You are on page 1of 12

MESTRADO DE SECUNDARIA

DIDÁCTICA DA LITERATURA
GALEGA

A EDUCACIÓN LITERARIA
Condicións xerais que debe ter o
profesorado de literatura
A. Dominar os coñecementos literarios e
lingüísticos da literatura obxecto de ensino
B. Dominar os coñecementos tecnolóxicos
esenciais e as habelencias básicas no dominio
da análise de textos
C. Manter unha actitude aberta e curiosa ante
calquera manifestación literaria
D. Ter sensibilidade artística e literaria,
esencial na formación e enriquecimento cultural.
Propostas de actuación na materia de
Literatura Galega
• 1: Utilizar e valorar a linguaxe oral e escrita como medio
para a comunicación interpersoal, para a comprensión e
análise da realidade e para a organización das actividades.
• 2: Interpretar discursos orais e escritos en lingua galega
procedentes de diversos ámbitos, atendendo ás
peculiaridades comunicativas de cadaquén.
• 3: Reflexionar sobre os distintos compoñentes da lingua
(morfosintáctico, fonolóxico, léxico, semántico e textual) e
sobre o propio uso, empregando nesta tarefa os
conceptos e procedementos adecuados.
OUTRAS

• 4: Explicar as peculiaridades dunha serie de textos


propostos, poñendo de manifesto a natureza do seu estilo,
de maneira que poidan distinguirse e aplicarse diferentes
enfoques e métodos.
• 5: Interpretar e valorar criticamente obras literarias,
descubrindo os seus recursos formais, o contido temático e os
seus valores estéticos, se os ten.
• 6: Analizar o uso creativo da lingua, en relación a unha tradición
cultural e recoñecendo as condicións sociais da súa produción e
recepción.
• 7: Propoñer ó alumnado a realización de guións para unha
exposición oral sobre as conclusións de carácter crítico-literario
tiradas da lectura dun texto e dos datos do profesorado.
OBXECTIVOS para o alumnado
O profesorado deberá marcar os seguintes
obxectivos na clase de Literatura:
• Que o alumnado goce dos textos literarios de
distintos xéneros
• Aprecie a literatura como:
a. Proxección persoal dun ser humano
b. Instrumento de comprensión da realidade
c. Reflexo da sensibilidade colectiva
• Que faga cantas suxestións, intuitivas e
documentadas, lle inspire cada texto lido.
Propostas de traballo individual
• Seleccionar textos na biblioteca do instituto para analizar
criticamente, rastrexando dunha maneira intuitiva os seus
trazos máis salientables, de maneira que poida xustificarse o
porqué desa selección.
• Lecturas atentas, silenciosas, individuais e reflexivas de textos
seleccionados.
• Facer cadros sinópticos, apreciando as diferenzas dos distintos
estilos de autor e das que existen entre os diferentes enfoques
aplicados a cada un dos textos seleccionados.
• Ler e comentar os textos seleccionados.
ESTRATEXIAS DIDÁCTICAS I

• En literatura é fundamental o debate e o


intercambio de ideas sobre asuntos baseados
en experiencias persoais procedentes do acto
da lectura
• Se a clase sobrepasa o número de 15, deberá
organizarse en pequenos grupos para
favorecer o nivel de participación e facer
posible a aprendizaxe entre iguales.
ACTIVIDADES na aula I.

• Leranse textos en voz alta, propoñendo


preguntas sobre os temas de análise literaria
• Analizarase o discurso e o contido dos textos
(poéticos, narrativos ou dramáticos)
identificando as tendencias literarias desde o
punto de vista crítico
• Promoveranse os debates espontáneos que
poidan xurdir, seguidos das súas
correspondentes postas en común.
ACTIVIDADES na aula II.

• O alumnado tomará notas, resumirá os textos,


reeleraos e memorizará frases
• Pódense elaborar mapas coas diferentes
opinións sobre as teorías e os textos que se
estudaron
• Outras actividades que se lle ocurra ó
profesorado
• É moi importante facer unha posta en común
e unhas conclusións finais.
Posta en común
• A posta en común despois de cada actividade permite
manter a unidade da clase sen que se produzan
desfases considerables entre uns grupos e outros
• Evita tamén que o alumnado se desoriente, cousa que
ocorre cando se lles propoñen traballos de certa
extensión
• Permite resolver dúbidas comúns.
• Con todo, a posta en común no debe empregar
demasiado tempo. A forma máis frecuente de facela é
solicitar a resposta a un único grupo, e pedirlles ós
demais grupos facer críticas, completar ou matizar o.
ESTRATEXIAS DIDÁCTICAS II

Participar activamente nos debates que suscite


o profesor ou a profesora sobre a idoneidade ou
posible ineficacia dos tipos de análise realizados.
• É necesario que o profesorado xogue un papel
activo, centrando as intervencións e
interrompéndoas nun momento dado cunha
reformulación globalizadora.
• O alumnado debe encontrar certo pracer no
feito de poder identificar e aplicar o que
estudou para a análise de textos concretos.
Análise dos resultados
• Acadada a aprendizaxe previa, o alumnado
deberá ter conseguido os obxectivos previstos
• De non ser así, analizar as razóns do fracaso
haberá que buscar novas estratexias.

You might also like