You are on page 1of 76

A Informática:

O Hardware.
Índice
 Sistemas de Numeración.
 Elementos Hardware dun PC:
 A placa base.
 Conectores para periféricos.
 O microprocesador.
 A memoria. Tipos.
 Discos duros.
 Discos ópticos.
 Outros dispositivos de almacenamento.
 Periféricos:
 Entrada
 Saída
 Entrada/Saída.
Sistemas de Numeración e Unidades máis
empregadas.

 Os sistemas de numeración son un conxunto de


regras que permiten representar todos os números
posibles. Para o estudio do hardware dos sistemas
informáticos interesa coñecer, sobre todo, catro tipos
de sistemas de numeración e cómo converter os
números representados dun sistema a outro. Estes
catro sistemas de numeración son: O sistema binario,
o octal, o decimal e o hexadecimal.
Capacidade de almacenamento da información
 Os equipos informáticos traballan con información binaria
polo que a unidade mínima é o bit . Pero, normalmente,
como unidade básica de información tómase o byte que
son oito bits.
Velocidade de procesamento
 Mídese en ciclos/segundo (Hercios - Hz) e trátase da
inversa do tempo que lle leva a un sistema dixital en facer
unha tarefa individual e, polo tanto, indica cantas desas
tarefas individuais faría o sistema nun segundo. Esas
tarefas poden ser, dende enviar un bit, ou varios, por unha
canle de datos nun sistema dixital de comunicacións, ata
facer unha operación básica (suma, desprazamento,...) no
caso dun procesador.

 Os múltiplos do hercio no Sistema Internacional


podemolos ver na seguinte táboa:
Velocidade de procesamento
Taxa de transferencia
 É a velocidade á que se transmiten os datos por unha
canle, tamén se pode denominar bit rate . A taxa de
transferencia mídese en bits/segundo ou bps e, como
non, tamén ten múltiplos tal e como vemos na seguinte
táboa:
Rendemento dun PC
 FLOPS é o acrónimo de FLoating point Operations Per Second
(operacións de punto flotante por segundo). Úsase como unha medida
do rendemento dunha computadora, especialmente en cálculos
científicos que requiren un gran uso de operacións de coma flotante.

 FLOPS, ao ser un acrónimo, non debe nomearse nunca en singular


como FLOP, xa que a S final alude a second (segundo) e non ao plural.
Conectores do PC para periféricos
 Listado dos principais conectores
Listado dos principais conectores
 Listado dos principais conectores
Listado dos principais conectores
USB. Características
Denominación: USB (Bus Serie Universal - Universal Serial Bus)

 Comunicación en Serie

 Nun principio (coa aparición do formato ATX, as placas viñan con dous conectores USB; hoxe en día
veñen con "moitos" conectores, traseiros, frontais,...)

 Recoméndase non empregar cables USB de máis de 5 metros de longo. Así e todo, pódese chegar ata
os 25 metros enlazando 5 "cables de extensión activos“
                            
 Os cables teñen 4 Fíos:

 2 deles para alimentación (un leva +5 V e outro leva terra)


 2 deles para datos (Data- e Data+)

 As velocidades soportadas dependen do estándar:

 USB 1.0: Half-duplex. De 1,5 Mbps -LowSpeed- para teclado, rato, joystick,... a 12 Mbps (1,5
MB/s) -FullSpeed- para dispositivos máis rápidos

 USB 2.0: Half-duplex. Cunha velocidade de 480 Mbps (60 MB/s) -HiSpeed- compite có Firewire

 USB 3.0. Full-duplex. Cunha velocidade de máis de 5 Gbps (625 MB/s) -SuperSpeed-.
                                 
 Compatible con 2.0 e 1.0.
 Tecnoloxía SuperSpeed que traerá un aumento da velocidade de transferencia e reducirá o
consumo de enerxía. Esta tecnoloxía fai necesario engadir cinco liñas, dúas delas para o
envío e outras dúas para a recepción de información, de forma que se permite tráfico
bidireccional, en ambos sentidos ao mesmo tempo.
 USB 3.1:

 Ofrece velocidades de ata 10 Gbps.


 Capaz de proporcionar hasta 100 vatios de potencia, es decir, una corriente de
5A / 20V.

 USB Type-C:

 Ven para solucionar problemas de conexión e similares.


 Aparece a finais do 2014.
 Este conector Tipo C é un novo tipo de conector reversible tanto en extremos
como en posición.
 Ademáis de ofrecer a comodidade polo seu deseño reversible, ten unha
velocidad de ata 10 Gbps por segundo baseándose na especificación 3.1 de
USB.
Aclarar que el USB-C es sólo la forma del conector, el cable puede ser la versión 2.0. Esto quiere decir
que no significa que teniendo un conector USB-C tengamos altas velocidades ni gestión de altas cantidades
de potencia. Pero sí que nos ofrece la posibilidad de ser un conector casi universal y esto es debido a los
variados protocolos que soporta: HDMI, DisplayPort, VGA, PCIe, Ethernet, etc. Claro está, todo depende del
cable incorporado pero la salida, en este caso el conector Type-C da soporte a protocolos variados.

De forma xeral, nos conectores usb:

 Pódense conectar ata 127 periféricos en cadea empregando Hubs USB


 Os dispositivos conectados a estes portos son Plug&Play e permiten a súa conexión en "quente" (
hot-plug)
 Neste tipo de portos pódese conectar case calquera dispositivo pero, sobre todo, veremos conectados
a el: Impresora, Escáner, Módem, Cámaras, Teclado, Rato,...
 Existen distintos tipos de conectores:

 Tipo-A: Os das placas base


 Tipo-B: Os dos periféricos
 Tipo-A/B: Podemos encontralos tanto nos periféricos como nas placas base
Panel Traseiro da placa MSI K9AGM2-FIH para AMD Athlon 64
Panel Traseiro da placa ASUS Maximus V Extreme con Socket 1155
ROG: Republic Of Gamers
Elementos Hardware do PC
A Placa Base
A placa base ou placa nai (en inglés motherboard ou mainboard) é unha tarxeta de
circuíto impreso que serve como medio de conexión entre o microprocesador, a memoria
RAM, os dispositivos de almacenamento, as tarxetas de expansión,... É dicir, é o soporte
sobre o que se monta todo o PC e, polo tanto, trátase dun dos elementos máis importantes do
equipo. As súas características marcarán as propiedades do PC que vaiamos a montar, polo
que elixir unha boa placa será moi importante. Os principais elementos das placas base son:
Placa ASUS MAXIMUS VIII GENE do ano 2.015 para Micros
con Socket LGA1151
Placa ASUS MAXIMUS VIII GENE do ano 2.015 para
Micros con Socket LGA1151 (Panel traseiro)
Placa GA-Z170X-SOC FORCE do ano 2.015 para
Micros con Socket LGA1151
Placa GA-Z170X-SOC FORCE do ano 2.015 para
Micros con Socket LGA1151 (Panel traseiro)
Elementos principais das placa base
Os elementos principais das placas base son os
seguintes:

o Chipset
o Conector da fonte de alimentación
o Zócalos para o microprocesador
o Zócalos para memoria RAM
o Conectores para dispositivos de almacenamento
masivo
Chipset
O Chipset é un conxunto de circuitos integrados que se encarga de
realizar as funcións que o microprocesador delega neles; normalmente
trátase de dous chips:

A ponte norte (North Bridge) úsase como enlace entre o


microprocesador e a memoria. Controla as funcións de acceso entre
o microprocesador, a memoria RAM, o porto gráfico AGP, e as
comunicacións coa ponte sur.

A ponte sur (South Bridge) controla os dispositivos asociados como


son a controladora de discos IDE, SATA, RAID, portos USB, Firewire,
rañuras PCI, PCI-Express, AMR, CNR, portos infravermellos, LAN e
unha larga lista de elementos integrados na placa nai. É dicir, é o
encargado de comunicar o procesador có resto dos periféricos.
Dende o 2003 os procesadores empezaron a incluír varios dos controladores da
onte norte, quedando esta cada vez con menos funcións. A tendencia actual é que o
ocesador incorpore controladores de memoria e tamén gráficos. O resto das funcións
a ponte norte e as da ponte sur quedan integradas nun único chipset. A versión de Intel
ara esta solución chámase Platform Controller Hub (PCH).
A comunicación entre o Microprocesador, a memoria e o resto dos elementos do
quipo foi evolucionando có tempo tal e como podemos ver a continuación:
FSB (Front Side Bus).

 É o bus que interconecta o microprocesador coa Ponte Norte da placa base. As


placas base sempre nos dan como FSB a velocidade de transporte de datos entre
o microprocesador e esa Ponte Norte.
HyperTransport de AMD.

 O bus HyperTransport, tamén coñecido como Lightning Data Transport (LDT), foi
engadido coa arquitectura AMD64. Os procesadores AMD actuais teñen dous
buses externos.

 Memory Bus
 HyperTransport Bus
QuickPath de Intel (QPI).

 Dende os inicios de Intel, as CPUs empregaban o bus externo FSB que une a CPU có chipset.
Hoxe en día, as CPUs de Intel levan no seu interior un controlador de memoria e, así, teñen
agora dous buses externos:
 O bus de memoria para conectar a CPU á memoria RAM.
 O bus de entrada/saída que conectan a CPU có resto dos dispositivos a través do chipset da placa.
Este bus é o chamado QuickPatch (QPI).
 A filosofía é exactamente igual á de AMD có seu HyperTransport.
FDI(Flexible Display Interface).

 Aparece despois de QPI polo feito de ter unha tarxeta


gráfica integrada no propio procesador. Agora
precisamos levar os gráficos dende ese elemento ata
a pantalla. Así, este enlace levará os datos dende o
procesador ata as partes do chipset encargadas
deste servicio.
Conector da fonte de alimentación

Nas placas base podemos


atopar distintos tipos de
conectores para a fonte de
alimentación.
Zócalos para o microprocesador
 Para conectar o microprocesador á placa base esta ten un
conector especial que foi evolucionando cós anos, en xeral
estes conectores son, de dos tipos ven diferenciados, os de
tipo Slot e os de tipo Socket. Iso si, ambos tipos seguen a
premisa de ser de tipo ZIF, Zero Input Force (non hai que
facer forza nin para colocalo nin para quitalo).
Conectores tipo Socket

Conectores tipo Slot


Zócalos para memoria RAM
Teremos tantos tipos de zócalos para RAM como distintos tipos de módulos existen no mercado:

Zócalo para memoria DDR, DDR2, DDR3 Zócalos que soportan Dual-DDR,
ou DDR4 Dual-DDR2 ou Dual-DDR3

Zócalos para memoria DDR4: Estas memorias soportan a tecnoloxía


Quadruple-Channel DDR
Conectores para dispositivos de almacenamento masivo

Conectores SATA

Os novos conectores SATA abarcan os seguintes


estándares:
Conectores mSATA

 É a revisión 3.1 de SATA.


 Trátase dunha conexión SATA para discos de estado sólido en dispositivos móbiles que tamén o
veremos en moitas placas para torres.
 A máxima transferencia de datos segue sendo a do estándar SATA3, 600 MB/s.
 A conexión física non é outra que unha Mini PCI Express.
 O conector mSATA quedou obsoleto e foi reemprazado polo conector M.2.

Disco de estado sólido con conexión mSATA


para o conector anterior
Conector M.2

 M.2, tamén coñecido como NGFF (Next Generation Form Factor), é unha especificación que
rempraza ao estándar mSATA. mSATA emprega a conexión física Mini PCIe, agora M.2 busca un
especificación moito máis flexible que permita anchos e longos de módulos de distinto tamaño, xunto
con características máis avanzadas, pensando, sobre todo, en conectar dispositivos de
almacenamento SSD, tanto para dispositivos tipo ultrabooks e tablets como equipos de sobremesa.

 Esencialmente, o estándar M.2 é un factor de forma pequeno da implementación do interface SATA


Express, polo que con él temos soporte para PCIe 3.0 (4 LANEs) e SATA 3.0 (6 Gbps), coa adición
dunha interface interna de USB 3.0 (5 Gbps).

 Este conector soporta os seguintes dispositivos: Wi-Fi, Bluetooth, near field communication (NFC),
radio digital, Wireless Gigabit Alliance (WiGig), wireless WAN (WWAN) e discos SSD.

 A revisión 3.2 de SATA, na súa revisión de agosto do 2013, estandariza o M.2 SATA M.2 como un novo
formato para dispositivos de almacenamento e especifica as características do seu hardware.

 Podemos configurar os dispositivos de almacenamento M.2 de tres xeitos:

- Legacy SATA. Empregado para SSDs SATA. O


interface é ao través do driver AHCI e legacy SATA
3.0 a 6 Gbit/s.
- SATA Express empregando AHCI. Usado por
SSDs PCI Express sendo o interface ao través do
driver AHCI.
- SATA Express empregando NVMe. Usado por
SSDs PCI Express sendo o interface ao través do
driver NVMe
SATA Express

 É a revisión 3.2 de SATA.

 A máxima transferencia de datos deste novo estándar é 16 Gbit/s (1969 MB/s) empregando 2 LANEs
PCI Express 3.0.

 A especificación SATA Express define unha interface que combina os buses SATA e PCI Express,
facendo posible a conexión SATA de sempre e a conexión de dispositivos de almacenamento PCI
Express.

 Podemos configurar os dispositivos de almacenamento dos mesmos tres xeitos que o conector M.2:
- Legacy SATA. Empregado para SSDs SATA. O interface é ao través do driver AHCI e legacy
SATA 3.0 a 6 Gbit/s.

- SATA Express empregando AHCI. Usado por SSDs PCI Express sendo o interface ao través do
driver AHCI.

- SATA Express empregando NVMe. Usado por SSDs PCI Express sendo o interface ao través do
driver NVMe
O microprocesador
O Microprocesador ou Unidade Central de Procesamento (CPU - Central
Processing Unit) é un circuito integrado que serve como cerebro da
computadora. No interior deste compoñente electrónico existen millóns de
transistores integrados formando un único circuito denominado die (integrated
circuit).
Introdución e características principais dos
microprocesadores
Frecuencia de oscilación do reloxo
A frecuencia de oscilación do reloxo marca o seu ritmo de funcionamento. Este dato virá
dado en GHz ou, ata fai poucos anos, en MHz.

Xogo de instrucións (ISA - Instruction Set Architecture)

Atendendo o xogo de instruccións, hai, en xeral dous tipos de microprocesadores:


 Microprocesadores tipo CISC (Complex Instruction Set Computer), como o seu nome indica ten
implementadas moitas instrucións (poden chegar a mil). As características máis interesantes:
- Unidade de Control (UC) Microprogramada: Cada instrución se divide en Microinstruccións
hardware.
- Grande número de instrucións.
- As instrucións máquina non teñen un tamaño fixo.
- Pequeno número de Rexistros.

 Microprocesadores tipo RISC (Reduced Instruction Set Computer), neste caso o número de
instrucións é pequeno pero se intenta que se executen o máis rápido posible. Os famosos PowerPC
que montou Apple ata o ano 2007 eran deste tipo. As súas características máis interesantes:
- UC Cableada: Cada instrución se executa por Hardware.
- Número de instrucións reducido.
- Todas as instrucións teñen a mesma lonxitude.
- Gran número de Rexistros ( > 32 ).
Velocidade de execución das instrucións

A velocidade de execución das instrucións hai que tela tamén en conta pois, non só é
importante a frecuencia á que traballa, senón tamén cántos ciclos de reloxo lle leva
executar unha instrución.

Pipelines ou liñas de execución

As pipelines ou liñas de execución indican que o microprocesador ten distintas liñas


de execución para separar as instrucións que non se poden dividir (as que levan máis
ciclos de reloxo) das que si se poden dividir, e así executar varias á vez.

O número de rexistros (Datos, Control, Estado)

Os rexistros son espazos físicos dentro do microprocesador con capacidade de 4 bits


ata 64 bits dependendo do microprocesador que se emprege. Estes rexistros
empréganse para controlar instrucións en execución, manexar direcionamento de
memoria e proporcionar capacidade aritmética.

A Memoria Caché

Esta é unha memoria especial de alta velocidade de tipo SRAM. Hai varias clases de
memoria caché, en xeral:

- Caché de Nivel L1 ou Caché Principal.


- Caché de Nivel L2 ou Caché Secundaria.
- Caché de Nivel L3 ou Caché Terciaria.
Bus de datos e Bus de direccións

 Bus de datos. Bus bidireccional por onde van os datos dende o microprocesador á
memoria e ao revés. O ancho deste bus depende do microprocesador e nos
microprocesadores actuais ten 64, 128, 192 ou 256 bits.

 Bus de direccións. É un bus unidireccional, totalmente independente do bus de datos,


que establece a dirección de memoria do dato que se vai ler ou escribir polo bus de datos.
O ancho deste bus, hoxe en día, pode ser de 32 bits, podendo así direcionar un máximo
de 232B = 4 GiB, ou de 64 bits (coa arquitectura de 64-bits) pasando a direccionar ata 264B
= 16 Exbibytes (aínda que este valor está aínda limitado).
Microprocesadores de varios núcleos
No 2.002-2.003 a frecuencia de traballo dos microprocesadores chegou ao límite teórico da electrónica que
son uns 4GHz, isto motivou que os fabricantes de microprocesadores buscasen novos xeitos de seguir
incrementando a súa potencia.

Un microprocesador multinúcleo é aquel que combina dous ou mais "núcleos" independentes nun só
paquete, a miúdo nun só circuíto integrado. Un dispositivo "dobre núcleo" contén só dous microprocesadores
independentes (e así sucesivamente). En xeral, os microprocesadores multinúcleo permiten que un
dispositivo computacional exhiba unha certa forma de paralelismo a nivel de thread (Thread-level
parallelism) (TLP) sen existir múltiples microprocesadores en paquetes físicos separados. Esta forma de
TLP coñécese a miúdo como multiprocesamento a nivel de chip (Chip-level multiprocessing), ou CMP.
Microprocesadores ARM
Os Microprocesadores ARM (Advanced RISC Machines) son unha familia de microprocesadores
RISC deseñados pola empresa Acorn Computers e desenrolados por Advanced RISC
Machines Ltd., unha empresa derivada da anterior.

O deseño da familia ARM comezou en 1983 para desenrolar un un procesador avanzado, pero
cunha arquitectura similar á do MOS 6502 que enxeñeiros coñecían ben. O equipo rematou o
deseño preliminar no 1985, e o chamaron ARM1, pero a primeira versión utilizada
comercialmente bautizouse como ARM2 e lanzouse no 1986.

O ARM2 é, probablemente, o procesador de 32 bits útil mais simple do mundo, xa que posúe só
30.000 transistores e, gracias a isto, o seu consumo de enerxía é moi baixo pero ofrece un
rendemento mellor que un 286. O seu sucesor, o ARM3, inclúe unha pequena memoria cache de
4 KB, o que mellora os accesos a memoria repetitivos.

A finais dos 80 Apple comezou a traballar con Acorn en novas versións do núcleo ARM. Este
traballo derivou no ARM6, presentado en 1991. Apple empregou o ARM 610 (baseado no
ARM6), como procesador básico para a súa innovadora PDA, o Apple Newton.

O deseño do ARM converteuse nun dos mais usados do mundo, dende discos duros,
PDAs e móbiles (iPhone, Motorola Z6, Palm Pre,...), consolas (Nintendo DS) e outos
moitos dispositivos. Hoxe en día, cerca do 75% dos procesadores de 32 bits posúen
este chip no seu núcleo.
Outras características e definicións interesantes
relativas aos microprocesadores
 Hyper-Threading. É unha tecnoloxía de Intel que consiste en usar varios procesadores lóxicos dentro
dun único procesador físico, é dicir, permite que múltiples fíos (threads) se executen en cada núcleo. O
resultado é unha mellora no uso do procesador, xa que ao simular dous procesadores pode aproveitar
mellor os recursos do procesador e polo tanto unha mellora na velocidade das aplicacións. Segundo
Intel a mellora que se obtén activando o Hyper-Threading é aproximadamente dun 30%.

 Intel Turbo Boost. A tecnoloxía Intel Turbo Boost 2.0 actívase cando o Sistema Operativo solicita a
máxima potencia do Microprocesador.

A idea é que, cando o procesador funciona por debaixo dos seus límites máximos e a carga de traballo
do usuario esixe maior desempeño, a frecuencia do procesador aumentará de forma dinámica ata
acadar o seu límite superior.

 Tecnología de gráficos Intel. A tecnoloxía de gráficos integrada de Intel proporciona 4K ultra HD para
obter unhas imaxes en 3D sensacionais e unha edición de vídeo e fotos máis rápida e avanzada. Sen
necesidade de tarxeta gráfica adicional, o rendemento ven integrado directamente no procesador,
proporcionando imaxes sensacionais en formatos máis finos e lixeiros como os sistemas Ultrabook™, os
portátiles de gama alta e os All-in-one de sobremesa.

 Overclocking. Literalmente significa forzar o reloxo, é dicir, forzar a frecuencia de reloxo da CPU. Esta
práctica pretende alcanzar unha velocidade maior por riba das especificacións do fabricante aínda que
isto poida supoñer unha perda de estabilidade. Para facer overclocking é preciso ter o microprocesador
ben refrixerado, pois este aumento de velocidade produce un maior gasto enerxético e, polo tanto, unha
maior produción de calor que pode facer inestable, e incluso destruír, o micro.
 APU (AMD Accelerated Processing Units). Unha APU de AMD combina nun único chip a
CPU (de varios núcleos) e a GPU (Graphics processing unit - Unidade de procesamento
gráfico).

 AMD Turbo Core Technology. É unha tecnoloxía de AMD que permite proporcionar máis
rendemento a unha APU de AMD cando se necesite.

 PIO (Entrada/Saída programada - Programed Input/Output). Cando se pasan datos entre


un dispositivo e a memoria principal teñen que ser pasados polo microprocesador. Isto fai que
o sistema vaia mais lento.

 DMA (Acceso Directo a Memoria - Direct Memory Access). Cando se traballa en modo
DMA o paso dos datos non é procesado polo micro senón por un procesador específico
chamado "controlador DMA".

Se queres coñecer exactamente que tipo de


microprocesador ten un equipo podes
empregar a utilidade CPU-Z
Procesadores para computadoras portátiles: 7.ª generación de APU AMD Serie A
Procesadores de escritorio
Procesadores para servidores
A memoria. Tipos de memorias
Atendendo ás súas características podemos dividir as memorias do seguinte xeito:
1. Volatilidade da información

• A memoria de tipo volátil require que se lle suministre constantemente enerxía para manter a información
almacenada. A memoria volátil máis coñecida é a memoria principal ou primaria .
• A memoria non volátil retén a información almacenada aínda que non reciba corrente constantemente.
Este tipo de memoria úsase para gardar configuracións ou pequenos programas que se precise que non se
perdan aínda que non exista alimentación eléctrica. A memoria non volátil máis coñecida é a BIOS.
• Memoria dinámica é unha memoria volátil que, ademais, require que periodicamente se refresque a
información almacenada. O tempo de refresco depende da tecnoloxía da que estea feita a memoria.

2. Habilidade para acceder á información non contigua

• Acceso aleatorio significa que se pode acceder a calquera localización da memoria en calquera momento
no mesmo intervalo de tempo. As memorias son de acceso aleatorio (Memoria RAM).
• Acceso secuencial significa que acceder a unha unidade de información tomará un intervalo de tempo
variable, dependendo da unidade de información que foi lida anteriormente. O dispositivo de
almacenamento pode precisar colocar o cabezal de lectura/escritura antes de proceder. Os dispositivos de
almacenamento masivo (en xeral) son de acceso secuencial (Discos Duros e Cintas magnéticas).

3. Habilidade para cambiar a información

• As memorias de lectura/escritura permiten que a información se reescriba en calquera momento. A


memoria principal ou primaria dos equipos é deste tipo. Así e todo, as computadora modernas tamén usan
habitualmente memorias de lectura/escritura como memoria secundaria.
• As memorias de só lectura reteñen a información almacenada no momento de fabricarse ou,
simplemente, que a información se escriba só unha vez nalgún intre tras a súa fabricación (ROM, PROM).
Memorias tipo ROM
As siglas ROM significan Memoria de so lectura (Read Only Memory). Toda memoria con nome
rematado en ROM indica que é unha memoria na que non se borrarán os datos gardados nela
aínda que se quede sen fluído eléctrico.
Temos varios tipos de memorias ROM:
• ROM (Read Only Memory): Son memorias que traen de fábrica unha
serie de datos gardados no seu interior. É imposible borrar ou modificar
estes datos.
•PROM (Programable ROM): Son memorias que veñen valeiras de fábrica pero que, gracias
a un gravador especial poderemos gardar no seu interior os datos que desexemos Estes
datos gardados non poderán ser borrados ou modificados de ningún xeito.
•EPROM (Erasable/Programable ROM): Son memorias nas que poderemos gardar datos
coa axuda dun gravador de memorias pero que, para borrar eses datos e poder gravar outros
deveremos empregar un borrador especial de luz ultravioleta.
•EEPROM ou Flash EEPROM (Electrically EPROM): Son o tipo de memorias que se
empregan, hoxe en día, para as BIOS. Son memorias que se poden escribir e borrar con
"electricidade", non é preciso, como no caso das EPROM dun borrador especial. Deste xeito,
coa memoria colocada na placa base e cun programa especial poderase cambiar o contido
da BIOS e así actualizala se fose preciso.
- As memorias Flash EEPROM son unha forma de memorias EEPROM mais avanzadas, estas permiten que múltiples
posicións de memoria sexan escritas ou borradas nunha mesma operación, frente as anteriores EEPROM que só
permiten escribir ou borrar unha única cela cada vez. Por este motivo, as memorias flash funcionan a velocidades moi
superiores.
Memorias tipo RAM
RAM (Randon Access Memory – Memorias de Acceso Aleatorio).

Son memorias que precisan de alimentación eléctrica continua para que os datos
almacenados no seu interior non se borren. O acceso ós datos almacenados é
moi rápido e non varía independentemente do lugar onde se atopen gardados
(Acceso aleatorio).
Tipos de memoria RAM
 DRAM (Dinamic RAM): Compóñense de pequenos condensadores, que
van perdendo a súa carga progresivamente, polo que é necesario refrescar
periodicamente a memoria.
Características principais: Baratas, fáciles de integrar pero lentas.
Existen varios tipos, orde de aparición: FPM, EDO, BEDO, SDRAM, DDR,
RDRAM
Empregadas para fabricar a Memoria Principal dos equipos.

 SRAM (Static RAM): Compóñense de pequenos transistores, que non


necesitan refresco mentras manteñán a alimentación.
Características principais: Caras, Difíciles de integrar pero moi rápidas.
Empregadas para fabricar a Memoria Caché dos Microprocesadores.
Módulos de memoria RAM
Envíanse o dobre de datos que con unha memoria SDRAM normal que traballe á mesma frecuencia, pois
aprovéitase en cada ciclo o franco de subida e o de baixa. Traballa a 2,5 Voltios.

O aspecto exterior do módulo DDR-SDRAM


é o que vemos na seguinte imaxe, trátase
de 184 contactos separados, por 1 muesca,
en 2 tramos
Dual Channel é unha tecnoloxía que permite o incremento do rendemento grazas ó acceso simultáneo a
dous módulos de memoria. A velocidade de acceso ós datos gardados na memoria dobra o seu valor.

Para que o PC funcione en Dual Channel, deben ser idénticos eses dous módulos de memoria DDR,
DDR2 ou DDR3 (idénticos en frecuencia, latencias e fabricante).
Memoria mais vendida no 2.007. Traballaba a 1,8 Voltios polo que reduce o consumo a un 50% con
respecto a unha DDR traballando á mesma velocidade.

Módulo DDR2. 240 contactos separados,


por 1 muescas, en 2 tramos 
Memoria que se comeza a comercializar no 2.007. Traballa a 1,5 Voltios polo que reduce o consumo un
30% con respecto a unha DDR2 traballando á mesma velocidade

Módulo DDR3, de 240 contactos separados, por 1 muesca, en 2 Hai diferentes versión da
tramos. Non é compatible cós DDR2 pois a muesca está memoria DDR3 que traballan
desprazada. a diferentes voltaxes:

 DDR3 : 1,5V

 DDR3L : 1,35V

 DDR3U : 1,25V
Memoria que comezou a comercializarse no ano 2.014. Traballa a 1,2 Voltios. E sigue cun I/O de 64 bits.
Algunhas definicións interesantes relativas á memoria RAM

FSB (Front Side Bus):


Este é o nome do dato
(dado en MHz) que define
a velocidade coa que se
comunica a Ponte Norte
có Microprocesador (hoxe
en día o ancho do FSB é
de 8 Bytes).
Latencia CAS (CAS Latency ou CL): Este dato ven a indicar, dun modo simple, o número de
ciclos de reloxo dende que se realiza a demanda de datos ata que estes se poñen a
disposición do bus de memoria. Canto mais reducida sexa a latencia, mais rápido será o
módulo con respecto a outro que traballe á mesma frecuencia.
ECC (Recoñecemento e corrección de errores - Error Checking and Correcting): As
memorias que teñen esta característica son capaces de recoñecer erros internos (erros de 1
bit ou erros de 2 bits).

Rexistrada (Registered): Os módulos de memoria que conteñen o distintivo de rexistrada


dispoñen dunha memoria intermedia (Buffer) adicional que evita certos problemas que
poderían xurdir ao empregar mais de 4 módulos DIMM nun ordenador. A memoria convencinal
é a unbuffered ou unregistered. Cando se trata de módulos DIMM, os módulos de memoria
tipo registered son chamados RDIMM, mentres que os módulos de tipo unregistered son
chamados UDIMM.
Chipkill: Este termo indica un custoso proceso para detectar e corrixir erros de mais de un 1
bit en memorias ECC.

Single-Sided (SS) e Double-Sided (DS): Os módulos de memoria Single-Sided son os que


só teñen chips de memoria nunha das súas caras. E, polo tanto, os módulos Double-Sided
serán os que teñen chips de memoria nas dúas caras.

Single, Dual and Quad Rank: O termo Rank (rango) foi creado por JEDEC, para distinguir
entre o número de bancos de memoria nun módulo en oposición ao número de bancos de
memoria nun compoñente ou chip. Este concepto vale para todos os factores de forma pero é
máis utilizado para memoria pertencente a servidores
Discos duros
Chámase disco duro ou disco ríxido (en inglés hard disk, abreviado con frecuencia HD ou
HDD) ó dispositivo encargado de almacenar información de forma permanente nunha
computadora.

Os discos duros xeralmente empregan un sistema de gravación magnética dixital. Este tipo
de discos están formados no seu interior por unha serie de pratos metálicos xirando a gran
velocidade. Sobre estes pratos se sitúan os cabezais encargados de ler ou escribir os
impulsos magnéticos. Hai distintos estándares á hora de comunicar un disco duro coa
computadora, sendo os mais empregados: os IDE, SCSI e SATA

Partes dun disco duro. Os discos duros están formados por:


 Un conxunto de pratos de aluminio ou cristal cerámico.
 Varias cabezas lectoras de ferrita ou materiais magnetorresistivos (GMR - Giant
Magnetoresistance). Existe unha cabeza por cada unha das caras dos discos preparadas
para gardar información (Head).
 Un motor que pode xirar incluso a velocidades maiores de 7.200 rpm. Velocidades
típicas: 5400, 7200, 10.000 e 12.000 rpm.
 Unha tarxeta controladora.
 Unha caixa.
 Cada unha das caras está dividida en pistas concéntricas, denominándose TPI (Track
Per Inch) o número de pistas por pulgada existentes, é dicir, a densidade.
 A misma pista de distintas caras fan o que se denomina Cilindro (Cylinder).
 Cada pista está dividida nun conxunto de Sectores, que non son outra cousa que o
conxunto de 512 Bytes netos. Un Sector é a unidade mínima de escritura nun disco duro.
Parámetros para especificar o tamaño do HD
Existen varios modos de especificar o tamaño dun disco duro, de mais antigo a mais modernos
os modos son:

•CHS (Cylider Head Sector): < 504 MB


Capacidade = C * H * S * 512 Bytes
•CHS Extendido (Large): Cilindros/n y Cabezas·n
Capacidade = C * H * S * 512 Bytes
•LBA (Logical Block Addres): CHS remprázase por un número simple largo que coincide có
número de sectores no disco.
Capacidade = LBA * 512 Bytes

Estes métodos tamén son utilizados como modos de direccionamento


Discos duros SSD
•Un disco duro SSD (solid-state drive) é un dispositivo de almacenamento secundario feito con
compoñentes electrónicos en estado sólido pensado para utilizarse en lugar dunha unidade de
disco duro convencional, ou para crear unidades híbridas compostas por SSD e disco duro.

•Os discos duros SSD utilizan unha memoria non volátil, como a memoria flash, ou unha
memoria volátil como a SDRAM, para almacenar datos, en lugar dos pratos xiratorios
magnéticos encontrados nos discos duros convencionais.

•En comparación cos discos duros tradicionais, as unidades de estado sólido son menos
sensibles aos golpes, son practicamente inaudibles e teñen un menor tempo de acceso e de
latencia. Ao ser inmune ás vibracións externas, é especialmente apto para dispositivos
portátiles.

•Os SSD fan uso da mesma interface que os discos duros e, polo tanto, son facilmente
intercambiables sen ter que recorrer a adaptadores ou tarxetas de expansión para
compatibilizalos co equipo.

•Algunhas das súas limitacións actuais son o maior prezo, menor capacidade e menor tempo de
vida útil que un disco duro convencional. Ademais, ante un fallo físico, os datos pérdense
completamente, pois a cela é destruída, mentres que nos discos duros de prato xiratorio
os datos son frecuentemente recuperables.

•As conexións dos discos SSD tamén están evolucionando, dende a conexión SATA normal ata
a conexión M.2
• Comparando tecnoloxías, ano 2016:

 Velocidade máxima de lectura HD Prato SATA III : 214MB/s

 Velocidade máxima de lectura SSD-HD SATA III : 550MB/s

 Velocidade máxima de lectura SSD-HD M.2 (NVMe - PCIe 3.0 x4): 2500 MB/s

 Velocidade máxima de escritura HD Prato SATA III : 214MB/s

 Velocidade máxima de escritura SSD-HD SATA III : 520MB/s

 Velocidade máxima de escritura SSD-HD M.2 (NVMe - PCIe 3.0 x4): 1500 MB/s
Particionamento dos discos duros
Formateo lóxico

Para instalar un SO nun disco duro, ou empregalo para gardar datos, hai que, previamente,
particionalo e instalar un Sistema de Arquivos axeitado.
Así, o primeiro a facer, é crear unha ou varias Particións.

Partición: Conxunto de cilindros contiguos que forman unha unidade lóxica independente.

Programas para crear particións: Administrador de discos de Windows ou de Linux, Fdisk,


Diskpart, Partition Magic, Acronis.

Discos MBR
Antes de facer particións, o disco duro pódese representar como un conxunto lineal de
Sectores, que son conxuntos de 512 Bytes netos.

Un sector a ter en conta é o MBR (Master Boot Record):

 Trátase do Sector 1 do Cilindro 0 e da Cabeza 0


 Tamén é chamado Rexistro de arranque mestre ou Sector de arranque.
 No seu interior gárdase:

- Os parámetros físicos do disco duro.


- Unha estrutura de datos chamada Táboa de particións.
- Un pequeno código executable que se encarga de ler a Táboa de particións e detectar a
partición Activa.
Tipos de Particións existentes:

 Particións Primarias: 4 como máximo se non está creada a partición estendida, no caso
de que se cree esta só se poden ter 3 primarias como máximo (primarias+extendida <= 4).
Son nas que se instalan os Sistemas Operativos.

 Partición Activa: É a partición primaria elixida para arrancar o equipo.

 Partición Estendida: 1 como máximo. Nela non se poden gardar arquivos directamente,
hai que dividila en Particións Lóxicas (como mínimo unha que ocupe todo o espazo)

 Particións Lóxicas: Todas as que se queiran. Son as particións nas que se divide unha
Estendida.
Cousas a ter en conta á hora de crear as particións nos discos:

 Para gardar datos nun disco duro hai que crear, como mínimo, unha partición.

 Nun disco duro só pode haber, como moito, 4 particións entre Primarias e a Estendida.

 Unha partición estendida pódese dividir en todas as Lóxicas que un queira.

 Feita a partición hai que Formateala, é dicir, elixir un Sistema de arquivos para gardar
datos no seu interior e, por último, para acceder a eles hai que asignarlle unha letra ou
montala nun directorio.
Discos GPT
A Táboa de partición GUID (Globally Unique IDentifier) (GPT, GUID Partition Table) é un
estándar para a colocación da táboa de particións nun disco duro físico. É parte do estándar
Extensible Firmware Interface (EFI) proposto por Intel para substituír as BIOS do PC. A GPT
chegará a substituír ao Master Boot Record (MBR) usado coa BIOS. Ventaxas relevantes dos
discos GPT:

 Número arbitrarios de particións, aínda que, por defecto, o número máximo é 128
particións.

 Non hai necesidade de crear particións extendidas e lóxicas (todas "primarias").

 Podemos traballar con discos de capacidade superior a 2TiB (tamaño máximo do disco 2
ZiB).
Qué é UEFI?
UEFI, o Unified Extensible Firmware Interface. UEFI viene directamente para sustituir a
BIOS y desde ya hace unos años poco a poco se ha ido integrando en todo tipo de
dispositivos y placas, que con el tiempo se ha convertido en algo universal ya que
prácticamente todos los equipos nuevos disponen de este interfaz.

UEFI es un interfaz entre el sistema operativo y el hardware de la plataforma en cuestión.


Es la responsable de inicializar el hardware de los dispositivos o equipos antes de dar el
control al sistema operativo.
A pesar de que da soporte para los dispositivos que utilizan BIOS (mediante emulación) el
cambio es prácticamente obligatorio, y más si tenemos en cuenta que nos permite realizar
análisis y reparación de equipos sin necesidad de tener otro pc a mano.

¿Qué ventajas tiene UEFI sobre BIOS?


Lo primero a tener en cuenta es que funciona tanto en 32 bits como en 64 bits, por lo que
puede gestionar el hardware de forma nativa en la arquitectura correcta. Por otro lado
tenemos estas mejoras:

 Se pueden conectar discos duros con más de 4 particiones y más de 2,2 TB cada
una.
 Arquitectura y drivers independientes de la CPU
 Tiene una especie de pre-sistema operativo, que nos permite utilizar el equipo
incluso con funciones de red
 Es modular
¿Qué equipos pueden usar UEFI?

Desde Windows Vista de 64 bits, todos los demás windows son capaces de usar
esta especificación, así como la vasta mayoría de los linux. Sobre los Mac no
todos son compatibles de forma nativa con uefi aunque el primero en serlo fué el
MacBook Air en 2013, que soportaba EFI de forma nativa.

¿Puedo usar un sistema que solo soporte BIOS en hardware UEFI?

Desde luego, han pensado en todo y por ello existe un modo denominado UEFI
Legacy, que lo que hace es emular la antigua BIOS para que puedas utilizar
sistemas antiguos o hardware específico que no esté adaptado para ser usado con
este nuevo tipo de interfaz.

Es posible además arrancar desde unidades externas así como también tiene
una optimización para una carga rápida del sistema operativo. Además está
optimizada para salir más rápido de la hibernación y suspensión del equipo.
Dispositivos de almacenamento óptico
Trátase dunha variante de almacenamento informático que aparece a finais do século XX.
Consiste na lectura con raios de luz de datos gardados en formato dixital sobre discos de
policarbonato recubertos de aluminio. Os soportes de almacenamento mais famosos que fan
uso deste tipo de almacenamento son o CD-ROM e o DVD. A partires do 2.007 apareceron
no mercado o sistema Blu-Ray e o HD-DVD, aínda que existen outros como EVD.
Características do estándar Blu-Ray

A velocidade de transferencia 1X dos BD-ROM é de 36Mbps (4,5 MB/s), o problema é que para
reproducir unha película se precisa unha transferencia de, como mínimo 54Mbps (6,75MB/s), así que
os reproductores funcionarán a 2X, 72Mbps (9MB/s). A Blu-ray Disc Association (BDA) ten como
obxectivo acadar nun futuro os 8X (288Mbps).

Para comparar, podemos ter en conta que nun lector de BluRay actual:

 Velocidade de lectura de CD a 24X, polo que a taxa de transferencia sería: 24 x 150


KB/s = 3,6 MB/s.
 Velocidade de lectura de DVD a 8X, polo que a taxa de transferencia sería: 8 x 1,35
MB/s = 10,8 MB/s.
 Velocidade de lectura de BluRay a 6X, polo que a taxa de transferencia sería: 6 x 4.5
MB/s = 27 MB/s.
Outros dispositivos de almacenamento
Cintas para backups. As unidades de cinta de backup son unidades de
almacenamento secuencial, o que as fai moito mais lentas que outras unidades de
almacenamento removible, pero sen embargo son a mellor elección cando
atendemos a cuestións de capacidade e prezo.
Unidades magneto-ópticas
A gravación nestes dispositivos de almacenamento faise do seguinte xeito: Un láser de alta
potencia quenta determinada zona do metal. Por efecto do calor, a cabeza gravadora
magnética pode cambiar a polaridade das partículas magnéticas. As unidades magneto-
ópticas máis coñecidas son as seguintes:

 ZIP (IOMEGA): 100 -250 MB


 LS-120 (IMATION): 120 MB e compatibles cós discos de 31/2"
 JAZ (IOMEGA): 2 GB...

You might also like