You are on page 1of 4

XOGOS ROMANOS DE TABOLEIRO

Normas da competición

No marco do I Encontro de Xogos Romanos de Taboleiro das Cidades Augustas,


desenvolverase unha final en Lugo entre o alumando elixido por cada Centro de
Educación Primaria participante no proxecto dos Xogos Romanos de Taboleiro.

Nesta competición eliminatoria participarán nenos e nenas dos tres ciclos educativos
da E.P.O. que se enfrontarán nun dos seguintes tres xogos:

 O Muíño (Merellus)
 O xogo do soldado (Ludus Latrunculorum)
 O Seega

A final lucense dos Xogos Romanos de Taboleiro das Cidades Augustas rexerase
polas seguintes normas, que serán de obrigado cumprimento para todos os
participantes e todas as participantes.

1. NORMAS XERAIS

 Na final só poderán participar os nenos e as nenas previamente inscritos polo


seu centro educativo nun único xogo (o Muíño, o xogo do Soldado ou Seega),
competindo con contrincantes do seu mesmo ciclo educativo.

 Estableceranse unha serie de encontros de carácter eliminatorio, quedando


fora da competición o participante que non gañe a partida en xogo e pasando á
seguinte fase o vencedor do mesmo. O número de encontros a disputar ata chegar á
rolda final dependerá do total de nenos e nenas inscritos en cada xogo.

 Os encontros iniciais de cada xogo emparellaranse por sorteo ao azar. Os


seguintes cruces serán o resultado da progresión na táboa clasificatoria.

 Haberá un árbitro por cada un dos xogos que será a persoa encargada de
informar aos competidores e de velar polo cumprimento de todas as normas durante
as partidas.

 Cada xogo contará cunha zona de competición delimitada á que só poderán


ter acceso os nenos e nenas participantes nesa rolda da eliminatoria, debendo
permanecer o público no espazo habilitado para o mesmo. Para un mellor
desenvolvemento das roldas eliminatorias, establecerase o seguinte código de cores:

Xogo Cor asignada


Muíño Amarelo
Soldado verde
Seega Azul
 Cada zona de xogo contará cunha serie de taboleiros numerados. Cada
participante deberá dirixirse ao taboleiro que lle sexa asignado na táboa clasificatoria.

 Establecerase un punto de información onde os participantes poderán


consultar todos os datos referentes aos cruces das eliminatorias, a súa posición na
táboa clasificatoria, as súas mesas de referencia, horarios, etc.

 Antes do comezo de cada cruce, os nenos e nenas participantes deberán


consultar no punto de información os seguintes datos (que serán ofrecidos tamén
polo sistema de megafonía):

 a súa zona de competición (identificada segundo o código de cores


explicado anteriormente).

 o seu número de taboleiro de xogo.

DISPOSICIÓN DA ZONA DE COMPETICIÓN

MUÍÑO SOLDADO SEEGA

1 1 1

A B A B A B

2
2 2
A B
A B A B
3

A B
3 3

4
A B A B

A B

4 4
5

A B A B A B
2. NORMAS DE COMPETICIÓN: O DESENVOLVEMENTO DAS
ELIMINATORIAS.

 Ao inicio de cada rolda eliminatoria, os participantes dirixiranse á zona de cor


do seu xogo. Alí presentaranse ante o árbitro e decidirán quen comezará a colocar as
fichas no taboleiro. Para iso xogarase a “pedra, papel, tesoira”, comezando a colocar
as fichas no taboleiro aquel que gañe.

 O xogador ou a xogadora que comece a colocar as fichas no taboleiro sentarase


na zona A do taboleiro, xogando con fichas brancas. O seu contrincante situarase na
zona B e xogará con fichas vermellas.

 Unha vez situados todos os nenos e nenas participantes, os árbitros indicarán


o comezo da eliminatoria. Os xogadores contarán con 10 minutos de tempo para
buscar a vitoria no seu xogo de taboleiro. Unha vez transcorridos os 5 primeiros
minutos do encontro, os árbitros avisarán cada minuto do tempo restante.

 Os árbitros proclamarán a vitoria dun dos contrincantes segundo o establecido


para cada xogo:

MUÍÑO SOLDADO SEEGA

Capturar todas as pezas do contrario.


Reducir a 2 as pezas do Cando non se poden realizar Facer territorio (crear unha
adversario. máis movementos: o que liña detrás da cal só hai
posúa máis pezas capturadas. pezas dese xogador).
Bloquear as fichas do Se non hai capturas en 30
adversario. movementos: o que posúa
máis pezas capturadas.
Transcorridos os 10 minutos de tempo do encontro, se non se acadou a vitoria
segundo o establecido para cada xogo, os árbitros ditaminarán como vencedor ao
xogador ou xogadora con maior número de pezas capturadas.

 En caso de persistir o empate entre os dous xogadores, os árbitros establecerán


un novo encontro de desempate.

 Os árbitros dos encontros marcarán cunha tarxeta amarela cada falta


cometida, indicando o número de taboleiro e a letra do posto ao que pertence a
infracción. A acumulación de 3 faltas dará lugar á eliminación dese competidor do
encontro, resultando vencedor do mesmo o seu contrincante.
 Son motivo de falta a sancionar con tarxeta amarela os seguintes
comportamentos:

(1) Tocar unha ficha, propia ou do contrincante, sen o único obxectivo de movela
ou de retirala tras unha captura.

(2) Non comer cando é obrigado.

(3) Mover irregularmente unha peza.

(4) Facer unha captura na fase de colocación (só no Soldado e no Seega).

(5) Capturar a peza da casa central do taboleiro (só no Seega).

(6) Calquera irregularidade das normas básicas de xogo xa coñecidas polos nenos
e nenas participantes.

(7) Ter actitudes inapropiadas cara aos árbitros ou demais participantes da


competición.

You might also like