You are on page 1of 3

Conexión en serie e en paralelo

Dous ou máis elementos dise que están en serie cando se conectan un a continuación do outro. Neste
caso circula por todos eles a mesma corrente eléctrica:

Dous ou máis elementos dise que están en paralelo cando os correspondentes termináis están
conectados. Neste caso todos os elementos están sometidos á mesma voltaxe (ou tensión).

Leis básicas para resolver circuitos con resistencias

Lei de Ohm:

V = voltaxe (en voltios ->V)


I = Intensidade da corrente eléctrica (en amperios ->A)
R = Resistencia (en ohmios ->Ω)
Esta lei permíteche calcular calquera dos parámetros se tes os outros dous simplemente despexando.
Por exemplo, se coñeces a resistencia e a intensidade, multiplícalas e obtés directamente a voltaxe. Se
coñeces a voltaxe e a resistencia, despexas I:

E se coñeces a a voltaxe e a intensidade, despexas R:


Leis das correntes e das voltaxes

Hai dúas leis máis que se usan para resolver circuitos. Unha diche como se comportan as correntes
eléctricas nun “nodo” dun circuito e é bastante intuítiva. Un nodo é simplemente un punto donde se unen
varias ramas dun circuito. Esta lei dinos que a suma das correntes que entran nun nodo ten que ser
igual a suma das correntes que saen, porque doutra maneira teríase que acumular carga continuamente
nese nodo (unha analoxía sería unha mangueira de auga a que se conectan outras duas [ou máis]. A
“corrente” de auga que entra por unha mangueira será igual a sumas das correntes de auga que saen
polas outras duas [ou máis]). No circuito da figura, a suma de i2 e i3 será igual a suma de i1 e i4

A outra lei fundamental dinos como se comportan as voltaxes arredor dun circuito cerrado. Esta lei
indica que a suma das voltaxes arredor dun circuito cerrado sempre é igual a cero. “Arredor dun
circuito cerrado” significa que empezamos nun punto calquera e movéndonos polo circuito acabamos de
novo no mesmo punto (sempre sen volver para atrás por donde xa pasamos).
Na figura de arriba, empezando pola esquina superior esquerda vamos sumando tódalas voltaxes que
nos encontremos a medida que vamos arredor do circuito e ata que cheguemos ó mesmo punto.

Fíxate que Vb ten signo positivo mentres que Va ten signo negativo. Esto pasa porque a corrente en Vb
vai do lado positivo ó lado negativo, mentres que en Va a corrente circula do lado negativo ó lado positivo.

You might also like