You are on page 1of 2

GRUPO MUNICIPAL PSdeG-PSOE

Mª Teresa García Guillán, concelleira do Grupo Municipal Socialista do


Concello da Pobra do Caramiñal, o abeiro do disposto no art. 97/3 do R.O.F.,
para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción
relativa a deixar previsto a instalación de rexistros de saneamento, en tódalas
vivendas da Ribeiriña e Conchido.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Cada vez máis, a concentración urbana, a esixencia razoable dos cidadáns para
obter os servicios básicos, a crecente concienciación polo medio ambiente e a
necesidade de cumprir cas leis fan que sexa imprescindible acometer obras como
a do saneamento da Ribeiriña e o Conchido.

Executouse unha primeira fase do saneamento da Ribeiriña por valor de 588.885


euros que realizou a empresa Proyecón. As obras consistiron na instalación do
colector xeral polo marxe dereito da estrada AC-305 en dirección Boiro-Pobra.
Observamos que non se deixou previsto ningún rexistro nos límites das
propiedades particulares para a futura conexión dos veciños a rede xeral. Esta
carencia de rexistros vai a encarecer o enlace dos futuros usuarios, pois si a rede
xeral está a máis de dous metros de profundidade e se cobra por metro de tubería,
é obvio que lle vai a aumentar o prezo final da conexión. É máis, nin sequera
diante das vivendas previron deixar unha “T”, cerrada, para que non fora
necesario ter que cortar os tubos da rede xeral.
Teranse que volver a romper as beirarrúas e provocar perturbacións do tráfico e
falta de seguridade para os peóns.

Descoñecemos como teñen previsto que se conecten a rede de sumidoiros as


vivendas situadas no marxe esquerdo da estrada AC-305 en dirección Boiro-
Pobra, si estas propiedades non lindan co Camiño Real, que sería a conexión
adecuada para que os sumidoiros funcionaran por gravidade.

Detectadas estas deficiencias, e co fin de non cometer os mesmos erros na


segunda fase que se ten previsto executar, xa que no Camiño Real, no
Conchido, o chan da estrada está composto principalmente de pedra, van a ser
unhas obras de canalización extraordinariamente difíciles, custosas ou incluso
perigosas para os inmobles.

Unha vez finalizadas as obras de saneamento e cando se recepcionen e se fagan


as probas esixibles pola normativa, como as de presión, e estanqueidade,
pedimos unha planificación integral, xestión completa, ordenada, transparente,
coordinada polo Concello pero contando cos veciños para intentar abaratar os
custes da conexión a rede xeral. En Santa Cruz conta ca autorización do Concello
a empresa que construíu a rede xeral para facer as conexións dos particulares,
contactando este empresario cos propios veciños.

Na Ribeiriña, calcúlase que o saneamento beneficiará a dous mil veciños según


declaracións a prensa do Alcalde, parécenos que é un número importante de
persoas para que teñan opción e a liberdade para decidir quen lle vai a realizar a
acometida, e que non lla impoñan arbitrariamente dende o Concello.

É por iso, que solicitamos que o Pleno adopten os seguintes

ACORDOS:

1º.- Que o Pleno do Concello inste a Augas de Galicia para que na segunda fase
das obras de saneamento da Ribeiriña e Conchido deixen previsto a instalación
de rexistros nos límites das propiedades dos particulares co fin de favorecer a
conexión de tódalas vivendas.

2º.- Que as vivendas situadas no marxe esquerdo da estrada AC-305 en dirección


Boiro-Pobra, e que non lindan co Camiño Real, poidan enlazar ca rede xeral do
saneamento.

3º.- Que o Concello de maneira ordenada e transparente, coordine e facilite a


participación dos veciños na contratación da empresa que efectuará as conexións
do saneamento as súas vivendas.

Pobra do Caramiñal, a 09 de marzo de 2010.

Asdo..- Mª Teresa García Guillán

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL.

You might also like