 Viñedo vinificación 210 100

R60/103 Uva de mesa 210 100

R60/125 Outras hortalizas baixo plástico 151 48

R10/001 Trigo 210 100

R40/004 Millo forraxeiro 250 100

R10/004 Millo 250 100

R10/005 Orxo 210 100

R10/006 Centeo 210 100

R10/008 Avea 210 100

R10/013 Triticale 210 100

R10/019 Outros cereais 210 100

R32/004 Millo regadío 250 100

R34/033 Xirasol 250 100

R34/034 Soia 100 70

R34/035 Colza 250 100

R40/060 Alfalfa 210 100

R40/061 Veza forraxeira 100 70


Pastos permanentes de 5 ou máis
R40/062 180 55
anos
R40/068 Festuca 180 70

R40/069 Raigrás 150 70

R60/104 Amendoeira 210 100

R60/105 Pexegueiro 210 100

R60/106 Nectario 210 100

R60/107 Albaricoqueiro 210 100

R60/108 Pereira 210 100

R60/109 Maceira 210 100

R60/110 Cerdeira 210 100

R60/111 Ameixeira 210 100

R60/112 Nogueira 210 100

R60/113 Outras froiteiras 210 100

R60/114 Superficies forestais madeireiras 45 90

R60/115 Outras superficies forestais 45 90

INSTRUCIÓNS TÉCNICAS PARA A REALIZACIÓN DO PLAN DE XESTIÓN DE DEXECCIÓNS GANDEIRAS E FERTILIZACIÓN.


Novembro 2020
Página 4 de 15
San Lázaro s/n
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Tfno.: 981 957 359 Fax: 981 541 048
TERRITORIO E VIVENDA
http://www.cmati.xunta.es
Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e
prevencion.ambiental.cma@xunta.es
Cambio Climático

Código Cultivo Nitróxeno (N2) Fósforo (P2O5)

R60/116 Chopo 45 90

R60/117 Castiñeiro 45 90

R60/118 Especies aromáticas leñosas 45 90

As necesidades de nitróxeno e fósforo calcularanse segundo o indicado a continuación:

1.3.1. Cálculo dos requirimentos de nitróxeno (N2)

necesidades do cultivo en nitróxeno (Kg N2/ha) x superficie da finca (ha, con 3 decimais)

1.3.2. Cálculo dos requirimentos de fósforo (P 2O5)

necesidades do cultivo en fósforo (Kg P2O5/ha) x superficie da finca (ha, con 3 decimais) x Fp

Onde os valores de Fp dependen do contido de fósforo asimilable no solo:

Cadro 2
Tipo de solo Contido de fósforo Fp

Solos pobres ou moi baixos < 18 ppm 2


Solos medios 19-25 ppm 1,2

Solos normais 26-35 ppm 1

Solos altos 36-50 ppm 0,8

Solos moi altos 51-60 ppm 0,5

Máis de 60 ppm >60 ppm 0

Considerarase que o nivel de fósforo no solo é normal cando non se dispoña de análises que acrediten contidos
máis baixos. Polo tanto Fp ,en ausencia de análises, será 1.

INSTRUCIÓNS TÉCNICAS PARA A REALIZACIÓN DO PLAN DE XESTIÓN DE DEXECCIÓNS GANDEIRAS E FERTILIZACIÓN.


Novembro 2020
Página 5 de 15
San Lázaro s/n
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Tfno.: 981 957 359 Fax: 981 541 048
TERRITORIO E VIVENDA
http://www.cmati.xunta.es
Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e
prevencion.ambiental.cma@xunta.es
Cambio Climático

1.4. APORTES FERTILIZANTES

Indicaranse os valores de nitróxeno (N2) e fósforo (P2O5) que se aplican a cada cultivo e cada parcela.

Exemplo:

Teranse en conta todas as achegas de nitróxeno que se apliquen ao/s cultivo/os, se os houbera e/ou fosen
coñecidos, (outras emendas orgánicas, abonos minerais simples ou compostos, lodos, fertilizantes da auga de
rega e outros), incluíndoos na correspondente táboa.

En cada caso indicarase a cantidade de fertilizante, sempre en toneladas, que se aplica na parcela (columnas O e
R do exemplo), e as cantidades de nitróxeno e fósforo, en quilogramos, que aporta dito fertilizante (columnas P,
S e Q, T do exemplo). En “Achegas Totais”calcularase o total dos aportes fertilizantes como a suma de todas as
achegas de nitróxeno e fósforo aportado polas distintas emendas.

Nota: no exemplo presentado indícanse achegas de elementos fertilizantes, no caso de que se apliquen outros,
ampliaranse as columnas da táboa.

1.4.1. Emendas orgánicas

Para a estimación dos aportes de nitróxeno e fósforo contidos nas emendas orgánicas (agás os lodos de
depuradora, que se calcularán segundo o indicado no Decreto 125/2012, do 10 de maio, polo que se regula a
utilización de lodos de depuradora no ámbito do sector agrario na Comunidade Autónoma de Galicia) teranse en
conta os seguintes datos:

1.4.1.1. Cálculo das achegas de nitróxeno

esterco ou xurro (kg) aportados na parcela x Valor (N) cadro 3 (ou análise), para a especie / 100 x 0,7

Onde:
 A porcentaxe de nitróxeno do esterco ou xurro extraerase do cadro 3.
 O valor 0,7 representa o aproveitamento do nitróxeno.

INSTRUCIÓNS TÉCNICAS PARA A REALIZACIÓN DO PLAN DE XESTIÓN DE DEXECCIÓNS GANDEIRAS E FERTILIZACIÓN.


Novembro 2020
Página 6 de 15
San Lázaro s/n
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Tfno.: 981 957 359 Fax: 981 541 048
TERRITORIO E VIVENDA
http://www.cmati.xunta.es
Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e
prevencion.ambiental.cma@xunta.es
Cambio Climático

No caso de que se dispoña de análises do xurro, esterco, o da mestura fertilizante a aplicar no terreo,
empregaranse preferentemente os resultados obtidos; estas análises serán incluídas entre a
documentación aportada. As análises terán unha validez de 2 anos, tralos cales haberán de ser repetidas.

No caso de fertilizar con fases sólidas, liquidas o dixestatos, procedentes do tratamento das dexeccións
animais, o plan de xestión deberá incluír as análises de nitróxeno e fósforo dos fertilizantes obtidos, dada
a súa variabilidade. De xeito xeral analizarase anualmente o material fertilizante, aínda que unha vez que
se estabilice o proceso poderanse realizar as análises bienalmente.

1.4.1.2. Cálculo das achegas de fósforo

esterco ou xurro (kg) aportados na parcela x Valor (P2o5) cadro 3 (ou análise), para a especie/ 100

Onde:
 A porcentaxe de fósforo do esterco ou xurro extraerase do cadro 3.
Cadro 3

Especie %N % P2O5
Bovino 0,28 0,13
Ovino/Cabrún 1,04 0,36
Porcino 0,47 0,31
Equino 0,64 0,28
Aviar 1,40 1,00
Cunícola 1,20 1,40
visóns 2,30 1,15

Ao igual que no caso do nitróxeno, de dispoñer de análises da materia fertilizante, empregaranse estes de
xeito preferente.

1.4.1.3. Cantidades de xurro/esterco producido polos animais

Para determinar os aportes totais de nitróxeno e fósforo que produce unha determinada especie
empregaranse os seguintes datos:

Dexeccións por
Densidade UGM
Especie Tipo Sistema manexo pla za e ano
Tn/m3 Animal
año

Xurro 26 m3 1,05
Vacún Leiteiro 1,000
Esterco 20 Tn 0,80

xurro 23,4 m3 1,00


Vacún Carne
Bovinos 1,000
Estabulado
Esterco 20 tn 0,8

Vacún Ceba Xurro 4 m3 1


0,600
0<X<12 Esterco 3,65 Tn 0,8

INSTRUCIÓNS TÉCNICAS PARA A REALIZACIÓN DO PLAN DE XESTIÓN DE DEXECCIÓNS GANDEIRAS E FERTILIZACIÓN.


Novembro 2020
Página 7 de 15
San Lázaro s/n
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Tfno.: 981 957 359 Fax: 981 541 048
TERRITORIO E VIVENDA
http://www.cmati.xunta.es
Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e
prevencion.ambiental.cma@xunta.es
Cambio Climático

Dexeccións por
Densidade UGM
Especie Tipo Sistema manexo pla za e ano
3
Tn/m Animal
año

Vacún Ceba
Esterco 10,95 Tn 0,80 0,600
12<X<24

Cinta sen
0,055Tn 0,60 0,014
presecado

Cinta con
0,020 Tn 0,50 0,014
presecado
Galiñas reprodutoras
Foso 0,070 Tn 0,80 0,014

Solo 0,02078 Tn 0.50 0,014

Almacenamento
0,073 Tn 0,80 0,014
Aberto

Aves Recría Galiñas 0,017 Tn 0,6 0,014

Polos de ceba 0,0135 Tn 0,6 0,007

Pavos 0,038 Tn 0,6 0,021

Patos 0,019 Tn 0,8 0,026

Perdices 0,057 Tn 0,8 0,0035

paspallás 0,019 Tn 0,8 0,0035

Avestruces adultos 0,730 Tn 0,8 0,300

Avestruces cebo 0,400 Tn 0,8 0,300

Años e Cabritos 0,55 Tn 0,80 0,150


Ovino/caprino
Reprodutores 2,19 Tn 0,8 0,150

Equino 18,25 tn 0,8 1,000

Femias con camada 0,10 Tn 0,75 0,01

Femias en
Cunícola 0,06 Tn 0,75
descanso/reposición
0,01

Gazapos 0,03 Tn 0,75

Ciclo pechado 17,75 m3 1,00 0,960

Porcino Porcas Porca con Leitóns


ata destete 0<x<6 5,10 m3 1,00 0,250
kg

INSTRUCIÓNS TÉCNICAS PARA A REALIZACIÓN DO PLAN DE XESTIÓN DE DEXECCIÓNS GANDEIRAS E FERTILIZACIÓN.


Novembro 2020
Página 8 de 15
San Lázaro s/n
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Tfno.: 981 957 359 Fax: 981 541 048
TERRITORIO E VIVENDA
http://www.cmati.xunta.es
Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e
prevencion.ambiental.cma@xunta.es
Cambio Climático

Dexeccións por
Densidade UGM
Especie Tipo Sistema manexo pla za e ano
3
Tn/m Animal
año

Porca con leitóns


6,12 m3 1,00 0,300
ata 20 kg

Reposicións 2,5 m3 1,00 0,140

Leitóns de 6a 20 kg 0,41 m3 1,00 0,020

Porcos de 20 a 50 kg 1,80 m3 1,00 0,100

Porcos de 50 a 100 kg 2,50 m3 1,00 0,140

Porcos de 20 a 100 kg 2,15 m3 1,00 0,120


3
Verróns 6,12 m 1,00 0,300

Visóns 0,104 Tn 0,80

Nas explotacións porcinas poderanse ter en conta as seguintes reducións de volume:

1. Por limpeza das instalacións animais con sistemas de auga a presión; 5,5%.

2. Emprego de bebedeiros tipo cazoleta; 9,5%.

3. Emprego de sistemas de moega seco-húmida o moega holandesa para porcos de ceba; 8%.

1.4.1.4. Mesturas de distintas emendas orgánicas

No caso de que se mesturen xurros ou estercos procedentes de distintas especies haberá dúas formas de
estimar os contidos en nitróxeno e fósforo:

a) Realizando unha análise de laboratorio.

b) Empregando os contidos de nitróxeno e de fósforo do xurro/esterco máis limítante (o que teña unha
porcentaxe maior).

Cómpre reiterar que para o cálculo da cantidade máxima de xurro/esterco que se pode aportar ao solo
deberanse ter en conta a totalidade das achegas de nitróxeno e fósforo que se aplican ao cultivo: xurros,
estercos, lodos, abonos comerciais, etc. Asemade, nos cultivos de regadío haberá que indicar os aportes
fertilizantes da rega, se os houbera.

INSTRUCIÓNS TÉCNICAS PARA A REALIZACIÓN DO PLAN DE XESTIÓN DE DEXECCIÓNS GANDEIRAS E FERTILIZACIÓN.


Novembro 2020
Página 9 de 15
San Lázaro s/n
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Tfno.: 981 957 359 Fax: 981 541 048
TERRITORIO E VIVENDA
http://www.cmati.xunta.es
Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e
prevencion.ambiental.cma@xunta.es
Cambio Climático

1.5. VERIFICACIÓN DO PLAN

Unha vez realizado o cálculo das necesidades do cultivo e dos aportes fertilizantes, verificarase se os aportes
totais de nitróxeno (N2) e fósforo (P2O5) non superan os requirimentos dos cultivos.

Móstrase un exemplo:

Neste caso, para o millo forraxeiro temos unhas necesidades de 165 kg de nitróxeno e 66 kg de fósforo:

e unhas achegas totais de 106 kg de nitróxeno e 76 kg de fósforo:

polo tanto, existe un déficit de nitróxeno (cadro en verde) e un exceso de fósforo (cadro en vermello). O
plan deberá modificarse para reducir a cantidade de fertilizante aportada.

INSTRUCIÓNS TÉCNICAS PARA A REALIZACIÓN DO PLAN DE XESTIÓN DE DEXECCIÓNS GANDEIRAS E FERTILIZACIÓN.


Novembro 2020
Página 10 de 15
San Lázaro s/n
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Tfno.: 981 957 359 Fax: 981 541 048
TERRITORIO E VIVENDA
http://www.cmati.xunta.es
Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e
prevencion.ambiental.cma@xunta.es
Cambio Climático

1.6. DATAS DE APLICACIÓN

Nas casiñas correspondentes indicaranse as datas de aplicación dos fertilizantes.

Exemplo:

Verificarase que as datas de aplicación se correspondan coas necesidades agronómicas dos cultivos, O promotor
deberá ter en conta que as aplicacións que non teñan como obxecto a fertilización dun cultivo serán
consideradas verteduras ao medio, asemade as estimacións sobre as datas de fertilización recollerán a realidade
das zonas onde se van a aplicar, dada a gran variabilidade agroclimática de Galicia

2. USO DO XURRO/ESTERCO

No uso do xurro/esterco terase en conta o seguinte:

2.1. Uso sobre cultivos


 Pradarías

 As aplicacións dos xurros realizaranse segundo o indicado no Código Galego de Boas Prácticas Agrarias
(CGBPA).
 Só se admitirán aplicacións de esterco de galiñas en gaiola (sen cama) en presementeira (ano de
renovación da pradería).

 Cultivos anuais distintos de praderías. Seguirase o indicado no CGBPA.

2.2. Uso sobre superficies forestais

 Non se aplicará xurro en zonas con pendentes maiores do 20%.


 Non se aplicará xurro sobre litosolos (solo pedregoso que se atopa sobre rocha nai dura e pouco
evolucionada).
 Os xurros/estercos deberán incorporarse ao terreo ao mesmo tempo que se aplican, para elo
empregaranse preferentemente sistemas de aplicación/inxección directa no terreo.
 A aplicación de xurro/esterco sobre superficies forestais comunicarase a esta Dirección Xeral dentro do
mes de aplicación.
 O plan incluirá un compromiso de limpeza anual do mato, asinado polo propietario do monte. Se a
limpeza do mato realízase a dente, indicarase expresamente a carga gandeira e a especie/s que a realiza.
 Para a aplicación de xurros/estercos nos montes veciñais en man común (MVMC) requirirase o
consentimento da xunta directiva.

INSTRUCIÓNS TÉCNICAS PARA A REALIZACIÓN DO PLAN DE XESTIÓN DE DEXECCIÓNS GANDEIRAS E FERTILIZACIÓN.


Novembro 2020
Página 11 de 15
San Lázaro s/n
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Tfno.: 981 957 359 Fax: 981 541 048
TERRITORIO E VIVENDA
http://www.cmati.xunta.es
Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e
prevencion.ambiental.cma@xunta.es
Cambio Climático

2.3. Almacenamento.
Se ben o volume de almacenamento de xurros/estercos nesta comunidade, debería ser superior a oito (8)
meses, de xeito xeral non se permitirá unha capacidade inferior a seis (6) meses de almacenamento. As
situacións excepcionais serán revisadas caso a caso.

Nas explotacións existentes (en funcionamento), a efectos de contabilizar o volume de xurros, teranse en conta
as fosas e canles existentes, incluídas as que se atopan debaixo das naves.

Nas ampliacións das explotacións existentes (en funcionamento), contabilizaranse as fosas interiores das naves
existentes así como as fosas/balsas exteriores existentes, pero non se contabilizarán as fosas interiores das
naves de nova construción (so se contabilizarán as novas fosas/balsas exteriores).

Ás explotacións de nova implantación só se lles contabilizará a capacidade das fosas/balsas exteriores.

 Xurro: fosas/balsas exteriores, formigonadas e/ou impermeabilizadas, con cubertas e con capacidade mínima
para almacenar 6 meses de produción, Esta capacidade mínima non poderá ser diminuída en función do
manexo do gando (p/exemplo pastoreo no verán, explotacións “mixtas” ou “semiintensivas”).

De xeito excepcional, e previa análise da proposta realizada polo promotor, nas explotacións, que
empreguen sistemas de manexo das dexeccións distintos ao de referencia (d,d, acumulación das dexeccións
e/ou augas de lavado en fosas/balsas, maduración nas fosas/balsas do produto, aplicación como fertilización
en cultivos agrícolas ou forestais) a capacidade total de almacenamento poderá ser de catro (4) meses. Estes
sistemas comprenderan basicamente a separación de fases con maduración dos produtos obtidos, a
biodixestión e a combinación destas técnicas.

As fosas/balsas realizadas con láminas flexibles deberán contar cunha drenaxe inferior, tipo espiña de peixe,
rematada nunha arqueta testemuña rexistrable que permita detectar unha fuga por punción/rotura da
lámina.

Os sistemas de almacenamento en bolsas flexibles contarán con cubetos de retención, cun volume igual ou
superior ao almacenado.

Nas explotacións de nova implantación, as fosas interiores sempre estarán separadas dos animais por unha
barreira física estanca e impermeable aos gases, de xeito que as emisións gasosas dos xurros non afecten ao
benestar dos animais e se reduza o impacto sobre o cambio climático.

 Lixiviados e augas de limpeza.

Os efluentes do ensilado conduciranse preferentemente ás fosas de xurro, sempre e cando se trate de


silos trincheira, gabia ou plataforma, a base destes será impermeable, e contarán cunha fosa de recollida
de efluentes cunha capacidade de 0,08 m³ por m³ de volume útil do silo.

As augas de limpeza do equipo de muxido irán canalizadas, de ser posible, cara á rede de recollida de
augas residuais, ou no seu defecto, cara a unha fosa específica ou fosa de xurro. As augas de limpeza da

INSTRUCIÓNS TÉCNICAS PARA A REALIZACIÓN DO PLAN DE XESTIÓN DE DEXECCIÓNS GANDEIRAS E FERTILIZACIÓN.


Novembro 2020
Página 12 de 15
San Lázaro s/n
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Tfno.: 981 957 359 Fax: 981 541 048
TERRITORIO E VIVENDA
http://www.cmati.xunta.es
Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e
prevencion.ambiental.cma@xunta.es
Cambio Climático

sala poderán canalizarse á fosa do xurro. No caso de non conducir as anteriores augas de limpeza á fosa
de xurro, poderase diminuír un 10% da capacidade total de almacenamento da fosa.

A leitería terá un desaugadoiro canalizado cara a unha fosa específica, rede de sumidoiros, fosa xeral, ou
fosa de xurro, non admitíndose que se realice o vertido nos arredores da leitería, camiños, cunetas,
regatos, etc. Neste desaugadoiro recolleranse as augas dos sumidoiros do solo e das distintas pías
instaladas.

No caso de conducilas a unha fosa específica e cuberta, haberá de ter esta, unha capacidade mínima de
2 m³ por UGM en muxidura, en dous compartimentos, para a súa decantación.

 Estercos: esterqueiras exteriores cubertas, con capacidade mínima para almacenar estercos e fases
sólidas producido en 6 meses.

Todas as esterqueiras exteriores deberán estar cubertas e contar cunha fosa de lixiviados de capacidade
mínima de 0,10 m3 por m2 de superficie, excepto as de esterco de polos de ceba, pavos, recría de poliñas
no chan e galiñas en chan.

Non se permiten os almacenamento temporais de estercos e galiñazas directamente sobre as parcelas,


salvo nas 48 horas previas ao seu emprego.

Nas explotacións nas que coexistan distintos tipos produtivos (p/exemplo, recría de xatas en cama
quente e vacas en produción con sistemas en base a xurro) e por ende se xeren distintos tipos de
dexeccións (xurros e estercos) contarase coas capacidades e tipos de almacenamentos axeitados ao
número de animais en cada fase.

Nota: Os volumes de almacenamento mínimos incrementaranse en función das datas de aplicación nos
cultivos ou das datas de saída do xurro/esterco da explotación, de xeito que se garanta unha adecuada
xestión agropecuaria dos mesmos.

Todos os proxectos gandeiros deberán contar cunha táboa xustificativa de entradas e saídas dos xurros,
estercos, fases líquidas, fases sólidas, etc, na que se xustifique que a capacidade de almacenamento proposta
é abondo para o axeitado manexo da explotación.

A modo de exemplo se inclúe a seguinte:

Exemplo: a seguinte táboa indica o cálculo do volume preciso para unha explotación de ceba de porcos:

Entradas na Balsa Saídas da Balsa Remanente na balsa


MES
m3/mes m3/mes m3

xaneiro 372,00 0,00 372,00


Febreiro 372,00 0,00 744,00
Marzo 372,00 0,00 1.116,00
Abril 372,00 0,00 1.148,00
Maio 372,00 0,00 1.860,00

INSTRUCIÓNS TÉCNICAS PARA A REALIZACIÓN DO PLAN DE XESTIÓN DE DEXECCIÓNS GANDEIRAS E FERTILIZACIÓN.


Novembro 2020
Página 13 de 15
San Lázaro s/n
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Tfno.: 981 957 359 Fax: 981 541 048
TERRITORIO E VIVENDA
http://www.cmati.xunta.es
Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e
prevencion.ambiental.cma@xunta.es
Cambio Climático

Entradas na Balsa Saídas da Balsa Remanente na balsa


MES
m3/mes m3/mes m3

Xuño 372,00 0,00 2.232,00


Xullo 372,00 0,00 2.604,00
Agosto 372,00 0,00 2.976,00
Setembro 372,00 900,00 2448.00
Outubro 372,00 1.060,00 1.760,00
Novembro 372,00 786,00 1346,00
Decembro 372,00 1.718,00 0,00

Da táboa proposta extráense as seguintes conclusións:

1. O cálculo do remanente na balsa realízase do seguinte xeito: Remanente na balsa para un


mes dado = Remanente na balsa do mes anterior + entrada na balsa para o mes dado –
saídas da balsa para o mes obxecto do cálculo.

2. O volume da/s balsa/s desta explotación debe ser de 2.976m3, e non os 2.232 m3 que
resultan de sumar as entradas na balsa para un período de 6 meses.

2.4.-Transporte do xurro:

Os xurros de vacún e/ou porcino, procedentes de explotacións que empreguen o sistema de valorización do
xurro como fertilizante, en parcelas sitas a máis de 15 km do lugar de almacenamento terán que xustificar as
razóns do transporte nun estudo económico que avalíe esa necesidade.

Para o antedito estudo poderán entre outros, empregar os datos aportados polo MAGRAMA en
http://www.magrama.gob.es/es/ministerio/servicios/informacion/plataforma-de-conocimiento-para-el-medio-
rural-y-pesquero/observatorio-de-tecnologias-probadas/maquinaria-agricola/hojas-calculo-maqui.aspx#para5

2.5. Retirada por parte dun xestor externo. Deberase presentar a seguinte documentación:

a. Xestor autorizado para o código LER 020106

Contrato de tratamento de residuos asinado polas partes (RD 180/2015, do 13 de marzo) que conterá
polo menos os seguintes aspectos:

Cantidade estimada de residuos que se vai a trasladar

Identificación dos residuos mediante a súa codificación LER

Periodicidade estimada dos traslados

Tratamento ó que se van a someter os residuos de conformidade cos anexos I e II da Lei 22/2011, do
28 de xullo

Obrigas das partes en relación coa posibilidade do rexeitamento dos residuos polo destinatario
b. Plantas intermedias de categoría 2, autorizadas pola Consellería Medio Rural

Superficie Agraria Útil (SAU) suficiente para a valorización do xurro enviado pola explotación á Planta
Intermedia.

INSTRUCIÓNS TÉCNICAS PARA A REALIZACIÓN DO PLAN DE XESTIÓN DE DEXECCIÓNS GANDEIRAS E FERTILIZACIÓN.


Novembro 2020
Página 14 de 15
San Lázaro s/n
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Tfno.: 981 957 359 Fax: 981 541 048
TERRITORIO E VIVENDA
http://www.cmati.xunta.es
Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e
prevencion.ambiental.cma@xunta.es
Cambio Climático

En calquera caso as explotacións deberán contar coa capacidade de almacenamento sinalada no apartado 2.3
desta Instrución Técnica, segundo corresponda, independentemente de que envíen os xurros/estercos a xestor
autorizado ou a planta intermedia.

3. DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA

Ademais da folla na que se calculan os aportes fertilizantes (a cal deberá presentarse en formato dixital excel ou
open office), presentarase a seguinte documentación en papel e en formato dixital:

a.Xustificación da capacidade das fosas/balsas/esterqueiras segundo o punto 2.3.

b. Solicitudes unificadas das axudas PAC, onde se reflicten os datos das parcelas agrícolas e a carga gandeira
asociada a elas (no caso de que se presenten parcelas cedidas por outros titulares).

c. Declaración xurada do promotor do proxecto de que posúe autorización para o emprego das parcelas
incluídas no plan.

d. Compromisos de limpeza do mato (no caso de que se presente superficie forestal ou arbustivo).

e.Descrición dos sistemas de aplicación dos xurros/estercos.

4. PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN

Deberase enviar a seguinte información:

 Dentro do documento de tramitación incluirase todo o plan de xestión de dexeccións gandeiras e


fertilización (a folla de cálculo, en formato dixital excell ou open office, e a documentación complementaria
referida no punto 3 desta Instrución Técnica, que proceda).

No documento/s de tramitación a presentar en papel incluirase unha separata independente incluíndo o


Plan de xestión de dexeccións gandeiras e fertilización (co relacionado no punto 3 desta Instrución Técnica),
e no documento/s de tramitación a presentar en formato dixital presentarase, aparte da folla de cálculo
(excel ou open office), un documento único (*.pdf) e comprimido, coa folla de cálculo e coa mesma
documentación complementaria referida no punto 3 desta Instrución Técnica.

 A folla de cálculo enviarase cada ano, no mes de maio, co cálculo das achegas fertilizantes que se prevén
facer (en formato dixital excell ou open office). Se ao longo do ano houbera modificacións do previsto,
enviarase a folla de cálculo corrixida no mes de abril do ano seguinte.

 A documentación complementaria indicada no punto 3 presentarase ao inicio do procedemento (no


documento de tramitación) e, se é o caso, cando se produzan modificacións do indicado inicialmente.

 Notificación do uso de xurros/estercos en zonas forestais, enviarase dentro do mes de aplicación.

INSTRUCIÓNS TÉCNICAS PARA A REALIZACIÓN DO PLAN DE XESTIÓN DE DEXECCIÓNS GANDEIRAS E FERTILIZACIÓN.


Novembro 2020
Página 15 de 15

You might also like