You are on page 1of 28

UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO

SANTIAGO-BARBANZA

GUÍA DE SERVIZOS 2024


Horarios de atención ao público

LUNS A XOVES VENRES


Mañás: 9.00 a 14.30 Mañás: 9.00 a 14.30
Tardes: 16.00 a 19.00

SANTIAGO
R/ Miguel Ferro Caaveiro, 8
15707-Santiago de Compostela

Teléfono: 981 551 800


Fax: 981 551 801
Asesoría Xurídica: 981 551 842

ucstgo@galicia.ccoo.es
asesoria.stgo@galicia.ccoo.es

Local sindical CCOO de Ribeira


Rúa Correos, n.º 5 baixo, Ribeira
Teléfono: 981 872 413
Fax: 981 871 081

ucstgo@galicia.ccoo.es
www.ccoo.gal/santiagobarbanza
SERVIZOS DO SINDICATO

A principal función do sindicato é dar protección aos afiliados e afiliadas. CCOO


considera que a atención na empresa é o máis importante pero non o único, por iso
tamén ofrecemos servizos e vantaxes á nosa afiliación.

A Unión Intercomarcal de CCOO de Santiago-Barbanza edita esta pequena guía dos


servizos que prestamos dende o sindicato.

Estamos organizados por sectores de actividade. En cada área ofrecemos información


xeral e transversal, común a varios sectores, pero tamén información e servizos
específicos de cada sector. Para manter a afiliación ao día, indicamos as nosas web
sectoriais, onde se pode acceder a información sobre convenios, específica do sector e
de cada rama de actividade:

FEDERACIÓN DE SERVIZOS. Sectores de comercio, hostalaría, turismo e servizos


financeiros e administrativos
www.ccoo-servicios.es/galicia

FEDERACIÓN DO HÁBITAT. Sectores da construción, madeira e afíns e sectores


de limpeza, seguridade privada, funerarias, axuda domiciliaria, salóns de
peiteado
www.habitat.ccoo.es

FEDERACIÓN DE INDUSTRIA. Sector da industria e o metal, e sector téxtil,


química e afíns, alimentación, agraria
www.industria.ccoo.es/galicia

FEDERACIÓN DO ENSINO. Ensino privado, público, concertado, autoescolas,


academias
www.ccooensino.net
FEDERACIÓN DE SANIDADE E SECTORES SOCIOSANITARIOS. Servizos sanitarios
públicos, privados, sectores sociosanitarios
www.sanidad.ccoo.es/galicia

FEDERACIÓN DE SERVIZOS Á CIDADANÍA. Sector da Administración pública,


transporte, pesca, gráficas, comunicacións, prensa
www.fsc.ccoo.es/galicia

FEDERACIÓN DE PENSIONISTAS E XUBILADOS


www.pensionistas.ccoo.es

A seguir resumimos os principais servizos que ofrece o sindicato, como acceder á


información e como beneficiarse de cada un deles para que, dende a túa casa, poidas
coñecelos en cada momento a través da web ou dirixíndote ás nosas sedes, como che
resulte máis sinxelo.

A Asesoría Xurídica é un servizo primordial do Sindicato Nacional de CCOO de


Galicia. CCOO defende os intereses e os dereitos dos traballadores e
traballadoras na negociación colectiva e tamén, cando se dá o caso, a través das
nosas asesorías xurídicas. Tramitamos expedientes de xubilación, invalidez,
enfermidade, demandas por despedimentos, reclamación de salarios, recursos de
sancións, reclamación de vacacións, expedientes de regulación, reclamación de
dereitos laborais e sociais, asesoramento e demandas por conflitos colectivos e
individuais, negociación de convenios colectivos, asesoramento en políticas de
igualdade e saúde laboral. Podes pedir información das tarifas e cita previa
chamándonos por teléfono.

A Secretaría de Saúde Laboral, a través dos Gabinetes de Saúde Laboral,


ofrece aos delegados e delegadas de prevención o soporte técnico necesario para
a mellora das condicións de traballo, a protección ambiental e a promoción da
saúde dos traballadores e traballadoras. O noso obxectivo é fomentar a
participación dos delegados e delegadas en materias preventivas mediante o
asesoramento directo e a asistencia tanto á representación dos traballadores/as
como aos propios traballadores e traballadoras, especialmente nas pequenas e
medianas empresas.
O Gabinete de Igualdade ponse a disposición de toda a afiliación a través do
seu servizo de asesoramento sobre medidas de corresponsabilidade e
conciliación, problemas das traballadoras vítimas de violencia de xénero, etc.
Trátase dun instrumento para potenciar a igualdade entre mulleres e homes nas
actuacións sindicais e na negociación colectiva, coa posta en marcha dun sistema
efectivo de inclusión da transversalidade de xénero e coa loita contra a fenda
salarial no mercado laboral.

Confederación Sindical CCOO: www.ccoo.es. Nesta web podes ver a


información do día a día da Confederación Sindical, con acceso aos datos sobre
os actos e convocatorias diarias nas distintas áreas de actuación así como
documentos e información de servizos xerais do sindicato no ámbito estatal,
campañas, documentos, manuais, convocatorias, etc.

Sindicato Nacional CCOO Galicia: www.ccoo.gal. Web do día a día do


sindicato en Galicia, con acceso á información dos actos e convocatorias nas
distintas comarcas así como documentos e información de servizos xerais do
sindicato no ámbito autonómico e comarcal, e á publicación Galicia Sindical, que
tamén se envía por correo electrónico á afiliación. Nesta web atoparás tamén un
espazo dedicado ás comarcas, onde poderás consultar información e as
actividades realizadas na nosa bisbarra, nas que te invitamos a participar e
colaborar.

Emprego autónomo, servizo en liña de CCOO para o asesoramento a


autónomos: www.ccooautonomos.es

Instituto Sindical de Traballo, Ambiente e Saúde (ISTAS)

É unha fundación autónoma de carácter técnico-sindical promovida por CCOO co


obxectivo xeral de impulsar actividades de progreso social para a mellora das
condicións de traballo, a protección do medio ambiente e a promoción da saúde
dos traballadores e traballadoras no Estado español. www.istas.net
Fundación 1.º de Mayo

Esta fundación desenvolve proxectos de investigación, estudos e seminarios,


tanto por conta propia como en colaboración con outras institucións de ámbito
español ou europeo.
http://www.1mayo.ccoo.es.

Fundación 10 de Marzo
En Galicia, o arquivo histórico está organizado e custodiado por esta fundación.
Encárgase de divulgar o patrimonio histórico documental do sindicato; para iso
utiliza métodos e tecnoloxías comúns no campo da arquivística, organiza
actividades como exposicións, congresos, etc.

http://www.f10m.org.

Máis información en: http://www.archivoshistoricos.ccoo.es


CALENDARIO LABORAL DO 2024
XANEIRO FEBREIRO MARZO
Sem. L M Me X V S D Sem. L M Me X V S D Sem. L M Me X V S D
1 1 2 3 4 5 6 7 5 1 2 3 4 9 1 2 3
2 8 9 10 11 12 13 14 6 5 6 7 8 9 10 11 10 4 5 6 7 8 9 10
3 15 16 17 18 19 20 21 7 12 13 14 15 16 17 18 11 11 12 13 14 15 16 17
4 22 23 24 25 26 27 28 8 19 20 21 22 23 24 25 12 18 19 20 21 22 23 24
5 29 30 31 9 26 27 28 29 13 25 26 27 28 29 30 31

ABRIL MAIO XUÑO


Sem. L M Me X V S D Sem. L M Me X V S D Sem. L M Me X V S D
14 1 2 3 4 5 6 7 18 1 2 3 4 5 22 1 2
15 8 9 10 11 12 13 14 19 6 7 8 9 10 11 12 23 3 4 5 6 7 8 9
16 15 16 17 18 19 20 21 20 13 14 15 16 17 18 19 24 10 11 12 13 14 15 16
17 22 23 24 25 26 27 28 21 20 21 22 23 24 25 26 25 17 18 19 20 21 22 23
18 29 30 22 27 28 29 30 31 26 24 25 26 27 28 29 30

XULLO AGOSTO SETEMBRO


Sem. L M Me X V S D Sem. L M Me X V S D Sem. L M Me X V S D
27 1 2 3 4 5 6 7 31 1 2 3 4 35 1
28 8 9 10 11 12 13 14 32 5 6 7 8 9 10 11 36 2 3 4 5 6 7 8
29 15 16 17 18 19 20 21 33 12 13 14 15 16 17 18 37 9 10 11 12 13 14 15
30 22 23 24 25 26 27 28 34 19 20 21 22 23 24 25 38 16 17 18 19 20 21 22
31 29 30 31 35 26 27 28 29 30 31 39 23 24 25 26 27 28 29
40 30
OUTUBRO NOVEMBRO DECEMBRO
Sem. L M Me X V S D Sem. L M Me X V S D Sem. L M Me X V S D
40 1 2 3 4 5 6 44 1 2 3 48 1
41 7 8 9 10 11 12 13 45 4 5 6 7 8 9 10 49 2 3 4 5 6 7 8
42 14 15 16 17 18 19 20 46 11 12 13 14 15 16 17 50 9 10 11 12 13 14 15
43 21 22 23 24 25 26 27 47 18 19 20 21 22 23 24 51 16 17 18 19 20 21 22
44 28 29 30 31 48 25 26 27 28 29 30 52 23 24 25 26 27 28 29
1 30 31
01/01 Aninovo 01/05 Festa do Traballo 12/10 Festa Nacional de España

06/01 Día de Reis 17/05 Día das Letras Galegas 01/11 Todos os Santos

28/03 Xoves Santo 25/05 Día Nacional de Galicia 06/12 Día da Constitución

29/03 Venres Santo 15/08 Asunción da Virxen 25/12 Día de Nadal


FESTIVOS LOCAIS PROVINCIA DE A CORUÑA 2024

01- Ames: 9 de Maio, festa da Ascensión, 24 de Xuño, festa de San Xoan.


02- Arzúa: 24 de Xuño, festa de San Xoan, 16 de Xullo, festa local de Arzúa.
03- Baña, A: 22 de Xaneiro, festa de San Vicenzo, 9 de Setembro, Virxen de los Dolores.
04- Boimorto: 13 de Febreiro,Martes de Entroido, 2 de Setembro, festa do Rosario.
05- Boiro: 24 de Xuño, festa de San Xoan, 16 de Xullo, festa do Carmen.
06-Boqueixón: 22 de Xaneiro, festa de San Vicente, 9 de Maio, día da Ascensión.
07- Brión: 9 de Maio, día da Ascensión, 27 de Setembro, festa da Santa Minia.
08- Carnota: 13 de Febreiro,Martes de Entroido, 31 de Outubro, festa local de Carnota.
09- Dodro:1 deAbril, Luns de Pascua, 16 de Setembro, festa da Virxen de la Leche y del Buen Parto.
10- Frades: 13 de Febreiro,Martes de Entroido, 24 de Xuño, festa de San Xoan.
11- Lousame: 25 de Abril, festa de San Marcos, 27 de Setembro, festa de San Roquiño.
12- Melide: 1 de Abril, Luns de Pascua, 16 de Xullo, día do Carmen.
13 -Mesía: 13 de Febreiro,Martes de Entroido, 13 de Xuño, festa de San Antonio.
14- Muros: 24 de Xuño, festa de San Xoan, 16 de Xullo, festa do Carmen.
15- Negreira: 12 de Xullo, festa de San Cristóbal, 16 de Setembro, festa de Santa Margarita.
16- Noia: 26 de Abril, festa de San Marcos, 16 de Xullo, festa de la Virgen do Carmen.
17- Ordes: 13 de Febreiro,Martes de Entroido, 16 de Agosto, festa de San Roque.
18- Oroso: 13 de Febreiro,Martes de Entroido, 16 de Setembro, festa de Santa Eufemia.
19- Outes: 14 de Febreiro, Mercores de Ceniza, 24 de Xuño, festa de San Xoan.
20- Padrón: 1 deAbril, Luns de Pascua, 6 de Maio, festa de San Xoán do Raio.
21- Pino, O: 9 de Maio, Ascensión do Señor, 22 de Xullo, Santa María Magdalena.
22-Pobra do Caramiñal:19 deAgosto,Luns do Carmen 16 de Setembro,Lunsde Nazareno.
23- Porto do Son: 12 de Febreiro, Luns de Carnaval, 9 de Setembro, festa local de Porto do Son.
24- Rianxo: 16 de Xullo, festas do Carmen, 20 de setembro, venres de Guadalupe.
25- Ribeira: 13 de Febreiro,Martes de Entroido, 24 de Xullo, festividad da Dorna.
26- Rois: 1 de Abril, Luns de Pascua, 15 de Maio, festa de San Isidro Labrador.
27- Santa Comba: 24 de Xuño, festividad de San Xoan, 1 de Xulio, festividadeda la Virxen do Carmen.
28- Santiago de Compostela: 9 de Maio, día de la Ascensión, 16 de Agosto, día de San Roque.
29- Santiso: 13 de Xuño, festa de San Antonio, 24 de Xuño, festa de San Xoan.
30- Sobrado: 13 de Febreiro, Martes de Entroido, 24 de Xuño, festa de San Xoan.
31- Teo: 9 de Maio, festa da Ascensión, 11 de Novembro, festa de San Martiño.
32- Toques:15 de Maio, día de San Cidre, 2 de setembro, día de San Antolín.
33- Tordoia: 13 de Febreiro, Martes de Entroido, 16 de Maio, festa de San Isidro Labrador.
34- Touro: 13 de Febreiro, Martes de Entroido, 1 de Abril, Luns de Pascua.
35- Trazo: 16 de Agosto, festividade de San Roque, 16 de Setembro, festividade de Santa Eufemia.
36- Val do Dubra: 9 de Maio, día da Ascensión, 2 de Agosto, festa do Emigrante.
37- Vedra: 23 de Setembro, festividade do Patio, 10 de Decembro, festividade de Santa Baia.
38- Vilasantar: 13 de Febreiro, Martes de Entroido, 26 de Xullo, festa de Santa Ana.
CCOO É UN SINDICATO DE CLASE

Porque promove en todas as súas estruturas a participación da diversidade social


existente entre a clase traballadora.

Porque ten entre os seus principios impulsar e desenvolver a igualdade de


oportunidades, así como combater a discriminación en calquera das súas formas ou
razóns.

Porque defende o valor da educación e o acceso ao sistema educativo para toda a


poboación en igualdade de condicións. Porque reivindica un modelo de sociedade
no que todas as persoas, sexa cal for a súa situación económica ou laboral, teñan
acceso a servizos básicos como a saúde ou uns ingresos mínimos garantidos.

QUE FAN OS SINDICATOS?

Mediante un proceso de eleccións no que participa todo o persoal dunha empresa ou


centro de traballo que conte con máis de seis traballadores/as, elíxense os órganos
de representación na empresa, é dicir, os delegados e delegadas de persoal (en
empresas de menos de 50 persoas) ou o comité de empresa(en empresas grandes).
A función destes representantes é loitar e defender os dereitos e intereses dos
traballadores e traballadoras fronte ao empresariado. Imaxina que non che pagan as
horas extras que realizas, que debes manexar un novo equipo e non tes formación,
que necesitas uns días por enfermidade dun familiar, ou que non sabes cales son as
funcións que che corresponden segundo a túa categoría profesional.

Para todas estas cuestións e moitas máis está aí a representación legal das
traballadoras e os traballadores, para axudarche a defender os teus dereitos e
intereses fronte á empresa.
CCOO é un sindicato útil para as traballadoras e traballadores e para a sociedade
que,amais de intervir sindicalmente nos centros de traballo, ofrece o mellor
ASESORAMENTO XURÍDICO, da maneira máis áxil, a todas as persoas afiliadas a
CCOO.
Sabías que por estares afiliado/a a CCOO tes dereito a utilizar os SERVIZOS
XURÍDICOS en condicións moi vantaxosas, que alcanzan a gratuidade a partir do
terceiro ano?
Cando a vía sindical está esgotada, CCOO segue ao teu lado para defender os teus
dereitos ante calquera incumprimento da normativa laboral por parte das empresas e
as Administracións.

COMO PODES TRAMITAR A TÚA AFILIACIÓN?


Estas son as tres vías que tes para afiliarte:

1. De forma presencial

Tes que cubrir un formulario coa túa información persoal e laboral mais os teus
datos bancarios e devolvelo cuberto en calquera dos locais de CCOO ou a través
de calquera das nosas delegadas e delegados sindicais da túa empresa.

2. A través da páxina web do sindicato

En calquera das seguintes ligazóns:

http://www.ccoo.gal/
http://www.ccoo.gal/santiagobarbanza

Preme a icona “Afíliate”, volve premer en “Afíliate” e accedes á información sobre


protección de datos. Preme “Aceptar” e accedes a un formulario que debes cubrir
coa túa información persoal, laboral, os teus datos bancarios e enviar.

3. A través do teléfono

Agora é máis rápido e doado: premes na seguinte ligazón:

https://www.ccoo.es/sol_afi_web_breve_/index.php

Cobre os datos solicitados e chamámoste por teléfono para completar a


afiliación.

4. A través do correo electrónico

Podes tramitar a afiliación a través do correo electrónico ucstgo@galicia.ccoo.es


adxuntando a ficha de afiliación que aparece na penúltima páxina cuberta.

5. A través do delegado sindical de CCOO da túa empresa

Podes falar con teu delegado sindical para que te axude a tramitar o alta da túa
afiliación ou darlle a él a ficha de afiliación que aparece na penúltima páxina
cuberta.

VALORES DAS COTAS DE AFILIACIÓN PARA O ANO 2024

Cota súper reducida 4,80 €(revisable anualmente)


Aplicable a persoas que non perciben ingresos, retribucións nin prestacións, ou
que as perciben en contías brutas iguais ou inferiores a 8000 € ao ano.
Aplicable tamén a menores de 30 anos, na procura do primeiro emprego, e a
mozos e mozas que leven máis de seis meses na situación de simpatizantes

Cota especial 8,55 €(revisable anualmente)


Aplicable a persoas con retribucións, ingresos ou prestacións brutas entre 8001
€ e 16 000 € ao ano

Cota xeral reducida 13,60 €(revisable anualmente)


Aplicable a persoas con retribucións ou prestacións brutas entre 16 001 € e
24 000 € ao ano

Cota xeral ordinaria 15 €


Aplicable a persoas con retribucións brutas superiores a 24 001 € ao ano

Cota xeral pensionistas e xubilados 11 €


Aplicable a persoas con ingresos superiores a 14 001 € aoano

Cota militante 17,90 €


Cotavoluntaria

LEMBRA QUE PODES DESGRAVAR A COTA SINDICAL


NA TÚA DECLARACIÓN ANUAL DA RENDA
Servizos de CCOO. Descontos para afiliados e afiliadas

ACADEMIAS
Ofrece aos afiliados e afiliadas de CCOO
que queiran preparar as oposicións
ofertadas pola Xunta de Galicia
descontos do 15 % .
Rúa de San Lázaro, 83. Santiago.
Teléfono 981 884 924
www.centroestudio.es

(CEFIASA) ofrece un desconto do 20 % sobre as clases


presenciais, a distancia e en liña, tanto en oposicións como
en cursos profesionais, e un 15 % sobre o material editado
pola academia.
Rúa do Escultor Camilo Otero, 17. Santiago. Teléfono:
981 940 494.
www.adams.es

As persoas afiliadas beneficiaranse dun desconto do 25 %


sobre o prezo dos cursos presenciais en todos os seus
centros de formación en Galicia.
informate@informateoposiciones.es
www.informateoposiciones.es
Wellington pon ao teu dispor unha
plataforma na que poderás estudar
inglés de forma interactiva.
Gramática, fonética e múltiples
exercicios multimedia cos que podes
aprender inglés desde cero ou perfeccionalo ata un nivel avanzado.
Por só 49 €, as persoas afiliadas que acrediten estar ao día nas cotas do sindicato poderán
acceder á plataforma durante un ano completo. Pagamento válido tamén para familiares
(pais, irmáns, fillos e cónxuxes).
Esta vantaxe económica inclúe apoio de titores durante todo o tempo de formación e a
emisión do correspondente certificado de aproveitamento ao finalizala.
https://www.wellingtonenglish.com/

ALUGAMENTO DE VEHÍCULOS

Para todas as persoas afiliadas existe unha


tarifa pechada, cuns prezos que se aplicarán
todos os días do ano, e que supoñen entre un
20 % e un 25 % de desconto no alugamento de
vehículos na península, e entre un 10 % e un 15 % para Canarias e Baleares. A tarifa incluirá
quilometraxe ilimitada e seguro persoal de accidentes, entre outros.

As tarifas teñen sempre o carácter de mellor


tarifa dispoñible en cada momento e son
válidas para todos os días do ano, pero
sempre que fagamos unha reserva debemos
informarnos sobre se nese momento hai
unha promoción, oferta, etc. da que nos puidésemos beneficiar. Para as persoas afiliadas,
a tarifa que sexa aplicada incluirá 400 quilómetros/día, sen cargos de recollida e/ou
entrega en aeroportos, portos e estacións Renfe, incluídas a terminais AVE.
Para todas as persoas afiliadas existe unha tarifa
pechada, cuns prezos que se aplicarán todos os días
do ano. O acordo é extensivo ata o segundo grao de
consanguinidade e/ou afinidade da persoa afiliada a
CCOO. As reservas pódense facer a través do
teléfono 932 934 897, en calquera oficina AVIS ou ben
a través da web www.avis.es.

APARCAMENTOS

As persoas afiliadas a CCOO, así como os seus


cónxuxes, benefícianse de descontos nos seguintes
servizos:

* Rotación: estadías puntuais soamente se dispós de tarxeta Via T → 7 % de desconto.


* Abonos mensuais: Ata un 15 % de desconto
* Vales horarios (de 30 minutos ata 12 horas) → 5 % de desconto
Oferta válida para os aparcamentos SABA que aparezan na listaxe incluída na ligazón
https://servicios.ccoo.es/servicios/Ultimas_ofertas:47190
En Santiago, na rúa Hórreo, 75, teléfono 981 596 563
estacion.santiago@saba.eu

CENTRO AUDITIVO

As persoas afiliadas a CCOO beneficiaranse dun desconto do 10 %


sobre os prezos das tarifas.
Avda. Rosalía de Castro, 69 – Santiago
Teléfono 981 569 983
https://www.auralcentrosauditivos.es/centro/santiago-de-
compostela
CLÍNICAS DENTAIS

Ofrece aos afiliados e afiliadas de CCOO descontos de


entre o 10 % e o 15 % en odontoloxía preventiva e endodoncia,
estética dental, periodoncia, implantación oral, cirurxía
bucal, próteses, medicina nutricionista, etc.

Rúa República do Salvador, 34, 5.º B, Santiago


Teléfono: 981 590 656
https://piasclinicadental.com/

Ofrece aos afiliados e afiliadas de CCOO un desconto do 10 %


sobre a tarifa; non acumulable con outros descontos de
seguros nin promocións.

Rúa Frei Rosendo Salvado, 10, 4.º C, Santiago


Teléfono: 981 591 822
www.clinicadentalmaralvarez.com

FISIOTERAPEUTAS

Ofrece descontos de ata o 40 % nos tratamentos


de rehabilitación de longa duración.
Prezo por sesión de fisioterapia para afiliados: 20

Rúa de Melide 1, Salgueiriños. Santiago
Teléfonos: 981 552 255/689 767 436.
https://recuperacion-funcional.com
Ofrece un desconto do 8 % de desconto,
deixando un prezo de 23 € a sesión.
Rúa Pintor Laxeiro, 11, 2.º A
A Pobra do Caramiñal
Teléfono 981 831 965
http://www.mansfisioterapia.es

Tarifas para afiliados e afiliadas:


Clínica de Noia (Rúa Pontevedra, 3
baixo)
Teléfono 981 824 919
Sesión de fisioterapia: 22 €
Sesión de osteopatía: 45 €

Clínica de Santiago (Rúa da Rosa, 32 baixo)


Teléfono 981 595 681
Sesión de fisioterapia: 28 €
Sesión de osteopatía: 50 €
https://fisioterapiacinesia.com

GASOLINEIRAS
Tarxetas Galp beneficia as persoas afiliadas cun
desconto de 6 céntimos/litro en cada recarga
que se efectúe en calquera das gasolineiras
Galp. Para solicitar a tarxeta ou renovala, terá
que ser a través da seguinte ligazón:
https://ccoo.ahorraengalp.com/ Consulta a
listaxe de estacións adheridas a esta promoción
en https://galp.com/es
HOTEIS

A cadea de hoteis ofrece ás persoas afiliadas a CCOO un


desconto de ata o 10 % na contratación das súas estadías
vacacionais. Puxéronse en marcha protocolos fronte á
COVID-19. Consulta a listaxe cos hoteis abertos na páxina
da cadea. www.barcelo.com

Descontos entre o 8 % e o 15 % para persoas afiliadas.


www.nh-hoteles.es

Descontos do 10 % nos hoteis e un 10 % nos restaurantes


EBOC para a nosa afiliación. www.cataloniahotels.com

Desconto do 15 % aplicado ás persoas afiliadas


www.paradores.es
OCIO
Poderás beneficiarte, como titular e ata tres acom-
pañantes, dun desconto de 10 € na compra dunha entrada
de adulto, júnior ou sénior de 1 día para PortAventura
Park. Para validar a promoción é imprescindible
presentar persoalmente o teu certificado de afiliación ou
o último recibo de CCOO nos despachos de billetes do
parque. Válido unha soa vez por día. Non válido para
outros parques ou instalacións de PortAventura World.

A través do portal de Internet Diverclick, posibilítase a


adquisición de entradas con importantes descontos e ofertas
para todo tipo de espectáculos, cinemas, teatros, musicais, etc.
Ofertas exclusivas para as persoas afiliadas a CCOO

Consegue os mellores prezos en entradas para visitar os


mellores parques. Bono parques PREMIUM especiais!

Solicítao en : afiliacionyserviciosmadrid@usmr.ccoo.es
ÓPTICAS

Ofrece un 15 % de desconto en todos os produtos: lentes


graduadas, de sol, lentes de contacto, audiófonos, laringó-
fonos, etc. Seguro gratuíto en lentes graduadas, lentes de
contacto, audiófonos e laringófonos, polo prazo dun ano en
todo o país. Revisión visual e auditiva gratuíta. Tarxeta de
pago fraccionado de Multiópticas, gratuíta. Tarxeta Travel
club, gratuíta. Non se inclúen os artigos en promoción.
Todos estes descontos e condicións especiais son
extensibles aos familiares directos (pais, esposo/a e fillos) e
teñen validez en todas as Multiópticas de Galicia e de toda
España.

Rúa do Xeneral Pardiñas, 26, Santiago Rosalía de Castro, 5, Ribeira


Teléfono: 981 597 027 Teléfono: 981 835 209
www.multiopticas.com

Desconto do 15 % en todos os produtos, agás ofertas, para


afiliados e afiliadas e familiares.

Rúa de Paz, 2, baixo, Pobra do Caramiñal


Teléfono: 981 831 594
www.opticacaramiñal.es

Ofrece ás persoas afiliadas, no local de Bertamiráns, un


20 % de desconto nos produtos da óptica agás lentes de
sol, que terán un 15 %. Non se inclúen os artigos en
promoción. No local de Santiago, un 15 % en gafas graduadas.
En Ames
Avda. da Maía, 60 (Bertamiráns)
Teléfono 981 890 270
En Santiago
Alfredo Brañas, 6
Teléfono 981 595 259
https://opticahermo.es/
Un 20 % ao mercar lentes de marca con cristais graduados.
Descontos de ata o 40 % en lentes de sol de todas as marcas,
cristais graduados gratis para nenos e nenas de ata 12 anos
ao comprar a montura e cambio dos cristais ao 50 % por
raiado, rotura ou cambio de graduación en sucesivas
compras. (Cristais suxeitos a fabricación en material orgánico índice 1.501.con endurecido).
Pódense beneficiar destes descontos todas as persoas afiliadas a CCOO activas e ao
corrente no momento da transacción e os seus familiares de primeiro grao.

Rúa do Xeneral Pardiñas, 11 baixo - Santiago CC. As Cancelas, local 0-22


Teléfono: 981 571 602 Teléfono: 981 940 771
Web: www.opticalia.es

PSICÓLOGOS

Aplicará un 10 % de desconto sobre a tarifa ás


persoas afiliadas e aos seus fillos ata os 16 anos
de idade. Os afiliados e afiliadas terán, ademais,
unha hora de aparcamento gratuíto logo de
reservalo.
Rúa das Galeras, 17, andar 1.º - Local 4, Santiago
de Compostela
Teléfono 981 110 338

Web: boamente@boamente.es
https://linktr.ee/boamente_psicologia
PSICOTÉCNICOS

Ofrece descontos para afiliados e afiliadas a


CCOO nos seus servizos. Este psicotécnico
está especializado na realización de
certificados médicos estándar e nos
recoñecementos necesarios para os
certificados de obtención e renovación dos
distintos tipos de licenzas e permisos de condución, de operador de guindastre, de
embarcacións de recreo, armas, seguridade privada, mergullo e tenza de cans potencialmente
perigosos.

Rúa do Hórreo, 30, 2.º, Santiago. Rúa Porta Fondo de Vila, 2, 2.º, Padrón
Teléfono: 981 583 967 Teléfono: 981 811 179
Web: https://psicotecnicohorreo.es

REFORMAS

Poderás beneficiarte dun desconto do 5 % sobre


o prezo de tarifa.
Teléfonos 665 581 000 / 665 550 101
sumire.reformas@gmail.com

TALLERES
Descontos dun 10 % sobre o importe da factura
antes do IVE en todos os servizos, acreditando a
condición de afiliado/afiliada.
Paseo das Carolinas, 12, Ribeira
Teléfono: 881 862 886
XIMNASIOS

Os afiliados/afiliadas poderán beneficiarse dunha


bonificación do 50 % na inscrición e a primeira
mensualidade
Rúa da Rosa, 42 baixo , Santiago
Teléfono 981 591 449

Máis información e descontos en servizos.ccoo.es ou no


seguinte código QR

As empresas resérvanse o dereito a modificar as condicións dos servizos ofrecidos. Nese caso, o sindicato
comprométese a informar por correo electrónico.
INFORMACIÓN XERAL DE INTERESE

Solicitude informe vida laboral

 Solicitude cita previa na seguridade social





 Solicitude certificado de prestacións do SEPE


 Solicitude de informe das bases de cotización


 Oficina virtual de emprego – Xunta





 Axencia local de colocación:

You might also like