You are on page 1of 5

FONÉTICA E FONOLOXÍA

SONS E FONEMAS
Mediante o aparello fonador, o ser humano pode emitir unha serie ampla de sons, pero
cada lingua posúe un sistema limitado de unidades mínimas significativas denominadas fonemas.
Os fonemas son unidades lingüísticas mínimas de carácter abstracto que funcionan na lingua
como imaxes mentais dos sons. Non teñen significado, pero teñen carácter distintivo.
Os sons son unidades concretas (pronunciacións reais na fala dos fonemas). Un son é a
materialización física dun fonema, é dicir, producímolos cando falamos,mentres que os fonemas
son unidades abstractas (a imaxe mental do son).
A fonoloxía e a fonética son dúas disciplinas lingüísticas que estudan as unidades fónicas
da lingua, mais cada unha ten a súa especialización.
A fonética, estuda os sons da lingua para describilos desde o punto de vista físico e
fisiolóxico, é dicir, como se produce un son e que calidades físicas presenta (por exemplo, a
maneira en que o son [m] se pronuncia unindo os labios e expulsando o aire polo nariz).
A fonoloxía estuda os fonemas e a súa función distintiva.(diferenzas fónicas ligadas a
diferenzas de significado). Por exemplo, a palabra mapa está formada por catro
fonemas: /m/ /a/ /p/ /a/. Se cambiamos un destes fonemas por outro, por exemplo /m/ por /t/,
obtemos unha palabra distinta: tapa. Isto indica que, os fonemas, aínda que son unidades sen
significado, serven para distinguir significados. Os fonemas transcríbense entre barras: / /
(´mapa/).

O galego estándar posúe vinte e seis fonemas: sete vocálicos e dezanove consonánticos.

/ɛ/e/, /f/, /g/, /i/, /l/,/,/ʎ/m/, /n/, /ɲ/, /ŋ/, /ɔ/, /o/, /p/, /k/, /ɾ/, /r/, /s/, /t/, /u/, /ʃ/
/a/, /b/, /θ/, /tʃ/, /d/, /,

Cada fonema pode ter varias realizacións fonéticas ou sons. As realizacións ou sons
alófonos
posibles dun mesmo fonema denomínanse .
xordossonoro
Os sons poden ser sonoros ou . Un son é cando na súa emisión o aire
que saíu dos pulmóns fai vibrar as cordas vocais. Cando o aire pasa sen producir ningunha
vibración nas cordas, o son é xordo.

Segundo a posición que adopten na emisión do son os órganos bucais falamos de dous
tipos de sons: os sons vocálicos e os consonánticos.
•Sons vocálicos: O aire non atopa ningún obstáculo para saír pola boca.
•Sons consonánticos: O aire atopa algún obstáculo para a súa saída nalgunha
zona da boca.

Se queremos definir un fonema teremos que indicar os seus trazos distintivos, é dicir,as
características que o opoñen aos outros elementos dos sistema. Os trazos distintivos son o modo
de articulación (maneira en que se produce un son), o punto de articulación (lugar da boca
onde os órganos interceptan a saída do aire) e a vibración ou non das cordas vocais
(sonoridade/non sonoridade).
FONEMAS VOCÁLICOS

Na nosa lingua existen sete fonemas vocálicos. As vogais son todas sonoras, polo tanto
opóñense entre elas soamente por dous trazos:

PUNTO DE ARTICULACIÓN
ARTICULACIÓN
MODO DE

A oposición entre estes sete fonemas mantense plenamente en posición tónica: vila, vela
(ver+a), vela /ɛ/ (subst.), bala, bóla /ɔ/(esfera), bola (de pan), bula.

Existen numerosos pares de palabras que só se diferencian por posuír vogal tónica semiaberta ou
semipechada :
/o/ /ɔ//eɛ/
/ /
mollo / (prebe)/ mollo (feixe) pega (paxaro) // pega (dificultade)
podo (podar)// podo (poder) selo (subst.) // selo (verbo + pron))
pola (galiña)// póla (rama) presa (manchea) // présa (apuro)

En posición átona pretónica a penas hai pares de palabras opostas por ese trazo (pegada
(adherida) / pєgada (marca do pé), cordeiro (animal) / c ɔrdeiro (que fai cordas)
O carácter de semiaberta ou semipechada mantense nas palabras derivadas dunha simple
con esa vogal en posición tónica: pé→ pєgada, c‫כ‬rda→ c‫כ‬rdeiro. O mesmo sucede nos
diminutivos: pɛdra→ pɛdriña.

En posición postónica medial non hai oposición entre semipechadas e semiabertas polo
que o sistema queda reducido a 5 vogais. En posición átona final queda reducido a tres :/a/, /e/, /o/
(podemos atopar /i/, /u/ nos préstamos: taxi, tribu...

VOGAIS SEMIABERTAS E SEMIPECHADAS

En xeral, podemos afirmar que aparecen vogais semiabertas

•Cando proveñen de AE, Ě, e Ŏ tónicos latinos: ceo, sempre, fera, muller, ferro, porta, sorte,
óso...
•As graves rematadas en ditongo crecente: serie, egua, tenue, materia, odio, socio...
•Como norma xeral, no e e o tónicos das esdrúxulas que son cultismos,
especialmente cando aparecen trabados por consoante oclusiva: léxico, pésima,
arsénico, éxtase, éxito, técnica, lóxico, código, módico, óptico, incógnita…
•Nas palabras rematadas en -el e -ol e os seus plurais: pastel, papel, papeis, mel, anel, mol,
caracol, español, españois; tamén cando o e aparece trabado por - l: helmo, feltro,
• celta… Cando o o provén da crase (“fusión”) con outro -o, ó desaparecer unha
consoante
• intervocálica (distinta de -n-): nó, só, po…
Nas voces terminadas en -elo/a, -enza, -encio/a; -ola, -ote/a e –oz (e os seus
• plurais): portelo, cadela, presenza, paciencia, silencio, caracola, rapazola, , vellote,
noz, voz, feroz…
No e tónico das formas do tema de pretérito dos verbos irregulares: fixeches,

• houbera,
• dixer...
Nas vogais do radical dos verbos da CII quecer e esquecer.
• No e e o tónicos da raíz na 2ª, 3ª e 6ª persoas do Presente de Indicativo dos verbos
• da CII con alternancia vocálica: bebes, meten, teme, comes, corren…
• No e e o tónicos da 2ª, 3ª e 6ª persoas do Presente de Indicativo dos verbos da CIII
que presentan alternancia vocálica: serves, segue, feren, sobes, foxe, cospen…
• Os nomes das letras: e, o, efe, ele, eme, ene, eñe, erre, ese.
• Os indefinidos alguén, ninguén, ren, cadaquén, quenquera, calquera, mesmo, certo…
• O relativo-interrogativo quen.
• Os numerais cero, sete, nove, dez, cen...
A conxunción copulativa e (< ET), aínda sendo átona

As formas do posesivo noso, nosos, nosa, nosas.
Os pronomes tónicos eu (hai zonas onde a pronuncia é semipechada), connosco,
convosco, nós e vós.
As contraccións
Presentan ó, ós, có, cós.
vogal semipechada

• Cando proveñen de Ē, Ĭ, OE, Ō, Ŭ tónicos latinos: pena, pelo, feo, copa, todo, torre, oso...
• Nos sufixos tónicos -és/a, -edo, -eza, -ello/a (agás vello); -oso, -ón/a, -or (agás mor),
-oño e -ollo: cangués,coruñesa, penedo, avareza, pendello, orella, curioso, papón, comedor, dor,
risoño, ferrollo...
• Nos nomes rematados en -eo: feo, alleo, seo…
• Seguido de consoante palatal (ch, x, ñ, ll) ou formando ditongo con i, especialmente
nos verbos da CI: empeño, pechas, pecho, deitan, cheira, espello, adoito, mollen, acochas,…
• Nos verbos da CII con alternancia (agás a 2ª, 3ª e 6ª persoas do Presente de
Indicativo): bebo, beban,movo, coman…
• No infinitivo dos verbos da CII, así como as formas de infinitivo do verbo pór: saber, ter,
comer, facer,coller-colleres-collermos .pór, pormos, poren…
• Nos tempos de tema de Perfecto regular: bebestes, temesen, tamén nas formas do tema de
Perfecto dos verbos ser e ir: fose, foran…

Os verbos ver, deber, ler e os incoativos en –ecer, como adormecer, devecer, etc.,
• presentan sempre vocalismo pechado.
Na vogal tónica do radical dos verbos en -ear: ouvean, ceas, coxeo…

Na terminación -oa, produto da perda do -n-: boa, soa, coroa…

Cando e e o constitúen ditongos decrecentes: meu, moito, eira, ouro, touro, louro, eito,
• moucho, noiva, eixe, eiva…
Os nomes das letras: be, ce, de, gue, pe, te, xe e zeta.
• Os demostrativos: este, esta, eses…
• Os numerais tres, once, doce, trece, catorce…
• Os pronomes persoais nosoutros, vosoutros, el e ela (neste último tamén hai zonas con
pronuncia aberta: /‘εla/ ).
FONEMAS CONSONÁNTICOS

A característica fundamental dos sons consonánticos é que o aire atopa obstáculos na súa
saída.. As consoantes defínense por tres trazos distintivos: o punto de articulación (lugar da
cavidade bucal onde se produce a obstrución ao paso do aire que vén dos pulmóns), o modo de
articulación (maneira en que se produce a obstrución do aire e a forma de vencer esa obstrución)
e a vibración ou non das cordas vocais.

Segundo o modo de articulación as consoantes poden ser:

•Oclusivas: o aire sae de repente despois de estar retido: /b/, /d/, /g/,/p/, /t/, /k/
•Fricativas: O aire sae por unha canle estreita producindo rozamento e ruído: /f/, /θ /, /s/, /ʃ/
•Africadas: Primeiro hai un momento de oclusión e despois unha fricación: /tʃ/
•Laterais: o aire sae polos lados da lingua: /l/, /ʎ/
•Vibrantes: A vibración da lingua corta o paso do aire (a vibración é simple ou múltiple): /ɾ/,
/r/
•Nasais: Unha parte do aire sae polo nariz: /m/, /n/, /ɲ/, /ŋ/
Segundo o punto de articulación as consoantes poden ser:

•Bilabiais: achéganse os dous beizos: /b/, /p/, /m/


•Labiodental: O labio inferior toca os dentes superiores:/f/
•Dentais: O ápice da lingua apóiase nos dentes superiores: /d/, /t/
•Interdental: A lingua sitúase entre os dentes:/ θ /
•Alveolares: O ápice da lingua toca os alvéolos superiores: /s/, /l/, /n/, /ɾ//, /r /.
•Palatais: A lingua elévase contra o padal: /ʃ/, /tʃ/, /ɲ/, /ʎ/,
•Velares: A parte posterior da lingua apóiase no veo do padal: /k/, /g/, /ŋ/.
Segundo a acción das cordas vocais poden ser:

•Sonoras: As cordas vocais vibran : /b/, /d/, /g/, /m/, /n/,/ɲ/, /ŋ/ /ʎ /, /l/, /ɾ/,/r/.
•Xordas: non hai vibración das cordas vocais:/ p/, /t/,/ k/, /f/, /s/, /θ /, /ʃ/, /tʃ/

GRAFEMAS E FONEMAS

Na lingua escrita, os fonemas represéntanse mediante signos gráficos chamados letras ou


Non existe unha correlación exacta entre fonemas e grafemas.
grafemas.
•Temos sete fonemas vocálicos e só dispomos de cinco grafemas para a súa
representación.
•Un fonema pode corresponderse con varios grafemas :
/b/ : b ou v : vaso, base/θ / : c ou z: cen, zapato
• Unha grafía pode corresponder a distintos sons: c → con /k/ en casa e con/θ / en ceo.
• A grafía h non representa ningún fonema: hoxe (é simplemente gráfico).
• Algúns fonemas non se representan mediante unha letra, senón dúas letras
combinadas (dígrafos). Son, pois, dúas letras que representan un só fonema: nh
unha; ch cheo; ll illa; rr erro; qu que; gu guerra

AGRUPACIÓN DE FONEMAS; SÍLABA, DITONGO, TRITONGO, HIATO

Os fonemas que se pronuncian nun mesmo golpe de voz constitúen unha sílaba. As
palabras poden ser monosílabas ou polisílabas (bisílabas, trisílabas, cuadrisílabas...) segundo
teñan unha ou máis sílabas
En galego as sílabas conteñen unha ou dúas vogais, soas ou acompañadas por
consoantes. O fonema esencial dunha sílaba, denominado núcleo silábico, está constituído
sempre por unha vogal. Ademais do núcleo, a sílaba pode conter outros fonemas que
constitúen as marxes silábicas. A marxe pode ser explosiva (antes da vogal) ou implosiva
(despois da vogal).
As sílabas poden ser libres (cando rematan en vogal) ou trabadas (cando rematan en
consoante). Nas palabras patrimonias do galego só algunhas consoantes poden pechar sílaba
(-l, -n, -r, -s, -z), pero nos cultismos son posibles moitas outras (admitir, obxecto, adoptar,
etnógrafo...).

Cando dúas vogais en contacto pertencen a sílabas distintas prodúcese un hiato (aéreo,
lúa, día, muíño). No hiato as dúas vogais funcionan como núcleo de cadansúa sílaba (ma-re-a,
tú-a, mu-í-ño).

Pola contra, cando dúas vogais forman parte da mesma sílaba, temos un ditongo. Para
que isto suceda só unha das vogais funciona como núcleo silábico, mentres a outra funciona
como marxe (i, u). Nos ditongos, as vogais i - u que son marxe silábica chámanse semivogais
e represéntanse foneticamente así: [ j ] [w ]: peito [ej], avión [jo] acuario [wa], touro [ow].
Hai dous tipos de ditongos:
-Ditongos crecentes: comezan coas semivogais [ j ], [w] e van de menor a maior
abertura e /ou intensidade: Ma-nuel [we], cien-cia [jɛ] [ja], diu-ré-ti-co [ju], lin-güis-ta
[wi].
-Ditongos decrecentes: rematan coas semivogais [ j ]. [w] e van de máis a menos
abertura e intensidade.: fei-ra [ej], xou-ba [ow], troi-ta [oj] a-briu [iw], a-zuis [uj].
Un tritongo é o encontro de tres vogais na mesma sílaba. Fórmase cunha vogal tónica,
aberta ou media, entre dúas semivogais pechadas: cam-biou [jow], ha-bi-tuais [waj], viei-ra [jej], cu-

miais [jaj].

You might also like