You are on page 1of 1

COMPOSICIÓN DE TEXTOS DO TEMA 2:AS FASES DA REVOLUCIÓN FRANCESA

Elabora unha composición histórica a partir dos textos propostos. Os seguintes textos deben permitirche
facer unha redacción sobre As fases da Revolución Francesa. É necesario que cites polo menos unha vez
todos os textos. Debe ter unha introdución, un contexto histórico, un análise dos textos, unhas
consecuencias e unha conclusión. Non marques as partes da túa composición con títulos.

Doc.1. Monarquía constitucional “Os Representantes do Pobo Francés, constituídos en Asemblea Nacional,
considerando que a ignorancia, o esquecemento ou o menosprezo dos dereitos do Home son as únicas causas
das calamidades públicas e da corrupción dos Gobernos, han resolvido expoñer, nunha Declaración solemne, os
dereitos naturais, inalienables e sagrados do Home, para que esta declaración, constantemente presente para
todos os Membros do corpo social, lémbrelles sen cesar os seus dereitos e os seus deberes; para que os actos do
poder lexislativo e do poder executivo, ao poder cotexarse en todo momento coa finalidade de calquera
institución política, sexan máis respectados e para que as reclamacións dos cidadáns, fundadas desde agora en
principios simples e indiscutibles, redunden sempre en beneficio do mantemento da Constitución e da felicidade
de todos. En consecuencia, a Asemblea Nacional recoñece e declara, en presenza do Ser Supremo e baixo os
seus auspicios, os seguintes dereitos do Home e do Cidadán: − Os homes nacen e permanecen libres e iguais en
dereitos. As distincións sociais só poden fundarse na utilidade común.
Artigo 1º − A finalidade de calquera asociación política é a protección dos dereitos naturais e imprescriptibles
do Home. Tales dereitos son a liberdade, a propiedade, a seguridade e a resistencia á opresión.
Artigo 2 − O principio de toda Soberanía reside esencialmente na Nación. Ningún corpo nin ningún individuo
poden exercer autoridade algunha que non emane expresamente dela.”
Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán (1789).
Doc 2. Convención xirondina. “Era un día frío (21-01-1793), bastante claro, non había máis que unha brétema
que se estendeu pola cidade (...), ata o mediodía. Presenteime cedo nas Tullerías, cedo, pero non en exceso. As
dúas terrazas do xardín estaban cheas de xente (...).
Cando caeu a cabeza do rei (...). Os soldados marcharon e de todos os lados concorreron masas de xente.
Cheguei do cadalso no momento mesmo no que un criado do verdugo sacaba coa man a sangue do rei do cesto
onde caera a testa; distribuíao entre as persoas que se apertaban a carón del. Mollaban neste sangue o pano de
man, as roupas; algúns militares, o fío da súa espada. Uns querían conservalo como reliquia dun santo; outros,
coma un trofeo (...).Relato dun alemán residente en París sobre a execución de Luis XVI.
Doc.3. Convención xacobina. “Condúcese ao pobo pola razón e aos inimigos do pobo polo Terror (...). O
goberno da Revolución é o despotismo da liberdade contraria á tiraría” Discurso de Robespierre na
Convención, 1794.

You might also like