You are on page 1of 9

BARROCO ESPAOL. VELZQUEZ.

1599 - 1660 O augador de Sevilla A fragua de Vulcano A rendicin de Breda As meninas O bufn don Pablos de Valladolid

O augador de Sevilla. 1620. 106 x 82 cm. leo sobre lenzo. Londres. Wellington Museum. Quizais a sa obra mestra da etapa sevillana. Aparecen das figuras en primeiro plano, un augador e un neno, e ao fondo un home bebendo nun xarro. Podera representar as tres idades do home, o mis vello simbolizara o coecemento. Velzquez segue destacando polo seu vibrante realismo, como demostra na mancha de auga que aparece no cntaro do primeiro plano; a copa de cristal, na que vemos un figo para dar sabor auga, ou os golpes do xarro da esquerda, realismo que tambn se observa nas das figuras principais que se recortan sobre un fondo neutro, interesndose o pintor polos efectos de luz e sombra. O colorido que utiliza segue unha gama escura de cores terrosas, ocres e marrns. A influencia de Caravaggio neste tipo de obras faise notar, posiblemente por gravados e copias que chegaban a Sevilla procedentes de Italia.

A fragua de Vulcano. 1630. 223 x 290 cm. Museo do Prado. Madrid. Son mltiples as interpretacins dos estudiosos sobre a iconografa do cadro e non hai un acordo. O artista pintouna en Roma e motivo est tomado de As metamorfoses de Ovidio, 4, 171-176, e reflicte o momento en que Apolo, o deus Sol que todo o ve, revela a Vulcano o adulterio de Venus con Marte, do que el foi o primero en ter noticia. O ferreiro Vulcano, esposo ofendido, ao recibir a noticia, perdeu vez o dominio de s e o traballo que estaba realizando a sa man de artfice. Velzquez utilizou os seus estudos sobre estatuaria clsica, dispoendo as figuras coma nun friso vez que, coa obxectividade aprendida en Sevilla, dispn os obxectos de natureza morta, especialmente os situados sobre a chimenea, atendendo calidade das sa superficies coma nun bodegn. Na penumbra do taller, iluminada pola chimenea, co predominio das cores terrosas, irrumpe o deus solar irradiando luz da cabeza e do manto amarelo que, co fragmento de ceo azul, animan a composicin. As sombras modelan os corpos, pero cunha luz difusa que matiza as zonas non iluminadas, superando o tenebrismo. Os mundos celeste e subterrneo, representados por Apolo e Vulcano, manifstanse de forma diferente tambn no estudo dos seus corpos espidos. O loiro, coroado de loureiro como deus da poesa, exhibe un espido adolescente, de formas delicadas e carnes brancas, en apariencia frxil pero duro coma un mrmore antigo. Ningunha idealizacin, en cambio, nos corpos de Vulcano e os cclopes, traballadores curtidos polo esforzo o que se reflicte nas carnes apretadas e os msculos tensos, anda que detidos, observando atnitos ao deus solar. Ainda tratndose de espidos acadmicos, con recordos de estatuaria clsica, foron reinterpretados polo estudo do natural, con modelos vivos, que puxeron tamn os rostros de seres correntes. O estudo tcnico puxo de manifesto a forma de matizar as carnacins nos torsos espidos das figuras. Sobre unha primeira base de coloracin, Velzquez manchaba desigualmente en zonas cos mesmos pigmentos moi diluidos, como ensuciando a superficie. Consegua as crear o efecto de volumen e morbidez da carne polo xogo de luces e sombras.

A Rendicin de Breda. 1634. leo sobre lenzo. 307 x 367 cm. Museo do Prado. Madrid. Trtase dun gran cadro, dende logo o mis grande dos seus, pintado ao leo sobre lenzo, no perodo coecido como a segunda etapa madrilea do pintor, que comenza en 1631 volta da sa primeira viaxe a Italia e concle en 1649, cando emprende a sa segunda viaxe a ese pas. Probablemente pintouno arredor do ano 1635. Concebiuse para o Saln de Reinos do Palacio do Buen Retiro, para a sala das batallas. Representa unha batalla da Guerra de Flandes, ocurrida uns dez anos antes, a toma da cidade de Breda por parte do exrcito hispano ao mando de Ambrosio de Spnola, xeneral xenovs de gran prestixio. Velzquez converte unha escena inventada en testemuo da realidade, elixindo o momento mis triunfal, pero vez mis humano, a capitulacin da cidade coa entrega das chaves da mesma, en vez de amosar o drama blico. Trata a cada un dos personaxes de forma individualizada, conseguindo plasmar unha importante galera de retratos, entre os que destaca o de Spnola, ao que o pintor coece personalmente, e o do propio Velzquez, retratado derecha do lenzo. Como bo barroco Velzquez busca a participacin do espectador, para o que coloca unha serie de personaxes de costas, situados na mesma posicin do espectador, e a unha serie de personaxes que nos miran directamente, buscando a nosa participacin. un cadro dominado pola simetra, no que o centro da composicin est marcado pola chave, entre os os xenerais dos exrcitos, que se recorta sobre un segundo plano moi luminoso. dereita aparecen os soldados espaois, cuxo grupo se bre cun cabalo representado en escorzo dende a sa parte traseira, que se contrapn (imaxen invertida) ao cabalo que pecha o grupo dos soldados holandeses. Dous rectngulos conforman a composicin bsica de figuras e paisaxe, ao tiempo que os grupos humanos se estructuran en aspas que se desenvolven en profundidade no cadro. Consegue a perspectiva non soamente polos escorzos das figuras, senn polo efecto ambiental creado pola perspectiva area, reforzado tamn pola colocacin das lanzas (en realidade eran picas). Contrapn un primeiro plano de cores intensxs e figuras silueteadas de cores clidas a un extraordinario fondo de cores fras, con luces do mencer. unha paisaxe luminosa a brumosa a un tempo, na que vemos os campos de combate cos fumes dos restos dos canonazos, confundidos cos ceos cheos de nboa do norte de Europa. un exercicio de pintura extraordinario a confecin do fondo deste cadro, traballando maxistralmente a gama dos azuis, os grises e os brancos entremesturados para constituir o efecto atmosfrico da escena. A tcnica empreada con respecto pincelada non uniforme, adptase s calidades dos materiais. As por exemplo, compacta na chaqueta do primeiro plano, toma aspecto de acuarela no traxe branco do personaxe holands e crea aspectos plsticos na armadura. A partir de agora, comenza a dar un novo tratamento pincelada e a cor, vai disolvendo a forma, xa que a pincelada se fai mis solta, suxerndoa, e que o ollo do espectador concle.

As Meninas ou a familia de Felipe IV. 1656. leo sobre lenzo. 310 x 276 cm. Museo do Prado. Madrid. a obra mis famosa de Velzquez. Foi pintada 1656, data bastante razoable se temos en conta que a infanta Margarita naceu o 12 de xullo de 1651 e aparenta uns cinco anos de idade. Sen embargo, Velzquez aparece coa Cruz da Orde de Santiago no seu peito, honor que conseguiu en 1659. A maiora dos expertos coinciden en que a cruz foi pintada polo artista cando recibiu a distincin, apuntndose incluso a que foi o propio Felipe IV quen o fixo. A estancia na que se desenvolve a escena sera o chamado Cuarto do Prncipe do Alczar de Madrid, estancia que ta unha escaleira ao fondo e que se iluminaba por sete vents, anda que Velzquez s pinta cinco delas ao acortar a sala. Este Cuarto do Prncipe estaba decorado con pinturas mitolxicas, realizadas por Martnez del Mazo copiando originais de Rubens, lenzos que se poden contemplar ao fondo da estancia. Na composicin, o mestre presntanos a once personas, todas elas documentadas, excepto unha. A escena est presidida pola infanta Margarita e ao seu carn sitanse as meninas Mara Agustina Sarmiento e Isabel de Velasco. Na esquerda atpase Velzquez cos seus pinceis, diante dun enorme lenzo cuxo bastidor podemos observar. Na dereita atpanse os enanos Mari Brbola e Nicolasillo Pertusato, este ltimo xogando cun can de compaa. Trla infanta observamos a dous personaxes mis da sa pequena corte: doa Marcela Ulloa e o descoecido gardadamas. Reflectidos no espello estn as rexias efixies de Felipe IV e a sa segunda esposa, Mariana de Austria. A composicin pchase coa figura do aposentador Jos Nieto. As opiniones sobre qu pinta Velzquez son moi diversas. Soehner, con bastante acerto, considera que o pintor nos mostra unha escena da corte. A infanta Margarita chega, acompaada da sa corte, ao taller de Velzquez para ver como ste traballa. Nada mis chegar pediu auga, polo que Mara Sarmiento ofrcelle un bcaro. Nese momento, o rei e a raia entran na estancia, de ah que algns personaxes detengan a sa actividade e saden as sas maxestades, como Isabel de Velasco. Esta idea de trnsito refrzase coa presencia da figura do aposentador ao fondo, cuxa misin era abrir as portas de palacio aos reis, vestido con capa pero sen espada nin chapeo. A pequena infanta estaba mirando a Nicolasillo, pero perctase da presencia dos seus rexios pais e mira de reollo cara fra do cadro.

Marcela Ulloa non se decata da chegada dos reis e contina falando co aposentador, ao igual que o enano, que segue xugando co can. Pero o verdadeiro misterio est no que non se ve, no cadro que est pintando Velzquez. Algns autores pensan que o pintor sevillano est facendo un retrato do Rei e da sa esposa a gran formato, polo que os monarcas reflicten os seus rostros no espello. Carl Justi considera que nos atopamos diante dunha instantnea da vida en palacio, unha fotografa de como se viva na corte de Felipe IV. ngel del Campo afirma que Velzquez fai na sa obra unha lectura da continuidade dinstica. As sas das conclusins mis interesantes son as seguintes: as cabezas dos personaxes da esquerda e as manchas dos cadros forman un crculo, smbolo da perfeccin. No centro dese crculo atopamos o espello cos rostros dos reis, o que asimila a monarqua perfeccin. Se unimos as cabezas dos diferentes personaxes frmase forma a estrutura da constelacin chamada Corona Borealis, cuxa estrela central denomnase Margarita, igual que a infanta. Desta maneira, a continuidade da monarqua est na persona de Margarita, naqueles momentos herdeira da corona. Del Campo basase para apoiar estas teoras na gran erudicin de Velzquez, quen contaba cunha das bibliotecas mis importantes do seu tempo. Jonathan Brown pensa que este cadro foi pintado para remarcar a importancia da pintura como arte liberal, concretamente como a mis noble das artes. Por iso utiliza a estreita relacin entre o pintor e o monarca, incidindo na idea de que o lenzo estaba no despacho de vern do rei, peza privada que s entraban Felipe IV e os seus mis directos colaboradores. En canto tcnica coa que Velzquez pinta esta obra mestra -considerada por Luca Giordano "a Teoloxa da Pintura"-, o primeiro plano est inundado por un potente foco de luz que penetra dende a primeira vent da dereita. A infanta o centro do grupo e parece flotar, xa que non vemos os seus ps, ocultos na sombra do seu gardainfante. As figuras de segundo plano quedan en semipenumbra, mentres que na parte do fondo atopamos un novo foco de luz, impactando sobre o aposentador que recorta a sa silueta sobre a escaleira. A pincelada empreada por Velzquez non pode ser mis solta, traballando cada un dos detalles dos vestidos e adornos a base de pinceladas empastadas, que anticipan a pintura impresionista. Predominan as tonalidades prateadas dos vestidos, ao tempo que chama a nosa atencin o ritmo marcado polas notas de cor vermella que se distriben polo lenzo: a Cruz de Santiago, as cores da paleta de Velzquez, o bcaro, o pano da infanta e de Isabel de Velasco, para rematar na mancha vermella do traxe de Nicolasillo. Pero o que verdaderamente nos impacta a sensacin atmosfrica creada polo pintor, a chamada perspectiva area, que outorga profundidade escena a travs do aire que rodea a cada un dos personaxes e difumina os seus contornos, especialmente as figuras do fondo, que se aprecian cuns perfiles mis imprecisos e cores menos intensas. Tamn interesante a forma de conseguir o efecto espacial, creando a sensacin de que a sala se contina no lenzo, coma se os personaxes compartiran o espacio cos espectadores. Como ben di Carl Justi: "Non hai cadro algn que nos faga esquecer este".

O bufn don Pablos de Valladolid 1634. 209 x 123 cm. leo sobre lenzo. Museo do Prado. Madrid O excelente retrato de Pablillos de Valladolid formara parte da serie de bufns - xunto a Cristbal de Castaeda e o bufn Don Juan de Austria - supuestamente destinada ao Palacio do Buen Retiro cara 1634. A actividade deste bufn ou actor consista en divertir familia real, en moitos casos actuando, como podemos deducir pola actitude declamatoria e nada grotesca coa que o presenta Velzquez. O mis destacado deste lenzo a ausencia de referencias espaciais xa que non existe separacin entre chan e parede. Malia esta ausencia, a figura ten peso e suxeita ao chan, as como pose volume sen quedarse plana, todo grazas s sombras que sita o mestre. Este artificio ser utilizado por Edouard Manet no seu Pfano. Pablillos viste traxe de cor negra, como esixa a etiqueta espaola aos cabaleiros, con golilla e puos brancos. A soltura hora de traballar que alcanza Velzquez nesta dcada de 1630 ponse claramente de manifesto aqu, unha das obras mis avanzadas do pintor, que servir de punto de referencia ao Impresionismo decimonnico. Ademais da forza expresiva da sa pose, da marabillosa cor negra do seu traxe, o que mis chama sempre a atencin esa pequena sombra que xorde dos seus ps, moi pequena, pero suficiente para que a figura non flote nun fondo indeterminado no que (ao contrario do que era habitual) nin siquera pintou a la horizontal que separara chan e muro. Con ese simple xesto pictrico Velzquez consegue crear un espacio propio no que a figura posa. Un truco xenial deste pintor que, ao contrario do que habitualmente se cre, nunca foi un realista, senn que finxiu selo, enganndonos sempre cunhas apariencias que s son puro (pero xenial) teatro, como o que fara Don Pablos de Valladolid.

ARTE BARROCA. BERNINI. XTASE DE SANTA TAREIXA. (1652) APOLO E DAFNE.

Bernini. Vista da Capela Cornaro que acolle o grupo do xtase de Santa Tareixa.

A capela Cornaro unha obra total de Gian Lorenzo Bernini moi caracterstica da arte barroca que busca a integracin de todas as artes. A capela unha explosin de mrmore de cor, metal e detalles. A luz que entra a travs dunha vent por riba de santa Tareixa, est subliada por uns raios dourados. A cpula ten frescos cun ceo de trampantollo, cheo de querubins, coa luz descendente do Esprito Santo representado en forma de pomba. Nas paredes laterais, hai uns palcos con esculturas a tamao real da familia Cornaro, que asisten ao feito relixioso. Como elementos arquitectnicos, destacan as columnas, entablamentos e frontns que forman o espacio da capela. Hai moito colorido en todos eles. Tamn xoga un especial papel a luz procedente da parte superior. A finalidade desta obra incentivar nos fieis a piedad fronte a ese feito relixioso.

Bernini. xtase ou Transverberacin de Santa Tareixa. 1647 - 1651.

Igrexa de Santa Mara da Vitoria. Roma. Capela Cornaro.

Representa a Santa Tareixa de Xess, escritora mstica e reformadora, que foi beatificada no ano 1614 por Paulo V (canonizada en 1622). As das figuras principais que centran a atencin derivan dun episodio descrito por santa Tareixa de vila nun dos seus escritos, no que a santa conta como un nxo lle atravesa o corazn cun dardo de ouro. A escena recolle o momento no que o nxo saca o dardo, e a expresin do rostro amosa os sentimentos da santa, mestura de dor e pracer. As figuras estn realizadas en mrmore branco principalmente, e os raios do sol en bronce. Ten unha altura de 3,5 metros. A forte expresividad da obra, o desorde das figuras e en especial das pregaduras da roupaxe da santa, denotan que de claro estilo barroco. Bernini ademais pintou a capela onde foi colocado o conxunto, para darlle maior realismo e sensacin de misticismo. A expresin da santa en plena transverberacin, constite unha das mis grandes realizacins de toda a arte barroca. Bernini expresa con acerto a intensa dor fsica na expresin facial que segundo conta a santa, unase a un estado de ledicia divina. A unidade entre arquitectura, teatro e escultura que vemos nesta capela unha das caractersticas mis claras do barroco. Para engadirlle dinamismo, Bernini trabalou a pedra en ondas, evocando o terremoto espiritual que rodea a Teresa. Un vento divino axita a roupa do nxo que sorr traveso. A nube sen pulir parece case superflua; a roupa de Tareixa parece que lle suficiente para a sa levitacin. "O efecto luminoso fai que as imaxes semellen suspendidas no aire".

Bernini. Apolo e Dafne.1621 -1624. Mrmore. 243 cm de altura. Galera Borghese. Roma.

Conta o mito que Apolo quixo competir con Eros na arte de lanzar flechas. Eros, molesto pola

arrogancia de Apolo, ideou vengarse del. Para conseguilo lanzou ao fermoso deus unha frecha de oro, que causa un amor inmediato a quen fire; polo contrario, feriu ninfa Dafne cunha frecha de chumbo, que causa o rexeite amoroso. As que cando Apolo viu un da a Dafne sentiuse ferido de amor lanzouse na sa persecucin. Pero Dafne, que sufra o efecto contrario, fuxiu. A ninfa correu e correu ata que agotada pediu axuda a sa nai, que decidiu converter a Dafne en loureiro. Cando Apolo alcanzou a Dafne, esta iniciaba a transformacin: o seu corpo cubriuse de dura cortiza, os seus ps foron races que se fundan no chan e o seu cabelo encheuse de follas. Apolo abrazouse rbore e botou a chorar. E dixo: "Posto que non podes ser a mia muller, sers o meu rbore predilecta e as tas follas, sempre verdes, coroarn as cabezas das xentes en sinal de vitoria" Bernini captura a transformacin de Dafne con intensa emocin, retratando as diferentes etapas dos seus cambios. Ao igual que sucede en outra das sas obras, o Rapto de Proserpina, a obra pdenos que interactuemos con ela: vista desde as costas de Apolo, a figura de Dafne queda oculta, amosndonos s a rbore en que se transforma, de modo que xirando arredor da estatua temos unha visin no tempo da metamorfose da ninfa. A contraposicin dos elementos e o uso do claroscuro reflicten a fonte da escultura helenstica da que bebe Bernini en toda a sa obra. Tamn no perodo helenstico exista esta percepcin de Apolo como un muchacho andrxino, xoven e delgado, cun peiteado case feminino, aspectos representados tamn nesta estatua. Anda que Apolo predicaba a virtude grega da sophrosyne, a moderacin e a sobriedade, esta estatua amsao perseguindo desesperadamente ao seu amor, en van. Esta escultura inspirouse no Apolo Belvedere de Leocares. A composicin realzase en plano-relevo, atopndose chea de dinamismo e difuminacin. O grito de horror de Dafne e o rostro perplexo de Apolo mostranos un contraste de actitudes e aspectos que reflicten o interese pola representacin dunha historia.

You might also like