You are on page 1of 3

ESPAZOS PARA FALAR 2009-2010

A COORDINADORA DE EQUIPAS DE NORMALIZACIÓN DE FERROLTERRA


convoca a tod@s @s nen@ e pais de Ferrolterra a esta
campaña de animación á lectura na súa terceira edición. A campaña
anterior, esta actividade contou coa subvención da Deputación
Provincial, Secretaría Xeral de Política Lca. e a Consellaría de Cultura
e Turismo. Esta nova edición está á espera de que se abra o período
de solicitude de subvencións para se acoller a elas.

Celébranse as xornadas de obradoiros na sala de exposicións da


Galería Sargadelos Ferrol na rúa Rubalcava 30-32.

Bases da convocatoria:

A convocatoria da campaña, que é de ámbito comarcal e


gratuíta, réxese polas seguintes bases:

• Condicións de participación:

1. A convocatoria está aberta a nen@s de 0-8 anos,


sempre que veñan acompañados do pai, nai ou
titor.
2. As actividades de animación á lectura desenvolveranse
o primeiro sábado de cada mes, (pódese cambiar o día
en función da axenda do monitor do obradoiro, pero
avisarase convenientemente) de 11.00-12.00h e de
12.00-13.00h tendo en conta a idade d@s pequen@s,
(de 0 a 4 de 11 a 12h e de 5 a 8 de 12 a 13h a non ser
que haxa irmáns de diferente idade que poderán ir no
mesmo grupo).
3. O número máximo de nen@s para cada quenda será
de 25, admitidos por rigorosa orde de inscrición.
4. O idioma empregado será única e exclusivamente o
galego para a totalidade das actividades deseñadas.
5. O número e tipo de actividade a realizar é sensible ás
suxestións das nais e dos pais e d@s nen@s.

A participación nesta actividade daralles dereito a posuír un


CARNÉ DE LECTOR, expedido pola GALERÍA SARGADELOS FERROL, que
entre outras vantaxes ofreceralle un 5% de desconto ao mercar libros
ao titular do mesmo.

A solicitude de inscrición formalizarase no Formulario de


inscrición, que se adxunta nestas bases, convenientemente
recheado. Depositarase na GALERÍA SARGADELOS FERROL, considerándose
válida a enviada por correo electrónico ou ordinario sempre que veña
asinada.

A participación nesta convocatoria implica a total aceptación


destas bases.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

ESPAZOS PARA FALAR 2009/2010

DATOS PERSOAIS DOS NEN@S:

Nome e apelidos:……………………………………………………………………………
Enderezo:……………………………………………………………………………………….
Localidade e código postal:……………………………………………………………
Teléfono:…………………………………………………………………………………………
Idade:……………………………………………………………………………………………..
Curso que estuda actualmente:…………………………………………………….
Quenda…………………………………………………………………………………………….

DATOS PERSOAIS DOS PAIS:

Nome e apelidos:……………………………………………………………………………
DNI:…………………………………………………………………………………………………
Enderezo:(consignar no caso de que sexa diferente ao d@ nen@)
…………………………………………………………………………………………………………
Localidade e código postal:…………………………………………………………….
Teléfono:………………………………………………………………………………………….

DATA:………………………………………………………………………………
NÚMERO DE INSCRICIÓN:…………………………………………….……
SINATURA E SELO:
PROPOSTA DE PROGRAMACIÓN

Outubro: María Yánez

Novembro: Paula Carballeira deleitaranos con historias


marabillosas contadas na nosa lingua

Decembro: David Pintor e Carlos González amenizarannos


coas súas minimaladas

Xaneiro: A Editorial Kalandraka leva máis de dez anos


achegando aos máis pequenos historias fermosas, contos máxicos,
contos de sempre, dos que nos contaban cando eramos pequenos;
e tamén outros moitos de nova creación, sorprendentes. Este
outono, Kalandraka visitará a Galería Sargadelos de Ferrol para
agasallarnos con contos na nosa lingua, contos para mirar e para
escoitar ao son da música tradicional galega

Febreiro: A editorial Xerais colaborará coa campaña


realizando un obradoiro sobre un libro das súas coleccións
adaptadas por idade.

Marzo: Luís Rapela e Spela Trovec.

Abril: Volve o pintor ferrolá Eduardo Hermida con novas


aventuras

Maio: Antonio Yáñez

Xuño: Pendente de Confirmar.

You might also like