You are on page 1of 4
EN DEFENSA DO HUMOR «O humorismoe unha das cualidades distintivas do espiritu galego» (Ramén Pifieiro). Si, o humorismo é unha das cualidades distintivas do espiritu galego, ainda que o esquenzamos decote. Esquénceno aqueles socidlogos que, tencionando facer unha anilise rigorosa da realidade cultural do pais, falan de iniciativas pretéritas e presentes que non pasan de seren proxectos cobizosos, e, en troques, non din chisco da nosa farturenta tradicién humorfstica, que, a pesares do atranco da Guerra Civil, tivo digna continuidade en todo intre. Esquénceno as entidades culturais, empefiadas en recu- perar 0 mais valioso do noso patrimonio, e que, non embar- gantes, non souberon evitar que nomes de prestixio artistico nun pasado ainda cercan, sexan completamente desconoci- dos como «méstres humoristas» na Galicia de hoxe. Esquénceno os criticos de arte que, agés no caso de Castelao adoitan valorar a obra plastica de pintores, graba- dores e dibuxantes, sin teren en conta a sua aportacién no eido do humorismo grafico. Esquénceno os responsabeis dos medios de comunicacién, que, dun xeito case xeralizado, conceden minima importan- cia aos espacios humoristicos. Esquénceno, en fin, os responsabeis das iniciativas em- presariais, que non se decidiron a tirar do prelo unha revista na que poideran darse a conocer os novos humoristas. ee Por eso nés, que levamos moitos anos camifiando’a carén deste trasno familiar, pillabén e mofista, chamado «HU- MOR)»; que sabemos canto de noble e bon agacha o seu sorrir bulrento; que 0 conocemos e amamos; non pedimos pra él un trato de favor, mais tampouco queremos velo abafado no outro estremo —pois sabido é que tédolos estremos son malos, e mais desque se retirou Amancio—. Simplemente reivindicamos no seu nome un trato de xusticia. Neste pais — Que ten o humor como arma defensiva. — Que deu os tnicos «humoristas» das letras espafiolas. — Noque os humoristas anénimos xurden como cogumelos pra crearen as mais gaioleiras pantasias de Santas Compafias, Estadeas, Aquelarres, Lobishomes e Meigas Chuchonas. — Onde osorriso intelixente 6 un esperanto entre as xentes de boa vontade. — No que ainda sabemos sorrir «a pesares de...» Neste pais noso de cada dia temos de ser mais os chumoristas» de «carnet» e mais ricaz 0 noso labor. Hoxe, que a edicién de monografias dos vellos humoristas cos proxectos dalgunhas revistas de humor, fannos sentir esperanza de cara ao futuro, tamén nés —humildes dibu- xantes humoristas que, como Quevedo, «non cobizamos ganar nome de autores, nin menos enriquecérmonos cos nosos borréns»—, queremos participar na tarefa de dignifi- cacién do xénero, e, en concreto, do humorismo grafico galego. Con esas mentes arranxamos esta mostra, e confia- mos en facervos sorrir e pensar. A verba derradeira, tédela vés. X. MARIN e SIRO Xaneiro - 1983 0 DIBUXO DE HUMOR EN GALICIA As influencias do Modernismo non atinguiron sdéio 4 arquitectura, 4 moblaxe, ao cartel ou ao libro, senén taméne moi fondamente ao dibuxo de humor. Era Idxico que o achadego da lifia pura e as cores chas, co gallo dun maior conocemento das gravuras xaponesas, interesara a tédolos artistas preocupados pola sintese e estilizacién dos obxetos, ainda que actuaran en eidos tan disparellos como a pintura simbolista ou o desefio humo- ristico. Atinadamente expresdbao Castelao nos anos vinte: «Todos sabemos que a arte xaponesa ao chegar a Europa, desdoblouse nas duas calidades que ten, e o decorativo influiu na pintura, e o espresivo criou a moderna caricatura» — A moderna caricatura é, sin dibida, a mais importante tealizacién do «Jugendstil» aleman. Concebida como «sintese expresiva» e aplicada a toda a natureza, supuxo 0 pleno dominio do dibuxo pra apreixar a esencia das cousas co mfnimo de riscos. Foron os estraordinarios equipos das revistas muniquesas «Simplicissimus» e «Jugend», quen revolucionaron o dibuxo de humor en Europa. Nin tan sequer o humor grffico francés, cunha tradicién que ven desde os lexendarios Daumier e Grandville, deixou de sofrir un troco radical na concepcién estética dos seus creadores mais novos. Asi, a «Art Nouveau» reflexiose tamén en revistas como «L’Assiette au Beurre» ou«La Baionnette». En Espajia, os md4simos expofientes da caricatura moder- na agromaron en Galicia. Primeiro foi Castelao, que desde un recuncho da Fisterra asumiu a nova arte pra representar con patética veracidade a complexa realidade rural galega. Pero. axifia xurdiron estraordinarios continuadores, que, participando do mesmo estilo, souberon aportar algan matiz orixinal pra ofreceren unha obra persoal e diferente. A pureza da lifia de Maside e Torres, o naturalismo de Xaime Prada, acomicidade na actitude de Manolo Romano, a desproporcién de Vidales Tomé, o grafismo barroco de Cebreiro, a elegancia no risco de Federico Ribas, a composi- cién anovadora de Fernandez Mazas..., falan do pulo crea- dor dunha pléiade de artistas, que durante duas décadas arrequeceron revistas e xornais. Esmagado este movemento pola Guerra Civil, non faltou nos anos mais dificis o labor testemufial de humoristas como Vidales Tomé, Cebreiro ou Atomé. Con todo, no esmorecer dos anos sesenta, os novos humoristas graficos galegos estébamos moito mais condicionados por La Codorniz que pola nosa propia tradicién. O noso traballo desde entén, foi un delongado esforzo por vencellarmonos artisticamente 4 «escola humorfstico- gréfico-galega» e darmos continuidade, senso e direccién ao facer dos nosos «clasicos». Nesa tarefa teimamos hoxe. A pesares das evidentes diferencias, as nosas obras tefien en comin 0 feito de seren intentos de pofier ao dia a «sintese expresiva», a caricatura modernista. Desde perspectivas distintas tencionamos recuperar canto de esencial ten o humor grafico tradicional e proxectalo cara o futuro. Aspira- mos dnicamente a sermos eslabén dunha cadea de creado- res, que fixtron, fan e faran humor galego. X. MARIN e XIRO Xaneiro - 1983

You might also like