You are on page 1of 18

Cabo FISTERRA 2

Ciencias sociais, xeografía e historia


Segundo Curso

www.vicensvives.es
Índice

01 O Islam e Al-Andalus 09 Os grandes descubrimentos xeográficos

02 A Europa feudal 10 O Imperio dos Austria

03 A cidade medieval 11 O século do Barroco

04 Formación e expansión dos reinos peninsulares 12 Galicia na Idade Moderna

05 Os grandes reinos peninsulares 13 Os habitantes do planeta

06 Galicia na Idade Media 14 A poboación de España e de Galicia

07 Renacemento e Reforma
Climas y paisajes de España, Europa y la CA 15 A cidade e o urbano

08 A monarquía autoritaria: os Reis Católicos 16 As sociedades humanas

Cabo FISTERRA 2
12
Galicia na Idade Moderna

1. A integración de Galicia na nova monarquía

2. A sociedade nos séculos XVI e XVII

3. Economía nos séculos XVI e XVII

4. O Barroco galego

Cabo FISTERRA 2
12
Introdución

• No século XV a nobreza galega saíu fortalecida logo da súa


vitoria sobre os irmandiños nas revoltas do final da Idade Media
en Galicia.

• O predominio da nobreza durou pouco tempo. Os Reis Católicos


estableceron un novo modelo de Estado, centralista e autoritario,
no cal non tiñan cabida os dereitos e privilexios dos nobres.

• Nos séculos XVI e XVII, a historia de Galicia caracterizouse


pola súa integración na nova monarquía hispánica, e pola crise
demográfica e o desenvolvemento do comercio e da industria
marítima.

Cabo FISTERRA 2
12
1. A integración de Galicia na nova monarquía

1.1. A política centralizadora


• As sete provincias do reino de Galicia (mapa)

1.2. As institucións de goberno estatais

Cabo FISTERRA 2
12
1.1. A política centralizadora

• Tras a morte do mariscal Pardo de Cela e a derrota da nobreza,


levouse a cabo, segundo os cronistas da época, a doma de
Galicia ou pacificación e integración do reino nun novo
Estado.

Cabo FISTERRA 2
12
As sete provincias do reino de Galicia

Cabo FISTERRA 2
12
1.2. As institucións de goberno estatais

• Para gobernar o afastado reino de Galicia, os Reis Católicos e os


seus sucesores, crearon novas institucións que permitiron levar
a súa autoridade a todos os recantos do país.

• A Audiencia da Coruña, estaba dotada de poderes


gobernamentais e xudiciais. ¿Quen a compón? ¿Funcións?

• O Gobernador Capitán Xeneral, presidía a Audiencia, co cal


esta perdeu poder e pasou a ter funcións de asesoramento.

• O corrixidor, máxima autoridade en cada unha das vilas e


cidades do reino. ¿De onde eran orixinarios?

• A Xunta do reino de Galicia, con poucas atribucións. Galega…

Cabo FISTERRA 2
12
2. A sociedade nos séculos XVI e XVII

2.1. A crise demográfica

2.2. A sociedade durante os séculos XVI-XVII

Cabo FISTERRA 2
12
2.1. A crise demográfica

• Nos comezos da Idade Moderna o número de galegos era de


aproximadamente 630 000.

• O 85 % vivía no campo, en parroquias moi pequenas.

• A finais do século XVI iniciouse unha tendencia de perda de


habitantes.

• As causas deste descenso demográfico foron as fames e as


epidemias.

• Hai que ter en conta as víctimas en guerras (Portugal)

Cabo FISTERRA 2
12
2.2. A sociedade durante os séculos XVI-XVII

• Na sociedade galega mantíñanse enormes diferenzas entre as


distintas clases sociais e mesmo entre elas:

• No clero, as ordes monásticas eran moi poderosas, pero tamén


había cregos pobres, particularmente entre os párrocos rurais.

• A nobreza era a principal beneficiaria dos froitos da terra. A


nobreza alta acumulaba rendas difíciles de cuantificar.

• A fidalguía ou nobreza menor non posuía títulos.

• Os comerciantes eran pouco numerosos.

• Os campesiños eran o 80 % da poboación e estaban sometidos a


moitos impostos.
Cabo FISTERRA 2
12
3. Economía nos séculos XVI e XVII

3.1. O comercio e a industria marítima

3.2. A introdución do millo e da pataca

3.3. Viños e teas

Cabo FISTERRA 2
12
3.1. O comercio e a industria marítima

• As vilas da beiramar galega beneficiáranse do comercio por mar


durante a Idade Media. Co descubrimento de América esta
importancia estratéxica mantívose.

• En relación co comercio marítimo, foi intensa a construción de


barcos debido á riqueza dos bosques galegos.

• A pesca e mais a salgadura de peixes constituíu outra actividade


propia do litoral.

Cabo FISTERRA 2
12
3.2. A introdución do millo e da pataca

• Da agricultura dependían a inmensa maioría dos galegos, cuxas


familias vivían da venda do viño, do centeo ou de produtos do
gando vacún.

• Esta situación alterouse coa chegada do millo durante os


primeiros anos do século XVII. O millo adaptouse ás condicións
climáticas de Galicia.

• Pola contra, a pataca, aínda que era coñecida desde o século


XVI, non comezou a se difundir ata comezos do XVIII.

• Ata o século seguinte a pataca non se converteu no alimento


básico.

Cabo FISTERRA 2
12
3.3. Viños e teas

• O viño comezou a se vender fóra de Galicia e a se converter nun


produto comercial.

• Das comarcas do Avia descendían os transportes de viño polo


Miño e vendíanse nos mercados de Tui e Baiona, para
exportarse a Flandres, Francia e aos portos do Cantábrico.

• Os viños foron un produto básico para as comarcas do interior.

• A exportación fixo posible importar produtos dos que Galicia


carecía, e así comezaron a chegar por mar e terra, tecidos de la e
liño do Norte de Europa, variadas teas inglesas ou panos
casteláns.

Cabo FISTERRA 2
12
4. O Barroco galego

4.1. Orixinalidade do Barroco galego

4.2. Edificios barrocos

Cabo FISTERRA 2
12
4.1. Orixinalidade do Barroco galego

• Durante os séculos XVII e XVIII, a etapa do Barroco, Galicia


coñeceu unha época de esplendor artístico.

• Os edificios barrocos reflicten o poder económico do clero e dos


fidalgos.

• O Barroco galego posúe algúns trazos derivados da utilización


do granito.

• Por mor da súa dureza, o granito non deixa realizar unha


decoración fina e delicada.

Cabo FISTERRA 2
12
4.2. Edificios barrocos

• Santiago é a cidade cumio do Barroco galego, pero tamén se


poden admirar obras barrocas noutros lugares, como a Casa do
Concello de Lugo (Ferro Caaveiro).

• As igrexas rematáronse con elevadas torres (igrexa da Peregrina


en Pontevedra) e cubríronse de monumentais fachadas (Santa
Eufemia, en Ourense). Os interiores decoráronse con luxosos
retablos (Santo Cristo, na catedral de Ourense).

• Tamén se reformaron os mosteiros medievais de Sobrado, Samos,


Poio, Oseira…

• A nobreza construíu os pazos, fastosas vivendas feitas en granito,


como o de Oca (Pontevedra), Trasariz (Vimianzo) ou Ulloa
(Maside).

Cabo FISTERRA 2

You might also like