You are on page 1of 2

Laboratorio de Facultade

Química I de Química

SEPARACIÓN DOS TRES COMPOÑENTES


PRACTICA 15 DUNHA MESTURA

FUNDAMENTO TEÓRICO

A materia pódese clasificar de acordo co seguinte esquema:

Substancia: É unha forma de materia que presenta una composición química


definida e unas propiedades físico-químicas propias e diferenciadas doutras
substancias.
Propiedades químicas: describen a forma en que unha sustancia pode cambiar ou
reaccionar para formar outras sustancias. Por exemplo: combustión (capacidade
dunha sustancia para arder en presenza de osíxeno).
Propiedades físicas: poden medirse sen cambiar a identidade nin a composición da
substancia. Por exemplo: masa, cor, densidade, punto de fusión, de ebullición,
dureza, etc.
As substancias poden ser:
• Elemento: Substancia constituida exclusivamente por átomos con igual
número atómico polo que non se pode descompoñer noutras substancias
máis simples por medios químicos. Os elementos químicos coñecidos
agrúpanse na Táboa periódica. Exemplos: Na, Au, Ca.

• Composto: Substancia pura formada pola combinación de dous ou mas


elementos químicos cuxa estructura e propiedades vén determinada
polo tipo de enlace químico que se establece entre os átomos. Los
compuestos só poden separase por medios químicos nos seus compoñentes
puros. Exemplo: auga cuxa electrolise orixina H2 y O2
Laboratorio de Facultade
Química I de Química

Mestura: Agrupación de varias substancias que, habitualmente, poden ser


separadas por métodos físicos. Pode haber mesturas homoxéneas (ou
disolucions) e mesturas heteroxéneas mais en calquera caso, non poden ser
representadas por fórmulas químicas, xa que os seus componentes non gardan
relación estequiométrica ninguna.

BIBLIOGRAFÍA
• Brown, T.L.; Lemay, H.E.; Bursten, B.E.; Murphy, C.J.; Woodward, P.M; Stoltzfus, M.W.
Lufaso, M.W. Chemistry: The Central Science. 15 Ed Pearson 2022.

• Chang, R.; Overby, J. Química, 13 ed, McGrawHill, 2020.

• Petrucci, R.; Herring, F.; Madura, J.; Bissonnette, C., General Chemistry: Principles
and Modern Applications, Pearson 2023

You might also like