You are on page 1of 2

Comunicado de imprensa

Comeza a súa andaina a plataforma cidadá QUEREMOS


GALEGO

Nela participan inicialmente máis de 40 entidades sociais de todo


tipo, xunto con persoas a título individual

Nace coa vontade de presentar unha ILP “para garantir os dereitos


lingüísticos”, que se dará a coñecer en setembro

A plataforma tamén prepara unha gran manifestación en defensa


da lingua para o outono en Santiago

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2009.- O pasado 14 de xullo ficou


formalmente constituída no Museo do Pobo Galego a plataforma cidadá
QUEREMOS GALEGO, a partir dun grupo inicial formado por máis de 40
entidades sociais tanto de ámbito nacional como de ámbito local e
comarcal, así como de persoas a título individual que se quixeron sumar á
mesma.

Entre as entidades de carácter nacional que fan parte da plataforma neste


seu momento constituínte están A Mesa, a CIG, o BNG, Esquerda Unida, o
Sindicato Labrego Galego, os Comités, Galiza Nova, AS-PG, ADEGA, a
Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Coordinadora de
Traballadoras/es de Normalización Lingüística ou as fundacións Castelao e
Pedrón de Ouro. Con todo, QUEREMOS GALEGO prevé que “nun breve
prazo” sexan moitas máis as entidades e persoas que se vaian sumando,
dado “o interese” que, segundo indican, espertou a iniciativa, nun
momento caracterizado “polos profundos e continuos ataques que está a
padecer a nosa cultura”.

Esta plataforma cidadá nace coa pretensión de unir persoas, colectivos e


institucións da máis diversa natureza baixo tres premisas básicas:

1.- A lingua galega é patrimonio e ferramenta de comunicación do pobo


galego, e as institucións públicas teñen a responsabilidade e obriga de
protexela e promocionala.

2.- A normalización lingüística ten que ser un proceso progresivo, polo que
desde as institucións públicas non se poden tomar medidas que
desprotexan ou reduzan a presenza do galego en ningún ámbito.

3.- Os acordos asinados por todos só poden ser substituídos por acordos
asinados por todos, e o consenso para a lingua galega está no fixado no
Plan xeral de normalización da lingua galega aprobado por unanimidade no
Parlamento galego en 2004, así como na Carta europea das linguas
rexionais ou minoritarias, ratificado por unanimidade polo Congreso en
2001.

A plataforma QUEREMOS GALEGO comeza a súa andaina sobre dúas


propostas de traballo concretas: o impulso e desenvolvemento dunha
Iniciativa lexislativa popular (ILP) para garantir os dereitos lingüísticos das
galegas e galegos e a convocatoria dunha gran mobilización nacional en
Santiago de Compostela para o outono. Ambas as iniciativas serán dadas a
coñecer publicamente no ecuador do mes de setembro, coincidindo co
inicio do curso escolar.

Até ese momento, as persoas e entidades promotoras da nova plataforma


cidadá en defensa da lingua “continuarán afortalando e alargando” a
estrutura da mesma, facendo “un traballo social intenso” que estará
centrado no contacto con todo tipo de entidades, da tipoloxía máis diversa,
así como persoas individuais, para as convidar a sumarse ao que queren
que sexa un “espazo común aberto á participación” no que converxan
“todas aquelas persoas, sectores e propostas que hoxe están a responder á
agresiva e regresiva política lingüística do goberno do Partido Popular”.

You might also like

  • Ditame CCG Basesdecreto
    Ditame CCG Basesdecreto
    Document25 pages
    Ditame CCG Basesdecreto
    Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra
    No ratings yet
  • 100111D Conv Axufomgalego Centpub
    100111D Conv Axufomgalego Centpub
    Document6 pages
    100111D Conv Axufomgalego Centpub
    Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra
    No ratings yet
  • Espazos para Falar 2009
    Espazos para Falar 2009
    Document3 pages
    Espazos para Falar 2009
    Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra
    No ratings yet
  • Texto Definitivo Da Iniciativa
    Texto Definitivo Da Iniciativa
    Document5 pages
    Texto Definitivo Da Iniciativa
    Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra
    No ratings yet
  • Analise Bases RAG - 16!01!2010
    Analise Bases RAG - 16!01!2010
    Document13 pages
    Analise Bases RAG - 16!01!2010
    feijoomente
    100% (1)
  • Para Que Serve o Galego
    Para Que Serve o Galego
    Document27 pages
    Para Que Serve o Galego
    bngmarin
    No ratings yet
  • Cartel O4 Dec 09
    Cartel O4 Dec 09
    Document1 page
    Cartel O4 Dec 09
    Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra
    No ratings yet
  • Convocatoria de Asemblea 1
    Convocatoria de Asemblea 1
    Document2 pages
    Convocatoria de Asemblea 1
    Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra
    No ratings yet
  • En Galego de Pelicula 09
    En Galego de Pelicula 09
    Document1 page
    En Galego de Pelicula 09
    Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra
    100% (3)
  • 20 Xullo - Libros Sobra A Lúa
    20 Xullo - Libros Sobra A Lúa
    Document1 page
    20 Xullo - Libros Sobra A Lúa
    Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra
    100% (4)
  • ILP Queremos Galego
    ILP Queremos Galego
    Document2 pages
    ILP Queremos Galego
    Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra
    100% (3)
  • Ficha de Afiliación - Institucións
    Ficha de Afiliación - Institucións
    Document1 page
    Ficha de Afiliación - Institucións
    Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra
    100% (2)
  • Promo Once Máis 15
    Promo Once Máis 15
    Document2 pages
    Promo Once Máis 15
    Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra
    100% (3)
  • Ficha de Afiliación-Persoal
    Ficha de Afiliación-Persoal
    Document2 pages
    Ficha de Afiliación-Persoal
    Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra
    No ratings yet
  • Ficha de Afiliación-Persoal
    Ficha de Afiliación-Persoal
    Document1 page
    Ficha de Afiliación-Persoal
    Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra
    100% (2)