You are on page 1of 53

OS BLOQUES E ÁREAS

LINGÜÍSTICAS DO
GALEGO
VARIACIÓN DIATÓPICA OU
XEOGRÁFICA

n Conxunto de diferenzas lingüísticas propias de cada zona do territorio ocupado


por unha lingua histórica.

n Cada unha das variedades xeográficas dunha lingua, caracterizada por uns trazos
comúns e claramente delimitada no espazo recibe o nome de variedade sintópica.

n O conxunto de variedades sintópicas dunha lingua constitúe a variación diatópica


desa lingua.
Lingua e dialecto
A diferenciación entre lingua e dialecto é difícil de delimitar.

Considérase lingua aquela variedade lingüística que:

n Presenta diferenzas claras con outras variedades lingüísticas.

n Ofrece un alto grao de estabilidade interna.

n Posúe unha importante tradición literaria.

n Ten desenvolvida unha norma culta.

n Presenta límites xeográficos suficientemente precisos.

n Resiste a presión doutras linguas da mesma orixe ou mesmo impóñese a


elas.
VARIEDADES XEOGRÁFICAS
DO GALEGO MODERNO

n Os recentes estudos de dialectoloxía sosteñen que as diferenzas diatópicas da nosa


lingua son pequenas, por iso non se debe falar de dialectos dentro do galego senón
dunha serie de falas caracterizadas por diferentes trazos lingüísticos.

n Esas falas conforman bloques lingüísticos: occidental, central e oriental.

n Dentro dos bloques distínguense certas áreas ou zonas de características semellantes e


de menor extensión.
n A división das variedades do galego baséase sobre todo
en trazos fonéticos e morfosintácticos.

n Isto permite establecer tres bloques lingüísticos


diferenciados:
O bloque central é o que mellor
representa ao galego común
estándar. Nel conflúen e morren
os trazos innovadores e
conservadores dos outros dous
bloques.

O bloque occidental é, en
O bloque oriental é o
liñas xerais, o que presenta
máis conservador, isto
solucións máis
é, o que se asemella
innovadoras, é o máis
máis ao latín.
afastado do latín.
Chamámoslle ISOGLOSA á liña ideal que
sinala nun territorio o límite dun trazo
lingüístico peculiar.
TRAZOS QUE PERMITEN CARACTERIZAR AS
FALAS DO GALEGO MODERNO

n FONÉTICOS MORFOSINTÁCTICOS
n Gheada n Terminación -ÁN/-AO

n Seseo n Formación do plural dos


substantivos rematados en -N
n Metafonía
n Sufixo -ÍN/-IÑO
n Ditongos -UI-/-OI- n Pronomes
n Grupos CUA- e GUA- n Persoais
n Demostrativos
n Verbos
GHEADA

Fenómeno fonético propio da lingua galega que consiste


na realización aspirada [ħ] do fonema /g/ (oclusivo ou
fricativo velar sonoro no modelo fonético estándar do
galego)

[ħáto] ghato
[ħaraβúλo] gharabullo
SESEO

Fenómeno fonético propio da lingua galega, que consiste


na ausencia do fonema fricativo interdental xordo /θ/ e a
presenza dun s, nas posicións nas que o galego común
realiza /θ/.
Tipos de seseo segundo a posición

n Seseo explosivo ou prenuclear: Inexistencia de /θ/ en posición inicial


de sílaba: sapato ou sinco. O seseo explosivo tamén se denomina total,
xa que a súa existencia implica necesariamente o seseo en posición
implosiva.

n Seseo implosivo ou posnuclear: Inexistencia de /θ/ en posición final de


sílaba: lus ou des.

Tipos de seseo segundo a realización

n Seseo apicoalveolar: realizado como [sʼ].

n Seseo predorsodental: realizado como [s]. Sería variante deste tipo de


seseo o seseo predorsointerdental, cando o s tende a interdentalizar,
percibíndose certo carácter ceceante.
DISTRIBUCIÓN DA GHEADA E O SESEO EN
GALICIA
METAFONÍA

n Fenómeno fonético e fonolóxico que consiste na alteración do timbre dunha vogal


tónica por influencia das vogais próximas: a apertura da vogal tónica media por
causa de vogal final aberta ou o feche de vogal media por vogal final fechada ou
semi fechada.

n O fenómeno chámase tamén metafonía nominal porque en galego e portugués afecta


só a nomes (substantivos e adxectivos):

A evolución do latín, sería:

MĔTUM > /'mεdo/ Pero a metafonía fixo que se pronuncie: /'medo/

ŎCULUM > /'ωλo/ Mais as zonas con metafonía pronuncian: /'oλo/


n As palabras afectadas pola metafonía non ocupan áreas totalmente idénticas, senón
que varían segundo a palabra. Pero pódese dicir que ocupan sempre a parte
occidental de Galicia. Expandíndose cara o sector central e sendo o oriental o que
máis se resiste.

n No caso de /'mεdo/ as únicas zonas sen metafonía son as do galego máis oriental e
tamén o galego exterior. Hai un claro dominio de /'medo/ no resto do territorio
galego.
DITONGOS -OI-/-UI-
O ditongo resultante das secuencias latinas -OCT- ; - UCT-; -ULT-; ORI- :

n MULTUM> moito, muito

n AUSCULTARE>escoitar, escuitar

n LUCTAM>loita, luita

n TRUCTAM>troita, truita

n NOCTEM>noite, nuite

n OCTO>oito, uito

n VERSOIRAM>vasoira, vasoura, vasuira

n CORIUM> coiro, couro, cuiro


GRUPOS CUA-/ GUA-

Cuatro/catro
Cal/cual
Gadaña/guadaña
Gardar/ guardar
TERMINACIÓN -ÁN/-AO

n Man/mao; chan/chao, lan/la


n Nos substantivos con distinción de xénero temos

o irmán/ a irmán

o irmao/ a irmá
PLURAL DOS SUBSTANTIVOS REMATADOS EN -N

Temos tres solucións no galego moderno:

n cans/ ladróns
n cas/ ladrós
n cais/ladrois

A isoglosa destes resultados serve para delimitar os tres


bloques dialectais.
SUFIXO -IÑO/-ÍN

n Este trazo caracteriza as falas orientais que prefiren


a sufixación - ín fronte ao resto do galego en
palabras como vecín/veciño, camín/camiño.
PRONOMES PERSOAIS

n Os pronomes persoais presentan formas diferentes


para a 2ª e 3ª persoa singular:

tu/ti
el/il
n Tamén son reseñables o teísmo (uso de te para CD e
CI) e o cheísmo (uso de che para CD e CI)que
aparecen nalgunhas zonas de Galicia.
DEMOSTRATIVOS
n Diferéncianse tres paradigmas:

este, esta, isto


ese, esa, iso
aquel, aquela, aquilo

iste, esta, esto


ise, esa, eso
aquil, aquela, aquelo

este, esta, esto


ese, esa, eso
aquel, aquela, aquelo
O VERBO

n Diferenzas que afectan á vogal temática:

cantei/cantín
colleches/colliches
colleu, partiu/ colleu, parteu/colliu, partiu
n Diferenzas na desinencia da 1ºp.sing. do pret, perf, ind.:

collín, partín/ collí, partí

n Diferenzas na desinencia da 2ªp. plu. pres. ind.

cantade/cantandes/cantais/cantás
BLOQUES E ÁREAS DIALECTAIS

BLOQUE OCCIDENTAL BLOQUE CENTRAL BLOQUE ORIENTAL

ÁREA FISTERRÁ ÁREA MINDONIENSE ÁREA ASTURIANA

ÁREA BERGANTIÑÁ ÁREA CENTRAL DE TRANSICIÓN ÁREA ANCARESA

ÁREA PONTEVEDRESA ÁREA LUCUAURIENSE ÁREA ORIENTAL-CENTRAL

ÁREA ORIENTAL DE TRANSICIÓN ÁREA ZAMORANA


BLOQUE OCCIDENTAL
ISOGLOSAS camións/ camiós e irmán/ irmao

n Seseo implosivo (ves, crus).

n Gheada (ghaliña, afagho)

n Metafonía nominal e alteracións do timbre da vogal tónica aínda que non de xeito
sistemático.

n Plural en -ns (camións, cans, xardíns)

n Terminación -án para o masculino e o feminino (o irmán/ a irmán; verán, mañán).

n Forma ti para o pronome de 2ª persoa.

n Colleches, vendeches, foches (en lugar de colliches, vendiches, fuches)


BLOQUE
OCCIDENTAL
n Área fisterrá
Seseo explosivo (faser, sinco, cosiña)

n Cheísmo (vinche en lugar de vinte)

Subárea fisterrá norte: Xallas


• Ditongo -ui- truita, muito, cuiro, nuite
• Verbos colliu, partiu.
Subárea fisterrá sur:Tambre- Barbanza

• Ditongo -oi-: troita, moito, coiro, noite


• Verbos colleu, parteu

Camariñas Noia
Mazaricos
BLOQUE OCCIDENTAL
Área bergantiñá

n Caracterízase pola ausencia


de seseo explosivo e a
ausencia de cheísmo.
BLOQUE OCCIDENTAL
Área pontevedresa
n O límite coa área fisterrá está marcado pola isoglosa do cheísmo.

Subárea norte: Ulla-Umia


• esto
• moito, troita
• parteu
Subárea sur: Verdugo-Miño
• isto
• muito, truita
• partiu

Microsubárea Miño

• Teísmo
• coiro∼couro, vasoira∼vasoura

O Rosal
BLOQUE CENTRAL
ISOGLOSAS camiós/ camiois
n Ausencia de seseo.
n Gheada na zona occidental do bloque e ausencia de gheada na zona
oriental.
n Ditongo -oi- (moito, noite, coiro, troita)
n Plural en -s (cans/cas, xardíns/ xardís, salóns/salós)
n Terminación -ao para o masculino e -á para o feminino (o irmao/a irmá,
verao, mañá)
n Pronome ti na zona occidental do bloque e tu na zona oriental.
n Colliches, vendiches.
BLOQUE CENTRAL
Área mindoniense
n Cantemos [ε], collemos,
partemos (en lugar de
cantemos[e], collamos,
partamos)

n Seña, esteña (en lugar de sexa,


estea)

n Léxico específico (biouteiro en


vez de sabugueiro; felgo en vez
de fento, golpe en lugar de
raposo, barruzar en lugar de
orballar)
BLOQUE CENTRAL
Área central de transición

n cantemos, collamos,
partamos

n este, ese, aquel

n el
BLOQUE CENTRAL
Área lucuauriense

n iste, ise, aquil

n il

n culle, turce, bibe (en lugar


de colle, torce, bebe)
BLOQUE CENTRAL
Área oriental de transición

n este, ese aquel

n el

n cas (en lugar de cais)

Baños de Molgas
BLOQUE ORIENTAL
ISOGLOSA camiós/camiois
n Conservación do ditongo -ua- en formas como cuatro, guardar ( fronte ao galego catro, gardar)
n Alternancia das formas co ditongo oi (moito, coiro)/ ui (muito, cuiro)ou sen ditongo
(muto/mutio, truta/ trutia, escuta/ escutia)
n Formas con -ax- como baxo, caxa (en lugar de baixo, caixa)
n Terminación -ín en lugar de -iño (camín, padrín, en lugar de camiño e padriño)
n Plural en -is para as palabras rematadas en -l: animais, caracois (agás na área asturiana).
n Plural en -is para as palabras rematadas en -n: camiois, cais, pantalois.
n Pronome tu.
n Formas cantein, cantén para a 1ªp. dos perfectos e cantarein, cantarén para os futuros de
indicativo.
n Forma -is para a 2ªp. plu. cantais, cantabais en lugar de cantades, cantabades)
BLOQUE ORIENTAL
Área asturiana
n Terminacións -ius, -ías en lugar de -iño,
-iña.

n Tuviche, dixiche en lugar de tiveches,


dixeches.

n Artigo masculino el ou l´.

n Conservación -l- latino en avolo, molín


en lugar de avó, muíño.

n Plural animales, papeles.

n Conservación do timbre etimolóxico [ε],


[ω]en palabras trabadas por nasal ben,
fonte, ponte.

A Veiga
BLOQUE ORIENTAL
Área ancaresa
n Emprego de vogais nasais:
cães, vecĩa, ũa en lugar de
cans, veciña, unha.

n Gheada: amigho, ghalo.

n Palatalización de a tónico:
irmä, pädre en lugar de irmá,
padre.

n Collí, partí, fice en lugar de


collín, partín, fixen.
BLOQUE ORIENTAL
Área oriental-central
n Non presenta vogais nasais.

n Non presenta formas collí,


partí, fice.

n Non presenta terminacións


-íu(s), -ía(s) senón -iño(s),
-iña(s) co singular en -ín ou
-iño, padrín ,
padriño/padriños.
BLOQUE ORIENTAL
Área zamorana
n Pretéritos perfectos collí,
partí, fice.

n Teísmo

n Alomorfo o do pronome
persoal en haio, seio,
canteio, deixouo en lugar de
haino, seino, cantouno,
deixouno.
http://www.consellodacultura.org/arquivos/asg/anosafala.ph
p

You might also like