You are on page 1of 14

ACTA DA SESIN CELEBRADA POLO PLENO DO CONCELLO O DA VINTE E CATRO DE OUTUBRO DE 2011, CON CARCTER ORDINARIO SRES.

ASISTENTES: Presidente: Concelleiros D. CARLOS MARTNEZ CARRILLO D. MANUEL COSTA CARNEIRO D. MARGARITA DEVESA CARDELLE D. ROGELIO LEMA MOUGN D. MARA JESS PIEIRO CALDELAS D. ENRIQUE VZQUEZ MARTNEZ D. ODN C. COBAS GARCA D. LUCA GONZLEZ LOURO D. ELOY J. IGLESIAS LPEZ D. JORGE CERDEIRA LOURO D: BEATRIZ AMENAL JUNQUERA D. JOS ANTONIO POSE RODRGUEZ D. JOS ALVELA EDREIRA D. CARLOS J. MNDEZ-LOSADA ABALO

Secretario

Na Casa do Concello de Vedra, sendo as vinte e unha horas e quince minutos do da vinte e catro de outubro de dous mil once, baixo a presidencia do Sr. Alcalde-Presidente D. Carlos Martnez Carrillo, renese en sesin ORDINARIA o PLENO DO CONCELLO, figurando os membros do mesmo ao comezo desta acta. Declarado aberto o acto pola Presidencia seguidamente psanse a tratar os asuntos includos na seguinte ORDE DO DA 1.- Aprobacin, (22/09/2011) se procede, da acta da sesin anterior

Dse conta da acta da sesin celebrada o vinte e dous de setembro do ano que andamos, que logo de corrixir na intervencin de dona Luca Gonzlez do PSdeG-PSOE no punto 6 relativo designacin de representantes do concello na Rede Galega de Concellos pola Sostibilidade, onde di anunciarlle Concelleira, por instar Concelleira , aprbase por unanimidade dos asistentes. 2.- Aprobacin, se procede, da modificacin de crditos n 1/2011 Dse conta do expediente nmero 1/2011 sobre modificacin de crditos do Estado de Gastos do Orzamento municipal para o actual exercicio, no que se inclen crditos por importe de CINCUENTA E CINCO MIL CINCOCENTOS (55.500,00) EUROS para facer fronte a obrigas a cargo desta Corporacin relativas a INVESTIMENTOS EN ALUMEADOS PBLICOS, MANTEMENTO DE MAQUINARIA E GASTOS DE SERVIZOS SOCIAIS, e cuxo expediente se tramitou en virtude de memoria da Alcalda de data dezasete de outubro de dous mil once, e de decreto dic-

tado como consecuencia da mesma, utilizndose como recursos parao seu financiamento: - Baixa parcial de crditos das aplicacins do Estado de Gastos do Orzamento Municipal para o exercicio de 2011 que de seguido se relacionan, por poder prescindir de contraer obrigas con cargo aos mesmos e polas contas necesarias para financiar as modificacins presupostarias: APLICACIO N 912-233 920-212 920-213 920-216 920-219 920-463 934-830 934-913 DENOMINACIN Indemnizacin por asistencias a sesins Mantemento de edificios administrativos Mantemento de instalacins administrativas Mantemento de equipos informticos Mantemento de ourto inmovilizado Transferencias a mancomunidades Concesin de prstamos a corto plazo Amortizacin de prstamos IMPORTE 17.000,00 1.500,00 1.500,00 1.000,00 1.000,00 9.500,00 12.000,00 12.000,00 55.500,00 No expediente aparecen informes de Secretara-Intervencin e demais regulamentarios, todos eles en sentido favorale. Considerando o carcter inaprazable das obrigas a cargo da Corporacin e que as modificacins que se propoen non producirn perturbacins dos respectivos servizos nin dos intereses municipais, proponse: 1.- Informar favorablemente a proposta de modificacin de crditos referida, mediante a baixa parcial e transferencia dos crditos, cuxas cantidades debern ser consignadas nas aplicacins orzamentarias que se reflicten na memoria que motivou o expediente e cuxo detalle o que a continuacin se expresa: APLICACIN DENOMINACIN 165-609 Infraestrutura en alumeados pblicos 231-227 Traballos tcnicos de servizos sociais 453-213 Mantemento de maquinaria para estradas
TOTAL EXPEDIENTE MODIFICACIN CRDITOS

TOTAL BAIXAS DE CRDITOS PARA FINANCIAR A MODIFICACIN

IMPORTE 26.500,00 18.000,00 11.000,00 55.500,00

Coas modificacins propostas, o resumo por captulos do Estado de Gastos do Orzamento queda como segue:
CONSIGNACIN ANTES EXPTE. 1- Gastos de persoal 1.328.500,00 2-Gastos en bens correntes e 1.278.399,11 servizos 3- Gastos financeiros 27.900,00 CAPTULOS AUMENTOS CRDITOS 29.000,00 BAJAS CRDITOS CONSIGNACIN RESULTANTE 1.328.500,00 22.000,00 1.285.399,11 27.900

46789-

Transferencias correntes Investimentos reais Transferencias de capital Activos financeiros Pasivos financeiros SUMAS TOTAIS

74.189,78 802.873,73 3.200,00 12.000,00 180.100,00 3.707.162,62

9.500,00 26.500,00 12.000,00 12.000,00 55.500,00

55.500,00

64.689,78 829.373,73 3.200,00 0,00 168.100 3.707.162,62

2.- Que se contine a tramitacin do expediente, con inmediata exposicin ao pblico, para efectos de reclamacins. 3.- Que no suposto de non presentarse reclamacins contra o mesmo, se considere definitivamente aprobado, debendo cumprirse, en ambos supostos, a publicacin no Boletn Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do Concello. Dona Luca Gonzlez do PSdeG-PSOE solicita informacin sobre cales son motivos da necesidade de incre mentar crdito na partida de traballos tnicos en servizos sociais. O Sr. Secretario -Interventor da Corporacin explica que necesario incrementar o crdito nesa partida para poder facer fronte s obrigas derivadas da adxudicacin do contrato do servizo de axuda no fogar e dependencia Posta a votacin a citada modificacin aprbase con 7 votos a favor do PP e TEGA e 6 asbtencins do PSdeG-PSOE e BNG. 3.- Acordo, se procede, sobre designacin de representantes do concello na Red Espaola de Ciudades por el Clima Dse conta da comunicacin da Secretaria de la Red Espaola de Ciudades por el Clima solicitando a designacin de representante poltico e tcnica na Red Espaola de Ciudades por el Clima da que formamos parte Proponse como representantes do concello D. Margarita Devesa Cardelle (titular) e don Enrique Vzquez Martnez (suplente) e como representante tcnico dona M. Cruz Vilas Giadanes. O Pleno por unanimidade dos asistentes acorda aprobar a citada proposta. 4.- Acordo, se procede, sobre mocin do PSdeG-PSOE en defensa dunha educacin pblica gratuita e de calidade Dse conta da mocin presentada polo Grupo Municipal Socialista na que expn que a sociedade galega ven sufrindo nos ultimos meses un ronsel de recortes conmicos e outras medidas adoptadas pola Xunta de Galicia (reducin axudas para libros de texto, merma de docentes, peche de escolas unitarias e aulas pblicas, ....etc) que lonxe de apostar pola defensa dunha educacin pblica gratuita e de calidade s contriben ao desmantelamento da ensinanza pblica en favor da concertada, facendo fincap na reducin nun 50% na partida adicada as bolsas de alumnado de Formacin Profesional para a formacin en centros de traballo e a reducin en mis dun 25% das bolsas para o alumnado universitario , ademais de contemplar

a situacin familiar do ano anterior e non as circunstancias presentes que poden cambiar totalmente as posibilidades econmicas das familias no tema das axudas. Polo exposto solicita a adopcin dos seguintes acordos: 1.- Instar ao Presidente da Xunta de Galicia e ao Concelleiro de Educacin a apostar de forma decidida por acadar en Galicia un sistema educativo pblico de calidade poendo fin ao marcado favoritismo do que gozan as institucins concertadas, e abandonando as polticas de continuos recortes que est a aplicar en materia educativa 2.- Instar ao Presidente da Xunta de Galicia e ao Conselleiro de Educacin a, cando menos, manter a plana docente dos centros de ensino pblico do Concello de Vedra, de modo que o bo funcionamento e a boa labor docente destes centros non se vexan afectados por futuros recortes de medios e persoal 3.- Instar ao Presidente da Xunta de Galicia e ao Conselleiro de Educacin a crear unha lia de becas, bolsas e axudas para aquel alumnado, de calquera nivel de ensinanza, que por causas familiares sobrevidas non poida seguir cursando os seus estudos 4.- Instar ao Presidente da Xunta de Galicia e ao Conselleiro de Educacin a crear unha lia especfica de becas para desempregados que desexen retomar ou iniciar estudos regrados e para propiciar o retorno ao sistema educativo dos menores de 25 anos que se atopen en situacin de desemprego. Dona Luca Gonzlez do PSdeGS-PSOE expn que sobra calquera explicacin sobre dita mocin porque o certo e que o da a da e a realidade que vemos nos medios e no noso concello e nos dos arredores falan por si solos en canto situacin do ensino pblico na Comunidade Galega dun tempo a esta parte. Di que son evidentes os recortes que se ven obrigados a facer, podemos dicir, quizais non en tan grande medida, pero en calquera caso nunca primando o ensino concertado ou privado sobre do ensino pblico. Tamn sinala que na mocin se contempla a creacin dunhas bolsas de axudas para facilitar que aqueles mozos/as en idade escolar ou que estean en estudos de mbito superior poidan acceder ou seguir os seus estudos no caso de que a situacin econmica da sa familia non sexa agora tan favorable como ata este momento. Por ltimo solicita o apoio de todos os grupos para que este tema se poida elevar e ver se entre todos se pode conseguir que se mantea o nivel do ensino pblico que exista ata o de agora. Don Rogelio Lema do PP di que hai cuestins nas que poden estar de acordo pero basicamente hai unha discrepancia grande co plantexamento, e que o ensino pblico ten unha elevada calidade e no caso de Galicia est por encima da medida en resultados Expn de seguido que hai que seguir mellorando en resultados co esforzos de todos, mestres e sobre todo dos alumnos, que non estn educados na cultura da responsabilidade do esforzo e iso ten moito que ver coa escala de valores que se est a promocionar dende determinados medios de comunicacin, etc, e os pais e nais teen un papel fundamental.

Sinala que a entradilla que se fai na exposicin de motivos da mocin parcelle demagxica e dun certo cinismo poltico, porque o goberno socialista ten moita culpa, xa que os recortes sofrenos a sociedade galega e a do resto do pas, e no caso da primeira en funcin dos recortes que impn o goberno central. En canto reducin das axudas para libros de texto, di que a Consellera de Educacin por terceiro ano consecutivo ten un plan de gratuidade solidaria dos libros de texto, que lle parece un sistema solidario, mis xusto que busca acadar un maior nmero de familias beneficiarias, de xeito beneficia a 7 de cada 10 alumnos, e dende logo o sistema de tramitacin moito mis xil tanto para as familias como para o resto da comunidade educativa , que o sistema anterior de prstamo de libros, ademais de que cada alumno debe ser dono dos seus libros Con respecto merma de docentes, sinala que a primeira merma fixoa o goberno socialista coa rebaixa da nmina aos mestres como a do resto dos funcionarios, e suprmindo por decreto o 70% das prazas de profesores que se xubilen, e que a Consellera de Educacin neste caso o que fixo foi optimizar os recursos existentes, incorporando os liberados sindicais, creando os centros integrados de FP, reestructurando a xornada lectiva, ...etc Polo que respecta s unidades de escolas unitarias di que se seguiron os criterios que se vian utilizando ata o de agora, mantendo as escolas con 5 ou mis alumnos, apuntando que neste curso s se pecharon 14 unitarias fronte a unha media de 20 escolas/curso durante o goberno bipartito. En relacin coas baixas de mestres di que durante o primeiro mes deste curso se cubriron 1260 substitucins, co que realmente non existen tales recortes. En canto ensinanza concertada di que o real decreto 2367/1985 polo que se creou a ensinanza concertada aprobouna o goberno socialista, e en canto sa eficiencia e os custos que un 11% do presuposto educativo vai destinado a este tipo de ensinanza que acolle a un27 -28% do alumnado galego, co que supn un apoio importante ao sistema pblico. Con respecto reducin de becas a estudantes sinala que a concesin de becas e axudas no ensino non universitario son competencia do Ministerio de Educacin e non dos gobernos autonmicos, mencionado que o recorte do presuposto do Ministerio de Educacin foi do 8,1% , que no caso do ensino non universitario chega ao 23,7%, fronte ao 6,8% do da Consellera de Educacin , que se reducira ao 5% se non fose polo decretazo do goberno central. Por ltimo sinala que dada a crise econmica hai un recorte importante nas Administracins Pblicas e obriga a que se axusten os recursos para dar os servizos con calidade, que se est a facer no caso do ensino pblico galego. Dona Luca Gonzlez expn que vista da exposicin do Sr. Lema pode afirmar que o departamento que mellor funciona da Xunta de Galicia o gabinete de propaganda, xa que se ben os datos que manexa son oficiais non por iso son mis certos, pero que cada da se poen en entredito vista da resposta que a sociedade galega lle est a dar as medidas que estn a adoptar no eido da educacin. Di que efectivamente existe un R.D polo que se crean os centros concertados, pero outra cousa cantos cartos se estn a destinar a estes centros en detrimento dos pblicos, que sin son un apoio pero que sern anda mis se continuan nesa dinmica de recortes e favoritismos cara ensinanza concertada

Sinala que a realidade que se eliminaron 157 millns de euros dende o 2010 para a educacin, que se cubriron baixas nalgn caso pero noutros non , e que temos 1000 mestres menos e 3000 alumnos mis, e esta realidade a que move aos colectivos de nais, pais e mestres a protestar contras as polticas que se estn a levar a cabo Di que se eliminou o emprstito de libros de texto, que agora s beneficia a un 40% da familias, que existe un desprestixio das escolas oficiais de idiomas; cllese a bandeira do plurilinguismo para vetar cada vez mis ao galego no ensino; flase de pontenciar a FP pero cada vez elimnanse mis ciclos; pense en marcha proxectos estrela como o Abalar que potencia anda mis aos centros concertados, xa que temos 1281 centros pblicos e s un 1/5 parte dos mesmos teen implantado o sistema, que na maiora dos caos s teen pantaias electrnicas que lle permiten substituir una tiza por un lpiz electrnico, e no caso dos centros concertados a porcentaxe elvase a 1/3 dos mesmos, co que se pode considerar que esta sera a porta de atrs do financiamento destes centros, porque a porta principal obvia, simplemente recortase na pblica para destinala privada; pchanse comedores escolares, modifcanse aulas facndoas mixtas , pero desdblanse nos concertaos, e isto incluso na mesma localidade. Sinala que o que se pretende con estes recortes crear unha lite educativa que permita acceder na maior medidas aos estudos superiores a persoas que sen un aval dunha ensinanza pblica de calidade non van a ter oportunidades laborais, o que supn unha perda dunha educacin democrtica, entendendo como democrtica o acceso de todos a unha educacin pblica. Ademais expn que en definitiva ista a realidade que ten a xente na ra e que est a protestar contra estos recortes e polo que o seu grupo presenta esta mocin, solicitando o apoio da Xunta de Galicia para que dado que estamos nun momento complicado aqueles mozos e mozas que por algn motivo econmico da sa familia sen ven con dificultades para continuar poidan seguir os seus estudos, e ademais -di- que no seu programa electoral das pasadas eleccins municipais figuraba nun punto a creacin de axudas de estudos para os mozos e mozas de Vedra Para rematar a sa intervencin tamn menciona que no ensino universitario se saltou unha convocatoria de becas, truncndolle a carreira universitaria ou a tese doutoral a moitos estudantes galegos que se lanzan a un mundo un tanto incerto para afrontar os estudos superiores sen as correspondentes axudas. O Sr. Pose do BNG expn que o PP ten o mesmo discurso que Scrates e que os nosos pais, avs e demais antepasados sobre da cultura do esforzo, que cando hai un salto xeracional sempre se di iso dos anteriores, e que l cree que os xoves de hoxe son responsables como os de antes, que cambian os tempos e os medios pero que son iguais de responsables. En canto ao tema da educacin, di que as competencias estn transferidas Xunta de Galicia, e polo tanto quen ten que xestionala o Presidente da Xunta Polo que respecta aos mestres, ao igual que outro mestre da corporacin forma parte do Consello Escolar do CPI de Vedra, e son coecedores do mosqueo que teen. Di tamn que en relacin aos libros de texto, que o sitema actual tan bo que o propio CPI de Vedra est implementando un mecanismo que permita acceder gratuitamente de uns alumnos a outros os libros do ano anterior.

Expn que a lei que regula a educacin dos centros concertados creouna o PSdeG-PSOE pero o uso dela correspndelle ao Presidente da Xunta que ten transferida todas as competencias. Por ltimo di que lle gustara que o Sr. Costa Carneiro contase agora o que pasou no Consello Escolar do CPI de Vedra, se cree que moitos dos seus compaeiros estn contentos co que est a pasar; se cando din que existen grupos que pasan de 15 a 30 alumnos , se realmente o dos 1000 mestres menos un invento deles, que moitos dos seus compaeiros interinos que levaban 5 anos traballando quedaron no paro. Intervn de novo o Sr. Lema do PP e di que cada quen ten a sa visin sobre deste tema e que non vai entrar en polemicas xa que non se chegara a un consenso, indicando como colofn que o ensino pblico en Galicia goza de boa sade. Sobre dos acordos estarian dispostos a apoiar o 2 punto, e en canto aos 3 e 4 esatrian dispostos a apoialos sempre e cando se lle engada tamn Instar ao Presidente do Goberno de Espaa e ao Ministro de Educacin..., xa que efectivamente as competencias estn transferidas pero se reducen os cartos repercute negativamente sobre da calidade da ensinanza do pas. O Sr. Alvela de TEGA di que apoiar a mocin do PSdeG-PSOE Somtese a votacin a proposta alternativa do PP, cuxo texto di: 1.- Instar ao Presidente da Xunta de Galicia e ao Conselleiro de Educacin, cando menos, a manter a plana docente dos centros de ensino pblico do Concello de Vedra, de modo que o bo funcionamento e a boa labor docente destes centros non se vexan afectados por futuros recortes de medios e persoal 2.- Instar ao Presidente da Xunta de Galicia; ao Conselleiro de Educacin; ao Presidente do Goberno e ao Ministro de Educacin a crear unha lia de becas, bolsas e axudas para aquel alumnado, de calquera nivel de ensinanza, que por causas familiares sobrevidas non poida seguir cursando os seus estudos 3.- Instar ao Presidente da Xunta de Galicia; ao Conselleiro de Educacin; ao Presidente do Goberno e ao Ministro de Educacin a crear unha lia especfica de becas para desempregados que desexen retomar ou iniciar estudos regrados e para propiciar o retorno ao sistema educativo dos menores de 25 anos que se atopen en situacin de desemprego. O pleno con 6 votos a favor do PP e 7 votos en contra do PSdeG-PSOE, TEGA e BNG, acorda rexeitar a citada proposta alternativa. De seguido o Pleno aproba a mocin presentada polo PSdeG-PSOE con 7 votos a favor do PSdeG-PSOE, TEGA e BNG e 6 votos en contra do PP. 5.- Acordo, se procede, sobre mocin do PSdeG-PSOE solicitndolle Xunta de Galicia a ampliacin do CPI de Vedra Dse conta da mocin presentada polo Grupo Municipal Socialista na que expn que os recortes realizados pola Xunta de Galicia no mbito da Educacin

estn a provocar unha moi importante reducin de investimentos nos centros educativos que afectan ao conxunto das actuacins precisas en materia de mantemento, ampliacin ou construcin de centros Di tamn que coecedores do apao constructivo feito para aloxar unha das tres aulas de infantil no CPI de Vedra entenden imprescindible que a Consellera de Educacin considere prioritaria a ampliacin do CPI de Vedra para dotalo de aulas de educacin infantil axeitadas Polo exposto solicitan a adopcin polo Pleno dos seguintes acordos: 1.- Instar Xunta de Galicia a presentar ante a comunidade educativa e ante o concello un calendario preciso no que se indiquen fases, orzamento e calendario para a ampliacin do CPI de Vedra co fin de dotalo de aulas de infantil axeitadas. 2.- Instar Xunta de Galicia a incorporar a obra de ampliacin do CPI de Vedra na sa previsin priorizada de obras necesarias e de mis inmediata execucin Dona Luca Gonzlez do PSdeG-PSOE expn que esta mocin ven motivada por un lado polo coecemento de que dende a direccin do centro xa se ten feito este pedimento Consellera para que se executen estas obras na medida do posible, pero tamn un pouco enfatizado vista da declaracin do Conselleiro de Educacin que con motivo do inicio do curso escolar falando dos recortes aos que se vian avocados fala de prorrogar e replantexar prazos e priorizar obras, e solicitan que nesa priorizacin se tea en conta ao CPI de Vedra. O Sr. Lema do PP di que por suposto que van apoiar a mocin e nicamente sinalar que xa fai anos que esas aulas estn nesa sitaucin e que vivimos pocas de bonaza e non se fixo daquela, esperando que se faga agora e que dende logo o seu grupo far todo o posible para que as sexa. Intervn de novo a voceira do PSdeG-PSOE e di que espera que se faga pero que dende logo nos orzamentos para o 2012 ou est nunha partida oculta ou non se vai levar a cabo, esperando que entre todos sexan capaces de sacar adiante esa obra. O Pleno, por unanimidade dos asistentes, acorda aprobar a citada mocin. 6.- Acordo, se procede, sobre mocin do PSdeG-PSOE solicitando a derrogacin da Orde do 28/07/2011 da Consellera de Facenda pola que se aporban os novos prezos medios no mercado para determinados inmobles rsticos e urbanos para os exercicios 2010-2011 Dse conta da mocin presentada polo Grupo Municipal Socialista na que expn que a Consellera de Facenda vn de aprobar a Orde de novos prezos medios no mercado para os inmobles rsticos e urbanos para os exercicios de 2010 e 2011, que afectarn aos impostos sobre sucesins e doazns e sobre transmisins patrimoniais e actos xurdicos documentados. Estas valoracins conteen un aumento moi significativo e xeneralizado no prezo dos inmobles en relacin coas valoracins anteriores.

Di tamn que segundo a Orde do 28 de xullo publicada no DOG do 19 de agosto de 2011 estes prezos medios tern efectos retroactivos xa que se aplicarn para os exercicios 2010 e 2011 o que implica que a propia administracin autonmica se autocorrixe, posto que facilitou unha serie de valores para todo o ano 2010 e boa parte de 2011 que agora altera. Dado que esta situacin est a provocar un claro prexuzo para todos os vecios e vecias do Concello de Vedra que observan un incremento dos impostos vinculados coa compra e transmisin de inmobles en casos de ata o 140%, e ademais manifesta unha maior carga impositiva se se fai unha comparacin das valoracins con concellos dos arredores, solicita a adopcin do seguinte acordo: O Concello de Vedra insta ao goberno da Xunta de Galicia: 1.- derrogacin da Orde do 28 de xullo de 2011 pola que se aproban os novos prezos medios no mercado para determinados inmobles rsticos e urbanos para os exercicios de 2010 e 2011. 2.- aplicacin das valoracins previas s modificacins derivadas de esta Orde e revisin das mesmas para detectar posibles sobrevaloracins dos bens inmobles 3.- A non aplicar, en ningn caso, revisins retroactivas Dona Luca Gonzlez do PSdeG-PSOE expn que estamos ante algo que se podera calificar como unha subida de impostos encuberta, cando o Presidente da Xunta cansouse de dicir que non a subilos Di que esta Orde saiu publicada o 19/08/2011 en poca de vacacins , e que por unha banda unha revisin que ningun sabe de onde saiu, pois basase nun estudo de mercado que ningun coece, e por outro lado incorpora que se aplicarn estes valores sobre aquelas transmisins que se fixeron durante o ano 2010. Ademais sinala que por un lado necesario que a Consellera revise ese estudo de mercado que fixo, que o dea a coecer e que realmente considere o prezo do mercado, entendendo que se fixeron de xeito discrecional, que o mercado non era o galego, e por outro lado hai circunstancias, como por exemplo, os bens de natureza rstica que efectivamente aplica prezos de mercado, pero cando exista ese mercado, e estes bens de natureza rstica non estn a da de hoxe no mercado. Di tamn que os valores aplicaranse para os feitos impoibles devengados a aprtires do 01/01/2010 , o que supn unha vulneracin do principio que consagra a irretroactividade das normas que limiten ou restrinxan os dereitos individuais, e que no caso de Vedra obsrvanse variacins simplemente cunha lnea imaxinaria que pode ser Ramil de Vedra ou de Boqueixn: labradio de Vedra 10,20 euros e 6,2 euros de Boqueixn, dicir 4 euros de diferencia, e anda mis no caso dos valores de fincas rsticas detctanse incrementos que van do 80% ata o 140% sobre do valor que tian que devengar no ano 2010. Por ltimo di que se trata dun expolio en toda regra e unha vulneracin dos dereitos dos vecios e vecias, en particular de Vedra, mxime cando hai vecios que sendo legais declararon no seu momento os valores reais, foron condenados a pagar 800 euros mis do que tian que devengar e despois da reclamacin e aplicando estes valores estn obrigados a pagar entre 300-400 euros a maiores do que xa tian ingresado.

Para rematar manifesta que un abuso e que deben revisar e consensuar ese estudo de mercado e sometelo ao criterio das empresas do ramo ademais daquelas que poidesen escoller para realizar o estudo no que se basea esta orde. O Sr. Pose do BNG expn que a Consellera de Facenda tia a sa base de datos propia, pero non era rendible, e non se lle ocurriu outra mellor idea que coller, referenciar e pedirlle a TINSA, que a maior empresa taxadora de Espaa, os seus valores de referencia. Di tamn que a citada taxadora non precisamente unha hermanita da caridade , de feito cobra os traballos proporcionalmente ao valor de taxacin, e ademais a lei de taxacin encima ten un erro importante, xa que ten en conta dous valores, o de reposicin e o de mercado, e este calclase con seis meses, e estaba ben para poca de bonanza cando o valor era estable ou medraba, pero non para esta poca de crise en que cada mes vara o prezo da vivenda dun xeito porcentual de nmeros enteiros , o que unha autntica barbaridade. Sinala tamn que o peor de todo que a Consellera de Facenda ten atrasados expedientes dende o ano 2007, e que a consellera tia na pxina web un programa que introducindo os datos obtanse un valor para a declaracin, e as miles de persoas entregaron os datos en funcin del, e estes novos valores tamn se aplican s sas declaracins. Por ltimo sinala que unha autntica chapuzada e nisto cree que todos estn de acordo, extrandolle que de algun xeito non o impugnen. O Sr. Alvela de TEGA di que se as anteriores mocins tian o don da oportunidade, esta loxicamente ven motivada polas razns moi ben expostas polos voceiros dos grupos Socialista e BNG, felicitando ao primeiro deles pola sa iniciativa e que dende logo a vai apoiar. O Sr. Lema do PP di que o seu grupo est absolutamente de acordo co espritu e coa letra da mocin, felicitando ao grupo Socialista por presentala, e que o nico lamentar non a ter presentando eles. O Pleno, por unanimidade dos asistentes, acorda aprobar a citada mocin 7.- Contestacin s preguntas formuladas no pleno anterior -- pregunta do PSdeG-PSOE sobre do arquivo do expediente de reposicin da legalidade por mor das obras executadas por dona Carmen Carrillo, di que se arquivou o expediente nun primeiro momento en canto que quedou acreditado que non se trataba dunha vivenda de valor arquitectnico, e polo tanto que se poda derrubar, e logo reabriuse o expediente por execucin de obra de demolicin parcial sen licenza e que agora se atopa en trmite. -- pregunta de TEGA sobre das facturas nums. 5/2011 e 7/2011 de Fermn Gonzlez sobre da redaccin do plan especial de proteccin do ncleo tradional de Ponte Ulla, di que fan referencia a meses distintos, que son facturas mensuais e vinculadas subvencin outorgada pola Xunta para a redaccin do plan especial de proteccin do ncleo tradicional de Ponte Ulla

Polo que respecta factura de Aquagest, S.L por importe de 44.590 euros, que a factura de todo o ano pola xestin do servizo de saneamento e abastecemento municipal en funcin do convenio asinado coa empresa De seguido a Presidencia cdelle a palabra concelleira delegada de Medio Ambiente, dona Margarita Devesa Cardelle, para que responda s seguintes preguntas relacionadas coa sa concellala: - pregunta de dona Luca Gonzlez sobre da escombreira ilegal en Neira de Abaixo -San Mamede, contesta que si certo que dende o concello se abriu o correspondente expediente , onde os tcnicos fixeron o seguimento oportuno, que igualmente lle correspondente. Di tamn que xa consta no expediente un informe de Seprona que di trasladados al lugar para la comprobacin de la retirada del relleno observamos que ha sido retirado del lugar quedando el terreno restaurado con su orografa natural En canto Rede Natura, tamn formulada por dona Luca Gonzlez, di que por suposto que se lle vai comunicar aos vecios e aos propietarios das parcelas que quedan en Rede Natura dos usos permitidos e os prohibidos e evidentemente tan pronto como sexa posible, pois estase espera de que se informe das ltimas novidades. 8.- Rogos e preguntas --Dona Luca Gonzlez do PSdeG-PSOE formula os seguintes rogos e preguntas: Primeiro.- Na sesin do pasado da 22 de setembro, o pleno acordou solicitar a lia crdito ICO posta a disposicin dos concellos polo goberno central para o pago das obrigas contradas fundamentalmente con pequenas e medianas empresas. Naquela ocasin obviamos preguntar con que entidade bancaria se a concertar o crdito porque demos por suposto que recurrira s entidades coas que tradicionalmente via traballando o concello, a actual Nova Galicia Banco ou o Banco Gallego. Por se acaso a nosa suposicin fora precipitada, pregunto: con que entidade bancaria se vai concertar ou se concertou xa o crdito ICO? Esperamos, e rogamos de paso, que aposten ou apostaran por entidades de capital galego, e que esta operacin non se lle conceda ou concedera a entidades que estn a levar fra os intereses econmicos de Galicia, como por exemplo o Banco Popular . Segundo.- A finais do mes de abril de 2010, o alcalde Odn Cobas tivo unha entrevista co titular da Consellera de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (CMATI) Agustn Hernndez, para solicitarlle a execucin de varios proxetos de saneamento, quedando o conselleiro comprometido a executar o de Tomonde, tal e como se recolle na acta plenaria de 16 de setembro de 2010. Nesa mesma data, 16 de setembro de 2010, o Sr. Martnez, sazn candidato do PP, sacou unha foto co conselleiro e varios vecios da parroquia de Santa Cruz que deu lugar a unha nota de prensa e a unha posterior publicacin no seu boletn de partido nas que se pregoaba que a Consellera a investir 500.000 en 2011 naquel proxeto de saneamento de Tomonde xa comprometido con Odn Cobas.

Pasaron 13 meses do posado fotogrfico e acbase o ano 2011. Dican vostedes daquela que conseguan acordos, que xa estaban acordados, para mellorar as infraestruturas de Vedra. Cando se vai pasar das palabras s obras? Cando se van iniciar as obras do tan acordado saneamento de Tomonde? Tiveron algn contacto coa consellera para interesarse pola evolucin deste proxeto? Que informacin teen ao respeto? Terceiro.- No momento do cambio de goberno o Polgono Industrial da Gaiosa estaba pendente dos informes do Ministerio de Fomento e da Direccin Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia. Foi remitido ao concello algn destes informes? Se foi as en que sentido se pronuncian? Cuarto.- Na pasada lexislatura solicitouse ante a Deputacin Provincial a construccin dunhas prazas de aparcamento a carn do campo da festa de San Xin, en sustitucin das que quedaron anuladas pola construccin dun valo, o valo da polmica, todos saben a cal me refiro, sen o retranqueo previsto. Para cando se prev a execucin desta obra? Rogamos fagan as oportunas xestins para que os vecios e vecias de San Xin poidan ter sua disposicin esta zona de aparcamento maior brevidade. Quinto.- En das pasados apareceu un anuncio polas vas pblicas do estudo de arquitectura M&M ofrecendo os seus servizos para o recoecemento de inmobles sen licenza. Dito anuncio leva o encabezado Ayuntamiento de Vedra. Firmouse algn convenio ou chegouse a algn acordo por parte do concello con dita empresa?. Porque dende logo a publicidade tal parece que contase co auspicio municipal. Sexto.- No pleno pasado fixemos un rogo para que a Presidencia intermediara coa empresa concesionaria do servizo de axuda no fogar. En que situacin se atopan as relacins traballadoras-empresa?. Estase a cumprir o convenio suscrito?. Rogamos se vele polo seu cumprimento e se garantan os dereitos das traballadoras. A Presidencia, pregunta sobre do anuncio de M&M, di que cando viu os carteis tamn lle chamaron a atencin, e que persoalmente chamou citada empreas para que sacasen da publicidade o nome do concello porque levaban confusin. Parece ser que o fixeron para mis concellos: Boqueixn, Touro,...ect --Don Jos A. Pose do BNG pregunta: 1.- Sobre da Escola Infantil de Vedra *Cando se reuniu por ltima vez a Comisin da Escola Infantil (tal e como marca o Regulamento)? *Quen forma parte da mesma se est constituda? *De non estar constituda, solictase a sa constitucin maior brevidade , a fin de seguir de perto o funcionamento da Escola e evitar problemas como o habido este ano pola falta de material curricular en galego. 2.- O Sr. Alcalde, ven de realizar unha viaxe a Arxentina

Atendendo ao citado na web dependente da Presidencia da Xunta de Galiza (Secretara Xeral da Emigracin), galiciaaberta.com, sobre : la eleccin de la Reina de la Colectividad Espaola 2011/2012, onde aparece citado : El jurado, integrado por el cnsul adjunto, Ricardo Santos; la presidenta del Consejo de Residentes Espaoles de Buenos Aires, Mara Teresa Micheln; el alcalde de Vedra, Carlos Martnez; el presidente del Club Espaol, Jos Carballedo; y el gerente general de Iberia, ...etc, dicir, tendo en conta que a citada viaxe non responde a un interese persoal, senn que ten carcter institucional (atendendo Consellera de Presidencia). *Solictase o importe completo do custo da viaxe que o Sr. Alcalde realizou a Arxentina recentemente *Da mesma maneira, solictase que aclare o mecanismo de financiamento da ciata viaxe. En este punto, recrdaselle ao aludido, que dos acrtos que ten a ben manexar o PP, soamente unha nfima parte provn dos seus afiliados. (Lei Orgnica 8/2007, do 4 de xullo, sobre financiamento dos partidos polticos). *Solictase do Sr. Alcalde, tea a bondade de contestar, se cree adecuado, en plena crise, irse de paseo a Arxentina a repartir chocolatinas, e estar no xurado de miss emigracin. De non seren estas as motivacins da citada viaxe, rgase que detalle ao pleno estas e cal beneficio que para o concello tera esta viaxe. En este punto, recrdaselle ao aludido, que non estamos en periodo de campaa. 3.- Na pxina web do concello, onde figuran publicadas as ordenanzas municipais, aparece a Ordenanza do Imposto de Vehculos de Traccin Mecnica (IVTM), sen a modificacin que se aprobou no ano 2010 a instancias do BNG. O texto orixinal obrigaba a xustificar (a unha persoa cun grao de minusvala do 33%) que as sas dificultades de mobilidade lle impedian usar o transporte colectivo. Iso aumentaba a necesidade de grao de minusvala ata mis do 50%, pois s persoas con discapacidade severa teen esa dificultade, e ademais en Vedra non hai transporte colectivo. Suprimir este pargrafo aprobouse no Pleno do 04 de marzo de 2010, e a publicacin definitiva no BOP da Corua tivo lugar o luns 10 de maio de 2010. Na pxina web do concello segue aparecendo a ordenanza tal e como estaba orixinalmente, sen terse publicado a modificacin. Tenor do exposto: rogo que se publique na pxina web a modificacin da Ordenanza municipal de IVTM aprobada en sesin plenaria de 04/03/2010, e publicada no BOP de 10/05/2010. 4.- Na ltima Xunta de Goberno, acrdase a adxudicacin da obra de reparacin da cuberta do pavilln polideportivo municipal por un importe de 12.275,76 euros mis IVE Observando que se trata dun contrato menor, e que a lei de contratos do sector pblico lle permite a adxudicacin directa, tal e como fixeron. Recordando que unha das sas propostas electorais era a de evitar contratar empresas forneas ao Concello de Vedra.

Tendo en conta que a empresa adxudicataria da obra ten domicilio fiscal en Sergude, Concello de Boqueixn, cree o Sr. Alcalde que no concello de Vedra non existen empresas capacitadas para realizar a citada obra? Sobre este tema, rgase que a empresa adxudicataria faga un escrupuloso seguimento da planificacin de seguridade e sade, e que o departamento tcnico realice as inspeccins oportunas ao fin de garantir o cumprimento da LPRL. --O Sr. Alvela di que descoece se est ou non en vigor, pero que exista un plan bienal da Xunta de Galicia para levar a cabo soterramentos de cableado, sobre todo de electricidade, solicitando informacin sobre deste plan, pois se est en vigor propoera algunha obra que afea moito e que se podera levar a cabo con algn tipo de axuda. Concle ao fio das vinte e das horas e trinta e cinco minutos

You might also like