You are on page 1of 1

Certame de creación dun calendario con lema

Bases:

1. Poderá participar todo o alumnado matriculado no Centro, de maneira


individual ou en grupo.
2. A creación consistirá nun marco para bordear o conxunto dos meses dun
calendario da aula e mais nun lema que o acompañe.
O marco, de temática e forma libres, pode ser un debuxo inédito, unha imaxe
propia ou calquera composición orixinal. Poderá ocupar a totalidade ou parte
da folla do calendario, mais sempre deixando un amplo espazo baleiro no que
se incrustarán, en caso de obter o premio, os meses.
O lema, que se situará de maneira ben visíbel sobre o marco, terá como
finalidade o fomento do uso do galego e basearase nos beneficios do seu
coñecemento e práctica desde o ensino, na oportunidade de desenvolver
competencias e o multilingüismo desde o galego. Un exemplo: Desde o nós a
máis linguas
3. Realizarase, a man ou con impresión e sen asinar, nunha cartolina de tamaño
DIN A-3
4. Entregarase na Aula de Informática do Aulario II no segundo recreo de
calquera luns ou venres ata o remate do prazo, que será o 30 de outubro. A
cartolina irá acompañada dun sobre pechado no que se recollan os datos do(s)
autor(es), cando menos nome e curso.
5. Establécese un único premio, dotado con 30 €, aínda que o xurado pode
estimar conveniente que sexa compartido. A composición gañadora poderá ser
posteriormente asinada e será publicada e distribuída polas dependencias do
Centro.
6. O xurado estará constituído por diferentes membros do Equipo de
Normalización, profesorado, alumnado e persoal non docente. Non formará
parte del a persoa encargada de recoller as creacións.

Convoca
ENDL (Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística)

You might also like