You are on page 1of 1

Aspectos a valorar na proba práctica de deportes colectivos – 1º BACHARELATO

1. XOGO (75%)
ROL DE ATACANTE
ACB (atacante con balón)
1. Orientación (canastra ou portería) cando se recibe o balón
2. Toma de decisión (tiro, pase, bote) en función das posibilidades (cercanía ao obxectivo,
defensores cerca, compañeiros mellor posicionados) e rapidez nesa toma de decisión (pero
sen precipitarse: percepción – decisión – execución)
3. Variedade técnica (dentro das posibilidades da situación/-es que se teñan) o máis correcta
posible

ASB (atacante sen balón)


4. Orientación cara ao balón (compañeiro)
5. Apertura de espazos para favorecer a acción do compañeiro/-a
6. Accións técnicas individuais que faciliten o avance do balón

ROL DE DEFENSOR
DXB (defensor do xogador con balón)
7. Cobertura e posición ao ACB. Accións que dificulten o tiro/pase/avance do ACB
8. Posición de defensa

DXSB (defensor do xogador sen balón)


9. Orientación cara ao balón
10. Peche de espazos – accións que dificulten o avance do balón

TÉCNICA INDIVIDUAL (25%)


1. BALONMÁN (esto terán que realizalo os que collan Baloncesto como parte de xogo)
• Bote, ciclo de pasos e lanzamento a portaría
1. Bote sen mirar ao balón, rápido, controlado (sen dobres, sen perder o balón)
2. Coordinación dos tres pasos (esquerda-dereita esquerda, para un diestro)
3. Axuste paso-distancia (na liña de 6m)
4. Armado do balón

2. BALONCESTO (esto terán que realizalo os que collan Balonmán como parte de xogo)
• Bote de velocidade, bote de protección con cambio de man por diante, ante conos e entrada
a canastra
1. Bote rápido e sen mirar o balón, controlado (pulso e orientación da man, altura do bote)
2. Pivote ante os conos
3. Coordinación no cambio de man por diante
4. Entrada cos pasos realizados de forma correcta (batida coa perna exterior á canastra e a
outra elevada)

You might also like